Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 67.5 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 4 Clínicos EEES: 10 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal
Áreas: Sanidade Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da Medicina Preventiva consisten en instruír aos alumnos sobre:
• Os conceptos básicos e a terminoloxía propia da Medicina Preventiva Veterinaria
• A planificación de programas sanitarios e produtivos en cada especie animal co obxecto de maximizar a rendibilidade da explotación gandeira.
• Establecer as medidas máis correctas de profilaxe médica e vacinación, de bioseguridade e manexo acordes co sistema de explotación, para evitar a chegada de enfermidades do exterior, impedir a diseminación das xa existentes e diminuír os seus efectos cando sexa posible.
• O seguimento e avaliación dos programas de control dunha enfermidade.
• O manexo de todas as especies produtivas e as características hixiénicas e prácticas sanitarias inherentes a cada tipo de gandería
• A importancia económica e sanitaria dos programas da Medicina Preventiva e a súa influencia na produción.
• A actuación do veterinario en relación aos programas de Medicina Preventiva.
Os obxectivos da Policía Sanitaria consisten en instruír aos alumnos sobre:
• Os conceptos básicos e a terminoloxía propia da Policía Sanitaria.
• Os principios nos que se basea a regulamentación en relación á sanidade animal.
• As organizacións e ámbito legal no que se enmarca a regulamentación sobre Policía Sanitaria.
• A regulamentación oficial sobre Policía Sanitaria.
• A actuación do veterinario en relación á Policía sanitaria.
O programa desta disciplina divídese nunha primeira parte dedicada á medicina preventiva en animais de renda e de compañía, e unha segunda onde se tratarán diferentes aspectos relacionados coa Policía Sanitaria.
PROGRAMA XERAL DA MATERIA
BLOQUE TEMÁTICO 1. MEDICINA PREVENTIVA (17 horas: 6 vacún, 2 pequenos ruminantes, 2 coellos, 2 porcino, 2 aves, 1,5 cabalos, 1,5 cans e gatos)
Tema 1.- Programas de xestión da sanidade e produción en explotacións de vacún (I): Estrutura da produción bovina. Obxectivos, requirimentos e compoñentes. Bioseguridade.
Tema 2.- Programas de xestión da sanidade e produción en explotacións de vacún (II): Monitorización do rabaño: Planificación, organización e desenvolvemento. Recollida de datos sanitarios e produtivos: información externa, de explotación e dos animais.
Tema 3.- Programas de xestión da sanidade e produción en explotacións de vacún leiteiro (III): Medicina preventiva nas diferentes fases de produción: cría, cebo, recría, parto, secado e lactación. Estratexias de reposición e eliminación.
Tema 4.- Programas de xestión da sanidade e produción en explotacións de vacún (IV): Programas sanitarios de enfermidades infecciosas e parasitarias. Análise e elaboración de resultados. Toma de decisións.
Tema 5.-Programas de xestión da sanidade e produción en explotacións de pequenos ruminantes.
Tema 6.- Programas de xestión da sanidade e produción en explotacións de coellos.
Tema 7.- Programas de xestión da sanidade e produción en explotacións de gando porcino (I): Estrutura da produción porcina. Obxectivos, requirimentos e compoñentes. Factores que inflúen nas distintas fases de produción.
Tema 8.- Programas de xestión da sanidade e produción en explotacións de gando porcino (II): Programas sanitarios de enfermidades infecciosas e parasitarias. Exame e recoñecemento da enfermidade na granxa: recollida de información. Análise e elaboración de resultados. Toma de decisións.
Tema 9.-Programas de xestión da sanidade e produción en explotacións avícolas.
Tema 10.- Programas de xestión da sanidade e produción en colectivos equinos e en colectivos de cans e gatos.
BLOQUE TEMÁTICO 2. POLICÍA SANITARIA (13 horas: 2 xeneralidades, 11 os outros temas)
Tema 11.- Policía Sanitaria: Concepto, finalidade e obxectivos. Desenvolvemento histórico. Organismos internacionais (OIE, FAO, OMS, OMC, etc.). Organismos e institucións europeas, nacionais e autonómicas. Servizos veterinarios oficiais e a Policía Sanitaria. Controis e inspeccións.
Tema 12.- Normativa (regulamentación) en sanidade animal internacional, comunitaria, nacional e autonómica. Principais normativas sanitarias: Código Zoosanitario Internacional. Lei de Sanidade Animal. Outras normativas.
Tema 13.- Ordenación das explotacións: Autorización, condicións sanitarias, cualificación sanitaria. Ordenación sanitaria de matadoiros, centros de animais domésticos e salvaxes en catividade e outros centros.
Tema 14.- Identificación e trazabilidade en animais de produción: Obxectivos, Rexistro de explotacións. Elementos de identificación dos animais: sistemas e documentos de identificación e libros de explotación. Bases informatizadas. Control de incumprimentos.
Tema 15.- Identificación de équidos. Identificación en cans. Normativa sobre cans potencialmente perigosos. Identificación de especies salvaxes en catividade.
Tema 16.- Condicións sanitarias e zootécnicas relativas ao comercio con países terceiros, intracomunitario, nacional e autonómico de animais e produtos de orixe animal. Sistema de comunicación de movementos. Condicións sanitarias no transporte.
Tema 17.- Prevención, control, loita e erradicación de enfermidades animais (I). Medidas xerais de prevención e obrigacións. Laboratorios. Enfermidades de declaración obrigatoria: Actuacións xerais e actuacións en enfermidades emerxentes.
Tema 18.- Prevención, control, loita e erradicación de enfermidades animais (II). Enfermidades de declaración obrigatoria existentes con actuación oficial: Programas Nacionais de Erradicación e outras actuacións oficiais. Outras enfermidades que non son de declaración obrigatoria: Agrupacións de Defensa Sanitarias Gandeiras.
Tema 19: Subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano. Alimentación animal. Benestar animal na granxa, o transporte e o sacrificio. Medicamentos veterinarios.
PROGRAMA PRÁCTICO
O programa práctico constará de 4 sesións en polo menos 2 explotacións de diferentes especies, distribuídas do seguinte xeito:
-EMPPSII C1. (4 horas). Lugar: Granxa Campus Terra. Análise do programa sanitario levado a cabo pola Asociación de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) nunha explotación de vacún. Nesta sesión o alumado revisará a normativa autonómica das ADSG de vacún, analizará os resultados acadados nunha granxa, e levará a cabo (“hands on training”) as accións oportunas para cumprir o programa sanitario, incluíndo a vacinación e desparasitación dos animais, así como a toma de mostras para realizar as analíticas pertinentes.
-EMPPSII C2. (4 horas). Lugar: Granxa Campus Terra. Elementos de Policía Sanitaria que se deben cumprir nunha explotación de vacún de leite. Nesta práctica o alumnado realizará unha inspección, revisando diferentes aspectos relacionados coa policía sanitaria, incluíndo o cumprimento da normativa de identificación dos animais e trazabilidade, emprego e almacenamento de medicamentos veterinarios e alimentación.
-EMPPSII C3. (4 horas). Lugar: Granxa Campus Terra. Análise do programa de sanidade animal e da produción nunha granxa de gando vacún. Os estudantes realizarán a anamnese da explotación e dos animais, así como a análise de datos de produción e sanitarios, o diagnóstico das patoloxías que presentan os animais e as medidas que se deben seguir para un axeitado diagnóstico. Tamén discutirán as medidas a tomar de natureza preventiva e médica.
-EMPPSII C4. (3 horas). Lugar: Granxa Avícola Pazo de Vilane. Análise do programa de sanidade animal e da produción nunha granxa avícola. Realizarase unha visita a unha granxa avícola onde se analizarán e discutirán as medidas de bioseguridade e o manexo dos animais. Tamén se analizarán os programas de prevención de diferentes enfermidades e interpretaranse as últimas analíticas realizadas que permitirán discutir as medidas preventivas más axeitadas na granxa.
En todas estas prácticas o alumnado deberá seguir todas as normas de bioseguridade indicadas polos propietarios das granxas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
• ANONIMO (1984). Dicionario terminológico de Ciencias Médicas. Salvat Editores. Barcelona.
• BLANCOU, J. (2003). History of the surveillance and control of transmisible animal diseases. OIE. París.
• BLOOD, D.C.; STUDDERT, V. (1993). Diccionario de veterinaria. Interamericana-McGraw Hill. Madrid.
• O.I.E. (2003) . Código sanitario de los animales terrestres. OIE. París.
• O.I.E. (2004). Veterinary institutions in the developing world: current status and future needs. OIE. París.
• RADOSTIS, O.M. (2001). Herd health. Food animal production medicine. W.B. Saunders Company.
• RADOSTIS, O.M.; BLOOD, D.C. (1985). Heard health. A testbook of health and production management of agricultural animals. W.B. Saunders Company. Estados Unidos.
• Lei 8/2003. de 24 de abril, de sanidade animal.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
• BLOWEY, R.W.; TAYLOR, D.; WINTER, A.C.; CLARKSON, M.L.; LISTER, S.E STUART, J.C. (1992). Atlas de autoevaluación en veterinaria práctica. 2. Animales de granja. Grass edicións. Barcelona.
• BRAND, A.; NOORDHUIZEN, J.P.T.M.; SCHUKKEN, E.H. (1997): Herd health and production management in dairy practice. Wageningen Pers. Holanda.
• BUXADÉ, C. (1998). Vacuno de carne: aspectos claves. Ed. Mundi-Prensa.
• FOUZ, R. CORRALES, J.C.; FERNÁNDEZ, G.; YUS, E. (2005): Programa de mellora da calidade do leite: control das mamites bovinas.
• FERNÁNDEZ, G.; FOUZ, R.; FONTES, G.; GARCÍA, A. (1997): Calidade do leite, reconto de células somáticas. Ed. Laboratorio Interprofesional Galego de Análise .
• FERNÁNDEZ, G, PANADERO, R. 2007. Medicina preventiva en la producción de conejos. Boletín de Cunicultura, 149. 6-18.
• HULSEN, J. (2007). Cow signals. Ed Roodbont.
• SELBITZ, H.J.; MOOS, M. (2002): Vacunación de los animales domésticos. Acribia. Zaragoza.
PÁXINAS WEB
• http://xunta.es/consellerias: Visitar a páxina da Consellería de Medio Rural, o apartado de gandaría.
• http://ec.europa.eu/food/fs/inspections/index_es.html
• http://ec.europa.eu/food/index_en.htm
• http://www.mapa.es/es/ganaderia/ganaderia.htm
• http://www.oie.int/esp/es_index.htm
Facilitarase a normativa aplicable actualizada con cada tema por se se quere consultar
-Competencias Xerais do Título:
Tomando como referencia as recomendacións do Libro Branco do Grao de Veterinaria, baseadas no proxecto TUNING, establécense as seguintes competencias xerais do Grao en Veterinaria:
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
-Competencias específicas que os estudantes deben adquirir durante os seus estudos, e que sexan esixibles para outorgar o Título:
A efectos prácticos dividimos as competencias naquelas que se refiren principalmente á adquisición de coñecementos, outras nas que se require o desenvolvemento de habilidades de manexo e aquelas en as que se require o desenvolvemento de actitudes, definidas, tal e como se define a continuación:
-Competencias Específicas Disciplinares (saber): Son aquelas nas que se recolle o coñecemento e a comprensión dos coñecementos teóricos que sustentan as diversas disciplinas que han de intervir na formación dun Veterinario:
CEDVUSC 03. Cría, mellora, manexo e benestar dos animais.
CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
CEDVUSC 11. Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e as súas repercusións sobre o medio ambiente.
CEDVUSC 13. Coñecer os aspectos organizativos, económicos e de xestión en todos aqueles campos da profesión veterinaria.
CEDVUSC 14. Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os Regulamentos sobre os animais e o seu comercio.
CEDVUSC 15. Coñecer os dereitos e deberes do Veterinario, facendo especial incidencia nos principios éticos.
-Competencias Específicas Profesionais (saber facer): Conxunto de habilidades intelectuais e de destrezas manuais que necesariamente ha de posuír todo Veterinario, e que debe adquirir ao longo da súa formación de grao para que se lle considere capacitado no exercicio da súa profesión.
D1VUSC 02. Recoller e remitir mostras co seu correspondente informe.
D1VUSC 05. Realizar estudos epidemiolóxicos e desenvolver programas de prevención, control e erradicación das enfermidades animais, con especial atención ás enfermidades de declaración obrigatoria e zoonoses.
D1VUSC 08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
D1VUSC 11. Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, ambiental e de benestar, buscando a súa optimización.
D1VUSC 14. Realizar análise de risco, incluíndo os ambiental e de bioseguridade, así como a súa valoración, xestión e supervisión de sistemas de xestión da calidade.
D1VUSC 15. Asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas de ámbito veterinario nun contexto de sustentabilidade.
D1VUSC 16. Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
-Competencias Específicas Académicas (querer facer): Son aquelas nas que se expresa o conxunto de actitudes e valores que caracterizan ao Veterinario, e que o estudante debe ir incorporando á súa vida e integrando no seu quefacer diario, como compoñente do grupo profesional ao que vai pertencer
CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
-Competencias transversais: Ademais dos coñecementos e habilidades xa referidos, a formación de grao en Veterinaria deberá promover e potenciar competencias transversais, tales como:
CTVUSC 01 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Sendo esta unha materia orientada a futuros profesionais veterinarios, pretendemos cumprir coas seguintes condicións metodolóxicas básicas:
a.- Mantemento dun equilibrio entre a adquisición de coñecementos teóricos e de habilidades prácticas; non debemos esquecer que nesta disciplina deberán adquirirse unha serie de habilidades necesarias para o exercicio profesional da veterinaria.
b.- Promover a constante procura de nova información: esta non é unha disciplina estática e atópase en continua evolución, polo que é necesario que o alumno aprenda a buscar nova información, analizándoa desde unha posición crítica.
Estas actividades formativas con presenza do profesor serán:
1. CLASES MAXISTRAIS (grupo grande): Terán unha duración de 50 minutos. O profesor exporá os temas incluídos no programa da materia, e o alumno deberá adquirir os coñecementos básicos da disciplina. Estas leccións poden ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os necesitan manexar en clase. O alumnado terá acceso a un resumen de ditos temas a través do campus virtual, e deberá compaxinar a asistencia a estas clases teóricas coa lectura dos textos recomendados para ampliar os seus coñecementos. Esta actividade se impartirá de forma presencial coas medidas establecidas pola USC.
2. PRÁCTICAS CLÍNICAS (grupo reducido moi reducido): Prácticas manuais (“hands on training”) que se levarán a cabo ao longo de todo o curso, nas que os estudantes levarán a cabo por se mesmos procedementos e técnicas clínicas sobre animais vivos ou os seus cadáveres en visitas a granxas ou establecementos nas que o estudante desenvolve un traballo activo, non como mero observador. O alumnado deberá participar en todas as sesións prácticas da materia, para poder desenvolver as habilidades necesarias para o futuro exercicio profesional. Estas prácticas clínicas son obrigatorias.
Estas actividades realizaranse de forma presencial na Granxa Campus Terra de vacún de leite (4 horas cada unha) e na Granxa avícola Pazo de Vilane (3 horas), atendendo ás medidas establecidas pola USC. No caso onde non se poda garantir as medidas establecidas pola USC, ou se a empresa/granxa non permiten a realización da práctica, realizaranse mediante actividades en espazos adecuados da facultade (presencial) segundo a recomendación sanitaria do momento (laboratorios, seminarios, aulas). Neste caso manteríanse os mesmos horarios pero cada grupo de prácticas e, se é necesario segundo a situación, se subdividirá en dous subgrupos con metade do horario. A outra metade do horario complementaríase mediante vídeos e traballo individual do alumno que serán facilitados mediante a aula virtual da materia.
3. SEMINARIOS: clase teórico/práctica na que os alumnos presentarán oralmente os traballos que realizarán por grupos de 4-5 alumnos. O tema deste traballo debe escollerse entre os propostos pola materia ao comezo de curso. Os temas expostos discutiranse polo conxunto dos alumnos, permitindo aclarar dúbidas. Esta actividade realizarase de forma presencial en aulas coas medidas establecidas pola USC. Tamén se realizará unha visita virtual a unha explotación gandeira na Aula de Realidade Virtual da Facultade de Veterinaria.
4. TITORÍAS (grupos moi reducidos ou individuais): son titorías programadas polo profesor, aínda que durante todo o curso os alumnos disporán dun apoio presencial, podendo realizar consultas aos distintos profesores da materia, nas horas de titoría indicadas. Estas sesións están dedicadas á proposición e supervisión de traballos, aclaración de dúbidas sobre teoría, problemas, exercicios, programas, lecturas ou outras tarefas propostas, debate ou comentario de traballos. Ademais, o alumnado tamén disporá dun apoio virtual, podendo facer as consultas a través do correo electrónico ou empregando as canles dispoñibles para elo no curso virtual da Universidade de Santiago de Compostela coa denominación de “Epidemoloxía, Medicina Preventiva e Policía Sanitaria II” dentro da plataforma Moodle, ao que poderán acceder todos os alumnos matriculados na mencionada materia.
5. OUTRAS ACTIVIDADES FORMATIVAS: O alumnado terá que resolver un suposto práctico que deberán presentar por escrito na aula virtual. Os alumnos deberán indagar ata establecer un protocolo de actuación e responder ás cuestións plantexadas baseándose nos coñecementos adquiridos a través das clases teóricas, da bibliografía recomendada e das ferramentas de busca de información dispoñibles.
Para a avaliación final do alumno, tomarase en conta todas as tarefas e actividades realizadas ao longo do curso, así como os coñecementos adquiridos e as habilidades prácticas desenvolvidas. Así, a cualificación de cada estudante incluirá as seguintes partes:
A. AVALIACIÓN CONTÍNUA
1.- Participación Activa e Aproveitamento das Clases Prácticas. Terase en conta a realización das diferentes actividades que se desenvolverán nestas sesións e valorarase o grado de completado destas actividades. Ademais, durante as sesións prácticas EMPPSII C2 e EMPPSII C3, os estudantes deberán realizar unha actividade; o grado de completado destas actividades se incluirá na avaliación continua. Debido a que a asistencia a todas estas sesións prácticas é obrigatoria, a nota máxima final da materia no caso de non participación nas prácticas clínicas será dun 4.
2.- Supostos Prácticos: os alumnos, en grupos de 4-5, desenvolverán un suposto práctico ao longo do curso, que deberán entregar, aproximadamente, antes da última semana de decembro. Valorarase a resolución do mesmo e os coñecementos adquiridos.
3.- Traballo en grupo: valorarase a súa presentación (10 minutos) durante as horas de seminario, así como o seu contido e dificultade de elaboración.
No caso de non superar a materia, a nota da avaliación continua gardarase nos cursos sucesivos. Os estudantes que o desexen poden repetir algunha actividade no caso que queiran subir a nota acadada.
B. EXAME ESCRITO
Neste apartado valoraranse os coñecementos teórico/prácticos alcanzados polo alumno. Realizarase un exame final nas datas establecidas na Programación Académica da Facultade de Veterinaria. Esta proba final será presencial sempre e cando se cumpran as condicións hixiénicas e de distanciamento establecidas pola USC. Nestes casos constará de 3 temas curtos a desenvolver de forma esquemática e 40-50 preguntas tipo test con catro opcións dispoñibles e unha soa resposta correcta. Cada 2 respostas mal descontarán unha ben.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tras a publicación das notas provisionais de cada exame, o alumno poderá revisar o seu exercicio e expor as dúbidas, suxestións ou reclamacións que considere oportunas. A data e lugar das revisións, será publicada xunto coas puntuacións dos exames.
CUALIFICACIÓN FINAL DA MATERIA:
A cualificación final da materia será da seguinte maneira:
1. AVALIACIÓN CONTÍNUA (30% da cualificación final)
- Participación Activa e Aproveitamento das Clases Prácticas: 10%.
- Supostos prácticos: 10%.
- Traballo en grupos: 10%.
2. EXAME ESCRITO (70% da cualificación final)
Para superar a materia e ter en conta a avaliación continua, terá que superarse o exame final cunha nota igual ou superior ao 50% de seu valor (5/10 puntos).
RECOMENDACIÓNS DE CARA Á AVALIACIÓN:
Os alumnos matriculados nesta materia deben ser conscientes de que a avaliación continua, é dicir, o traballo durante as clases teóricas, prácticas, resolución de supostos prácticos e o traballo en grupos, supoñen o 30% da cualificación final da materia. É por tanto moi recomendable participar nestas actividades xa que facilitará a superación da materia. Tamén cabe destacar que deben realizarse as prácticas clínicas para poder superar a materia.
En canto ás recomendacións á hora de enfrontarse ao exame final, é importante lembrar aos alumnos que é imprescindible ler detidamente os enunciados de cada pregunta e de todas as posibles respostas. Nas preguntas breves o alumno deberá axustarse ao preguntado e responder con claridade e de forma esquemática.
Non procede a dispensa a clase en prácticas clínicas.
RECOMENDACIÓNS DE CARA Á RECUPERACIÓN:
É importante ter en conta unha serie de aspectos no caso de que o alumno non supere a materia nunha convocatoria determinada:
- Non se manteñen as cualificacións dos exames, polo que o alumno deberá novamente examinarse de toda a materia.
- Gardaranse as cualificacións obtidas dos supostos prácticos e do traballo en grupo para as convocatorios do curso seguinte.
- O traballo e casos prácticos en grupos poderá mellorarse, tendo que facer a súa presentación inmediatamente despois do exame da convocatoria correspondente. Os alumnos indicarán este feito aos profesores no día do exame.
- Os exames de todas as convocatorias terán un formato similar e a nota final calcularase de igual modo.
A materia “Epidemioloxía, Medicina Preventiva e Policía Sanitaria II” consta de 4,5 créditos ECTS, correspondendo cada crédito ECTS a 25 horas. Por tanto, o total da materia será de 112,5 horas repartidas entre traballo presencial e traballo autónomo.
Traballo presencial na aula (47 horas):
• Clases expositivas: 30 horas
• Prácticas clínicas: 15 horas
• Seminarios: 1 hora
• Titorías en grupos reducidos: 1 hora
Traballo persoal do/a estudante (65,5 horas)
• Estudo individual: 41,5 horas
• Elaboración de traballos: 7 horas
• Revisión bibliografía, biblioteca, etc.:2 horas
• Asistencia a actividades recomendadas: 1 hora
• Resolución do caso: 10 horas
• Presentacións orais: 2 horas
• Realización de exames: 2 horas
Total horas do/a estudante: 112,5
1. MEDICINA PREVENTIVA:
-Aspectos de maior interese:
Son os xa comentados en relación aos programas de xestión da sanidade e produción das distintas especies. A importancia relativa a cada unha das especies será reflexo da carga de clases e contidos que sexan impartidos. En xeral en cada especie desenvolveranse os seguintes epígrafes
• Estrutura da produción.
• Obxectivos, requirimentos e compoñentes.
• Bioseguridade
• Monitorización do rabaño
• Planificación, organización e desenvolvemento de programas sanitarios.
• Recollida de datos sanitarios e produtivos: información externa, de explotación e dos animais.
• Medicina preventiva nas diferentes fases de produción
• Estratexias de reposición e eliminación en relación a programas sanitarios
• Programas de xestión da sanidade
• Programas sanitarios de enfermidades infecciosas e parasitarias.
• Análise e elaboración de resultados.
• Toma de decisións.
-Materiais:
Facilitaranse as presentacións (incluíndo imaxes e texto) que serán utilizadas nas sesións teóricas con anterioridade ao seu desenvolvemento en clase. Estas estarán dispoñibles en formato pdf na aula virtual da materia. Nalgúns temas facilitarase unha unidade didáctica correspondente.
-Método de traballo aconsellado e actividades a realizar:
O alumno debe completar a presentación dos temas coas notas e aclaracións realizadas nas clases teóricas. Recoméndase revisar os materiais da materia de “Produción Animal” para entender os sistemas de produción nos que se van a aplicar os programas de medicina preventiva, así como os materiais correspondentes a “Enfermidades Infecciosas” e “Enfermidades Parasitarias”. Tamén é importante revisar os materiais de cada especie antes de realizar as prácticas correspondentes, o que permitirá obter un mellor aproveitamento destas. Con respecto a os traballos e supostos prácticos, recoméndase consultar cos profesores, por exemplo nas titorías, diferentes aspectos relacionados co traballo a presentar, etc.
-Principais dificultades:
A maior dificultade a terán os alumnos que non cursasen anteriormente as materias de Produción Animal, Enfermidades Infecciosas e Enfermidades Parasitarias. Neste caso os alumnos terán que realizar un esforzo previo xa que son necesarios coñecementos destas materias para poder entender os aspectos relacionados coas distintas producións animais e a vixilancia e control das enfermidades dos animais.
2. POLICÍA SANITARIA:
-Aspectos de maior interese:
Destacamos como máis importantes o coñecer os distintos tipos de normas, organismos dos que emanan e a súa xerarquía. Tamén o epígrafe “Servizos veterinarios oficiais e a Policía Sanitaria. Controis e inspeccións”. É importante entender as bases e fundamentos das medidas de Policía Sanitaria nos diferentes temas.
-Materiais:
Facilitaranse as presentacións (incluíndo imaxes e texto) que serán utilizadas nas sesións teóricas con anterioridade ao seu desenvolvemento en clase. Estas estarán dispoñibles en formato pdf na aula virtual da materia.
-Método de traballo aconsellado e actividades a realizar:
O alumno debe completar a presentación dos temas coas notas e aclaracións realizadas nas clases teóricas. Recoméndase visitar as distintas páxinas Web dos organismos para familiarizarse con eles xa que na segunda parte deste bloque terá que consultalos para os temas correspondentes.
-Principais dificultades:
Non se considera que deban existir grandes dificultades para o alumno neste bloque xa que se esixe a comprensión de estrutura, xerarquía e funcionamento dos organismos internacionais, nacionais e autonómicos así como as normas que deles emanan, e non a memorización de normas ou exemplos concretos que se utilizarán para facilitar a súa comprensión. A maior dificultade será o uso da terminoloxía legal á que o alumno pode non estar familiarizado.
Gonzalo Fernández Rodríguez
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- gonzalo.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberto Prieto Lago
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- alberto.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Pablo Díaz Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- pablo.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Gonzalo López Lorenzo
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Teléfono
- 982822127
- Correo electrónico
- Gonzalo.lopezlorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral USC_Campus Terra
Susana Remesar Alonso
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- susana.remesar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Cristiana Filipa Cazapal Monteiro
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- cristiana.cazapal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Nestor Martinez Calabuig
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- nestor.martinez.calabuig [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Galego | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Galego | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 4 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
14.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
14.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
14.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |