Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecemento dos conceptos básicos no campo da seguridade e saúde no traballo (factores de risco laboral, riscos laborais, efectos derivados dos riscos laborais).
Comprensión do marco normativo e da organización administrativa para a prevención de riscos laborais.
De acordo cos contidos que figuran na Memoria do Título de Graduado en Relacións Laborais e Recursos Humanos da USC, o programa da materia é o seguinte:
LECCIÓN 1. INTRODUCIÓN
1. Saúde, traballo e ambiente de traballo.- 2. Relación entre saúde, traballo e ambiente de traballo.
LECCIÓN 2. RISCO LABORAL
1. Concepto: 1.1. O risco laboral grave e inminente; 1.2. Valoración dos riscos laborais.- 2. Factores de risco laboral: 2.1. Factores relacionados coas condicións de seguridade no traballo; 2.2. Factores relacionados co ambiente de traballo; 2.3. Factores psicosociais.-4. Técnicas de prevención e técnicas de protección dos riscos laborais.
LECCIÓN 3. OS DANOS DERIVADOS DO TRABALLO
1. Efectos derivados do risco laboral.- 2. Accidentes e enfermidades profesionais.- 3. Outros danos para a saúde.
LECCIÓN 4. MARCO NORMATIVO PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS (I): FONTES
1. Normativa internacional. A actividade normativa da OIT.- 2. A actividade normativa da Unión Europea.- 3. Referencias constitucionais: art. 40.2 da Constitución española.- 4. A Lei de prevención de riscos laborais.- 5. Disposicións de desenvolvemento da Lei de prevención de riscos laborais.- 6. O papel da negociación colectiva.
Lección 5. MARCO NORMATIVO PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS (II): ÁMBITO SUBXECTIVO
1. Traballadores con contrato de traballo.- 2. Empregados públicos vinculados por unha relación administrativa ou estatutaria.- 3. Socios de cooperativas.- 4. Exclusións.- 5. Traballadores autónomos.- 6. Fabricantes, importadores e suministradores.
LECCIÓN 6. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
1. Órganos da Unión Europea. A Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo. Programas e estratexias de acción comunitarias no campo da seguridade e saúde no traballo.- 2. A política nacional de seguridade e saúde no traballo.- 3. Accións das administracións públicas competentes.- 4. Órganos administrativos de carácter especializado: Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no traballo; o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo; o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.- 5. O papel da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
Para o estudo da materia recoméndase ter dispoñibles e manexar os manuais que abordan os temas tratados polo programa, incluídos os que se indican a continuación:
- María Teresa IGARTUA MIRÓ: “Sistema de prevención de riesgos laborales”, editorial Tecnos (última edición).
- Beatriz RODRÍGUEZ SANZ DE GALDEANO, Ana Belén MUÑOZ RUIZ (directoras): “Guía práctica de prevención de riesgos laborales”, editorial Cinca (última edición).
- José Ignacio GARCÍA NINET (director): “Manual de Prevención de Riesgos Laborales. Seguridad, higiene y salud en el trabajo”, editorial Atelier (última edición).
- Tomas SALA FRANCO: “Derecho de la Prevención de Riesgos Laborales”, editorial Tirant lo blanch (última edición).
- Juan LÓPEZ GANDÍA, José Francisco BLASCO LAHOZ, “Curso de Prevención de Riesgos Laborales”, editorial Tirant lo blanch (última edición).
- Amanda MORENO SOLANA (directora) “Esquemas de Seguridad y Salud en el Trabajo”, editorial Tirant lo blanch (última edición).
É esencial manexar a lexislación actualizada sobre prevención de riscos laborais.
Xerais:
-Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
-Aplicar o razoamento crítico na análise dun determinado asunto ou tema.
-Traballar individualmente e en grupo.
Específicas:
- Identificar, recoñecer e relacionar as normas en materia de seguridade e saúde no traballo que permitan deseñar, xestionar e avaliar axeitadamente os sistemas de prevención de riscos laborais en empresas e outras organizacións.
-Comprender, definir e recoñecer o concepto de saúde laboral e os distintos factores que a determinan.
-Comprender e identificar os distintos factores de risco relacionados coas condicións de seguridade, coas condicións derivadas do medio de traballo e coas relacionadas coa organización e os factores de riscos psicosocial.
-Coñecer e distinguir os distintos danos profesionais, así como a distinción entre os distintos conceptos legais, técnicos e preventivos en relación co accidente de traballo, a enfermidade profesional e as enfermidades derivadas do traballo. Coñecer e distinguir a patoloxía específica do traballo e as patoloxías inespecíficas.
-Coñecer, distinguir e manexar as técnicas básicas de actuación fronte aos riscos profesionais.
-Coñecer a complexidade do marco normativo da prevención de riscos laborais. Coñecer e aplicar a normativa de prevención á empresa e ás distintas organizacións, así como valorar a normativa de prevención nos seus diferentes contextos.
A metodoloxía de ensino-aprendizaxe combina clases teóricas (docencia expositiva) e clases prácticas (docencia interactiva).
As clases teóricas están dedicadas á presentación e explicación das diferentes leccións do programa e adoptarán a forma de clases maxistrais. Avanzarase na explicación das distintas leccións, prestando especial atención á presentación dos problemas prácticos dos temas tratados. A explicación oral do profesor reforzarase coa proxección de presentacións esquemáticas que se colgarán no campus virtual. Estas presentacións son guións de estudo e están destinadas a axudar ó estudantado a seguir a explicación, pero, en ningún caso, son suficientes para aprobar a materia.
As clases interactivas dedicaranse a resolver casos prácticos sobre os problemas máis recentes relacionados coas leccións teóricas e fomentarase a discusión na clase. As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) utilizaranse no ensino, co obxectivo de promover a participación activa dos estudantes e para facerlles preguntas sobre os temas abordados. Do mesmo xeito, o alumnado terá que facer unha exposición oral en grupo sobre un aspecto específico do programa, que será asignado polo docente.
O campus virtual da USC actuará como elemento de apoio á docencia, xa que se colgarán as presentacións preparadas polo profesor, os casos prácticos que se resolverán nas clases interactivas e o resto dos materiais que se empregarán na materia. Así mesmo, utilizarase como medio de comunicación preferente co estudantado.
O sistema de avaliación da adquisición das competencias combina un exame final cunha avaliación continua ou formativa ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe, segundo as seguintes porcentaxes:
- Exame final de resposta múltiple escrito: 70% da nota.
- Traballo do alumnado durante o curso (participación activa nas clases teóricas e prácticas -non basta a mera asistencia-, resolución de casos prácticos, cuestionarios, exposicións orais, e demais actividades que se realicen): ata un máximo do 30% da nota. Esta puntuación só se terá en conta se o alumnado obtén, cando menos, un 5 no exame final escrito.
Réxime para o alumnado con concesión de exención de docencia : sempre que superasen o exame final escrito, poderán obter ata un máximo de 3 puntos, pola realización de actividades, traballos e supostos prácticos que se propoñan.
Considérase necesario adicar un total de 99 horas de traballo persoal paar a preparación da materia.
A ausencia á clase, non realizar actividades docentes programadas e deixar o estudo da materia para o final limita extraordinariamente as posibilidades de superala.
Silvia Fernandez Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Teléfono
- 881814767
- Correo electrónico
- silviafernandez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Barbara Torres Garcia
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Correo electrónico
- barbara.torres.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Lidia De La Iglesia Aza
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Correo electrónico
- lidiadelaiglesia.aza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Castelán | Aula 6 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Castelán | Aula 6 |
14.01.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
14.01.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 3 |
14.01.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
14.01.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 5 |
14.01.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |
14.01.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 6 |
19.06.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
19.06.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 3 |
19.06.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
19.06.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 5 |
19.06.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |
19.06.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 6 |