Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Con esta materia pretendemos que os alumnos:
- Coñezan a estrutura, e a función que realizan, as diferentes moléculas que forman un ser vivo.
- Coñezan as transformacións de enerxía e materia que levan a cabo os seres vivos, así como os mecanismos de regulación destas transformacións.
- Adquiran uns coñecementos básicos acerca da transmisión da información xenética.
- Coñezan e utilicen técnicas de laboratorio básicas empregadas no ámbito das ciencias da vida.
- Coñezan e manexen correctamente a terminoloxía empregada en Bioquímica e Bioloxía Molecular.
PROGRAMA TEÓRICO
Os contidos teóricos da materia agrúpanse en sete unidades didácticas. En cada unidade, dividida en varios temas, estúdanse os aspectos mais estreitamente relacionados.
Na unidade didáctica 1 analízanse as características estruturais e propiedades dos diferentes grupos de biomoléculas das que está constituído un ser vivo, facendo un especial fincapé na función que realizan. Cada grupo de biomolécula é tratado en temas independentes, tamén se analizan as características estruturais das asociacións que se dan entre elas. O tema 1 é una introdución as características químicas da materia viva, recalcando as propiedades dos tipos de enlace e o carácter da auga como disolvente.
Nas unidades didácticas 2 a 6, estúdanse o conxunto de reaccións químicas que nos permiten degradar e sintetizar as biomoléculas, o que se coñece como Metabolismo. Na unidade 2, explícanse conceptos xerais, as propiedades das moléculas que catalizan as diferentes reaccións, os Enzimas, así como os mecanismos de regulación do metabolismo. Na unidade 3 estúdanse as rutas centrais do metabolismo aerobio, isto é, Ciclo de Krebs, Cadea de Transporte Electrónico e Fosforilación Oxidativa, e nas unidades 4, 5 e 6 as rutas que nos permiten degradar e sintetizar Glícidos, Lípidos e Proteínas, respectivamente.
Por último, na unidade didáctica 7 estúdase cómo se almacena a información xenética no ADN, cales son os mecanismos que permiten que esta información se transmita as células fillas cando una célula se divide, así como os procesos que permiten sintetizar as propias proteínas a partir de dita información. Para finalizar, e dado que no son necesarias todas as proteínas nun momento determinado, nin tampouco na mesma cantidade, analizaranse os mecanismos que permiten regular a expresión xénica.
UNIDADE DIDÁCTICA 1: BIOQUÍMICA ESTRUTURAL (13 Horas)
Tema 1.- Introdución.
Concepto de Bioquímica. Organización da materia viva. Bioelementos e biomoléculas. Tipos de enlaces inter e intramoleculares. Propiedades da auga: polaridade e ionización.
Tema 2.- Estrutura e propiedades das Proteínas
Estrutura, clasificación e propiedades dos aminoácidos. O enlace peptídico. Péptidos de interese biolóxico. Clasificación e función das proteínas. Niveles de organización estrutural das proteínas.
Tema 3.- Estrutura e propiedades dos Glícidos
Estrutura e propiedades dos monosacáridos. Derivados dos monosacáridos de interese biolóxico. O enlace glicosídico. Disacáridos de interese biolóxico. Polisacáridos de reserva e estruturais. Glicoproteínas.
Tema 4.- Estrutura e propiedades dos Lípidos
Estrutura e propiedades dos lípidos. Estrutura e propiedades dos eicosanoides. Triacilgliceroles e ceras. Fosfoglicéridos e esfingolípidos. Lípidos derivados do isopreno. Lipoproteínas. Membranas celulares.
Tema 5.- Estrutura e propiedades dos Ácidos nucleicos
Bases nitroxenadas, nucleósidos e nucleótidos. Niveles de organización estrutural do ADN. Características estruturais dos diferentes tipos de ARN.
UNIDADE DIDÁCTICA 2: INTRODUCIÓN AO METABOLISMO (5 Horas)
Tema 6.- Aspectos xerais do metabolismo
Concepto de metabolismo e rutas metabólicas. Bioenerxética. Catabolismo e anabolismo. O papel do ATP nos procesos metabólicos. Estado enerxético da célula. Esquema xeral do metabolismo.
Tema 7.- Enzimas
Concepto e propiedades. Nomenclatura e clasificación. Mecanismo de acción dos enzimas. O centro activo. Cinética enzimática: significado biolóxico das constantes cinéticas. Función coenzimática das vitaminas hidrosolubles.
Tema 8.- Regulación do metabolismo
Regulación da actividade enzimática. Compartimentación celular. Mecanismos específicos de regulación da actividade enzimática: regulación alostérica e regulación por modificación covalente. Regulación da concentración de enzima. Regulación por sinais extracelulares: mecanismos de transdución de sinais. Transporte a través de membranas.
UNIDADE DIDÁCTICA 3: RUTAS CENTRAIS DO METABOLISMO (3 Horas)
Tema 9.- Ciclo dos Ácidos Tricarboxílicos (Ciclo de Krebs)
Aspectos xerais e funcións. Reaccións da ruta. Balance global e regulación do ciclo. Reaccións anapleróticas: piruvato carboxilasa.
Tema 10.- Cadea Respiratoria e Fosforilación Oxidativa
Visión xeral dos procesos: localización e organización. A cadea de transporte electrónico: compoñentes e modo de acción. ATP sintasa: estrutura e modo de acción. Acoplamento enerxético entre a cadea respiratoria e a fosforilación oxidativa. Axentes desacoplantes: a termoxenina. Formación dos radicais libres de osíxeno. Inhibidores da cadea respiratoria.
UNIDADE DIDÁCTICA 4: METABOLISMO DOS GLÍCIDOS (5 Horas)
Tema 11.- Catabolismo da Glicosa e outros Monosacáridos
Conceptos de fermentación e respiración. Glicolisis: localización, reacciones. Fermentación: destinos anaerobios do piruvato. Degradación aeróbica do piruvato. Rexeneración do NAD+ citosólico: sistemas lanzadera de electróns. Balance da degradación aeróbica e anaeróbica da glicosa. Efecto Pasteur. Incorporación de outros monosacáridos a ruta glicolítica.
Tema 12.- Síntese da Glicosa
Importancia biolóxica. Precursores, localización e reaccións. Balance da ruta. Regulación coordinada de degradación e síntese da glicosa. Destinos da glicosa-6-fosfato.
Tema 13.- Metabolismo do Glicóxeno
O glicóxeno: una maneira de almacenar glicosa en animais. Importancia biolóxica. Degradación e síntese do glicóxeno: reaccións e regulación.
Tema 14.- Ruta das Pentosas Fosfato
Importancia biolóxica, función e localización. Reaccións e regulación.
UNIDADE DIDÁCTICA 5. METABOLISMO DOS LÍPIDOS (5 Horas)
Tema 15.- Catabolismo dos Lípidos
Movilización de triglicéridos. Catabolismo dos ácidos graxos: activación e transporte. beta-oxidación dos ácidos graxos: reaccións e balance. Corpos cetónicos: función, formación e utilización dos corpos cetónicos.
Tema 16.- Biosíntese de Lípidos I
Biosíntese de ácidos graxos: importancia biolóxica, precursores, localización e reaccións. Balance. Elongación e síntese de ácidos graxos insaturados: ácidos graxos esenciais. Regulación do metabolismo dos ácidos graxos.
Tema 17.- Biosíntese de Lípidos II
Biosíntese de triglicéridos e fosfoglicéridos. Biosíntese de esfingolípidos. Biosíntese de esteroides: o colesterol.
UNIDADE DIDÁCTICA 6.- METABOLISMO DAS PROTEÍNAS (5 Horas)
Tema 18.- Degradación de Proteínas e Aminoácidos
O proteasoma. Catabolismo de aminoácidos: transaminación e desaminación oxidativa. Eliminación do grupo amino: ciclo da urea. Outros sistemas de eliminación do grupo amino. Destinos do esqueleto carbonado.
Tema 19.- Biosíntese de Aminoácidos
Aminoácidos esenciais e non esenciais. Procedencia do esqueleto carbonado. Ciclo do nitróxeno e incorporación do grupo amino.
Tema 20.- Os Aminoácidos como precursores de outras biomoléculas
Neurotransmisores, hormonas, porfirinas e moléculas enerxéticas. Relación dos aminoácidos co metabolismo dos nucleótidos.
UNIDADE DIDÁCTICA 7.- TRANSMISIÓN DA INFORMACIÓN (4 Horas)
Tema 21.- Transcrición
O concepto de xen. Maquinaria proteica implicada na transcrición. Mecanismo xeral da transcrición: iniciación, elongación e terminación. Modificacións post-transcricionais do ARN.
Tema 22.- Tradución
O código xenético: características. Maquinaria implicada na tradución. Fase de activación: aminoacil-ARNt sintasa. Iniciación, elongación e terminación da cadea polipeptídica. Modificacións post-traducionais.
Tema 23.- Regulación da Expresión Xénica
Tema 24.- Replicación do ADN
Proteínas implicadas na replicación. Mecanismo xeral da replicación: iniciación, elongación e terminación.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO
Prácticas I e II (8 horas)
Obxectivo:
O obxectivo destas prácticas é introducir ao alumno/a nas técnicas de lab oratorio básicas como son: o manexo adecuado de diferente material de vidro; a manipulación correcta de pipetas, tanto de vidro como automáticas; o uso dunha balanza, dun espectrofotómetro, dunha centrífuga, dun pH-metro, dun homoxenizador o dun axitador magnético. Tamén é obxecto desta práctica que os/as alumnos/as aprendan a preparar as mostras biolóxicas para realizar os análises, así como os reactivos que necesitan.
Aplicación:
1) Preparación dun homoxenado tisular e obtención do extracto cru que será utilizado ao longo das prácticas.
2) Preparación dos reactivos necesarios para a realización da determinación da concentración de proteínas polo método de Lowry.
3) Determinación da concentración de proteínas polo método de Lowry no extracto biolóxico obtido previamente, en leite de vaca e en outras mostras biolóxicas.
Duración:
Duas sesións
Prácticas III e IV (8 horas)
Obxectivo:
O obxectivo desta práctica é que os alumnos aprendan a detectar a presenza dun enzima nunha mostra biolóxica, así como a determinar a actividade dese enzima, seus principais parámetros cinéticos, e o efecto de parámetros como pH e a temperatura.
Aplicación:
1) Determinación da actividade fosfatasa ácida nun extracto de tecido.
2) Cuantificación de dita actividade.
3) Determinación dos parámetros cinéticos Km e Vmax.
4) Estudo do efecto da temperatura e pH sobre a actividade.
Duración:
Duas sesións.
Práctica V (4 horas)
Objetivo:
O obxectivo desta práctica é introducir aos alumnos nas técnicas cromatográficas, métodos moi empregados na separación e análise das biomoléculas.
Aplicación:
Separación de azucres por cromatografía en capa fina.
Realizarase empregando diferente material biolóxico como sacarosa, miel, leche.......
Duración:
Una sesión.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- NELSON, D.L. & COX, M.M., Lehninger Principios de Bioquímica, 7ª ed., Ed. Omega, Barcelona, 2018.
- BERG, J.M., TYMOCZKO J.L. & STRYER L. “Bioquímica” Ed. Reverté. Septima edición. 2012.
- TYMOCZKO, J.L., BERG, J.M. & STRYER, L., Bioquímica: curso básico. Ed. Reverté; Barcelona, 2014.
- VOET, D., VOET, J. & PRAT, C.W., Fundamentos de bioquímica: la vida a nivel molecular. 4ª ed., Ed. Panamericana, Buenos Aires, 2016 (versión electrónica).
- MCKEE, T. & MCKEE, J.R. Bioquímica: las bases moleculares de la vida. 5ª ed., Ed. McGRawHill Interamericana, México, 2014 (versión electrónica).
- FEDUCHI, E., ROMERO, C., YAÑEZ, E., GARCÍA-HOZ, C., Bioquímica: conceptos esenciales, 3ª ed., Ed. Médica Panamericana, Madrid, 2021 (versión electrónica).
- HERRERA, E., RAMOS, M.P., VIANA, M. "Bioquímica básica". Ed. Elsevier, Barcelona, 2014.
- TEIJÓN, J.M., BLANCO, M.D., OLMO, R.M., POSADA, P., TEIJÓN, C. & VILLARINO, A. Fundamentos de Bioquímica estrutural, 3ª ed., Ed. Tébar Flores, Madrid, 2017.
- KOOLMAN, J. & RÖHM, K.H., Bioquímica: texto y atlas, 4ª ed., Ed. Médica Panamericana, Madrid, 2012.
- FERRIER, D.R., Bioquímica LIR, 7ª ed., Ed. WoltersKluver; Barcelona, 2017.
- RODWELL, V. & HARPER, A., Bioquímica ilustrada, 30ª ed., Ed, McGraw Hill Interamericana, México, 2016 (versión electrónica).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA (LIBROS ESPECIALIZADOS):
- ENGELKING, L.R., Textbook of Veterinary Physiological Chemistry, 3rd ed. Ed. AcademicPress, San Diego, 2015. (versión electrónica).
- KANEKO, J. J, HARVEY, J. W. & BRUSS, M. L., (eds.), Clinical biochemistry of domestic animals., 6th ed. Ed. Academic Press, San Diego, 2008.
- DIJKSTRA, J., FORBES, J.M. & FRANCE, J., (eds.) Quantitative aspects of ruminant digestion and metabolism, 2ª ed. Ed. CAB International, Wallingford; 2005.
- LIEBERMANS, M. & PEET, A., Bioquímica Médica Básica: un enfoque clínico., 5th. ed., Ed. Lippincott, 2018
- BERG, J.M., TYMOCZKO,J.L. & STRYER, L., Bioquímica: aplicaciones clínicas, 7ª ed., .Reverté, Barcelona, 2015
- BAYNES, J.W. & DOMINICZAK, M.H., Bioquímica médica, 5ª ed., Ed. Elsevier, Barcelona, 2019
- McSWEENEY, P.L.H. & FOX, P.F. (eds.) Advanced dairy chemistry, vol. 1A: proteins, basic aspects, 4ª ed., Ed. Springer, New York, 2013.
- McSWEENEY, P.L.H., FOX, P.F. & MAHONY, J.A.,(eds.) Advanced dairy chemistry, vol. 2: lipids, 4ª ed., Ed. Springer, New York, 2020
- McSWEENEY, P.L.H. & FOX, P.F. (eds.) Advanced dairy chemistry, vol. 3: lactose, water, salts and minorconstituentes, 3ª ed.,
Ed. Springer, New York, 2009.
PÁGINAS WEB
https://biomodel.uah.es/
http://proteopedia.org/wiki/index.php/Main_Page
https://themedicalbiochemistrypage.org/
http://www.ncbi.nlm.nih.gov/entrez/query.fcgi
Das competencias establecidas no Plano de Estudos do Grao en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia se van a traballar as seguintes:
Competencias Xerais:
GVUSC 01: Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC 02: Capacidade de análise e síntese.
GVUSC 04: Planificación e xestión do traballo.
GVUSC 05: Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Competencias Específicas:
Específicas disciplinares:
CEDVUSC 04: Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal.
CDVUSC 16: Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
Específicas profesionais:
D1VUSC 03: Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
Específicas académicas
CEAVUSC 08: Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias Transversais:
CTVUSC 01: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC 02: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CONTIDOS TEÓRICOS
Os contidos teóricos impartiranse na aula, en 40 sesións de 50 minutos de duración cada unha, cuxa distribución en horas aproximarase o mais posible á que se mostra no apartado Contidos.
Como complemento á docencia teórica, cada alumno/a deberá asistir a 3 sesións de seminario que se impartirán na aula. A primeira sesión é de 1 hora/grupo e as dous seguintes de 2 horas/grupo. Estas clases dedicaranse a desenvolver problemas, casos prácticos e a resolver todas as dúbidas que xurdan das clases expositivas.
Para a docencia teórica (clases expositivas e de seminario) os alumnos dividiranse, por orde alfabética, en 2 grupos, A e B. Os profesores responsables de impartir esta docencia son:
Grupo A: Prof. José Antonio Villamarín Cid; Grupo B: Profa. Mª Izaskun Ibarguren Ariceta
CONTIDOS PRÁTICOS
As prácticas realizaranse en grupos de 20 alumnos/as. Cada grupo realizará 5 sesións de prácticas de 4 horas cada unha que terán lugar no laboratorio do departamento de Bioquímica. Poñerase ao dispor do alumnado, a través da aula virtual, un Manual de Prácticas no que se detallan os aspectos teóricos así como a metodoloxía a seguir para o desenvolvemento de cada práctica. Cada alumno/a debe cubrir os apartados correspondentes cos resultados obtidos e entregar o manual ao finalizar as prácticas para que sexa corrixido e avaliado. Cada alumno/a deberá acudir ás prácticas de laboratorio provisto de manual de prácticas, guantes de látex e bata de laboratorio.
Nestas prácticas traballarase a habilidade relacionada co obxectivo da aprendizaxe: "Practicar o manexo de equipamentos e técnicas básicas que servirán ao alumno para desenvolver a súa actividade nun laboratorio" da competencia 24 a día 1 da Federación de Veterinarios Europeos: "Utilizar o equipamento básico de diagnóstico e realizar un examen de xeito eficaz segundo corresponda ao caso, dacordo coas boas prácticas de seguridade e saúde e a normativa vixente. Comprender a contribución das ferramentas dixitais e da intelixencia artificial en veterinaria". AVALIARASE OBXECTIVO DA APRENDIZAXE polo que ao comenzo das prácticas informarase aos alumnos sobre este aspecto e a forma de avaliación.
Os/as alumnos/as deberán elaborar un mapa metabólico como axuda á aprendizaxe que será avaliado para a cualificación final. O devandito mapa entregarase o día no que se celebre o exame da primeira oportunidade. A entrega realizarase de xeito presencial.
Na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo están ao dispor dos/as alumnos/as exemplares dos libros de texto e manuais recomendados para o seguimento da materia. Así mesmo, os estudantes teñen a súa disposición os libros en versión electrónica a través da biblioteca universitaria na seguinte ligazón (https://biblioteca-usc.gal/).
VALORACIÓN DOS COÑECEMENTOS TEÓRICOS (70% da cualificación final)
Na oportunidade ordinaria (decembro-xaneiro) procederase do seguinte xeito para avaliar os coñecementos teóricos:
Opción 1: Avaliación continua
a) Realizarase un seguimento continuado ao longo do semestre da adquisición de coñecementos mediante a realización dunha proba na parte final de cada unha das sesións de seminario. A primeira destas probas constará de 15 preguntas tipo test e as dúas seguintes de 30 preguntas cada unha. Cada pregunta tipo test ten cinco opcións de resposta das cales só unha é correcta polo que se correxirá a probabilidade de acerto por azar. A suma das notas obtidas terá un peso dun 35% na cualificación final.
b) Na data prevista no calendario de exames, realizarase unha cuarta proba escrita que constará de varias preguntas de resposta curta, desenvolvemento, interpretación de esquemas…, coa que valorarase a capacidade para relacionar, integrar e aplicar os coñecementos adquiridos. A nota obtida nesta proba terá un peso dun 35% na cualificación final.
Para APROBAR a materia é OBRIGATORIO superar este apartado de adquisición de coñecementos teóricos, débese acadar unha nota mínima dun 4,5 sobre 10 na suma das catro probas.
Opción 2: Avaliación mediante exame final
No caso dos/as alumnos/as que no realicen as probas nas sesións de seminario, ou que aínda que as realicen non obteñan un resultado satisfactorio, o grao de adquisición dos coñecementos teóricos avaliarase mediante unha única proba a realizar na data prevista no calendario de exames. Neste caso, a proba constará dunha parte tipo test de 75 preguntas con cinco opcións de resposta e unha soa correcta (corrixirase a probabilidade de acerto por azar), e unha parte que constará de varias preguntas de resposta curta, desenvolvemento, interpretación de esquemas…, coa que se valorará a capacidade para relacionar, integrar e aplicar os coñecementos adquiridos. A nota de cada unha das partes terá un peso dun 35% na cualificación.
Para APROBAR a materia é OBRIGATORIO superar este exame, débese alcanzar unha nota mínima dun 4,5 sobre 10.
A OPCIÓN 2 SERÁ A ÚNICA OPCIÓN DE AVALIACIÓN NA OPORTUNIDADE DE RECUPERACIÓN (XUÑO-XULLO).
VALORACIÓN DOS COÑECEMENTOS PRÁCTICOS (20% da cualificación final).
a) A avaliación do obxectivo de aprendizaxe: "Practicar o manexo de equipamentos e técnicas básicas que servirán ao alumno para desenvolver a súa actividade nun laboratorio" da competencia 24 a día 1 da Federación de Veterinarios Europeos, levarase a cabo na práctica 4. A avaliación realizarase por observación directa no laboratorio e empregando a rúbrica dispoñible na aula virtual. Ao longo da sesión, o profesor solicitará a cada alumno que demostre a súa habilidade no recoñecemento e manexo dalgúns equipamentos empregados (diverso material de vidrio, micropipetas, centrífuga, e espectrofotómetro). Orientarase ao alumno na realización da tarea hasta acadar o obxectivo. A superación desta actividade será imprescindible para superar a materia. No caso de superala terá un valor dun 5% na calificación final.
b) A actitude, o interese e o traballo desenvolvido polo alumno en todas as sesións de prácticas más o informe no que se describen os resultados obtidos terá un peso dun 15% na calificación final.
Nesta materia non se admite dispensa para as prácticas. É OBRIGATORIA a asistencia a todas as prácticas. Se un/a alumno/a falta a algunha, deberá aportar o xustificante e recuperala o antes posible. De non facelo así, considerarase que o/a alumno/a non ha realizado as prácticas e como consecuencia non poderá aprobar a materia.
Todas as probas: avaliación continua, exame de prácticas e exame final realizaranse de xeito presencial.
VALORACIÓN DO MAPA METABÓLICO (10% da cualificación final).
Para os casos de realización fraudulenta de probas ou exames será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
IMPORTANTE:
1.- Para aprobar a materia é obrigatorio superar o apartado de adquisición de coñecementos teóricos, débese alcanzar unha nota mínima dun 4,5 sobre 10 para proceder a calcular a nota final tendo en conta as cualificacións de prácticas e mapa metabólico.
2.- A nota obtida nos apartados prácticas e mapa metabólico terá validez para as dous oportunidades do curso.
3.- Se un alumno debe cursar novamente a materia, SÓ se lle conservará, se así o desexa, a nota obtida nos apartados prácticas e mapa metabólico, e durante tres cursos académicos.
4.- Soamente os alumnos que non realizaron ningunha actividade durante o curso serán cualificados como "non presentado".
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
-Clases maxistrais: 40 h
-Seminarios: 5 h
-Prácticas de laboratorio: 20 h
-Titorías en grupos reducidos: 1 h
Total: 66 h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
-Estudo individual: 60 h
-Elaboración da memoria de prácticas: 6 h
-Elaboración de traballos: 4,5 h
-Revisión bibliográfica: 4 h
-Resolución de casos/problemas: 6 h
-Realización de exames: 3,5 h
Total: 84 h
TOTAL HORAS DO ALUMNO: 150 h
Recoméndase o traballo continuado e simultáneo coa docencia expositiva.
Para calquera dúbida, recomendamos o uso das titorías persoais.
Durante todo o curso recomendamos o contacto continuo co profesor mediante os medios informáticos habituais.
Prof. José Antonio Villamarín Cid
Titorías personalizadas previa cita. Departamento de Bioquímica, Pavillón II, Facultade de Veterinaria.
Prof. Izaskun Ibarguren Arizeta
Titorías personalizadas previa cita. Departamento de Bioquímica, Pavillón II, Facultade de Veterinaria.
Jose Antonio Villamarin Cid
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- antonio.villamarin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria De Izaskun Ibarguren Ariceta
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 982822209
- Correo electrónico
- mdeizaskun.ibarguren [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS15 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS13 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS16 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS14 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 4 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 4 |
16.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
16.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
16.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
10.07.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
10.07.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |