Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
* Proporcionarlle ao alumno unha visión xeral e completa da evolución do proceso de integración europea.
* Introducir ao alumno no funcionamento do sistema institucional comunitario.
* Presentar unha visión detallada sobre os mecanismos de formación do Dereito da Unión Europea e da súa aplicación dende una perspectiva teórica e práctica.
PARTE I: INTRODUCIÓN AO PROCESO DE INTEGRACIÓN EUROPEA
Lección 1.- O proceso de integración Europa. Evolución e desenvolvemento
1. Rexionalismo internacional e integración europea
2. O proceso de integración europea: A) Plan Schuman e a creación das Comunidades Europeas. B) O relanzamento do proceso de integración: da Acta Única Europea ao Tratado da Unión Europea e as súas reformas. C) Os intentos de "constitucionalización". O Tratado de Lisboa
PARTE II: A UNIÓN EUROPEA. ASPECTOS XERAIS
Lección 2.- A Unión Europea. Estrutura Xeral
1.-Caracteres xerais da Unión Europea: A) A personalidade xurídica da Unión Europea. B) Os obxectivos e principios da Unión Europea. C) A cooperacion reforzada
2.- A adhesión e retirada da Unión Europea
3.-A acción exterior da Unión Europea. A) Ámbitos de actuación da acción exterior da UE. B) As particularidades da PESC
Lección 3.- A Unión Europea e o individuo
1. A protección dos dereitos fundamentais na Unión Europea
2. A dimensión política da participación do individuo no proceso de integración europea. A cidadanía da Unión
PARTE III: O SISTEMA INSTITUCIONAL DA UNIÓN EUROPEA.
Lección 4.- O sistema de gobernanza da Union Europea
1.- Marco institucional único e diversidade funcional
2.- Principio de Equilibrio Institucional. O método comunitario.
Lección 5.- Institucións da Unión Europea
1. O Consello Europeo
2. O Consello. O COREPER.
3. A Comisión.
4. O Parlamento Europeo
5. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea: A) O Tribunal de Xustiza. B) O Tribunal Xeral.
Lección 6.- Outras institucións e órganos da Unión Europea
1. O Tribunal de Contas
2. O Banco Central Europeo
3. Órganos da Unión Europea: A) Órganos de carácter consultivo. B) Outros órganos e axencias
PARTE IV: A ADOPCIÓN DE DECISIÓNS NA UNIÓN EUROPEA
Lección 7.- O proceso de adopción de decisións na Unión Europea
1. Os poderes lexislativos: O procedemento lexislativo ordinario. Procedementos lexislativos especializados
2. Os poderes lexislativos e regulamentarios.
3. O procedemento de adopción de decisións na PESC
PARTE V: O ORDENAMENTO XURÍDICO DA UNIÓN EUROPEA. DISTRIBUCIÓN DE COMPETENCIAS E SISTEMA DE FONTES
Lección 8.- As competencias da Unión Europea
1. As competencias da UE e o principio de atribución
2. Caracteres das competencias da UE
3. Categorías e ámbitos de competencias da UE. Competencias implícitas
4. O exercicio de competencias conforme ao principio de subsidiariedade. O principio de proporcionalidade
5. Mecanismos de control do principio de subsidiariedade
Lección 9.- O Dereito da Unión Europea. O Dereito Orixinario
1. A estructura do sistema de fontes da Unión Europea
2. Dos tratados constitutivos ao Tratado de Lisboa
3. Características e ámbito de aplicación
4. Proceso de revisión dos tratados
Lección 10.- O Dereito derivado
1. Natureza e tipoloxía de actos:A) Regulamentos. Directivas. Decisións. B) Recomendacións. Ditames. C) Actos atípicos
2. Publicación, notificación e entrada en vigor
3. As relacións entre os actos vinculantes. Delegación lexislativa e execución
Lección 11.- O Dereito da Acción Exterior da Unión Europea
1. Acordos internacionais celebrados con terceiros Estados ou Organizacións internacionais no ambito das Relacións Exteriores
2. Os actos da PESC
3. Dereito Internacional e Dereito da Unión Europea
Lección 12.- Otras fontes
1. Os Principios Xerais do Dereito: A) Principios comúns aos ordenamentos xurídicos dos Estados membros. B) Os principios do ordenamento xurídico da Unión
2. A xurisprudencia
PARTE VI.- A APLICACIÓN DO DEREITO DA UNIÓN EUROPEA
Lección 13.- As relacións entre o ordenamento da Unión e os ordenamentos dos Estados membros
1. Autonomía e coordinación do ordenamento da UE e dos ordenamentos internos
2. Principio de primacía.
3. Principio de efecto directo
4. Os principios de interpretación conforme e responsabilidade patrimonial do Estados por incumplimento do Dereito da UE.
5. A execución do Dereito da Unión Europea.
Lección 14.- O control xurisdiccional do Dereito da Unión Europea
1. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea e os tribunais nacionais
2. As accións directas : A) Recurso de anulación e recurso por omisión. B) Recurso por incumprimento
3. As accións indirectas: A) A cuestión prexudicial. B) A excepción de ilegalidade
4. O papel do TXUE no ámbito da PESC
Lección 15.- Ordenamento xurídico da Unión Europea e Ordenamento xurídico español
1. O fundamento constitucional da atribución de competencias no Dereito español: O artigo 93 da Constitución española.
2. Os procedementos internos de aplicación do Dereito da UE. O procedemento lexislativo e executivo.
3. O control do cumprimento do Dereito da Unión Europea
4.- As Comunidades Autónomas e o Dereito da Unión Europea
I.- MANUAL BÁSICO RECOMENDADO
Este manual servirá como contido mínimo de referencia na impartición da docencia da asignatura e na súa avaliación. Por isto, recomendase a tódolos alumnos que dispoñan dun destes textos como material básico de estudio da asignatura.
-FERRER LLORET, J., Introducción al Derecho de la Unión Europea, Tirant lo Blanch, Valencia, 2ª Edición, 2021.
-SARMIENTO RAMÍREZ-ESCUDERO, D.: Curso de Derecho de la Unión Europea, Marcial Pons, 2024,
II.- BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
-ALCAIDE FERNÁNDEZ, J., CASADO RAIGÓN, R.: Curso de Derecho de la Unión Europea, Madrid, Tecnos, 3ª ed., 2019
- ESCOBAR HERNÁNDEZ, C. (dir.): Instituciones de Derecho Comunitario, Valencia, Tirant lo Blanch, 2ª ed. 2020
- FERNÁNDEZ DE CASADEVANTE ROMANÍ, C., CARRERA HERNÁNDEZ F. J., RUILOBA ALVARIÑO, J., GARRIDO REBOLLEDO, V.: Nociones básicas de Derecho de la Unión Europea, Madrid, Editorial Universitaria Ramón Areces, 4ª ed., 2019
- GUTIÉRREZ ESPADA, C., CERVELL HORTAL, M.J., PIERNAS LÓPEZ, J.J., GARCIANDÍA GARMENDIA: La Unión Europea y su Derecho (Estructuras y Procesos), Madrid, Trotta, 2ª ed. 2015.
- MANGAS MARTIN, A., LIÑAN NOGUERAS, D.: Instituciones y Derecho de la Unión Europea, Madrid, Tecnos, 10ª ed., 2020
- SARMIENTO RAMÍREZ-ESCUDERO, D.: El Derecho de la Unión Europea, Marcial Pons, Madrid, 2022
III.- TEXTOS NORMATIVOS E MATERIAIS DE PRÁCTICA
PUEYO LOSA, J.; PONTE IGLESIAS, M.T.: Derecho Internacional Público. Organización Internacional. Unión Europea. Recopilación básica de Instrumentos Jurídicos, Espacio Europeo de Educación Superior, Santiago de Compostela, Andavira Editora, 2ª ed., 2016.
Tratado de la Unión Europea. Tratado de Funcionamiento y otros actos básicos de la Unión Europea (edición preparada por Araceli Mangas Martín), Madrid, Tecnos, 20ª ed., 2017.
* Comprender a conexión dos contidos conceptuais da materia cos propios doutras disciplinas que o alumno curso durante os seus estudos universitarios.
* Coñecemento e correcta utilización da terminoloxía específica do Dereito da Unión Europea.
* Coñecemento e correcta utilización das fontes do Dereito da Unión Europea e dos seus principais mecanismos de aplicación, así como das súas relacións co Dereito español.
* Capacidade para analizar e resolver problemas que susciten a elaboración e a aplicación das normas da UE.
* Capacidade para debater en profundidade, utilizando argumentos xurídicos, sobre cuestións de actualidade que afecten o ordenamento xurídico da UE.
* Destreza no uso de ferramentas informáticas relacionadas co Dereito da Unión Europea (procura de información, instrumentos xurídicos, documentación e bibliografía en bases de datos, catálogos ou en páxinas web relacionadas co o ordenamento comunitario)
Clases teóricas, clases prácticas e organización de seminarios, traballos tutelados, lecturas
recomendadas.
O manual básico recomendado na bibliografía servirá como contido mínimo de referencia na impartición da docencia da asignatura.
-O exame suporá o 70% da calificación final e aprobalo será requisito para superar a asignatura. O exame, que estará composto por unha parte teórica e outra práctica, busca valorar a adquisición de coñecementos teóricos por parte do alumno e a súa capacidade para aplicalos nun suposto práctico.
Poderase convocar a una proba adicional para a obtención da Matrícula de Honra aos estudantes que obtiveran na proba final a cualificación de Sobresaínte para a que terán que inscribirse no prazo que fixe o Profesor responsable da materia.
-As actividades programadas, particularmente as clases interactivas (elaboración e entrega de casos prácticos, traballos tutelados e exposición, comentarios de xurisprudencia, seminarios ou calqueira outra actividade que se indique), así como a asistencia ás clases teóricas e interactivas suporá o 30% restante da calificación final.
Os criterios de valoración serán os seguintes:
• Asistencia en máis do 90% as actividades docentes realizadas durante o curso.
• Elaboración e entrega por escrito a través da aula virtual da USC dos casos prácticos ou calquera outra actividade que se indique.
• A participación activa do alumno durante o desenvolvemento da clase interactiva será un requisito indispensable para a valoración da mesma.
- No caso de que o alumno realice algunhas das actividades programadas, pero non o exame, a calificación será de "non presentado".
- Aqueles alumnos que non superen a asignatura ou ben non se teñan presentado ao exame, poderán conservar para o curso inmediatamente seguinte a nota obtida nas clases interactivas, sempre e cando o soliciten por escrito, ao inicio do cuatrimestre, no prazo sinalado polos Profesores responsables da docencia.
- Os alumnos aos que a Xunta de Facultade lles recoñeza o dereito a desfrutar dunha "exención de docencia" serán avaliados exclusivamente en función da calificación que obteñan no exame final da asignatura e das actividades interactivas que entregarán por escrito a través da aula virtual da USC.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O estudante debe realizar un seguimento continuado da materia para poder asimilar e comprender de forma continuada os distintos conceptos explicados. Para iso, debe servirse da bibliografía recomendada como material de apoio, tanto na vertente teórica como na práctica. Iso redundará nunha dedicación ao longo de todo o curso que alcanza aproximadamente 90 horas de traballo persoal, a distribuír entre o tempo de estudo e o empregado na resolución de casos práctico e a realización de traballos e lecturas.
Asistir a clase regularmente e participar activamente nos debates
Recorrer ás tutorías para resolver calquera dúbida sobre a materia
Planificar o traballo con antelación
Estudar con tempo e periodicidade
Completar o ensino cos recursos bibliográficos
Miguel Enrique Arenas Meza
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Teléfono
- 881814706
- Correo electrónico
- miguelenrique.arenas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Julio Jorge Urbina
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Teléfono
- 881814699
- Correo electrónico
- julio.jorge [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carlos Teijo Garcia
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Teléfono
- 881814704
- Correo electrónico
- carlos.teijo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Daniel Neira Barral
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Correo electrónico
- daniel.neira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 4 |
12:00-13:30 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
16:30-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 4 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 4 |
10:00-11:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
17:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 4 |
28.05.2025 10:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
28.05.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
28.05.2025 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 1 |
01.07.2025 10:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
01.07.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
01.07.2025 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 1 |