Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 80 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 5 Clínicos EEES: 28 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos específicos da materia son os seguintes:
1. Recoñecer as enfermedades relacionadas coa nutrición, dermatoloxía, alteracións do sistema endócrino, enfermidades do aparato urinario, alteracións sanguíneas e trastornos nerviosos nas diferentes especies, realizar o examen clínico e a historia clínica.
2. Coñecer a etiopatoxenia das enfermedades relacionando clínicamente a información obtida do animal enfermo e recoñecer os síntomas que padece o animal.
3. Establecer as posibles diagnoses diferenciais e seleccionar aquelas técnicas de diagnose que permitan concretar a diagnose e incluso determinar con exactitude a etioloxía.
4. Coñecer as diferentes modalidades terapéuticas.
5. Coñecer as medidas profilácticas que se deben establecer, non só co propio animal senón na colectividade.
6. Emitir unha prognose da enfermidade, tendo en conta a rendibilidade, funcionalidade ou vida do animal.
7. Desenvolver á actividade clínica cunha actitude científica e ética.
8. Relacionar e aplicar os coñecementos doutras materias.
9. Coñecer e usar de forma crítica a fontes bibliográficas.
CONTIDOS TEORICOS (36 horas):
BLOQUE I: PATOLOXÍA DA NUTRICIÓN (9 horas)
-Xeneralidades da patoloxía da nutrición. Obesidade
- Hipoglicemia. Hipoglicemias neonatais. Hipoglicemia dos leitóns.
- Alteracións do metabolismo enerxético. Cetose bovina. Síndrome da vaca gorda. Toxemia da xestación ovina.
- Alteracións do metabolismo do calcio. Hipocalcemia en vacún. Hipocalcemia noutras especies.
- Alteracións do metabolismo do magnesio. Tetania hipomagnesémica.
- Alteracións do metabolismo do fósforo. Hemoglobinuria puerperal.
- Enfermidades causadas por deficiencias en oligoelementos. Deficiencia de cobalto. Deficiencia de ferro. Deficiencia de cinc. Deficiencia de cobre. Deficiencia de selenio.
BLOQUE II: PATOLOXÍA MÉDICA DA PEL (5 horas)
- Prurito
- Aproximación o paciente con alopecia.
- Dermatopatías autoinmunes.
- Enfermidades nodulares da pel e texido subcutáneo.
- Enfermidades do oído.
BLOQUE III: PATOLOXÍA MÉDICA DO SISTEMA ENDÓCRINO (5 horas)
- Afeccións da glándula tiroide. Hipotiroidismo. Hipertiroidismo.
- Afeccións da glándula adrenal. Hipoadrenocorticismo. Hiperadrenocorticismo.
- Afeccións do páncreas endócrino. Diabete mellitus. Insulinoma.
- Outras afeccións endócrinas menos comúns: afeccións da glándula paratiroide e afeccións da glándula pituitaria.
BLOQUE IV: PATOLOXÍA MÉDICA DO APARATO URINARIO (6 horas)
- Enfermidade renal aguda.
- Enfermidade renal crónica.
- Estudo clínico das glomerulopatías. Aproximación ao paciente con proteinuria.
- Afeccións do tracto urinario (infeccións, litiase, enfermidade das vías urinarias baixas felina). Aproximación ao paciente con estranguria/disuria/polaquiuria e hematuria.
- Incompetencia uretral. Aproximación ao paciente con incontinencia urinaria.
BLOQUE V: PATOLOXÍA MÉDICA DO SANGUE (6 horas)
- Estudo clínico das anemias: anemias rexenerativas e non rexenerativas.
- Alteracións da hemostase.
-Linfoma no can e no gato
- Esplenomegalia
BLOQUE VI: NEUROLOXÍA (5 horas)
- Abordaxe e manexo do paciente con epilepsia.
- Abordaxe do paciente con paresia/parálise: mielopatías e
patoloxías da columna. Enfermidades do sistema nervioso periférico.
- Abordaxe do paciente con ataxia: síndrome vestibular.
PRACTICAS DE ENCERADO (5 Horas):
- CMI PE 1: Nutrición. Aproximación o paciente por porblemas. Razoamento clínico. Casos clínicos.
- CMI PE 2: Nefroloxía. Aproximación o paciente por porblemas. Razoamento clínico. Casos clínicos.
- CMI PE 3: Neuroloxía. Aproximación o paciente por porblemas. Razoamento clínico. Casos clínicos.
- CMI PE 4: Endocrinoloxía. Aproximación o paciente por porblemas. Razoamento clínico. Casos clínicos.
- CMI PE 5: Hematoloxía. Aproximación o paciente por porblemas. Razoamento clínico. Casos clínicos.
TITORÍA:
- CMI TG1-14: Normas da materia. Prácticas. Exame.
CONTIDOS PRACTICOS (28 horas):
-CMI E (1-16): 2 horas: Exposición diagnóstico diferencial
-CMI P (1-16): 16 horas. Clínica de pequenos animais HVU Rof Codina (3 días)
-CMI G1 (1-16): 4 horas. Clínica de grandes animais. Granxa Gayoso Castro (1 día)
-CMI G2 (1-16): 4 horas. Clínica de grandes animais HVU Rof Codina (1 día)
-CMI RC (1-16): 2 horas. Razoamento clínico: casos clínicos.
As actividades realizadas polos estudantes durante as prácticas son as seguintes:
- Obtención de datos da historia clínica e exame físico.
- Introducción destes datos no historial informático de cada paciente.
- Identificación dos principais problemas do paciente e elaborar unha lista de problemas e analizar (verificar que existe o problema, localizar a súa orixe, localizar o seu mecanismo fisiopatolóxico, especificar a que enfermidade concreta se atribúe) aqueles máis representativos que poidan servir de base para establecer un diagnostico diferencial.
- Identificación da aqueles problemas que requiran atención terapéutica inmediata e o seu diagnostico específico deba ser postergado.
- Selección das probas complementarias para a confirmación ou descarte das sospeitas tendo en conta criterios como a frecuencia de presentación dos procesos, elección de probas menos invasoras, que acheguen máis información e que sexan asumibles economicamente polos propietarios.
- Toma de mostras.
- Interpretación dos resultados obtidos das diferentes probas complementarias utilizadas en cada paciente.
- Establecer un plan terapéutico (tratamento de soporte, específico, sintomático ou paliativo) axeitado a cada situación clínica.
- Establecemento dunha avaliación axeitada de custos beneficios no caso dos animais de renda.
- Establecemento dun plan de seguimento axeitado a cada proceso, seguimento e notas de progresión, cada problema detectado debe ser reavaliado seguindo o Método (Subxectivo Obxectivo Análise Plan) SOAP.
- Manexo de animais hospitalizados.
- Sesión razoamento clínico: revisión e discusión de casos clínicos vistos durante as prácticas clínicas, coa participación activa dos estudantes, seguindo os principios da medicina baseada na evidencia e razoamento clínico.
- Sesión de diagnóstico diferencial: desenvolver e presentar un proceso diagnóstico diferencial razoado sobre un suposto clínico asignado.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
• Bonagura JD, Twedt DC. (2014). Kirk's Current Veterinary Therapy XV. Philadelphia, Saunders Elsevier. VMD-398
• Bruyete D, (2020). Clinical small animal internal medicine. New Jersey, Willey-Blackwell.
• Cockcroft, Peter D. (2015). Bovine Medicine. 3 ed. Willey. VZ2-350. https://onlinelibrary-wiley-com.ezbusc.usc.gal/doi/book/10.1002/9781118….
• Constable PD, Hinchcliff KW, Done HD, Gruenberg W. (2017). Veterinary Medicine. A textbook of the diseases of cattle, horses, sheep, pigs and goats - two-volume set. 11th Edition. Elsevier. Access by BUGalicia - Uni Santiago Compostela (https://www.sciencedirect.com/book/9780702052460/veterinary-medicine )
• Divers, T.J.; Peek, S.F. (2018). Rebhun’s Diseases of Dairy Cattle. 3rd Edition. Elsevier. Access by BUGalicia - Uni Santiago Compostela (https://www.sciencedirect.com/book/9780323390552/rebhuns-diseases-of-da…).
• Ettinger, S.J., Feldman, E.C., Cote, E. (2017). Textbook of veterinary internal medicine Expert Consult. 8th ed. Elsevier. VZ5-783
• Ettinger, S.J., Feldman, E.C., Cote, E. (2021). Tratado de Medicina Interna Veterinaria. 2 vol. 8 ed. Axon España.
• Fidalgo, L.E., Rejas, J., Ruiz de Gopegui, R., Ramos, J.J. (2003). Patología Médica Veterinaria. Universidades de León, Santiago de Compostela y Zaragoza, España. VMD 276, 279 y 343
• Maddison JE, Volk HA, Church DB. (2022). Clinical Reasoning in Veterinary Practice: Problem Solved. 2nd edition. Ed Wiley-Blackwell. VMD-278
• Nelson R.W., Couto C.G. (2019). Small Animal Internal Medicine. 6th ed. Ed Mosby- Elsevier.
• Nelson RW, Couto CG. (2020). Medicina interna de pequeños animales. 6ª ed. Elsevier. Mosby. VZ5-764, 765.
• Pastor, J. (2019). Razonamiento clínico y diagnósticos diferenciales. Ed SERVET
• Radostits, O.M., Gay, C.C., Blood, D.C., Hinchcliff, K.W. (2002). Medicina Veterinaria. Tratado de las enfermedades del ganado bovino, ovino, porcino, caprino y equino. Mc Graw-Hill Interamericana, 9ª ed., Madrid.
• Rand Jacquie (2006). Problem-based Feline Medicine. Elsevier. VZ5-362
• Smith BP, Van Metre D, Pusterla N (2019). Large animal internal medicine. 6th ed. Mosby, Elsevier.
• Smith, B.P. (2010). Medicina interna grandes animales. Elsevier. Madrid
• Tilley LP, Smith FWK (2010). Blackwell's Five-Minute Veterinary Consult: Canine and Feline PDA. 4th ed. Wiley-Blackwell. VZ5 685
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Dermatoloxía
• Machicote, G. (2011). Dermatología canina y felina. Servet. VZ5-674.
• Medleau , L y Hnilica KA. (2007). Dermatología de pequeños Animales. Ed. Elsevier Saunders. 2ª edicion.
• Scott, DW, Miller, WH, Griffin, CE. (2013) Muller and Kirk’s small animal dermatology. 7th ed. Elsevier Mosby
Neuroloxía
• Dewey, C, Da Costa, RC. (2016). A practical guide to canine and feline neurology. 3rd ed. Wiley. VZ5-729.
• Morales, C. Montoliu, P. (2012). Neurología canina y felina. Multimédica Ediciones Veterinarias.
Nefroloxía
• Bartges, J. Polzin, D. (2011). Nephrology and Urology of Small Animals. Wiley-Blackwell.
• Chew, D.J. DiBartola, S.P. Schenck, P. (2011). Nefrología y urología canina y felina. Multimédica Ediciones Veterinarias.
• Cortadellas, O. (2010). Manual de nefrología y urología clínica canina y felina. Servet
Endocrinoloxía
• Feldman, E.C., Nelson, R.W. (2015) Canine and feline endocrinology and reproduction. 4rd ed. WB Saunders Co.,
• Pérez-Alienza MD, Arenas C, Melián, C (2018). Manual de endocrinología de pequeños animales.
Competencias Xerais
. GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
. GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
. GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias específicas disciplinares (saber).
. CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
. CEDVUSC 09. Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos.
. CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
Competencias Específicas profesionais (saber facer, competencias a día 1, day-one skills)
. D1VUSC 01. Realizar a historia e a exploración clínica dos animais.
. D1VUSC 02. Recoller e remitir especimes co seu correspondente informe.
. D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
. D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
. D1VUSC 06. Atender urxencias e realizar primeiros auxilios en Veterinaria.
. D1VUSC 07. Realizar os tratamentos médico-cirúrxicos básicos nos animais.
. D1VUSC 08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
. D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias Específicas Académicas (querer facer)
. CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a Veterinario/a.
. CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
. CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do /a Veterinario/a de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
. CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional, incluíndo a medicina baseada na evidencia.
Competencias transversais
. CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
O traballo presencial en Clínica Médica Veterinaria I desenvólvese en 36 horas de clases expositivas, 5 horas de prácticas de encerado, 28 horas de prácticas clínicas e 1 hora de titoría.
As clases EXPOSITIVAS comprenden unha parte importante das horas presenciais do alumno, con 36 horas na aula. Estas horas repartiranse ao longo de todo o oitavo semestre segundo figura no calendario oficial do centro.
A PRACTICAS DE ENCERADO abranguen 5 horas repartidas ao longo de todo o semestre segundo incrustadas na franxa horaria das clases expositivas que figura no calendario oficial do centro. Nestas prácticas desenvolveranse de forma interactiva conceptos aplicativos asociados coa materia impartida.
As sesións expositivas realizaranse co apoio das TIC e co emprego sistemático do Campus Virtual como soporte da docencia. A presencialidade requirirá da aplicación das medidas hixiosanitarias determinadas polas autoridades (hidroxel, obrigatoriedade de máscara facial, distancia mínima de seguridade). De forma excepcional, a docencia presencial poderá combinarse coa docencia virtual ata un 10% das horas totais da materia.
Os alumnos recibirán 28 horas PRÁCTICAS que se impartirán nas Instalacións do HVU Rof Codina e na Granxa Experimental Gayoso Castro do seguinte modo ao longo do semestre:
• CMI E: Sesión de diagnóstico diferencial en horario de 9 a 11 (2 horas)
• CMI P: Clínica pequenos animais do HVU Rof Codina. 3 días en horario de 09:00 a 14:20 (16 horas)
• CMI G1: Clínica Grandes Animais na Granxa Experimental Gayoso Castro. 1 día en horario de 9:30 a 13:30 (4 horas).
• CMI G2: Clínica Grandes Animais do HVU Rof codina. 1 día en horario de 10 a 14 (4 horas)
• CMI RC: Razoamento clínico: casos clínicos en horario de 9 a 11 (2 horas)
Impartirase 1 horas de TITORÍA - CMI T. A titoría terá lugar o primeiro día do semestre e nela explicarase a organización docente da materia (normas, prácticas, exame, etc.).
A maiores, ao longo do curso propoñeranse unha serie de actividades baseadas na resolución de diferentes situacións clínicas e de busca de información, etc. (traballo non presencial). O Campus virtual será de grande apoio para a realización e xestión de todos estes traballos adicionais por parte do estudante.
A través do Campus virtual poñerase a disposición dos alumnos o material de apoio para o seguimento das clases expositivas, prácticas de encerado y clases prácticas, así como o material complementario que inclúa lecturas recomendadas, casos clínicos, enlaces web, etc.
Nesta materia non procede a dispensa de asistencia a clase
A avaliación da materia realizarase sobre a base dun sistema de exame final (80%) e avaliación continua (20%).
EXAME FINAL (80% da cualificación final): consta dunha proba de contidos teóricos (exame test) e unha proba de razoamento clínico (exame de preguntas curtas que se van desenvolver). Para supera-la disciplina o alumno terá que aprobar ámbalas probas independentemente unha doutra.
• Proba de CONTIDOS TEÓRICOS (60% da nota de exame final). Esta proba constará de dous tipos de preguntas test: resposta única ou múltiple. As preguntas tipo test de resposta única ben contestadas sumarán 1 punto, mentres que as mal contestadas restarán 0.50 puntos e as non contestadas non computan. As preguntas tipo test resposta múltiple ben contestadas sumarán 1 punto e as mal ou non contestadas, non computan. O exame divídese por bloques temáticos que deben ser superados de forma independente. Para superar o exame de contidos teóricos é necesario que se alcance unha puntuación mínima do 50% da puntuación total, e que en cada un dos bloques temáticos se contestase correctamente como mínimo o 50% das preguntas.
• Proba de RAZONAMENTO CLÍNICO (40% de lumes). Esta proba constará de 10 preguntas de desenvolvemento curto relacionadas cos temas da materia. Cada pregunta terá un valor máximo de 1 punto. Para superar a proba de razoamento clínico é necesario que se alcance unha valoración mínima de 5/10.
A nota do EXAME FINAL será a media ponderada das notas da proba de Contidos teóricos e da proba de Razonamento clínico. En caso de superar na primeira oportunidade só unha destas probas a nota manteríase só ata a segunda oportunidade do mesmo curso académico.
AVALIACIÓN CONTINUA (20% da cualificación final): ao longo da actividade docente regrada realizaranse controis do progreso e esforzo do alumno na disciplina a través do Campus Virtual. Estes controis inclúen as probas dos contidos teóricos e a sesión de diagnóstico diferencial e tratamento. As sesións de diagnóstico diferencial e tratamento ponderan o 40% da Avaliación continua e o 60% restante os achegan as probas dos contidos teóricos.
A nota da avaliación continua dos alumnos terá unha vixencia dun ano académico (o ano académico seguinte) sempre que a cualificación sexa superior a un 7.5/10. Pasado este perigo o estudante deberá volver realizala. Todos aqueles estudantes que teñan nota da avaliación continua do curso anterior superior a 7.5 poden volver realizala para mellorar a súa cualificación. Considerarase para efectos de cualificación final a de mellor puntuación global.
ASISTENCIA A PRÁCTICAS.
A asistencia a prácticas clínicas é obrigatoria. Unha vez realizadas consideraranse vixentes ata que o alumno supere a materia
CUALIFICACION GLOBAL
Para superar a materia será necesario aprobar o examen final (ambas, proba de Contidos teóricos e da proba de Razoamento clínico). A cualificación obtida no exame final suporá o 80% da nota total do estudante, o 20% restante obtense das cualificacións da avaliación continuada.
Nesta materia non procede a dispensa de asistencia a clase
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial (70 horas):
•Clases maxistrais: 36 horas
• Prácticas de encerado: 5 horas
•Practicas clínicas: 28 horas
•Titoría: 1 hora
Traballo persoal do estudante (80 horas):
• Estudo individual: 54 horas
• Elaboración de memorias de prácticas: 2 horas
• Resolución de casos/problemas: 20 horas
• Realización de exames: 4 horas
• Asistencia regular a actividade docente teórica e práctica.
• Estudo continuado e participación activa tanto nas clases teóricas como nas prácticas.
• Verificar as datas de entregas das tarefas e exames para unha mellor organización do traballo
• Aproveitamento das horas de tutorías cos diferentes profesores. Asistencia a tutoría programada.
• Emprego dos materiais creados polos profesores como guía de estudo: clases e apuntamentos dispoñibles na aula virtual.
• Uso do material de elaboración propia e notas tomadas polos estudantes durante as clases teóricas e prácticas.
• Emprego do material bibliográfico recomendado: libros, atlas, páginas web, etc.
Germán Santamarina Pernas
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- german.santamarina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marta Ines Miranda Castañon
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- marta.miranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Luisa Suarez Rey
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822622
- Correo electrónico
- maruska.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luis Eusebio Fidalgo Alvarez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- luis.fidalgo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lucas Rigueira Rey
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- lucas.rigueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luciano Espino Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822623
- Correo electrónico
- luciano.espino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Inmaculada Orjales Galdo
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822611
- Correo electrónico
- inma.orjales [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Jessica Blanco Fernandez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- j.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Galego | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Galego | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 1 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 2 |
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2 |
21.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
21.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
21.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
23.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
23.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |