Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 67.5 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 27 Clase Interactiva: 17 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal
Áreas: Sanidade Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer as principais enfermidades transmitidas dende os animais ao home.
- Aprender os principais aspectos epidemiolóxicos e as repercusións na saúde humana das principais zoonoses.
- Analizar as medidas de loita e control fronte ós axentes zoonósicos para a protección e mellora da saúde humana.
- Coñecer a actuación que corresponde ao veterinario en relación coa Saúde Pública.
- Comprender as funcións dos organismos nacionais e internacionais implicados en Saúde Pública Veterinaria
- Adquirir a terminoloxía axeitada da materia que se imparte.
Programa teórico
Tema 1: Concepto de Zoonoses e de Saúde Pública. Clasificación das zoonoses. (1h)
Tema 2: Zoonoses infecciosas transmitidas por alimentos de orixe animal. (1h)
Tema 3: Zoonoses parasitarias transmitidas por alimentos de orixe animal. (2h)
Tema 4: Saprozoonoses parasitarias. (1h)
Tema 5: Zoonoses transmitidas por animais de renda. (1h)
Tema 6: Zoonoses transmitidas por animais silvestres. (1h)
Tema 7: Zoonoses parasitarias transmitidas por auga e vexetais. (2h)
Tema 8: Zoonoses transmitidas por carrachas. (2h)
Tema 9: Zoonoses transmitidas por dípteros. (2h)
Tema 10: Zoonoses infecciosas transmitidas por animais de compañía. (2h)
Tema 11: Zoonoses parasitarias transmitidas por animais de compañía. (2h)
Tema 12: Zoonoses transmitidas por pescado. (1h)
Tema 13: Zoonoses turísticas. (1h)
Tema 14: Zoonoses en núcleos urbanos. (1h)
Tema 15: Zoonoses transmitidas por roedores. (1h)
Tema 16: Modelos de enfermidade. Emerxencia e Reemerxencia de zoonoses. (1h)
Tema 17: Mecanismos de control das zoonoses. Control de zoonoses no comercio exterior. Normativa e Organismos Nacionais e Internacionais implicados na Saúde Pública Veterinaria. (1h)
Tema 18: Zoonoses: Evolución histórica e características. (1h)
Tema 19: Riscos actuais. Perspectivas futuras. (1h)
Tema 20: Zoonoses en Parques Zoolóxicos. (1h)
Tema 21: Bioseguridade nos laboratorios. Niveis de continxencia.
Tema 22: Bioterrorismo por axentes zoonósicos. Alerxias e sensibilización fronte a axentes zoonósicos. (1h)
Sesións clínicas
ZSP C1: Transmisión de zoonoses por alimentos de orixe animal.
ZSP C2: Transmisión de saprozoonoses.
ZSP C3: Transmisión de zoonoses por augua/vexetais.
ZSP C4: Transmisión de zoonoses por vectores I. (Granxa Gayoso-Castro).
ZSP C5: Transmisión de zoonoses por vectores II.
Titorías
Exporanse diferentes publicacións científicas relacionadas coa materia, que serán discutidas en grupos reducidos.
Seminarios
Ao comezo do semestre, os estudantes integraranse en grupos de 3-6 e escollerán un tema dos propostos por l@s docentes, e os máis interesantes serán presentados na aula, en data e hora asignada de acordo ao calendario académico.
Acha, P.N. y Szyfres, B. (2003). Zoonosis y enfermedades transmisibles comunes al hombre y a los animales. Organización Panamericana de la Salud (O.M.S.). Publicación Científica Nº 503. 3ª Ed. Washington.
Álvarez, M. y Rodríguez, E. (2002). II curso sobre enfermedades transmisibles entre los animales y el hombre. Universidad de León, Secretariado de Publicaciones y Medios Audiovisuales.
Aspectos esenciales de la interfase de las zoonosis parasitarias. Eduardo Alfredo Guarnera. Buenos Aires: Dunken, 2013.
Baschwitz, G.B. y col. (2010). Enfermedades emergentes y reemergentes en sanidad Animal y Zoonosis. Real Academia de Ciencias Veterinarias. Madrid.
Beck, W. y Pantchev, N. (2010). Zoonosis parasitarias. Ed. Servet. España.
Bonnefoy, X. y col. (2008). Public health significance of urban pests. World Health Organization.
Food and Agriculture Organization of the United Nations. Challenges of animal health information systems and surveillance for animal diseases and zoonoses. Rome, 2011.
Código sanitario para los animales terrestres / Organización Mundial de Sanidad Animal. Edición 24ª ed.Organización Mundial de Sanidad Animal, 2015. Oficina Internacional de Epizootias.
Companion animal zoonoses. Ames, Iowa: Wiley-Blackwell, 2011.
Emerging zoonoses and pathogens of public health concern= Zoonosis y patógenos emergentes de import Paris : Office International des Epizooties, 2004.
Euzéby .J. (2000). Los parásitos de la carne. Ed. Acribia. España.
Gorham. J.R.; Robinson, M.M.; Knowles, D.P.; Rourke, J.R. (1992). Encefalopatías espongiformes transmisibles: enfermedades lentas de los animales y el hombre, OIE. París.
Handbook of zoonoses: identification and prevention Colville, Joann St. Louis, Missouri: Mosby, 2007.
HIV INFECTIONS AND ZOONOSES Pasquali, Paolo. Rome : Food and Agriculture Organization of the United Nations, 2004
HUMAN-ANIMAL MEDICINE : CLINICAL APPROACHES TO ZOONOSES, TOXICANTS, AND OTHER SHARED HEALTH RISKS Rabinowitz, Peter MacGarr Maryland Heights, Mo. : Saunders/Elsevier, cop. 2010
INVESTIGATING THE ROLE OF BATS IN EMERGING ZOONOSES : BALANCING ECOLOGY, CONSERVATION AND PUBLIC HEA Rome : Food and Agriculture Organization of the United Nations, 2011
INVESTIGATING THE ROLE OF BATS IN EMERGING ZOONOSES : BALANCING ECOLOGY, CONSERVATION AND PUBLIC HEA Rome : Food and Agriculture Organization of the United Nations, 2011.
Les dermatoses parasitaires d'origine zoonosique dans les environnements de l'homme. Euzéby, Jacques. Paris : Editions Médicales Internationales, 2003
Miró y col. (2001).- Zoonosis en pequeños animales. Canis et Felis (Aula Veterinaria). Nº 50.
One Health = Une Seule Santé = Una Sola Salud. Paris : Office International des Epizooties, cop. 2014
Veterinary infection prevention and control. Ames (Iowa): Wiley-Blacwell, 2012.
Word Health Organization. Waterborne Zoonoses: Identification, Causes, and Control. IWA Publishing, London, 2004.
Zoonoses, infections affecting humans and animals: focus on public health aspects. Dordrecht: Springer, cop. 2015.
http://www.invs.sante.fr/fr/search_fr/search_fr?afs%3Aquery=Trichinella…
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=62736
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=61593
http://www.sergas.es/edoweb/html/listaedos.html
http://www.sergas.es/edoweb/html/terminolixia.html
COMPETENCIAS XERAIS
GVUSC03.Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC07. Habilidade para traballar nun contexto internacional.
GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades
Disciplinares
CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermedades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
CEDVUSC 10. Coñecer as técnicas aplicables aos animais domésticos, incluíndo aquelas con influencia directa sobre a saúde animal e humana.
CEDVUSC 15. Coñecer os dereitos e obrigas do/da/ veterinario/a, con especial incidencia nos principios éticos.
Profesionais
D1VUSC 02. Recoller e remitir espécimes co seu correspondente informe.
D1VUSC 03. Levar a cabo técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
D1VUSC 05. Realizar estudos epidemiolóxicos e desenvolver programas de prevención, control e erradicación das enfermidades animais, con especial atención ás enfermidades de declaración obrigatoria e zoonoses.
D1VUSC 14. Realizar análise de riscos, incluíndo os medioambientais e de bioseguridade, así como a súa valoración, xestión e supervisión de sistemas de xestión da calidade.
D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Académicas
CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a veterinario/a.
CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/a veterinario/a de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CTVUSC 01 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC 02 Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC 06 Utilización de información en lingua estranxeira.
CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
As clases expositivas impartiranse como clases maxistrais de 50 minutos. O programa está ordenado por temas, pero isto non significa que se vaia impartir en orde cronolóxico, nin que cada un deles se corresponda exactamente no tempo á duración dunha clase. Na plataforma do Campus Virtual amosarase información útil para impartir cada tema (presentacións PowerPoint, publicacións científicas ou de divulgación, etc.), procurando na medida do posible que se atope en castelán e galego. Na primeira hora do curso presentarase brevemente a materia de acordo á información que figurará no Campus Virtual.
A programación das sesións clínicas inclúe 15 horas en grupos de 10 alumn@s, quen para a súa realización, deberán anotarse a comezo do semestre, a través do Campus Virtual, no grupo que lles resulte máis favorable. Non se admitirán cambios (salvo baixo circunstancias excepcionais), e de aparecer algunha incompatibilidade insuperable e imponderable, os estudantes deberán intercambiarse con algún compañeir@ doutro grupo. En caso de existir algún conflito con outras materias do Grao, @s alumn@s afectad@s deberán poñelo en coñecemento do Coordinador do Oitavo Semestre a fin de tentar atopar unha solución.
As sesións clínicas ZSP C1, C2, C3 e C5 levaranse a cabo na Facultade de Veterinaria, dividíndose en tres partes: resolución dun caso clínico (1h), elaboración de material que conteña unha explicación ó caso (1h) e exposición oral (1h). A sesión ZSP C4 desenvolverase na Granxa Experimental “Gayoso Castro” (Castro Ribeiras de Lea, Castro de Rei; Deputación Provincial de Lugo). A temporalización concreta figura na páxina da Facultade de Veterinaria.
Ao comezo do semestre, @s alumn@s han de constituír grupos de 3-6 para realizar os seminarios, e para a discusión de publicacións científicas, que elixirán segundo as súas preferencias, de listaxes que se mostrarán na páxina web da materia.
Aqueles seminarios de maior calidade serán seleccionados para a súa presentación oral ante toda a clase. Na elaboración dos seminarios cómpre ter en conta que se disporá dun período de exposición de 10-15 min, que terán lugar nas datas indicadas no Horario do Octavo Semestre que figura na páxina web da Facultade baixo a indicación ZSP S1...ZSP S2. Ó finalizar cada día de exposición, distribuirase entre @s asistentes un breve cuestionario sobor dos temas que se acaban de presentar. Cada alumn@ ten a obriga de asistir á presentación de DOUS seminarios, e para facilitalo, está prevista a asistenza máxima de 30 alumn@s por cada un deles. Para iso, deberán anotarse no Campus Virtula da materia.
Conservando os mesmos grupos formados para os seminarios, @s alumn@s han de escoller unha publicación científica relacionada coa materia, dun listado presente no Campus Virtual, e elaborar un resumo que explicarán nas sesións adicadas ás Titorías. Cada alumn@ ten a obriga de asistir a UNHA sesión de Titorías.
No canto da Avaliación Continua, realizarase mediante a resolución de cuestións plantexadas pol@s docentes nas clases expositivas, e tamén das que se plantexarán ó final de cada seminario.
Finalmente, ofrécese a posibilidade de realizar actividades libres como preparación de material de divulgación dirixido a diferentes grupos de poboación, presentación/resolución de casos prácticos ou comentarios de noticias de actualidade relacionadas coa temática impartida. Estas actividades realizaranse no formato que os estudantes consideren (documento escrito, presentación audiovisual), que deberán ser enviados á Aula Virtual. Promoverase o emprego do galego nestas actividades.
Os estudantes dispoñerán de titorías nas que poderán requirir explicacións adicionais a cargo d@s docentes, sempre establecéndose mediante cita previa.
A avaliación terá lugar mediante un exame dos contidos da materia (55%), avaliación continua (15%), elaboración dun seminario transversal (15%), discusión dunha publicación científica (10%) e actividade libre (5%).
REQUISITOS OBRIGATORIOS: para superar a materia, é de obrigado cumprimento a asistencia a TODAS as sesións clínicas, superación do exame final, elaboración dun seminario e discusión dunha publicación científica, asistenza a DÚAS horas de seminarios e a UNHA hora de discusión de publicacións científicas. O incumprimento de calquera destes requisitos imposibilitará a superación da materia.
En relación coa proba escrita (exame final), consistirá no desenvolvemento de 3-4 preguntas, que poderán sustituirse por un caso práctico. Cada pregunta cualificarase sobre 10 puntos, sendo preciso obter un mínimo de 4 puntos en cada unha para chegar a compensar. Requírese unha nota media mínima de 5 sobre 10 na proba escrita para superar a materia, e en caso de non acadala, non se terán en conta o resto de actividades cumprimentadas.
Nota necesaria para superar a materia: Aprobado (5.0).
Non procede a dispensa de asistenza a clase.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Horas presenciais: expositivas: 27h; clínicas: 15 h, seminarios 2 h, titoría 1 h= 45h
Estudo individual: 40,5
Elaboración de traballos: 16
Revisión bibliográfica, biblioteca, etc.: 7
Asistencia a charlas, ou outras actividades recomendadas: -
Resolución de casos/problemas: -
Presentacións orais: 2
Realización de exames: 2
Total horas de traballo presencial: 45
Total horas de traballo persoal do/a estudante: 67,5
TOTAL HORAS DO/A ESTUDANTE: 112,5
A experiencia acumulada nos anos que dedicamos á docencia desta materia lévanos a recomendar @s alumn@s o estudo continuado da materia, así como realizar esquemas e resumos que lles axuden a comparar as características das distintas zoonoses e as súas vías de transmisión.
É imprescindible o seguimento das sesións clínicas. Este ensino representa a participación directa do alumno e supón o afianzamento das nocións expositivas.
Recoméndase a consulta da bibliografía seleccionada e de revistas periódicas, boletíns epidemiolóxicos, etc., así como a visita das diferentes páxinas web indicadas na bibliografía; todo iso co obxecto de completar os coñecementos e poder extraer material para a realización dos traballos persoais.
Utilizarase o Foro de Novas do Campus Virtual para avisar @s alumn@s das novidades que se vaian producindo ao longo do curso.
Os materiais empregados para as sesións expositivas e clínicas estarán dispoñibles no Campus Virtual.
@s alumn@s deberán de entregar todas as actividades realizadas a través do Foro de Actividades do Campus Virtual.
En base á Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral, nesta materia non se concede dispensa, por ser necesaria a asistencia a tódalas actividades de xeito presencial.
Rita Sánchez-Andrade Fernández
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- rita.sanchez-andrade [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Adolfo Paz Silva
Coordinador/a- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- adolfo.paz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberto Prieto Lago
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- alberto.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Sol Arias Vazquez
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Teléfono
- 982822126
- Correo electrónico
- mariasol.arias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ines Isabel Abreu Ramos
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- inesabreu.ramos [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
03.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
03.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
03.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
01.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
01.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |