Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O alumnado deberá adquirir os coñecementos necesarios relacionados coa fundamentación da ensinanza do Medio Natural na Etapa Infantil de tal xeito que lles permita:
- Valorar a necesidade e a importancia desta ensinanza na etapa Infantil
- Coñecer a dinámica da construción do coñecemento científico e as súas implicacións didácticas
- Identificar as dificultades e fortalezas que pode ter o alumnado de Infantil no recoñecemento e interpretación do Medio Natural
- Coñecer as metodoloxías de ensinanza/aprendizaxe das Ciencias na Etapa infantil
- Analizar e deseñar propostas metodolóxicas e actividades para o ensino do Medio Natural na Etapa Infantil.
-Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
Parte expositiva:
TEMA 1. Elementos e estrutura da ciencia
1.1. Que é a ciencia. Metodoloxías da ciencia e evolución do coñecemento científico.
1.2. As interrelacións ciencia-tecnoloxía-sociedade-medioambiente.
1.3. Implicacións didácticas: as prácticas científicas.
TEMA 2. O ensino-aprendizaxe das ciencias da natureza na educación infantil
2.1. O alumnado de infantil e a aprendizaxe das ciencias: para que ensinar ciencias?
2.2. Modelos de ensino-aprendizaxe.
TEMA 3. Elaboración de propostas didácticas de ciencias en educación infantil.
3.1. Análise e deseño de propostas. Recursos para o ensino das ciencias naturais.
3.2. Ciencias naturais no currículo de educación infantil.
Parte Interactiva:
- Desenvolveranse as correspondentes sesións de laboratorio ou interactivas, coa posibilidade dunha saida de campo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- CARSON, R. (2018). O sentido do abraio: A celebración da natureza para persoas de todas as idades. Vigo: Catro Ventos Editora. - FERNÁNDEZ MANZANAL, R., BRAVO TUDELA, M. (2015). Las ciencias de la naturaleza en la educación infantil: el ensayo, la sorpresa y los experimentos se asoman a las aulas. Madrid: Pirámide.
- MÉRIDA SERRANO, R., TORRES-PORRAS, J., ALCÁNTARA MANZANARES, J., RUBIO, S. J., MORA MÁRQUEZ, M., ARREBOLA HARO, J. C. (2017). Didáctica de las ciencias experimentales en educación infantil: un enfoque práctico. Rosario Mérida Serrano, Jerónimo Torres-Porras, Jorge Alcántara Manzanares (eds.). Madrid: Síntesis.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- AMARO, F.; MANZANAL MARTÍNEZ, A.I.; CUETOS REVUELTA, M.J. (2015).Didáctica de las Ciencias Naturales y Educación Ambiental en Educación Infantil. La Rioja:UNIR
-ARIAS CORREA, A.; ARIAS CORREA, D.; NAVAZA BLANCO, M.V.; RIAL FERNÁNDEZ, M.D. (2009). O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- BRYSON, B. (2005). Una breve historia de casi todo. RBA Libros. Burtscher, I. M. (2014). Pequeñas-grandes científicas: experimentamos con el agua, el aire, los fenómenos atmosféricos, el sol y la luna y el tiempo. Narcea Ediciones.
- DRIVER, R.; GUESNE, E.; TIBERGHIEN, A. (1989). Ideas científicas en la infancia y en la adolescencia, Madrid: MEC-Morata.
- GARCÍA-CARMONA, A.; CAÑAL, P.; CRUZ-GUZMÁN ALCALÁ, M. (2016). Didáctica de las ciencias experimentales en educación primaria. Madrid: Paraninfo.
- GUN, J. (2005). Talleres de Ciencia para educación Infantil. Editorial de la Infancia.
- IGNOTOFSKY, R. (2017). Mujeres de ciencia: 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo. Capitán Swing: Nórdica Libros.
- IZQUIERDO, M. (2012). Química en Infantil y Primaria. Una nueva mirada. Barcelona:Graó.
- KAMII, C.; DE VRIES, R. (1983). El conocimiento físico en la educación preescolar. Madrid: Siglo XXI.
-PALOMINO, Z.; SEFCIK, N. (2019). Mujeres negras en la ciencia. A Coruña: Z. Palomino.
- PEDREIRA, M. (2019). Ciencia en la primera infancia : 49 + 1 propuestas de libre elección. Graó.
- PUIG, I. (2004). Jugar a pensar: recursos para aprender a pensar en educación infantil. Barcelona: Octaedro.
- QUIJANO LÓPEZ, R; GARCÍA MARTÍNEZ, I. (2016). Enseñanza de las ciencias de la naturaleza en Educación Infantil. Pirámide.
-TIMONEDA, S.V. (2006). Ciencia 0-3: laboratorios de ciencias en la escuela infantil. Barcelona: Graó.
- TIMONEDA, S.V. (2011). Ciencia 3-6: laboratorios de ciencias en la escuela infantil. Barcelona: Graó.
Revistas: Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de las Ciencias; Enseñanza de las Ciencias; Aula de Infantil; Aula de innovación educativa; Cuadernos de Pedagogía; Infancia y aprendizaje; Investigación en la Escuela, Science and Children.
Competencias Xerais do Título de Mestre en Educación Infantil:
G.1.- Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no periído de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e evolutiva.
G.4.- Fomentar a convivencia no aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G.7.- Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
Competencias Específicas:
E.33. Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E.36. Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
E.38. Coñecer os momentos máis sobresalientes da historia das ciencias e as técnicas e a súa transcendencia.
E.39. Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sostible.
E.40. Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
E.41. Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación.
Competencias Básicas:
B.1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguarda do seu campo de estudo
B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B.5.- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias transversais USC:
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A distribución semanal das clases constará dunha sesión de 1,5 horas en grupo expositivo e unha de 1,5 horas en grupo interactivo de laboratorio. Cada estudante contará así mesmo con 3 horas de titorías.
A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe, intentando que o profesorado desenvolva basicamente o papel de mediador e guía no proceso de comunicación, interacción e creación de significados, estratexias, destrezas e actitudes na aula.
As clases expositivas consistirán na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte do profesorado; de modo que a explicación do profesorado convértese nun elemento importante que se integra no proceso de construción de coñecementos dos estudantes. Así mesmo as expositivas terán un carácter práctico no senso de que se pretende que o alumnado teña que realizar actividades e deseñar propostas de ensino e aprendizaxe das ciencias durante ditas sesións, procurando a participación do alumnado nas sesións expositivas.
As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada fundamentalmente na resolución de problemas, o desenvolvemento de experiencias de laboratorio e no contorno, e o estudo de casos. As actividades realizaranse preferentemente en pequenos grupos, como estratexia intermedia cara á comunicación co grupo de clase.
Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo profesorado tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas sesión se atenderá aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación con as súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do estudante ou grupo de estudantes relacionada coa materia.
Usarase a aula virtual como ferramenta de comunicación e de apoio á docencia.
Ao pretender unha metodoloxía participativa é indispensable a asistencia habitual a clase.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ser ofrecidos noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
Na avaliación terase en conta:
a.- Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula, no laboratorio ou nas saídas de campo (10%).
b.- Elaboración e presentación de informes ou traballos escritos que poidan ser requiridos polo profesorado ao longo do curso (individualmente ou en pequenos grupos), que comprendan reflexións sobre os contidos abordados nas sesións expositivas (poñendo de manifesto o aprendido), así como sobre as actividades realizadas nas sesións interactivas (30%).
c.- Presentacións orais na aula (10%).
d.- Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva (50%).
CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistencia: para ter cualificación positiva neste apartado é imprescindible asistir a un mínimo 80% das sesións presenciais.
- Asistencia entre 50-80%: non terá puntuación no apartado a), pero podería presentar traballos e as exposicións, se a/o docente o considera pertinente.
- Asistencia inferior ao 50%: non terá puntuación nos apartados a), b) e c)
A xustificación das faltas terase en conta para non perder o dereito a avaliación continua, mais non proporcionarán puntuación no apartado de asistencia.
2. Primeira oportunidade de avaliación da materia: é necesario obter como mínimo un 2 sobre 5 puntos no apartado d) para que se lle poda sumar a puntuación dos apartados a), b) e c). No caso de non superar esta proba a nota que constará na acta será a do 50% da proba final.
3. Segunda oportunidade de avaliación: dado que a avaliación é continua e que a presencia nas clases é obrigatoria na USC, nesta oportunidade o alumnado só terá dereito a realizar o exame correspondente ao apartado d “proba final”, manténdoselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados (a, b e c), sempre que se asistise como mínimo ao 80% das sesións presenciais, sen a posibilidade de entregar traballos novos ou obter outras cualificacións novas alén das da proba final.
4. O alumnado de 2º convocatoria e posteriores (incluíndo a extraordinaria de fin de carreira). A/o estudante deberá falar co docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia. Este plan de traballo será acordado entre o docente e o estudante. Se este alumnado non asiste ás titorías, ou se pon en contacto co docente, dentro deste prazo para pautar o plan de traballo, entenderase que se atén á avaliación ordinaria.
5. O alumnado que dispoña de exención oficial de docencia (atendendo ás normas citadas na Instrución nº 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias e Normativa para a concesión de dispensa da asistencia a clase aprobada pola Xunta de Facultade), deberá acordar un plan específico de traballo co profesorado dentro das dúas primeiras semanas do semestre, ou na mesma semana da solicitude de ser o caso.
6. O alumnado con necesidades educativas especiais deberá falar co/as docentes en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, presentando o xustificante oportuno aportado por el SPIU, a fin de adaptar o plan de avaliación ás súas necesidades.
7. Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado poderá supoñer o suspenso na materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, salvo programarse de maneira coordinada.
8. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
9. En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (“Coñecemento instrumental da lingua galega”, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado “participación e implicación” as súas intervencións en galego.
Esta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva de 24 horas expositivas, 24 horas interactivas ou de laboratorio, e 3 horas de titorías.
Considérase que as 99 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado do seguinte xeito:
Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates, e preparación de probas: 35 horas
Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 45 horas.
Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, e orientación e seguimento de traballos prácticos: 19 horas.
A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades propostas.
A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.
A atención ao alumnado terá lugar no horario de titorías da docente de xeito presencial ou virtual - no seu despacho, por Teams e a través do correo electrónico.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Os traballos serán entregados dixitalmente no espazo habilitado para iso no Campus Virtual.
Nas exposicións débense empregar as técnicas que menos residuos xeren, evitando plásticos e materiais tóxicos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Sabela Fernandez Monteira
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 982821025
- Correo electrónico
- sabela.fernandez.monteira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_04 | Galego | Laboratorio de Ciencias |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Laboratorio de Ciencias |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego | Laboratorio de Ciencias |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | Laboratorio de Ciencias |
20.01.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
25.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |