Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 15 Clínicos EEES: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.-Observar detidamente os distintos procesos farmacolóxicos e biolóxicos en xeral.
2.-Comprender e adquirir os conceptos de Farmacoterapia en relación coa formación como Veterinario.
3.-Integrar os coñecementos farmacolóxicos cos adquiridos no resto das materias do grao de Veterinaria.
4.-Coñecer as fontes principais de información, para poder orientarse na búsqueda bibliográfica.
5.-Contrastar os datos obtidos para establecer e definir as correspondentes diferenzas co obxecto de desenvolver un espírito crítico.
6.-Asimilar os últimos avances en Farmacoloxía e Terapéutica.
7.-Desenvolver as aptitudes necesarias para manexar os instrumentos básicos empregados nas técnicas de farmacoterapia habituais.
8.-Traballar en equipo e colaborar nas tarefas dun grupo de estudo ou de investigación.
CONTIDOS:
SESIÓNS EXPOSITIVAS TEÓRICAS
TEMA I: Farmacocinética clínica. (2 horas)
TEMA II: Antibioterapia. (3 horas)
TEMA III: Farmacoterapia das viriasis. (0,5 horas)
TEMA IV: Farmacoterapia das micosis. (0,5 horas)
TEMA V: Farmacoterapia antiparasitaria. (2 horas)
TEMA VI: Farmacoterapia da dor. (1,5 horas)
TEMA VII: Farmacoterapia da inflamación. (1,5 horas)
TEMA VIII: Farmacoterapia do SNC. (2 horas)
TEMA IX: Farmacoterapia da función cardiovascular e renal. (4 horas)
TEMA X: Farmacoterapia das enfermidades endocrinas. (2 horas)
TEMA XI: Farmacoterapia e control da reprodución. (2 horas)
TEMA XII: Farmacoterapia da función dixestiva. (3 horas)
TEMA XIII: Farmacoterapia do aparato respiratorio. (2 horas)
TEMA XIV: Quimioterapia das enfermidades neoplásicas. (2 horas)
TEMA XV: Fármacos de uso externo. Antisépticos e desinfectantes. (2 horas)
SESIÓNS INTERACTIVAS DE PRÁCTICAS DE ENCERADO ( FV PE)
FV PE-1.-Parámetros que cuantifican e definen o efecto dun fármaco. (1 hora)
FV PE-2.- Pautas de administración dun fármaco. Residuos. (2 horas)
FV PE-3.- Reaccións adversas e toxicidade de fármacos. (0,5 horas)
FV PE-4.- Interaccións farmacocinéticas e farmacodinámicas. (0,5 horas)
FV PE-5.- Farmacoterapia combinada de inflamación e dor. (1 hora)
FV PE-6.- Transtornos de comportamento. (1 hora)
FV PE-7.-Eutanasia. (1 hora)
FV PE-8.- Farmacoterapia do choque circulatorio. Fluidoterapia. (1 hora)
FV PE-9.- Inmunomodulación. (1 hora)
FV PE10- PE15.- Farmacoterapia asociada a casos clínicos. (6 horas)
SESIÓNS INTERACTIVAS DE PRÁCTICAS CLÍNICAS
FV C1.- Aspectos legais do uso de fármacos. (3 horas)
FV C2.- Cálculo da dose. (3 horas)
FV C3.-Historia clínica. (3 horas)
FV C4.-Fases do desenvolvemento dun fármaco veterinario. Farmacovixilancia. (3 horas)
FV C5.- Farmacoterapia en casos hospitalizados. (3 horas)
Bibliografía básica
BOTANA LM, 2022. Farmacología Veterinaria. Fundamentos y aplicaciones terapéuticas. Editorial Panamericana S.A.
BOOTHE, D.M. (2011) Small Animal Clinical Pharmacology and Therapeutics. 2 nd Edition. Philadelphia, Saunders.
PLUMB, D. C. Plumb´ s Veterinary Drug Handbook. (2018) 9 th Edición. Wiley Blackwell.
RIVIERE, J.E.; PAPICH, M. C. (2017) Veterinary Pharmacology and Therapeutics. 10 th Edition. Wiley Blackwell.
CIMA- Vet. Centro de información de medicamentos veterinarios da AEMPS. Ligazón: https:// cimavet. aemps.es/ cimavet/publico/ home.html
CIMA. Centro de información de medicamentos da AEMPS. Ligazón: https://cima. aemps.es/cima/publico/ home.html
Bibliografía complementaria
KIRK and BONAGURA´ S Current Veterinary Therapy (2020). XVI Ed. Elsevier.
PAPICH HANDBOOK OF VETERINARY DRUGS, 5TH EDITION. 2021 Elsevier Inc. ISBN978-0-323-70957-6. https://doi.org/10.1016/C2018-0-04649-6. Saunders 2020.
MADDISON, J.; PAGE, S.; CHURCH, D. (2008) Small Animal Clinical Pharmacology. Second Ed. New York, Saunders.
LORENZO, P; MORENO, A., LIZASOAIN, I.; LEZA, J. C.; MOURO, M.A., PORTOLÉS, A. (2009) VELÁZQUEZ Farmacoloxía Básica e Clínica. 18º Edición. Madrid. Panamericana.
BRUNTON, L. L.; HILAL- DANDAN, R.; KNOLLMAN B.C. (2018)
GOODMAN & GILMAN The pharmacological basis of therapeutics. 13ª Edición. McGraw- Hill Interamericana.
Competencias xenéricas do grao en Veterinaria ( GVUSC):
Adquirir:
GVUSC01.-Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02.-Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03.-Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
GVUSC06.-Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
Competencias específicas disciplinares ( CEDVUSC):
Saber:
CEDVUSC04.-Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal.
CEDVUSC05.-Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
CEDVUSC09.-Bases xerais dos tratamento médico-cirúrxicos.
Competencias específicas profesionais (D1 VUSC):
D1 VUSC07.-Realizar os tratamentos medico-cirúrxicos básicos nos animais.
D1 VUSC08.-Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
Competencias específicas académicas ( CEAVUSC):
CEAVUSC01.-Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
CEAVUSC02.-Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades #ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC04.-Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
CEAVUSC05.-Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo á medicina baseada na evidencia.
Competencias transversais ( CTVUSC):
CTVUSC01.-Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC02.-Capacidade para obter a información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC03.-Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC04.-Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC05.-Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC06.-Utilización de información en lingua estranxeira.
CTVUSC07.-Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
As clases maxistrais consistirán na explicación dos contidos da materia reflectidos na guía docente anual, en combinación con tarefas na aula relacionadas coa explicación impartida por parte do persoal docente.
As prácticas de encerado/seminarios son actividades complementarias que se intercalarán co contido teórico do programa, e que poden ser impartidas polo persoal docente ou polo alumnado, baixo a supervisión do primeiro.
Tanto as clases maxistrais como as prácticas de encerado/seminarios realizaranse na aula en sesións de 50 minutos.
As prácticas clínicas servirán para complementar os contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o estudante adquira habilidades inherentes á práctica clínica. As clases prácticas clínicas FV C1, FVC2, FVC3 e FVC4 impartiranse no laboratorio de prácticas do Departamento de Farmacoloxía e a práctica FVC5 no Hospital Veterinario Rof Codina.
Ao longo do curso asignaranse tarefas ao estudante (estudo, traballos, lecturas) que serán orientadas polo persoal docente nas clases e sesións de titoría. As entregas de tarefas ou cuestionarios asociados realizaranse na aula presencialmente ou a través da aula virtual. Utilizaranse as plataformas proporcionadas pola USC: aula virtual e Forms. Para as entregas en modo virtual establecerase un prazo de 1 a 3 semanas dependendo da dificultade do traballo. Non se valorarán as entregas fóra de prazo. Asignaranse 3 tarefas distribuídas ao longo do curso segundo a seguinte estimación: 1) segunda quincena de setembro, 2) primeira quincena de novembro e 3) finais de novembro e primeira quincena de decembro.
Durante o semestre abriranse cuestionarios no campus virtual cun prazo de entrega de 1-2 semanas e cuxa cumprimentación require como moito 15 minutos.
A aprendizaxe do alumno durante as prácticas avaliarase mediante a entrega dos resultados das actividades realizadas ao finalizar a práctica.
Realizarase unha avaliación continua da aprendizaxe durante as sesións expositivas e prácticas de encerado/seminario mediante cuestionarios e tarefas realizados polo alumno ao longo do curso.
Valoraranse tamén os coñecementos adquiridos na materia mediante un exame final.
CUALIFICACIÓN FINAL:
1) 15% Prácticas (ata un 3% cada práctica)
2) 35% Avaliación continua (participación activa en clases, cuestionarios, tarefas).
3) 50% Exame: exame tipo test e/ou pregunta curta no que se valorarán os coñecementos adquiridos na materia.
É necesario superar un mínimo en cada parte para superar a materia (excepto se a nota do exame é 5/5). Da cualificación final (sobre 10 puntos):
1) Polo menos 0,75 puntos deben provir de prácticas
2) Polo menos 1,75 puntos deben provir da avaliación continua
3) Polo menos 2,5 puntos deben provir do exame
Na acta figurará a nota mais alta das obtidas en cada apartado.
O alumnado repetidor que superase a avaliación continua ou as prácticas en cursos anteriores, conservará a cualificación obtida no curso en que cursou a materia en caso de non querer repetir as probas.
Dadas as características das probas de prácticas e de avaliación continua a puntuación acadada nestas probas será a obtida durante o período de clases e non será recuperable.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110721/AnuncioG2018-190711-…).
En base á Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral nesta materia non se concede dispensa, por ser necesaria a asistencia a tódalas actividades de xeito presencial.
Data dos exames:
Primeira oportunidade: Viernes 24 de xaneiro
Segunda oportunidade: Xoves 3 de xullo
Traballo presencial na aula (clases maxistrais, prácticas de encerado/seminarios, prácticas clínicas, titorías): 65 horas
Sesións expositivas teóricas: 30 horas
Sesións expositivas de prácticas clínicas non asistenciais: 15 horas
Sesións expositivas de prácticas encerado: 15 horas
Titorías: 5 horas
Traballo persoal do estudante (estudo individual, tarefas, elaboración de traballos, revisión bibliográfica, resolución de problemas, exames): 85 horas
Estudo individual: 48 horas
Elaboración de traballos: 10 horas
Revisión bibliográfica: 8 horas
Asistencia a charlas, ou outras actividades recomendadas: 3 horas
Resolución de casos/problemas: 12 horas
Presentacións orais: 2 horas
Realización de exames: 2 horas
Recoméndase a asistencia a clases teóricas e prácticas e a resolución de dúbidas nas titorías.
Profundar nos coñecementos adquiridos na materia revisando a bibliografía recomendada.
Luis Miguel Botana Lopez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 982822233
- Correo electrónico
- luis.botana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mª Carmen Louzao Ojeda
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- mcarmen.louzao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Amparo Alfonso Rancaño
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- amparo.alfonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Del Carmen Vale Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 982822223
- Correo electrónico
- mdelcarmen.vale [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Natalia Vilariño Del Río
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- natalia.vilarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Cristina Carrera Gonzalez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- cristina.carrera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Nadia Gabriela Pérez Fuentes
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- nadiagabriela.perez.fuentes [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Alejandro Cao Cancelas
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- alejandro.cao.cancelas [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
24.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
24.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
24.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
03.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
03.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |