Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 60.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 30 Clínicos EEES: 20 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer e ser capaz de aplicar na práctica os principios xerais da cirurxía, instrumental, equipamento e protocolos de traballo.
2. Preparar, atender e monitorizar ao paciente cirúrxico durante todo o perioperatorio.
3. Realizar procedementos cirúrxicos básicos como suturas, control de hemorraxias, colocación de vendaxes e inmobilizacións, realización de curas e administración da medicación e coidados.
4. Levar a cabo unha exploración do paciente oftalmolóxico, mediante o emprego de equipos básicos e sofisticados, a selección das probas diagnósticas e a aplicación do tratamento máis axeitado.
5. Aplicar os coñecementos adquiridos para levar a cabo a exploración do paciente cirúrxico, seleccionar as probas diagnósticas complementarias e interpretar os síntomas e lesións de forma adecuada e propor o tratamento idóneo.
6. Desenvolver unha mentalidade clínica, que comprenda os pasos xerais da actuación cirúrxica dunha maneira coherente e sistemática.
2.1. CLASES TEÓRICAS
Tema 1. PATOLOXÍA CIRÚRXICA E CIRURXÍA. Presentación da materia: contidos, organización das prácticas e o desenvolvemento da disciplina. Concepto de patoloxía cirúrxica e cirurxía. (1 h)
SECCIÓN l: PATOLOXÍA CIRÚRXICA XERAL (7 h)
Tema 2. TRAUMATISMOS MECÁNICOS. Conceptos básicos. Patoxenia e complicacións dos traumatismos. CONTUSIÓNS: Grao, evolución e tratamento.
Tema 3. FERIDAS. Concepto e clasificación.
Tema 4. FERIDAS Tratamento xeral e específico dos distintos tipos de feridas.
Tema 5. TRAUMATISMOS POR AXENTES FÍSICOS E QUÍMICOS. Queimaduras e lesións producidas por calor, frío, electricidade ou produtos cáusticos. Concepto e clasificación. Tratamento.
Tema 6. CICATRIZACIÓN. Factores locais e xenerais. Proceso de reparación das feridas e a súa evolución clínica. Tipos. COMPLICACIÓNS. Úlceras cicatriciais. Cicatrices hipertróficas. Fístulas. Cicatrices dolorosas. Queloides.
Tema 7. INFECCIÓN CIRÚRXICA. Concepto. Clasificación. Absceso. Flegmón. Gangrena.
Tema 8. PATOLOXÍA CIRÚRXICA NEOPLÁSICA. Principios xerais de cirurxía oncolóxica. Diagnóstico. Biopsia. Tratamento.
SECCIÓN ll: CIRURXÍA XERAL (8 h)
Tema 9. ÁREA CIRÚRXICA. Instalacións, equipos e persoal. Normas e protocolos de traballo. PREPARACIÓN E MANEXO DO PACIENTE CIRÚRXICO. Hospitalización de pacientes cirúrxicos.
Tema 10. PREPARACIÓN DO PERSOAL DE QUIRÓFANO. Normas e protocolos de traballo.
Tema 11. INSTRUMENTAL E ESTERILIZACIÓN. Preparación do instrumental, roupa e material desbotable. Métodos de esterilización.
Tema 12. PRINCIPIOS XERAIS DA CIRURXÍA. Definicións e terminoloxía. Técnicas e procedementos de diérese, exérese e prótese.
Tema 13. SUTURAS. Instrumental e materiais de sutura. Principios xerais. Patróns de suturas e as súas indicacións prácticas.
Tema 14. HEMOSTASE CIRÚRXICA. Control do sangrado. Factores locais e xerais. Métodos e equipamento de hemostase preventiva e curativa.
Tema 15. DRENAXE. Indicacións clínicas. Clasificación. Técnica de colocación e precaucións.
Tema 16. APÓSITOS, CURAS E VENDAXES. Materiais empregados, clasificación, aplicacións clínicas e precaucións.
Tema 17. CIRURXÍA MINIMAMENTE INVASIVA. Equipamento. Fibroendoscopia. Laparoscopia. Artroscopia. MICROCIRURXÍA. Material e equipamento de microcirurxía. Técnicas básicas.
SECCIÓN III: CIRURXÍA DA PEL, TECIDO SUBCUTÁNEO E MAMA (3 h)
Tema 18. CIRURXÍA CUTÁNEA BÁSICA. Material e principios básicos. Técnicas para a corrección do exceso de pel. Técnicas para defectos de tecido. Plastias cutáneas.
Tema 19. CIRURXÍA CUTÁNEA II AVANZADA. Colgallos e enxertos cutáneos. Higroma.
Tema 20. GLÁNDULA MAMARIA. Tumores mamarios en pequenos animais. Cirurxía da mamila: feridas, neoplasias e malformacións conxénitas susceptibles de tratamento cirúrxico.
SECCIÓN IV: OFTALMOLOXÍA (5 h)
Tema 21. OLLO. TÉCNICAS DIAGNÓSTICAS EN OFTALMOLOXÍA.
Tema 22. ENFERMIDADES E CIRURXÍA DOS ANEXOS OCULARES. Órbita. Pálpebras. Conxuntiva. Sistema lacrimal.
Tema 23. CÓRNEA E ESCLERÓTICA. Úlceras corneais. Queratite.
Tema 24. ENFERMIDADES E CIRURXÍA DO GLOBO OCULAR. Alteracións da presión intraocular. Úvea. Cristalino. Segmento posterior.
SECCIÓN V: CIRURXÍA DA CABEZA E PESCOZO (6 h)
Tema 25. OÍDO. Otohematoma. Otoplastia. Técnicas cirúrxicas de aplicación nas otites externas. Miringotomía. Osteotomías de búlaa timpánica.
Tema 26. VÍAS RESPIRATORIAS ALTAS. Síndrome braquicefálico. Ventas estenóticas. Padal brando longo. Eversión dos sáculos larínxeos. Cirurxías da larinxe. Tumores nasais. Técnicas cirúrxicas de descornado.
Tema 27. CAVIDADE ORAL E OROFARINXE. Beizo leporino. Queiloplastias. Fendedura do padal. Fístulas oronasais. Anomalías conxénitas, neoplasias e traumatismos da lingua. Sialoceles.
Tema 28. ODONTOLOXÍA I. Terminoloxía e fichas dentais. Anomalías conxénitas. Carie. Fracturas dentais. EXODONCIA. Instrumental e técnicas básicas.
Tema 29. ODONTOLOXÍA II. ENDODONCIA. Material e técnicas básicas. ORTODONCIA. Instrumental e técnicas básicas. ENFERMIDADE PERIODONTAL. Profilaxe dental.
2.2. TITORÍA CIRU1 T1 G1-13 (1 hora)
Nesta sesión (primeiro día de clase) infórmase sobre a materia: organización, normas, principais aspectos de bioseguridade, modelo de exame e sistema de valoración da materia.
2.3. PRÁCTICAS (20 horas)
Antes de que un alumno estea en condicións de desenvolver as actividades propias a área cirúrxica debe adquirir uns coñecementos prácticos e habilidades que lle permitan obter o maior rendemento da súa estancia no Servizo de Cirurxía do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina (HVURC). Por iso programáronse as seguintes sesións interactivas:
CIRU1 C1: Suturas básicas (4 horas). Lévanse a cabo en modelos sintéticos ata conseguir realizar con certa soltura os distintos patróns de sutura, familiarizarse coas propiedades dos principais materiais usados en cirurxía veterinaria, adquirir o correcto manexo do instrumental (portaagullas, pinzas de man, tesoiras, etc.), así como ser capaces de elixir o patrón de sutura que mellor se adapte ás circunstancias da intervención cirúrxica e paciente.
CIRU1 C2: Área cirúrxica. Preparación do persoal cirúrxico e instrumental (2 h). Realízase un percorrido explicativo por todas as dependencias que forman parte das instalacións de cirurxía, detallando as actividades e o protocolo de traballo en cada zona. Practícase a forma de vestirse, prepararse e comportarse correctamente no quirófano, incluíndo o lavado antiséptico e secado das mans, vestir a bata estéril e colocarse as luvas estériles. Posteriormente o alumno prepara e organiza o instrumental e material cirúrxico na mesa, sendo capaz de coñecer a maneira ergonómica de utilizalos e as súas funcións.
CIRU1 C3: Clínica de Oftalmoloxía (3 h). Lévase a cabo na consulta do hospital (consulta e/ou quirófano) con casos reais. Realízase a exploración xeral básica e oftalmolóxica do paciente, discútense e razoan os diagnósticos diferenciais, énchese a correspondente ficha clínica e prescríbese o tratamento cirúrxico e/ou médico correspondente mediante a receita veterinaria. Préstase especial atención ao uso dos distintos equipos de diagnóstico dispoñibles e a aplicación de probas diagnósticas especiais. Os alumnos asistirán a quirófano se hai cirurxías programadas, podendo participar como axudantes nalgunha delas.
CIRU1 C4: Vendaxes e drenaxes. Colocación de panos de campo (2 h). Nesta práctica trabállase primeiro con distintos materiais habitualmente empregados para as vendaxes; máis tarde, empregando modelos sintéticos, realízanse distintos tipos de vendaxes básicos nas extremidades, especialmente a vendaxe de Robert-Jones, e inmobilización mediante férulas. Compoñentes e mecanismos de funcionamento dos distintos tipos de drenaxes cirúrxicas. Nun modelo sintético practícase o posicionamento do paciente, a colocación de campos e a suxeición con pinzas de campo.
CIRU1 C5: Cirurxía laparoscópica (2 h). Recoñecer e aprender a manexar o instrumental propio da cirurxía laparoscópica empregando un equipamento básico. Nunha consola, e con distintos elementos sintéticos e/o tecidos, inícianse no manexo básico como son la suxeición, disección e sutura.
CIRU1 C6: Suturas avanzadas e electrobisturí (5 horas). Perfecciónanse as habilidades xa adquiridas na primeira práctica y realízanse novos patróns de sutura que requiren maior destreza e dominio do manexo do instrumental (incluíndo os de inversión e solapamento) en pezas anatómicas. Practícase a colocación e fixación dunha drenaxe nos tecidos internos e pel mediante sutura en bolsa de tabaco e en sandalia romana. Distínguense os distintos compoñentes dun electrobisturí e practícanse en pezas anatómicas os modos de corte, coagulación, fulguración, etc.
CIRU1 C7: Odontoloxía (2 h). Nesta práctica recoñécese e manexa correctamente o instrumental de uso máis habitual en odontoloxía. En pezas anatómicas realízase unha limpeza dental, extracción de dentes e sutura da enxiva.
2.4. PRÁCTICA DE ENCERADO CIRU1PE1 (1 hora)
Nesta sesión realízase unha revisión dos aspectos máis destacables da materia e resólvense as dúbidas dos estudantes.
3. 1. BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Adams SB. Atlas of equine surgery. 2000
Anderson DE. Field surgery of cattle: Veterinary Clinics of Noth America: Food Animal Practice. 2008
Auer JA. Equine Surgery. 2019
Bojrab MJ. Mechanisms of disease in small animal surgery. 2014
Brühl RD. Errores y complicaciones en cirugía. 2017
Dirksen G. Medicina interna y cirugía del bovino. 2005
Fossum TW. Small animal surgery. 2018
Johnston SA. Veterinary surgery: Small Animal. 2018
Fubini SL. Farm animal surgery. 2016
Fowler D. Manual de tratamiento y reconstrucción de heridas en pequeños animales. 2001
Gelat KN. Fundamentos de oftalmología veterinaria. 2003
Hendrickson A, Baird AN.Turner and McIlwraith’s Techniques in large animal surgery. 2013
Johnston SA, Tobias KM. Veterinary surgery: small animal (vol I y II). 2017
Kirpensteijn J. Reconstructive surgery and wound management of the dog and cat. 2013
Niehaus AJ. Ruminant surgery. Veterinary Clinics of North America: Food Animal Practice. 2016
Rodríguez J. Cirugía sin sangrado. Cirugía en la clínica de pequeños animales. 2014
Rodríguez J. Cirugía en la clínica de pequeños animales. Bases prácticas en el quirófano. 2016
Rodríguez J. Cirugía en la clínica de pequeños animales. Técnicas quirúrgicas. 2017
Rodríguez J. Cirugía en la clínica de pequeños animales. Cuello y cabeza. Volumen I (2018) y II (2019)
Slatter. Fundamentos de oftalmología veterinaria. 2009
Sopena. J. Manejo de heridas y de cirugía de la piel. 2009
Sopena. J. Manual práctico sobre vendajes en animales de compañía. 2018
3.2. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aronson LR. Small animal surgical emergencies. 2022
Brockman DJ. BSAVA Manual of canine and feline head, neck and thoracic surgery. 2018
Lhermette P. BSAVA Manual of canine and feline endoscopy and endosurgery. 2008
Reiter AM. BSAVA Manual of canine and feline dentistry and oral surgery. 2018
Stashak TS. Equine wound management. 2008
Tams TR. Small animal endoscopy. 2011
Williams J. BSAVA Manual of canine and feline wound management and reconstruction. 2009
Páxinas web
European College of Veterinary Surgeons (http://www.ecvs.org)
American College of Veterinary Surgeons (http://www.acvs.org)
Martindale´s Veterinary Center (http://www.martindalecenter.com/Vet.html)
Veterinary Information Network (http://www.vin.com)
AVEPA (http://www.avepa.org)
Revistas
American Journal of Veterinary Research
Topics in Companion Animal Medicine
Journal of the American Animal Hospital Association
Journal of Equine Veterinary Science
Journal of Feline Medicine and Surgery
Journal of Small Animal Practice
Journal of Veterinary Emergency and Critical Care
Veterinary Clinics of North America: Equine Practice
Veterinary Clinics of North America: Food Animal Practice
Veterinary Clinics of North America: Small Animal Practice
Veterinary Surgery
Recursos bibliográficos de acceso electrónico dispoñibles na Biblioteca da USC https://biblioteca-usc.gal. Para temas concretos, os profesores poderán facilitar artigos de acceso aberto ou recomendarán a procura a través de PubMed, WOS ou Google Schoolar.
4.1. COMPETENCIAS XERAIS DA TITULACIÓN
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese
GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo
GVUSC04. Planificación e xestión do traballo
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo
GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos
GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades
4.2. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DISCIPLINARES (SABER)
CEDVUSC 07.Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal
CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais
CEDVUSC 09. Bases xerais do tratamento médico-cirúrxicos
4.3. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS PROFESIONAIS (SABER FACER, DAY-ONE SKILLS)
D1VUSC 01. Realizar a historia e a exploración clínica dos animais
D1VUSC 02. Recoller e remitir espécimes co seu correspondente informe
D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico
D1VUSC 06. Atender urxencias e realizar primeiros auxilios en Veterinaria
D1VUSC 07. Realizar os tratamentos médico-cirúrxicos básicos nos animais
D1VUSC 08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario
D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias
4.4. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ACADÉMICAS (QUERER FACER)
CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario
CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades #ante a profesión veterinaria e a sociedade
CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario
CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo o medicamento baseado na evidencia
EAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais
CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente
4.5. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación
CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica
CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CTVUSC 04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa
CTVUSC 05. Habilidade no manexo de Tics
CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira
CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
As sesións expositivas desenvólvanse co apoio do TIC e co emprego sistemático do Campus Virtual como apoio á docencia. As titorías realízanse en grupos reducidos.
As sesións interactivas realízanse no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina e na sala de cirurxía (pavillón 2 planta baixa) en horario de mañá e contarán con manuais e vídeos que que serven de guía. Os grupos de prácticas son totalmente independentes entre si, polo que o alumnado apuntarase a cada tipo de prácticas na data e hora que máis lle interese
Para o estudo independente o alumno pode recorrer á bibliografía recomendada e calquera outro material recompilado durante as clases maxistrais e as sesións prácticas.
As normas de bioseguridade pódense consultar no Campus Virtual, e é obrigación do alumno lelas e respectalas en todo momento; calquera dúbida respecto diso será resolta polo profesorado. Dependendo do tipo de práctica, é obrigatorio o uso de luvas desbotables, bata de laboratorio, máscara, gorro, pixama cirúrxico ou zocos e está claramente indicado na información da aula Virtual. Para poder desenvolver o traballo nalgunhas prácticas é necesario traer material básico de disección: bisturí, pinzas con e sen dente, tesoiras e portaagullas. Os EPIs e instrumental necesarios para cada práctica están claramente indicados na información do Campus Virtual.
Na entrada das salas figuran as normas básicas de bioseguridade que o alumnado debe observar no recinto; calquera dúbida respecto diso será resolta polo profesorado.
Non procede a dispensa de asistencia as prácticas nin ás clases.
A cualificación final está composta pola suma de 2 partes independentes: 40% evaluación continua + 60% exame teórico. Para superar a materia é necesario aprobar cada unha delas.
- 40% da nota corresponde á avaliación continua tanto das sesións expositivas como interactivas. Valorarase o traballo persoal do estudante durante as clases mediante diferentes probas: realización de exercicios escritos -programados ou non-, participación activa na aula, etc. Tamén se valorará individualmente ao alumno en cada unha das sesións interactivas (participación, habilidades adquiridas, aplicación práctica dos coñecementos teóricos, dedicación, esforzo, etc.). Esta parte supérase obtendo 5 puntos sobre 10.
Para poder realizar o exame final (e superar a materia) é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas.
- 60% da nota corresponde ao exame teórico escrito que avalía os coñecementos adquiridos nas sesións expositivas e interactivas. O exame constará de preguntas tipo test de resposta múltiple (con 4 respostas, onde, como mínimo, unha é verdadeira) e preguntas curtas. Esta parte supérase obtendo 5 puntos sobre 10.
Os alumnos que superen unha das partes (avaliación continua e prácticas ou teoría), a nota consérvase para sucesivos cursos.
En caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións”.
Total 112,5 horas
52 horas presenciais:
30 h de sesións expositivas
20 h de sesións interactivas clínicas
1 h de prácticas de encerado
1 h de titorías
60,5 horas non presenciais:
45 h de estudo individual
7 h de preparación das prácticas
4 h de revisión bibliográfica
2 h de realización de exames
2,5 h de outras actividades: adestramento práctico no Laboratorio de Habilidades Clínicas
- Asistencia, participación e implicación nas sesións expositivas e interactivas
- Emprego do Laboratorio de Habilidades Clínicas da Facultade para adquirir maior habilidade práctica
- Resolver as dúbidas mediante titorías individualizadas
- Levar ao día a materia das sesións expositivas
- Revisión do material achegado polo profesorado como guía de estudo
- Emprego das fontes bibliográficas recomendadas: libros de texto, atlas de imaxes, páxinas web, artigos científicos…
• Coñecementos esenciais: anatomía, fisioloxía e patoloxía (exploración)
• Coñecementos recomendables: farmacoloxía, anestesia e diagnóstico por imaxe
Ana María López Beceiro
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822624
- Correo electrónico
- anam.lopez.beceiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Fernando Maria Muñoz Guzon
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822644
- Correo electrónico
- fernandom.munoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Natalia Miño Fariña
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822634
- Correo electrónico
- natalia.mino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Oscar Varela Lopez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | Aula 5 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Galego | Aula 5 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Galego | Aula 5 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Galego | Aula 5 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS13 | Galego | Aula 5 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Galego | Aula 5 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Galego | Aula 5 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Galego | Aula 5 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Galego | Aula 5 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Galego | Aula 5 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Galego | Aula 5 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Galego | Aula 5 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Galego | Aula 5 |
Martes | |||
09:00-13:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán, Galego | Laboratorio de Cirurxía e HCV |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
09:00-13:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Galego, Castelán | Laboratorio de Cirurxía e HCV |
Xoves | |||
09:00-13:00 | Grupo /CLI_EEES03 | Galego, Castelán | Laboratorio de Cirurxía e HCV |
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 3 |
Venres | |||
09:00-13:00 | Grupo /CLI_EEES04 | Galego, Castelán | Laboratorio de Cirurxía e HCV |
14.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
14.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
14.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
08.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
08.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |