Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Xenética
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecemento e comprensión dos principios do material hereditario (natureza, expresión, transmisión, variación, manipulación e evolución) cara a súa aplicación na producción animal e na conservación da diversidade.
Clases expositivas
Introdución: A Xenética como base da Bioloxía. Aplicación dos principios xenéticos nas áreas de produción, saúde e farmacéutica. Historia e campos da Xenética. (1h)
Bloque I: Transmisión do material hereditario.
Tema 1: Base cromosómica da herdanza: O cromosoma eucariótico. Mitose. Meiose. Cariotipo. Haploidía e diploidía. (4h)
Tema 2: Xenética Mendeliana: Estudo da herdanza dun carácter. Cruzamento proba. Herdanza de varios caracteres. Teoría cromosómica da herdanza. Análise de xenealoxías. (4h)
Tema 3: Extensións do mendelismo: Variacións na dominancia: escala fenotípica. Alelismo múltiple. Alelos letais. Enfermidades debidas a un xen. Pleiotropía. Interacción xénica. Penetrancia e expresividade. (3h)
Tema 4: Herdanza e sexo: Determinación do sexo. Herdanza de xenes localizados en cromosomas sexuais. Herdanza influída polo sexo. Herdanza limitada polo sexo. (3h)
Bloque II: Variación do material hereditario.
Tema 5: Ligamento e mapas xenéticos: Herdanza de xenes localizados no mesmo cromosoma. Grupo de ligamento. Entrecruzamento xenético. Frecuencia de recombinación. Mapa xenético. (5h)
Tema 6: Mutación: Tipos de mutacións. Taxa de mutación. Mutáxenos. O test de Ames. Mutacións cromosómicas: Variacións no número de e na estrutura cromosómica. Aplicacións da mutación na produción animal. (5h)
Bloque III: Os xenes nas poboacións.
Tema 7: Xenética Cuantitativa: Variación continua. Varianza fenotípica. Herdanza polixénica. Partición da varianza xenética. Herdabilidade ampla e estrita. Métodos de estimación da herdabilidade. Resposta á selección. (5h)
Tema 8: Xenética de Poboacións: Poboación mendeliana. Frecuencias xénicas e xenotípicas. Estimadores da diversidade xenética poboacional. A lei de Hardy-Weinberg. Frecuencia de portadores. Apareamento consanguíneo. Axentes evolutivos. (5h)
Prácticas de laboratorio
Son tres as prácticas a realizar na materia:
LB1. Estudo xenético de caracteres cualitativos. Determínase o modelo de herdanza de diferentes caracteres empregando mazorcas de millo.
LB2. Diagnóstico do freemartinismo en bovinos mediante PCR (Reacción en Cadea da Polimerasa). Amplificaranse secuencias específicas do cromosoma Y para facer unha identificación de tenreiras intersexuais (freemartins).
LB3. Análise do cariotipo. Profúndase no significado de cromosomas homólogos e cariotipo diploide.
As dúas primeiras realizaranse no laboratorio de prácticas da Área de Xenética, Pavillón IV da Facultade, e a terceira nun aula de informática da Facultade. Cada unha ten un guión específico que o profesor encargado presentará ao grupo de estudantes.
Bibliografía básica
- Benito Jiménez, C. 2012. "Genética: conceptos esenciales". Editorial Médica Panamericana. Tamén en liña na web da Biblioteca Universitaria (https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria).
- Brooker, RJ. “Genetics Analysis and principles”. 2018. McGraw Hill Education.
- Griffiths, AJF; Wessler, SR; Lewontin, RC; Carroll, SB. 2008. “Genética”. McGraw-Hill.
- Griffiths, AJF; Wessler, SR; Carroll, SB; Doebley, J. 2015. “Introduction to Genetic Analysis”. W.H. Freeman and Company.
- Klug, WS; Cummings, MR; Spencer, CA; Palladino, MA. 2013. “Conceptos de Genética”. Pearson Educación. Tamén en liña na web da Biblioteca Universitaria (https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria).
- Pierce, BA. 2015. “Genética : un enfoque conceptual ”. Editorial Médica Panamericana. Tamén en liña na web da Biblioteca Universitaria (https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria).
- Pierce, BA. 2022. "Fundamentos de genética: conceptos y relaciones". Editorial Médica Panamericana.
Bibliografía complementaria
- Benito Jiménez, C. 2002. “360 problemas de Genética: resueltos paso a paso”. Síntesis. Existe unha versión en liña na web da Biblioteca Universitaria (https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria).
- Falconer, DS; Mackay, T. 2006. “ Introducción a la genética cuantitativa”. Acribia.
- Hartl DL; Jones, EW. 2002. “Essential Genetics. A genomics perspective”. Jones and Bartlett Publishers.
- Hartl DL; Jones, EW. 2009. "Genetics: analysis of genes and genomes". Jones and Bartlett Publishers.
- Hartwell, LH; Goldberg, ML; Fischer, J; Hood, L. 2017. “Genetics: from genes to genomes” McGraw-Hill.
- Mensua Fernández JL. 2003. “Genética: problemas y ejercicios resueltos”. Prentice Hall. Tamén en liña na web da Biblioteca Universitaria (https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria).
- Nicholas, FW. 2010. “Introduction to veterinary genetics”. Wiley-Blackwell.
Recursos en internet
- Biotecnology and Genetic Engineering News (Novas de divulgación relacionadas coa biotecnoloxía):
http://www.genengnews.com
- DNA Learning Center: biology animation library (Animación de técnicas de Bioloxía Molecular):
https://dnalc.cshl.edu/resources/animations/
- MendelWeb: Introducción á Xenética Mendeliana: http://www.mendelweb.org/
- Páxina web do Instituto Nacional de Investigación do Xenoma Humano (NHGRI): https://www.genome.gov/
- Pea Soup (Cruce virtual entre variedades de chícharos e análise das descendencias):
http://www.sonic.net/~nbs/projects/anthro201/exper/
- Problemas de mendelismo: http://www.biologia.arizona.edu/mendel/mendel.html
- Recursos da revista Nature do 50 aniversario do artigo de Watson y Crick sobre la estrutura do DNA:
http://www.nature.com/nature/dna50/index.html
- The Cytogenetics Gallery (Cromosomas e mutacións estructurais): www.pathology.washington.edu/Cytogallery/
Competencias Xenéricas
- GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
- GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
- GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
- GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
Competencias Disciplinares
- CEDVUSC 03. Cría, mellora, manexo e benestar dos animais.
- CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
Competencias Profesionais
- D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
- D1VUSC 16. Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
Competencias Académicas
- CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
- CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo o medicamento baseado na evidencia.
Competencias Transversais
- CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
- CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
- CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Clases expositivas e interactivas.
Nas clases expositivas trataranse os contidos específicos do programa e para o seu desenvolvemento farase uso de calquera material que axude e facilite a comprensión dos conceptos que se traten (presentacións PowerPoint, transparencias, vídeos, animacións... ). A aplicación destes contidos farase nas clases interactivas mediante problemas, simulacións por computador ou casos prácticos.
Boletíns de problemas
Para os distintos temas, os estudantes disporán de boletíns de problemas de complexidade crecente e relacionados cos conceptos tratados, algúns deles resolveranse nas clases de seminarios.
Na práctica LB1 farase un estudo xenético de varios caracteres cualitativos empregando mazorcas de millo para de avaliar a habilidade relacionada co obxectivo de aprendizaxe: “Seleccionar e organizar a información relevante sobre os resultados obtidos dunha observación científica e propor hipóteses que expliquen os resultados observados”, da competencia 1.2 a día un da Federación de Veterinarios Europeos, “entender os métodos de investigación científica, a contribución da investigación básica e aplicada á ciencia a a aplicación do principio das 3R.”
Do mesmo xeito que o resto das materias do Grao en Veterinaria, o sistema de avaliación de Xenética Veterinaria non pretende determinar exclusivamente o nivel de coñecementos específicos da disciplina que ten un estudante. O método de avaliación deseñouse tamén para coñecer se este adquiriu algunhas das competencias que figuran na memoria do Grao en Veterinaria e están asociadas a esta materia. O sistema de avaliación será o mesmo tanto para a oportunidade ordinaria como para a de recuperación.
ESTUDIANTADO DE PRIMEIRA MATRÍCULA
Combínase a avaliación continua (20% da nota) e un exame ou proba final (80% restante). Para poder sumar a cualificación de ambas modalidades de avaliación, o estudante deberá ter aprobado o exame ou proba final.
A avaliación continua de cada estudante farase de forma presencial e estará baseada por igual nos resultados que obteña nos controis, cuestionarios do Campus Virtual ou na resolución de problemas e casos prácticos (práctica LB1) que deba responder, considerarase tamén a súa asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas. Só se permitirá a realización de cuestionarios en liña, controis ou calquera outra proba ós alumnos que estean presentes na aula.
Avaliarase específicamente a competencia 1.2 a día un mediante un informe da práctica LB1 que entregarán os alumnos a través da aula virtual e no que se avaliará a presentación, a metodoloxía de toma de datos e a súa posterior organización, os criterios para argumentar a hipótese que explique os datos obtidos e os tests estatísticos que a respaldan. A superación desta actividad será imprescindible para aprobar a asignatura e se valorará dentro do 20% da avaliación continua.
No caso de non superar a actividade e trala revisión da mesma en titorías, os alumnos dispondrán todavía das duas convocatorias ordinarias de examen onde se plantexará un problema similar ó caso descrito na práctica LB1 onde poderá aprobar dita actividade.
ESTUDIANTADO REPETIDOR
Para a súa cualificación combínase tamén a avaliación continua e o exame final. Se o estudante non asiste ás clases, o 20% da avaliación continua corresponderase coa puntuación deste mesmo apartado que o estudante obtivese no curso no que se matriculou por primeira vez. O 80% restante corresponderá á nota da proba final. Os alumnos repetidores que teñan superadas as prácticas non terán que repetilas. A metodoloxía que se empregue será a mesma que se aplique aos alumnos/as de primeira matrícula.
Nesta materia non se contempla aa dispensa total. En base á Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral aqueles estudantes aos que se lle conceda dispensa parcial, non terán a obriga de asistir ás clases expositivas ou interactivas de seminario, pero mantense a obrigación de asistencia presencial ás clases prácticas. Neste caso, se non dispón de nota de evaluación continua de cursos anteriores, esta será a nota do informe da práctica LB1 e suporá o 10% da nota final, sendo o 90% restante a nota do exame final.
Tal como se recolle no Artigo 16 da Normativa de Avaliación do Rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada en Consello de Goberno de 15 de Xuño de 2011, “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente …” e que “…Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.…”
A materia Xenética Veterinaria está programada considerando un total de 150 horas de traballo do estudante (6 créditos ECTS) repartidas do seguinte xeito:
- Traballo presencial na aula: 60 horas
Clases expositivas: 35 horas
Clases interactivas: 24 horas: 14 horas de Seminarios de problemas e 10 horas de Prácticas (8 horas de prácticas de laboratorio + 2 horas de prácticas de ordenador)
Titorías en grupo: 1 hora
- Traballo persoal do estudante: 90 horas
Estudo individual: 55 horas
Resolución de problemas/casos: 32 horas
Realización de exames: 3 horas
• Preguntar as dúbidas que poidan xurdir durante o desenvolvemento das clases expositivas ou interactivas.
• Facer un seguimento regular dá Aula Virtual da materia.
• As prácticas de laboratorio son un bo momento para refrescar ideas ou conceptos, así como para expor as dúbidas que aínda puideran quedar.
• Facer os boletíns de problemas ao mesmo tempo que vanse desenvolvendo os conceptos.
• Empregar as titorías para resolver dúbidas ou cuestións.
• Ler e consultar fontes de información científica (bases de datos, libros, revistas, páxinas web,…) que enriquecerán a nosa perspectiva xa que abrangan moita mais casuística que a tratada durante o desenvolvemento das aulas.
Lémbrase que todo o material que deixa o profesorado na aula virtual da materia está suxeito a dereitos de autor, polo tanto, a súa distribución fóra deste espazo considérase fraudulenta.
Rafaela Maria Amaro Gonzalez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- rafaela.amaro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Laura Elena Sánchez Piñón
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- lauraelena.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jaime Castro Alberto
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- jaime.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maider Fernandez Santos
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- maider.fernandez.santos [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Inés Martinez Sambade
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- inesmartinez.sambade [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Maialen Carballeda Alvarez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- maialen.carballeda.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS13 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS14 | Castelán | Aula 3 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 4 |
30.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
30.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
30.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
01.07.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
01.07.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |