Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 67.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 28 Clínicos EEES: 15 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos específicos da Anatomía Patolóxica Especial Veterinaria I son os seguintes:
1) Coñecer o significado e a aplicación da Anatomía Patolóxica en Veterinaria e o método anatomopatolóxico.
2) Saber identificar e describir as lesións que afectan ao aparato circulatorio e aos sistemas linfoide, respiratorio, dixestivo e urinario, empregando unha terminoloxía precisa e axeitada.
3) Comprender a causa das lesións que afectan a eses aparatos e sistemas, a súa patoxenia e a súa relación cos síntomas observados no animal.
4) Coñecer a técnica da necropsia nas diferentes especies, ser capaz de diferenciar lesións antemortem de alteracións postmortem, e tomar as mostras axeitadas tanto para estudos histopatolóxicos coma bacteriolóxicos, parasitolóxicos, virolóxicos, toxicolóxicos e serolóxicos.
5) Ser capaz de relacionar as lesións observadas na necropsia coas enfermidades máis comúns nos animais.
6) Redactar informes de necropsia, nos que debe figurar unha descrición axeitada das lesións de interese observadas e realizar un diagnóstico anatomopatolóxico.
7) Relacionar e aplicar os coñecementos a outras materias, valorando a importancia que ten a materia dentro do Grao en Veterinaria.
8) Coñecer e usar de forma crítica as fontes bibliográficas.
Xunto cos obxectivos específicos da materia, os alumnos deben aprender unha serie de valores e adquirir unha serie de capacidades xerais,
1) Capacidade de aprendizaxe, adaptación, análise, síntese e de planificación do traballo.
2) Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos á práctica e á resolución de problemas.
3) Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipos multidisciplinares fomentando o uso das fontes de información actuais.
4) Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes mediante un proceso de formación permanente.
5) Achegamento á realidade profesional, potenciando as visións interdisciplinarias dos problemas aos que haberán de enfrontarse.
6) Ser consciente da adquisición dun compromiso ético e de asunción de responsabilidades.
CAPÍTULO 1: SISTEMA RESPIRATORIO
A este capítulo está previsto adicarlle 7 horas de clase
Tema 1. Introdución á morfopatoloxía, mecanismos de resposta aos axentes patóxenos. Cavidade nasal e senos nasais. Exploración macroscópica. Alteracións conxénitas. Alteracións circulatorias: conxestión, hiperemia e hemorraxias. Rinite e sinusite: tipos, principais lesións por especie animal. Lesións por presenza de parasitos. Neoplasias.
Tema 2. Farinxe, bolsas guturais, larinxe, traquea. Anomalías do desenvolvemento. Parálise larínxea. Hemorraxias. Edema. Inflamación. Lesións causadas por parasitos. Neoplasias.
Tema 3. Pulmón (I). Particularidades por especie. Lesións dos bronquios: bronquite, bronquiolite e bronquiectasias. Anomalías conxénitas. Alteracións distróficas: pigmentacións e calcificación pulmonar (calcinose).
Tema 4. Pulmón (II). Alteracións do enchido de aire: atelectasias e enfisemas. Alteracións circulatorias: conxestión, hemorraxias, edema pulmonar, embolias e infartos.
Tema 5. Pneumonías: clasificación. Patoxenia, fases, evolución. Broncopneumonía. Pneumonía intersticial. Pneumonía embólica. Pneumonía granulomatosa. Lesións parasitarias.
Tema 6. Consideracións e principais pneumonías das especies domésticas. Neoplasias.
Tema 7. Principais lesións da pleura e cavidade torácica: calcificación pleural, contidos anormais, pleurite. Neoplasias.
CAPÍTULO 2: SISTEMA DIXESTIVO, FÍGADO, PÁNCREAS EXOCRINO, PERITONEO
A este capítulo está previsto adicarlle 9 horas de clase
Tema 8. Mecanismos de defensa do aparello dixestivo e a súa relación coa lesión. Boca e farinxe. Exame da cavidade oral. Malformacións. Disciclias. Estomatites e xinxivites superficiais e profundas. Hiperplasias e neoplasias.
Tema 9. Glándulas salivares. Cálculos. Ránula. Sialoadenites. Neoplasias. Dentes e alvéolos dentarios. Mal oclusións. Anomalías do desenvolvemento. Pigmentacións. Enfermidade periodontal. Neoplasias. Tonsilas. Inflamacións. Lesións hiperplásicas e tumorais. Esófago. Megaesófago. Parasitoses. Hipertrofia muscular idiopática. Dilatación das glándulas esofáxicas. Obstrucións. Esofaxites. Neoplasias. Boche. Ingluvitis.
Tema 10. Preestómagos dos rumiantes. Exame e alteracións post-mortem. Timpanismo ruminal. Lactoacidose. Paraqueratose. Corpos estraños. Parasitismos. Neoplasias. Estómago e abomaso. Exame e alteracións cadavéricas. Desprazamentos. Dilatacións. Roturas. Corpos estraños. Úlceras. Disciclias. Gastrites inespecíficas e específicas. Neoplasias. Proventrículo das aves. Moega.
Tema 11. Intestino. Alteracións cadavéricas. Malformacións. Fallos do tránsito intestinal: obstrución, oclusión e íleo paralítico. Enfisema intestinal. Enterites inespecíficas: catarral, fibrinosa, hemorráxica e granulomatosa.
Tema 12. Principais enterites das distintas especies. Neoplasias.
Tema 13. Fígado I. Estrutura e función. Portas de entrada e mecanismos de defensa. Modelos de dexeneración e necrose hepatocelular. Clasificación morfolóxica dos danos hepáticos. Resposta hepática ao dano. Fallo hepático. Alteracións cadavéricas. Malformacións. Pigmentacións. Disciclias.
Tema 14. Fígado II. Alteracións metabólicas. Hepatose dietética. Hepatites víricas, bacterianas e parasitarias. Lesións proliferativas: hiperplasia e neoplasias.
Tema 15. Vesícula e vías biliares. Colelitiases. Colecistites. Páncreas exocrino. Alteracións cadavéricas. Malformacións. Necroses pancreática. Pancreatites. Neoplasias. Peritoneo. Contidos anormais. Peritonites. Neoplasias.
CAPÍTULO 3: SISTEMA CARDIOVASCULAR
A este capítulo está previsto adicarlle 4 horas de clase
Tema 16. Mecanismos de defensa do sistema cardiovascular, vías de entrada e mecanismos de resposta aos axentes patóxenos. Corazón. Alteracións postmortem. Malformacións. Pericardio. Alteracións do contido. Distrofias. Disciclias. Inflamacións.
Tema 17. Miocardio. Cardiomiopatías. Distrofias. Disciclias. Inflamacións.
Tema 18. Endocardio. Distrofias. Disciclias. Inflamacións. Neoplasias cardíacas. Lesións parasitarias cardíacas.
Tema 19. Vasos sanguíneos y linfáticos. Aneurismas e rupturas. Distrofias. Disciclias. Inflamacións. Neoplasias. Lesións parasitarias do sistema vascular.
CAPÍTULO 4: SISTEMA URINARIO
A este capítulo está previsto adicarlle 3 horas de clase
Tema 20. Ril (I). Alteracións cadavéricas. Malformacións. Disciclias: Hiperemia, hemorraxias e infartos. Distrofias: glomerulonefroses y tubulonefroses.
Tema 21. Ril (II). Nefrites: Glomerulonefrites. Nefrite tubulointersticial: clasificación e consecuencias. Nefrites granulomatosas. Ril terminal. Fallo renal e uremia.
Tema 22. Vías urinarias. Hidronefrose. Urolitiase. Inflamacións. Tumores do sistema urinario. Lesións parasitarias.
CAPÍTULO 5: ÓRGANOS LINFOHEMATOPOIÉTICOS
A este capítulo está previsto adicarlle 5 horas de clase
Tema 23. Alteracións da medula ósea. Toma de mostras e indicacións para o seu exame. Trastornos cuantitativos. Leucemias. Alteracións visibles macroscópicamente.
Tema 24. Timo. Lesións asociadas ao desenvolvemento tímico. Resposta inflamatoria. Neoplasias. Principais lesións da bolsa de Fabricio. Bazo. Atrofia e lesións do desenrolo. Esplenomegalia e rotura. Distrofias. Disciclias. Inflamacións. Neoplasias.
Tema 25. Nódulos linfoides e formacións linfoides asociadas a mucosas. Distrofias. Disciclias. Hiperplasias. Linfadenites. Lesións parasitarias.
Tema 26.Linfomas. Aspecto macroscópico. Citoloxía e Histoloxía. Comportamento biolóxico e histoloxía. Linfomas nas distintas especies de animais domésticos.
CONTIDOS PRÁCTICOS
Coñecer a técnica de necropsia en diferentes especies
Aprender a distinguir o san do patolóxico e das alteracións post-mortem
Aprender a describir e a elaborar informes anatomopatolóxicos
Realizar unha correcta toma de mostras.
As clases prácticas levaranse a cabo na sala de necropsias situada na planta baixa superior do pavillón 3. Todas as prácticas comezarán ás 10 e haberá dúas rotacións:
- A primeira rotación (APEV I C1) será de 3 días. O primeiro día rematarán ás 13 horas e os dous restantes ás 13:30 horas.
- A segunda rotación (APEV I C2) será de 2 días dende as 10:00 ata as 12:30 horas.
Bibliografía básica
TEXTOS
- JUBB, K.V.F.; KENNEDY, P.C. & PALMER,N. (2016). 3 tomos. Pathology of Domestic Animals. Ed. M Grant Maxie. 5th ed. Ed. Saunders Elsevier.
- MEUTEN, D. J. (2002). Tumors in domestic animals. 4th ed. Iowa State Press.
- ZACHARY, J.F. (2021). Pathological basis of Veterinary Disease. 7th Ed. Elsevier-Mosby, St. Louis. Missouri, USA.
ATLAS
- BUERGELT, C. D.; CLARK, E. G.; DEL PIERO, F. (2017). Bovine Pathology. A text and color atlas. Ed Cabi, Boston, USA.
- BLOWEY, R.W. & WEAVER D.A. (2003). 2nd edition. Color Atlas of Diseases and disorders of Cattle. Mosby, London.
- FERRER, ESMAEILI, LACASTA & RAMOS (2023) Atlas of sheep and goat diseases. dr Herriot
- HERENDA, D. C.; & FRANCO, D. A. (1999): Poultry Diseases and Meat Hygiene: A Color Atlas. Wiley-Blackwell
- LINKLATER, K.A. & SMITH, M.C. (1993). Color Atlas of Diseases and Disorders of the Sheep and Goat. WOLFE PUBLISING. England.
- MOUWEN, J.M.V.M. & GROOT, E.C.B.M. (1982). A color atlas of veterinary pathology. Wolfe Medical Publications LTD.
- RANDALL, C.J. (1989). Atlas en color das enfermidades das aves domésticas e de corral. INTERAMERICANA-McGRAW-HILL. Madrid.
- RANDALL, C.J. (1996). 2nd edition. A Colour Atlas of Diseases and Disorders of Domestic Fowl and Turkey. Mosby, London.
- RASKIN, R. E.; & MEYER, D. (2009): Canine and Feline Cytology: A Color Atlas and Interpretation Guide. Saunders (2ª ed).
- SMITH, W.J., TAYLOR, D.J. & PENNY, R.H.C. (1990). Atlas en color de patología porcina. INTERAMERICANA McGRAW-HILL. Madrid.
- VAN DIJK. J. E.; GRUYS, E.; & MOUWEN, J. (2007): Color Atlas of Veterinary Pathology: General Morphological Reactions of Organs and Tissues. Saunders.
RECURSOS EN INTERNET
- http://seapv.org/index.asp
- http://w3.vet.cornell.edu/nst/
- http://www.uco.es/organiza/departamentos/anatomia-y-anat-patologica/atl…
- http://www3.unileon.es/personal/wwdmavpp/Casos2002.htm
- http://atlas.fmv.utl.pt/atlas/intro_geral.htm
- http://people.upei.ca/lopez/
- http://www.uch.ceu.es/anatomia_patologica/
- http://www.path.uiowa.edu/cgi-bin-pub/vs/cancer_pathology/ca_pathology…
Recoméndase o emprego dos recursos de internet especificados no apartado de Bibliografía, así coma aquela bibliografía de aceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC “A BUSC en liña” ( https://busconline.gal). Tamén, a través do pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) y EZproxy (https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/utilidades/ezproxy.html), xestionados por BUGalicia, poderanse realizar procuras de revistas científicas e libros electrónicos (coas credenciais da USC). Para temas concretos, os profesores poderán facilitar artigos de aceso aberto ou recomendarán a procura a través de PubMed ou Google Schoolar.
Concretamente, tanto o Jubb, Kennedy & Palmer como o Zachary están dispoñibles en liña.
COMPETENCIAS XENÉRICAS
•GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
•GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
•GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
•GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
•GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
•GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
•GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
•GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
COMPETENCIAS DISCIPLINARES:
•CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
•CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
•CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfases nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
COMPETENCIAS PROFESIONALES:
•D1VUSC 02. Recoller e remitir espécimes co seu correspondente informe.
•D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
•D1VUSC 12. Realizar a inspección dos animais ante y postmortem e dos alimentos destinados ao consumo humano.
•D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
COMPETENCIAS ACADÉMICAS:
•CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
•CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
•CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de xeito fluído, oral e escrito, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
•CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
•CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
•CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
•CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
•CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
•CTVUSC 01 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
•CTVUSC 02 Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios como información bibliográfica e Internet, e analizala dun xeito crítico.
•CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
•CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de xeito claro, coherente e escueto.
•CTVUSC 05 Habilidade no manexo de las TICs.
•CTVUSC 06 Utilización de información en lingua extranxeira.
•CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante la aplicación integrada dos seus coñecementos.
Esta materia, como se pode ver, abrangue os sistemas e aparellos de maior peso na Anatomía Patolóxica Especial. E por elo que as "clases maxistrais" comprenden a maior parte das horas presenciais do/a estudante, con 28 horas na aula. Estas horas repartiranse en 2 ou 3 horas á semana ao longo de todo o semestre. Non obstante, estas clases non serán puramente teóricas, xa que sempre basearanse na proxección de imaxes das lesións.
Son de obligado cumplimento os protocolos de seguridade publicados no campus virtual. Ao finalizaren as clases prácticas, os alumnos deberán entregar un informe anatomopatolóxico da necropsia que realizaron, o que lles axudará a aprender non so a elaborar eses informes, recompilando toda a información obtida da historia clínica e a necropsia, senón tamén a describir o que ven. Ademais, nalgúns casos deberán resolver os casos que se lles formulen, acudindo ás fontes bibliográficas.
Ao comezo do curso impartiráse unha clase de práctica de pizarra, na que se lles explicará pormenorizadamente a técnica de necropsia. Impartiranse así mesmo unha hora de titoría en grupos reducidos ao final do semestre, que servirá de repaso e para solventar as dúbidas que puideran xurdir.
Por último, o Campus Virtual da USC é unha plataforma importante de apoio á docencia, que servirá para propor distintos casos para traballar sobre eles, así como tests e autoavaliacións que facilitarán o estudo da materia.
A nota da parte teórica da materia suporá o 80% da nota final. A avaliación dos contidos teóricos terá lugar do seguinte xeito:
Avaliación Continua do alumnado ao longo do curso, que recollerá o traballo persoal do estudante mediante diferentes probas, co obxectivo de reforzar o aprendido e motivar o estudo ao longo do trimestre. De acordo coas instrucións recibidas, cando estas probas se realicen de xeito sincrónico serán realizados na aula e só serán fora da aula as probas realizadas de xeito asíncrono. En xeral, haberá unha proba ao finalizar cada bloque temático. Esta avaliación continua suporá o 30% da nota teórica total. Os alumnos repetidores deberán realizar estas probas de novo, xa que lles permitirá avanzar na superación da materia.
Exame Teórico: Os exames teóricos consistirán na resposta a preguntas que sobre o temario e desenvolvemento das clases se realicen mediante o sistema de formularios tipo test, de preguntas curtas, e/ou de ensaio, empregando os axeitados soportes gráficos. Para superar a materia será necesario aprobar o exame teórico. O exame teórico suporá o 70% da nota teórica total.
A avaliación dos contidos prácticos terá lugar de xeito continuado empregando unha rúbrica, tendo en conta factores como a atención, a dedicación, a participación, a aptitude e a aprendizaxe do estudante, así como a elaboración dos informes de necropsia. A avaliación das prácticas suporá o 20% da nota final da materia. Para superar a materia é imprescindible realizar as prácticas e ser avaliado positivamente. Esta nota de prácticas será conservada durante un curso académico, en caso de non superar a materia, sempre en cando se acade a lo menos un 6 na calificación das prácticas.
Pódese conceder unha dispensa parcial, en base á Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral. Deste xeito, os estudantes aos que se lles conceda, non terán a obriga de asistir ás clases expositvas, pero mantense a obrigación de asistencia ás prácticas clínicas, por ser necesaria a asistencia ás mesmas de xeito presencial.
O sistema de avaliación das actvidades para as que se concede a dispensa parcial será o mesmo do resto dos estudantes e a avaliación continua será realizada de xeito online.
Lamentablemente, no momento actual a fraude á hora de realizar os exames e as diferentes probas están á orde do día, sen que os alumnos que o levan a cabo teñan sentimento de culpabilidade nin de estar a realizar algo ilícito. É intención do profesorado da materia perseguir activamente esas actitudes para conseguir maior xustiza nas cualificacións. En caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das diferentes probas (presenciais e telemáticas), será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
Clases maxistrais: 28 horas
Prácticas clínicas: 15 horas
Prácticas de encerado: 1 hora
Titorías en grupos reducidos: 1 hora
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE:
Estudio individual: 40 horas
Elaboración de traballos: 5 horas
Revisión bibliográfica, biblioteca, etc.: 2 horas
Resolución de casos/problemas: 6 horas
Elaboración memorias de prácticas: 5 horas
Realización de exames: 2 horas
Outras tarefas propostas polo profesor: 7,5 horas
Total horas de traballo presencial (10x Nº ECTS):45
Total horas de traballo persoal do estudante (15x Nº ECTS): 67,5
TOTAL HORAS DO ESTUDANTE: 112,5
É moi conveniente ter cursado previamente Anatomía Veterinaria I e II, Fisioloxía Veterinaria I e II e Citoloxía e Histoloxía Veterinaria para coñecer previamente a estrutura e a función normal dos tecidos e órganos, como paso previo para entender as lesións e as súas consecuencias funcionais no animal doente; e especialmente a Anatomía Patolóxica Xeral Veterinaria, que aportará as bases dos mecanismos que interveñen no desenvolvemento dos distintos tipos de lesións, as causas que as producen e as consecuencias das mesmas. Moitos artigos de investigación e libros recomendados na bibliografía están en inglés, polo que se recomenda un nivel aceptable neste idioma.
Ademáis, podemos facer unha serie de recomendacions que servirán para superar a materia:
- Asistencia ás clases teóricas.
- Utilización do material aportado polo profesorado como guía de estudo: esquemas, apuntes, Cds de imaxes, imaxes da páxina Web da asignatura. Son de especial utilidade as probas que se realizan na aula virtual, que sen contar para a nota do estudante, facilítanlle de forma importante o estudo da materia.
- Emprego das fontes bibliográficas recomendadas: libros de texto, atlas de imaxes, páxinas web
- Uso regular das horas de titorías.
- Estudo constante ao longo de todo o curso, facilitado pola realización de probas de avaliación continua.
A espera da aprobación (por parte da Secretaría Xeral) dun criterio único de dispensa para todo o Grao en Veterinaria,a asistencia ás ses ions interactivas e seminarios é obrigatoria e a sua avaliación será continuada e non recuperable, polo que non procede a dispensa de asistencia ás mesmas.
Maria Isabel Quiroga Berdeal
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- misabel.quiroga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Sonia Vázquez Rodríguez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- sonia.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Monica Lopez Peña
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822329
- Correo electrónico
- monica.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Maria Bravo Moral
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- ana.bravo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Victoria Valiño Cultelli
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- victoria.cultelli [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Nerea Gandoy Fieiras
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- nerea.gandoy [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Xoel Souto Guitián
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822307
- Correo electrónico
- xoel.souto.guitian [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral_Doutoramento Industrial
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Martes | |||
10:00-13:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego, Castelán | Sala de Necropsias |
Mércores | |||
10:00-13:30 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán, Galego | Sala de Necropsias |
Xoves | |||
10:00-13:30 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego, Castelán | Sala de Necropsias |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Venres | |||
10:00-13:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Galego, Castelán | Sala de Necropsias |
16.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
16.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
16.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
23.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
23.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |