Créditos ECTS Créditos ECTS: 7.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 123.75 Horas de Titorías: 3.75 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 30 Total: 187.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A Memoria de Grao en Veterinaria da Facultade de Veterinaria de Lugo, aprobada polo Consello de Universidades o 30/06/2010, recolle que os Obxectivos Xerais do Grao en Veterinaria da USC son dotar ao alumnado dos coñecementos, técnicas , habilidades e aptitudes que lles doten profesionalmente para garantir a saúde dos animais e dos humanos.
O obxectivo principal da materia de Microbioloxía Veterinaria é dotar ao alumno de elementos e ferramentas que lle permitan obter coñecementos sobre a bioloxía, mecanismos patóxenos, diagnóstico e control dos principais microorganismos implicados nas enfermidades que afectan aos animais de produción e de compañía, ademais de outros aspectos de interese veterinario en relación coa saúde pública.
Obxectivos específicos:
1.- Coñecer os conceptos básicos e a terminoloxía científica empregada en Microbioloxía.
2.- Coñecer a estrutura, fisioloxía, patoxénese, xenética e taxonomía dos microorganismos de importancia clínica en veterinaria e saúde pública.
3.- Coñecer as posibles interaccións entre o microorganismo e o hóspede.
4.- Coñecer as técnicas e métodos básicos de diagnóstico
A materia de Microbioloxía Veterinaria divídese nunha parte teórica e outra práctica.
O programa teórico da materia divídese en dúas partes:
A PARTE 1 está dedicada á MICROBIOLOXÍA XERAL. O tema 1 serve de introdución e aborda o desenvolvemento histórico da Microbioloxía e analiza a diversidade microbiana. Nos temas 2 a 6 (BACTERIOLOXÍA XERAL, MICOLOXÍA, XERAL E VIROLOXÍA XERAL) descríbense as características xerais dos tres grandes grupos de interese veterinario: Bacterias, fungos e virus. Os temas 7 e 8 dedícanse, respectivamente, ao estudo da capacidade patóxena destes tres grupos de microorganismos nos animais e ao seu control mediante métodos físicos e químicos, prestando especial atención aos antimicrobianos. Finalmente, no tema 9 analízase a sistemática microbiana e os conceptos de clasificación, identificación e nomenclatura.
A PARTE 2 está dedicada á MICROBIOLOXÍA ESPECIAL, que á súa vez inclúe tres apartados:
BACTERIOLOXÍA ESPECIAL (temas 10 a 16).
MICOLOXÍA ESPECIAL (tema 17).
VIROLOXÍA ESPECIAL (temas 18 a 23).
En cada tema estúdanse as principais bacterias, fungos e virus de interese veterinario.
Os temas 24 e 25 teñen como obxectivo coñecer o efecto dos microorganismos sobre o medio que os rodea (ECOLOXÍA MICROBIANA) así como a súa importancia no ámbito da MICROBIOLOXÍA INDUSTRIAL.
PROGRAMA TEÓRICO
O programa teórico abordarase ao longo de 54 horas mediante clases expositivas.
BLOQUE I. MICROBIOLOXÍA XERAL (28 horas)
TEMA 1. Introdución á microbioloxía. 1 HORA
-HISTORIA E ÁMBITO DA MICROBIOLOXÍA: O descubrimento dos microorganismos. Pasteur e Koch. O nacemento da farmacoterapia moderna. Presente e futuro da microbioloxía.
-ORIXE E DIVERSIFICACIÓN MICROBIANA: Membros do mundo microbiano.
BACTERIOLOGIA XERAL
TEMA 2. Estrutura e función da célula bacteriana. 5 HORAS
-MICROSCOPÍA: Fundamento e tipos. Tinciones
-TAMAÑO, FORMA E AGRUPACIÓNS BACTERIANAS.
-COMPOÑENTES DA ESTRUTURA BACTERIANA
-PAREDE CELULAR: Bacterias Gram positivas, Gram negativas e acedo-alcol resistentes.
-MEMBRANA PLASMÁTICA E MESOSOMAS.
-COMPOÑENTES INTERNOS: Nucleoide, ribosomas, inclusións citoplasmáticas, endosporas.
-ESTRUTURAS EXTERNAS: Cápsula e capas mucosas. Flagelos. Fimbrias e pili.
TEMA 3. Nutrición, cultivo, crecemento bacteriano e metabolismo. 3 HORAS
-NUTRICIÓN E CULTIVO: Requirimentos e categorías nutricionais. Medios bacteriológicos e condicións fisico-químicas para o crecemento.
-METABOLISMO E PRODUCIÓN DE ENERXÍA: Reaccións de oxidación-redución, transportadores de electróns e compostos altamente enerxéticos. Bacterias quimioheterótrofas: respiración aerobia e anaerobia. Fermentación. Rendementos enerxéticos. Bacterias autótrofas: oxidación de compostos inorgánicos e fotosíntesis.
-REPRODUCIÓN E CRECEMENTO: Reprodución. Curva de crecemento bacteriano. Determinación do crecemento. Cultivos continuos.
TEMA 4. Xenética bacteriana. 4 HORAS
-ESTRUTURA E FUNCIÓN DO MATERIAL XENÉTICO: Revisión de conceptos: ácidos nucleicos. Replicación, transcrición e tradución.
-REGULACIÓN DA EXPRESIÓN GÉNICA: Represión e indución. O modelo do operón: estrutura e funcionamento.
-MUTACIÓNS: Tipos de mutacións.
-TRANSFERENCIA E RECOMBINACIÓN XENÉTICA: Plásmidos e transposones. Transformación, conxugación, e transducción.
MICOLOGIA XERAL
TEMA 5. Micoloxía xeral. 2 HORAS
-CONCEPTO E ÁMBITO DE ESTUDO DA MICOLOXÍA: Hábitat, papel ecolóxico e importancia dos fungos.
-CARACTERÍSTICAS DOS FUNGOS: Morfoloxía e estrutura celular. Fermentos e mohos. Metabolismo. Reprodución. Tipos de esporas. Cultivo e identificación. Mecanismos de acción patóxena. Micotoxinas. Clasificación dos fungos.
VIROLOGIA XERAL
TEMA 6. Viroloxía xeral. 4 HORAS
-CARACTERÍSTICAS XERAIS E ESTRUTURA DOS VIRUS: Definición e propiedades dos virus. Natureza do virión. Clasificación dos virus. Illamento e identificación.
-REPLICACIÓN VÍRICA: Multiplicación de bacteriófagos. Multiplicación de virus animais.
-VIRUS E CANCRO: Oncoxenes.
-AXENTES INFECCIOSOS NON CONVENCIONAIS: Viroides e Priones.
PATOXENICIDADE E CONTROL MICROBIANO
TEMA 7. Patoxenicidade e infección. 4 HORAS
-INTERACCIÓN MICROORGANISMO-HOSPEDADOR: Interaccións beneficiosas. Interaccións daniñas. Infección de animais susceptibles e factores que inflúen no resultado da interacción.
-ETAPAS DA INFECCIÓN BACTERIANA: adherencia, multiplicación, invasión e toxicoxénese.
-PROPIEDADES PATÓGENAS DOS VIRUS: Mecanismos virais para evadir as defensas do hospedador. Efectos citopáticos.
TEMA 8. Control de microorganismos. 4 HORAS
-CONTROL FÍSICO ANTIMICROBIANO: Esterilización por calor. Esterilización por radiación. Esterilización por filtración.
-CONTROL QUÍMICO ANTIMICROBIANO: Axentes antimicrobianos químicos para uso externo: desinfectantes e antisépticos.
-AXENTES ANTIMICROBIANOS UTILIZADOS IN VIVO: Antibacterianos naturais (antibióticos) e sintéticos: tipos, espectro e mecanismos de acción. Mecanismos de resistencia aos antibacterianos. Antivíricos. Antifúnxicos.
SISTEMATICA BACTERIANA
TEMA 9. Sistemática bacteriana. 1 HORA
-CLASIFICACIÓN: Análise fenotípico e xenotípico. Análise filoxenético. Rangos taxonómicos. Concepto de especie en microbioloxía.
-NOMENCLATURA: O Código Internacional de Nomenclatura Bacteriana.
-IDENTIFICACIÓN E COLECCIÓNS DE CULTIVOS MICROBIOLÓXICOS.
BLOQUE II. MICROBIOLOXÍA ESPECIAL. 26 HORAS
BACTERIOLOXÍA ESPECIAL
TEMA 10. Cocos Gram positivos. Xéneros Staphylococcus, Streptococcus. 1 HORA
TEMA 11: Bacilos Gram positivos regulares. Xéneros Bacillus, Clostridium, Listeria, Erysipelothrix e Mycoplasma. 2 HORAS
TEMA 12. Bacilos Gram positivos irregulares. Xéneros Streptomyces, Mycobacterium, Nocardia, Rhodococcus e Corynebacterium. 2 HORAS
TEMA 13. Bacilos Gram negativos.
- GAMMA-PROTEOBACTERIAS - FAMILIA ENTEROBACTERIACEAE: Xéneros Escherichia, Salmonella, Yersinia, Klebsiella, Enterobacter E Proteus. 2 HORAS
TEMA 14. Bacilos Gram negativos. 2 HORAS
-GAMMA-PROTEOBACTERIAS - FAMILIAS NON ENTEROBACTERIACEAE: Xéneros Vibrio, Aeromonas, Pseudomonas, Pasteurella, Mannhemia, Haemophilus, Dichelobacter, Francisella e Coxiella.
TEMA 15. Bacilos Gram negativos. 2 HORAS
-ALFA-PROTEOBACTERIAS: Xéneros Brucella, Bartonella, Rickettsia, Anaplasma e Ehrlichia,
-BETA-PROTEOBACTERIAS: Xéneros Burkholderia, Taylorella e Bordetella.
-DELTA-PROTEOBACTERIAS: Xénero Lawsonia.
-EPSILON-PROTEOBACTERIAS: Xénero Campylobacter.
TEMA 16. Bacterias Gram negativas. 2 HORAS
NON PROTEOBACTERIAS: Xéneros Chlamydia, Borrelia, Leptospira, Brachyspira.
MICOLOXÍA ESPECIAL
TEMA 17. Principais grupos fungos microscópicos de interese veterinario. 2 HORAS
-FERMENTOS: Xéneros Cándida, Cryptococcus, Malassezia.
-MOHOS CENOCITICOS: Mucor, Rhizomucor, Rhizopus, Basidiobolus, Conidiobolus e Saprolegnia.
-MOHOS SEPTADOS DERMATOFITOS: Xéneros Microsporum e Trichophyton.
-MOHOS SEPTADOS: Aspergillus.
-FUNGOS DIMÓRFICOS: Xéneros Blastomyces, Coccidioides, Histoplasma, Sporothrix.
-FUNGOS QUE LEMBRAN A PROTOZOOS: Xénero Pneumocystis.
VIROLOXÍA ESPECIAL
TEMA 18. Virus con ADN bicatenario. 2 HORAS
-FAMILIA POXVIRIDAE: Virus das vexigas. Virus da mixomatose do coello.
-FAMILIA ASFARVIRIDAE: Virus da peste porcina africana.
-FAMILIA HERPESVIRIDAE: Virus da enfermidade de Aujeszky. Virus da enfermidade de Marek.
-FAMILIA ADENOVIRIDAE: Virus da hepatite infecciosa canina.
-FAMILIA PAPILLOMAVIRIDAE: Papilomavirus.
TEMA 19. Virus con ADN monocatenario. 1 HORA
-FAMILIA CIRCOVIRIDAE: Circovirus porcino. Virus da anemia infecciosa da galiña.
-FAMILIA PARVOVIRIDAE: Virus da panleucopenia felina. Parvovirus canino 2. Parvovirus porcino.
TEMA 20. Virus con ARN bicatenario. 1 HORA
-FAMILIA REOVIRIDAE: Virus da lingua azul. Virus da peste equina africana. Rotavirus.
-FAMILIA BIRNAVIRIDAE: Virus da bursite infecciosa aviaria (enfermidade de Gumboro).
TEMA 21. Virus con ARN monocatenario de polaridad negativa. 2 HORAS
-FAMILIA PARAMYXOVIRIDAE: Virus da enfermidade de Newcastle. Virus da peste bovina. Virus do moquillo canino.
-FAMILIA RHABDOVIRIDAE: Virus da rabia. Virus da estomatitis vesicular.
-FAMILIA ORTHOMYXOVIRIDAE: Influenzavirus (virus da gripe).
-FAMILIA BUNYAVIRIDAE: Virus da febre do Val do Rift.
-FAMILIA BORNAVIRIDAE: Virus da enfermidade de Borna.
TEMA 22. Virus con ARN monocatenario de polaridade positiva. 2 HORAS
-FAMILIA CORONAVIRIDAE: Virus da bronquite infecciosa aviaria. Virus da gastroenterite transmisible porcina.
-FAMILIA ARTERIVIRIDAE: Virus da arterite equina. Virus da síndrome respiratoria e reprodutiva porcina.
-FAMILIA PICORNAVIRIDAE: Virus da febre aftosa. Teschovirus porcino 1 (encefalomielite por Teschovirus).
-FAMILIA CALICIVIRIDAE: Virus do exantema vesicular do porco. Virus da enfermidade hemorráxica do coello.
-FAMILIA TOGAVIRIDAE: Virus da encefalite equina (do Leste e do Oeste).
-FAMILIA FLAVIVIRIDAE: Virus do Nilo do Oeste. Virus da diarrea vírica bovina.
TEMA 23. Virus ADN e ARN con transcriptasa inversa. 1 HORA
-FAMILIA RETROVIRIDAE (ARN monocatenario con polaridad positiva): Virus da leucose bovina. Virus da artrite-encefalite caprina e do Maedi-Visna. Virus da anemia infecciosa equina.
-FAMILIA HEPADNAVIRIDAE (ADN circular parcialmente bicatenario): Virus da hepatite B.
TEMA 24. ECOLOXÍA MICROBIANA: Ecosistemas microbianos e papel dos microorganismos nos ciclos bioxeoquímicos e na biodegradación.
1 HORA
Tema 25. MICROBIOLOXÍA INDUSTRIAL E BIOTECNOLOXÍA. 1 HORA
-Papel dos microorganismos na produción dos alimentos: Microorganismos de interese na industria alimentaria. Controis de calidade hixiénica dos alimentos. Sistemas de detección e control de puntos críticos na industria.
-Produción industrial de substancias químicas por fermentación. Produción de antibióticos. Aplicacións biotecnolóxicas na industria farmacéutica, de compostos inmunolóxicos e de proteínas con fins terapéuticos. Clonación, recombinación e expresión de xenes en microorganismos procariotas e eucariotas.
B. PROGRAMA PRÁCTICO (20 horas)
O programa práctico abordarase ao longo de 20 horas distribuídas en 5 sesións ao longo dunha semana (de luns a venres, a razón de 4 horas diarias).
INTRODUCIÓN. Normas de seguridade no laboratorio de bacteriología: organización e metodoloxía de traballo.
PRÁCTICA 1. Métodos de esterilización no laboratorio de bacterioloxía.
PRÁCTICA 2. Técnicas microscópicas de observación dos microorganismos:
-Observación en fresco de células eucariotas
-Tincións bacterianas: simples e diferenciais
PRÁCTICA 3. Medios de cultivo: preparación e tipos.
PRÁCTICA 4. Técnicas de sementeira e illamento bacteriano.
PRÁCTICA 5. Crecemento bacteriano: métodos de cuantificación e curva de crecemento.
PRÁCTICA 6. Identificación bacteriana mediante probas bioquímicas.
PRÁCTICA 7. Mostras clínicas e ambientais: recollida, transporte e procesado.
PRÁCTICA 8. Antibiogramas: realización, interpretación e elección do antibiótico adecuado.
PRÁCTICA 9. Interpretación de resultados e elaboración de informes.
BIBLIOGRAFÍA DO PROGRAMA TEÓRICO:
BÁSICA:
-Carrasco L, Almendral Del Río JM. 2006. Virus Patógenos. Ed. Hélice.
-Gyles CL, Prescott JF, Songer JG, Thoen CO. 2010. Pathogenesis of bacterial infections in animals. Fourth Edition. Ed. Wiley-Blackwell.
-Madigan MT, Martinko JM. 2009. Brock Biología de los Microorganismos. 10ª Edición. Ed. Prentice-Hall International Ltd.
-Prescott LM, Harley JP, Klein DA. 2009. Microbiología. 7ª Edición. Ed. McGraw-Hill Interamericana.
-Quinn PJ. 2016. Elementos de microbiología veterinaria. Ed. Acribia.
-Quinn PJ, Markey BK, Leonard FC, Fitzpatrick ES, Fanning S, Hartigan PJ. 2017. Microbiología y Enfermedades Infecciosas Veterinarias. Ed. Acribia.
- Stanchi NO. 2007. Microbiología Veterinaria. Ed. Interamericana.
COMPLEMENTARIA:
-Songer JG, Post KW. 2005.Veterinary Microbiology. Bacterial and fungal agents of animal disease. Elsevier Saunders.
-Tortora GJ, Funke BR, Case CL. 2007. Introducción a la Microbiología. 9ª Edición. Ed. Panamericana.
-Vadillo S, Píriz S, Mateos E. 2002. Manual de Microbiología Veterinaria. Ed. McGraw-Hill Interamericana.
BIBLIOGRAFÍA DO PROGRAMA PRÁCTICO:
-Gamazo C, López-Goñi I, Díaz R. 2005. Manual Práctico de Microbiología. Ed. Masson.
PAXINAS WEB DE INTERESE:
-Bergey´s Manual Trust: http://www.bergeys.org/outlines.html
-International Committee on Taxonomy of Viruses: http://ictvonline.org/virusTaxonomy.asp?version=2009&bhcp=1
-Organización Mundial de Sanidad Animal: http://www.oie.int/
-ViralZone: http://viralzone.expasy.org/
1.-COMPETENCIAS XERAIS:
- GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
- GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
- GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
- GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
- GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
- GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
2.-COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DISCIPLINARES (saber):
- CEDVUSC 06. Coñecer os aspectos básicos dos distintos axentes biolóxicos de interese veterinario.
- CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
3.-COMPETENCIAS ESPECÍFICAS PROFESIONAIS (saber facer):
-D1VUSC 02. Recoller e remitir especímenes co seu correspondente informe.
-D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
4.-COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ACADÉMICAS (querer facer):
- CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
- CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
- CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
- CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
- CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
5.-COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
- CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
- CTVUSC 02. Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
- CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
- CTVUSC 04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
- CTVUSC 06. Utilización de información en lingua extranxeira.
- CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
O número de créditos da materia é de 7,5 e a docencia da materia realizarase mediante diferentes modalidades de clase:
- Titorías: 1 hora (Presentación).
- Clases expositivas: 54 horas.
- Prácticas de laboratorio: 20 horas.
- Os contidos do Programa Teórico impartiranse en 54 clases expositivas mediante presentacións en Power Point dunha duración aproximada de 50 minutos. O material didáctico orientativo presentado nas clases estará a disposición do alumnado a través da Aula Virtual da materia.
- Os contidos das clases prácticas impartiranse no LABORATORIO DA SEGUNDA PLANTA DO PAVILLÓN 1 DA FACULTADE DE VETERINARIA, terán unha duración de 20 horas repartidas de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas. O alumnado distribuirase en seis grupos (CLIL-01 a CLIL-06). A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria e achéganse manuais de prácticas para seguir os contidos.
-Por último, cada alumno de forma individual poderá poñerse en contacto cos dous profesores responsables de impartir a materia para formular calquera cuestión que considere pertinente e que poida influír na súa formación. O profesorado estará dispoñible durante o seu horario de titoría.
A. AVALIACIÓN ESCRITA (EXAME).
A puntuación correspondente á avaliación escrita suporá o 80% da nota final. (8 PUNTOS).
O exame realizarase na data e hora que acorde a Xunta de Facultade, nas aulas reservadas para tal efecto. Pode incluír preguntas de opción múltiple, preguntas verdadeiro/falso, preguntas curtas ou preguntas de desenvolvemento, todas elas do programa teórico.
Para superar o exame é necesario acadar unha puntuación mínima de 5 sobre 10 puntos (4 sobre 8 puntos) EN CADA UNHA DAS DÚAS PARTES NAS QUE SE DIVIDE O PROGRAMA TEÓRICO DA MATERIA. No caso de non superar esta puntuación ou de non presentarse ao exame, o alumno terá que aproveitar a segunda oportunidade para aprobar a materia.
B. AVALIACIÓN CONTINUA
A puntuación correspondente á Avaliación Continua suporá o 20% da nota final. (2 PUNTOS) Asignarase da seguinte maneira:
B1. Probas periódicas opcionais:
A puntuación obtida neste apartado representará o 10% da nota final (1 PUNTO).
Realizarase un seguimento continuo ao longo do cuadrimestre da adquisición de coñecementos mediante a realización de 4-5 probas voluntarias; Farán preguntas de opción múltiple ou preguntas verdadeiro/falso.
B2. Asistencia, realización e exame das prácticas de laboratorio:
A asistencia, realización e superación do exame sobre os contidos das prácticas de laboratorio é obrigatoria para superar a materia.
A puntuación obtida neste apartado representará ata un 10% da nota final. (1 PUNTO).
A cualificación correspondente á avaliación continua gardarase para a segunda oportunidade. Se a materia se repite, gardarase durante os dous cursos sucesivos (2025-26 e 2026-27).
MOI IMPORTANTE:
O alumnado que xustifique debidamente que non poderá asistir ás clases teóricas durante o cuadrimestre obterá unha EXENCIÓN PARCIAL. Neste caso o exame dos contidos teóricos representará o 90% da nota final e a asistencia, a realización e o exame práctico suporá o 10%.
“Nos supostos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa para a avaliación do rendemento académico dos alumnos e a revisión das cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
- Clases maxistrais: 54 horas
- Titorías programadas: 1 hora
- Clases de laboratorio: 20 horas
- Total horas de traballo presencial: 75
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
- Estudo individual: 90 horas
- Revisión bibliográfica, biblioteca, etc.: 9,5 horas
- Elaboración de memoria de prácticas e outras tarefas: 3 horas
- Asistencia a charlas e outras actividades recomendadas: 3 horas
- Realización de exámenes: 5 horas
- Outras tarefas propostas polo profesor. 2 horas
- Total horas de traballo persoal do estudante: 112.5
TOTAL HORAS DO ALUMNO: 187.5
É moi importante que o alumno teña unha boa base nas materias cursadas no primeiro curso de Grao, Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía, polo que se recomenda unha revisión dos conceptos que nelas se cursan.
Recoméndase que, antes da asistencia ás clases teóricas e prácticas, o alumnado realice unha lectura comprensiva do material didáctico dispoñible na aula virtual. Recoméndase que o alumno complete o devandito material didáctico orientativo coas notas oportunas tomadas na clase e coa bibliografía revisada.
Debido á extensión da materia, é necesario continuar o seu estudo.
É recomendable que o alumnado aproveite as horas de titoría individual das que dispón para resolver as dúbidas que poidan xurdir ao longo do cuadrimestre.
Para as CLASES DE TEORÍA os alumnos dividiranse en dous grupos, un profesor encargarase de cada grupo.
GRUPO 1:
-Prof. Jesús Blanco Álvarez. Aula 2
GRUPO 2:
-Prof. Jorge Blanco Álvarez. Aula 4.
Todas as CLASES DE LABORATORIO serán impartidas polo profesor Jesús Blanco Álvarez.
Ao longo do cuadrimestre, o alumnado poderá solicitar titorías individuais para tratar co seu profesor calquera cuestión que considere necesaria para o correcto desenvolvemento da materia.
Horarios de titorías individuais:
-Prof. Jesús Blanco Álvarez.
Horario de titorías: martes, mércores e xoves de 12:00 a 14:00 horas no despacho situado no primeiro andar do Pavillón 1 da Facultade de Veterinaria.
- Prof. Jorge Blanco Álvarez
Horario de titorías: martes, mércores e xoves de 12:00 a 14:00 horas no despacho situado no segundo andar do Pavillón I da Facultade de Veterinaria.
Jesus Eulogio Blanco Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- jesuseulogio.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Blanco Alvarez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- jorge.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 2 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 2 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 2 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 2 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 2 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 2 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 2 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula 2 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 2 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula 2 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
17.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
17.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
17.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
04.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
04.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |