Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O alumnado deberá adquirir os coñecementos relacionados coa fundamentación do ensino e aprendizaxe do coñecemento do medio natural, social e cultural, propio da etapa de Educación Primaria, necesarios para:
1.- Comprender os conceptos, teorías e principios que lles permitan dispoñer de marcos interpretativos para a aprendizaxe-ensinanza das Ciencias da Natureza e as Ciencias Sociais.
2.- Analizar e valorar a presenza das Ciencias da Natureza e as Ciencias Sociais no currículo da educación primaria.
3.- Analizar e valorar recursos e materiais didácticos propios das Ciencias da Natureza e as Ciencias Sociais.
4.- Buscar información, elaborar e presentar de forma oral e escrita informes sobre diferentes contidos propios das Ciencias da Natureza e as Ciencias Sociais.
5.- Elaborar propostas de ensinanza fundadas nas devanditas teorías utilizando adecuadamente diferentes recursos didácticos propios das Ciencias da Natureza e as Ciencias Sociais.
6.- Acadar e acreditar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
TEMA 1.- O coñecemento científico e as súas implicacións didácticas.
TEMA 2.- A ciencia hoxe: análise das relacións Ciencia-Tecnoloxía-Sociedade.
TEMA 3.- As Ciencias da Natureza na educación primaria. Estratexias didácticas para o seu ensino e aprendizaxe.
TEMA 4.- As Ciencias Sociais, un coñecemento en construción.
TEMA 5.- As Ciencias Sociais na educación primaria. Estratexias didácticas para o seu ensino e aprendizaxe.
TEMA 6.- Deseño, desenvolvemento e avaliación de propostas de ensino-aprendizaxe.
a) Bibliografía básica
- Martín del Pozo, R. (2007). Aprender para enseñar Ciencias en Primaria: una propuesta para la formación del profesorado. Díada.
- Santisteban, A. e Pagès, J. (Coords.) (2011). Didáctica del Conocimiento del Medio Social y Cultural. Ciencias Sociales para aprender, pensar y actuar. Síntesis.
b) Bibliografía complementaria
- Benejam, P. e Pagès, J. (Coords.) (1997). Enseñar y aprender ciencias sociales, geografía e historia. ICE Universitat de Barcelona/Horsori.
- Carmen, L. del. (1996). El análisis y secuenciación de contenidos educativos. Horsori.
- Charpak, G. (2006). Manos a la obra: Las Ciencias en la Escuela Primaria. Siglo XXI.
- Domínguez, M. C. (Coord.) (2004). Didáctica de las Ciencias Sociales para Primaria. Pearson.
- García Ruíz, A. L. (Dir.) (1993). Didáctica de las Ciencias Sociales en la Educación Primaria. Algaida.
- Hernàndez, F. X. (2002). Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia. Graó.
- Herrero Fabregat, C. (1995). Geografía y educación. Sugerencias didácticas. Huerga y Fierro.
- Luc, J. N. (1985). La enseñanza de la historia a través del medio. Kapelusz.
- Martí, J. (2012). Aprender ciencias en la educación primaria. Graó.
- Membiela, P. (Ed.) (2001). Enseñanza de las ciencias desde la perspectiva Ciencia-Tecnología-Sociedad. Narcea.
- Murphy, J. (2011). Más de 100 ideas para enseñar historia. Primaria y Secundaria. Graó.
- Pujol, R. M. (2003). Didáctica de las Ciencias en la Educación Primaria. Síntesis
- Souto, X. M. (1998). Didáctica de la Geografía. Problemas sociales y conocimiento del medio. Ediciones del Serbal.
- Trepat, C. (1995). Procedimientos en historia. Un punto de vista didáctico. ICE Universitat de Barcelona/Graó.
- Trepat, C. e Comes, P. (1998). El tiempo y el espacio en la didáctica de las ciencias sociales. ICE Universitat de Barcelona/Graó.
Xerais:
G1.- Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G2.- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G4.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conforman os valores da formación cidadá.
G7.- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G9.- Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sostible.
G10.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
G11.- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Específicas:
E26/E32.- Coñecer o currículo escolar das ciencias experimentais e sociais.
E29.- Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sostible.
E30/E37.- Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.
Básicas:
B1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5.- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais:
T1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4.- Competencia informacional.
A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe, intentando que o profesorado desenvolva, basicamente, o papel de mediador e guía no proceso de comunicación, interacción e creación de significados, estratexias, destrezas e actitudes na aula.
As actividades presenciais en grupo expositivo (24 horas) consistirán, basicamente, na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte do profesorado, de modo que esta explicación se converta nun elemento importante cara á súa integración no proceso de construción de coñecementos por parte dos estudantes, que deberán empregar 35 horas de estudo autónomo para dominar os fundamentos da materia.
As actividades en grupo interactivo, como estratexia intermedia cara á comunicación co grupo de clase (24 horas), procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada fundamentalmente na resolución de problemas, o desenvolvemento de experiencias de laboratorio e na contorna, e o estudo de casos. Estas actividades requirirán 45 horas de traballo persoal do alumnado, co fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado.
Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas) serán orientadas polo profesorado, tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas sesións atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas, ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumnado relacionada coa materia.
Utilizarase preferentemente o campus virtual da USC como ferramenta de comunicación.
Ao pretender unha metodoloxía participativa é indispensable a asistencia habitual a clase.
PROXECTO COMPETENTE(S)
Esta materia participa no proxecto CompetenteS impulsado pola CNL da Facultade, co perfil de galego. O profesorado desenvolverá a docencia da materia (expositiva, interactiva e titoría) en lingua galega, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puideran ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías.
Na avaliación da aprendizaxe dos estudantes teranse en conta tres elementos:
a) Asistencia a clase, participación na aula e presentacións orais. É obrigatoria a asistencia a clase. Para recibir cualificación neste apartado, o alumnado deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións. O profesorado solicitará a preparación de exercicios para presentar oralmente nas sesións interactivas, que se concretarán oportunamente. Puntuación máxima deste apartado: 2,0 puntos.
b) Elaboración de informes ou traballos escritos. Os/as estudantes deberán realizar obrigatoriamente un traballo de carácter grupal nos termos que se especificarán ao inicio do curso. Puntuación máxima do traballo: 3,0 puntos.
c) Proba específica final (individual). Realizarase unha proba obxectiva de resposta múltiple (50 preguntas con 4 alternativas de resposta cada unha, sendo unicamente unha das respostas a correcta en cada pregunta). Cada resposta incorrecta anula unha correcta. As respostas en branco non teñen penalización. Para superar a materia é imprescindible ter aprobada esta proba específica, con independencia das cualificacións obtidas nos outros apartados da avaliación; se unha alumna ou alumno non chega a aprobar esta proba, a puntuación final da materia será a correspondente á cualificación da proba. Puntuación mínima para superar a proba: 2,5 puntos. Puntuación máxima da proba: 5,0 puntos.
Cualificación final: será a resultante do sumatorio dos apartados avaliativos anteriormente mencionados, situándose a fronteira do aprobado en 5 puntos.
Xuño/xullo. O/A estudante que non supere a materia na primeira oportunidade, sexa pola razón que sexa, e concorra á oportunidade de xuño/xullo, deberá presentarse á proba específica desta oportunidade (máximo, 5 puntos). Á cualificación que consiga nesa proba engadiráselle o resto de cualificacións acadadas ao longo do primeiro semestre nos outros apartados avaliativos da materia, se é que houbese esas cualificacións. O resto de condicións da avaliación son as especificadas nos parágrafos anteriores. Tendo en conta que a avaliación da materia é continua e que a presencialidade nas clases é obrigatoria nesta universidade, non é posible para a oportunidade de xuño/xullo entregar traballos novos ou obter outras cualificacións novas alén das da proba específica.
Repetición. O alumnado que teña pendente esta materia do curso anterior pode optar por implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario desde o inicio do semestre, estando neste caso a todos os efectos dentro da casuística xeral. Se decide non participar nas clases, de cara á avaliación deberá realizar a mesma proba específica que o resto do alumnado e mantéñenselle (pero só durante un ano desde que cursou orixinalmente a materia) as outras dúas cualificacións acadadas e a súa proporcionalidade. Neste caso, para aprobar a materia deberá acadar a cualificación mínima esixida para superar a proba, así como alcanzar 5 puntos na suma de todas as cualificacións. Para o alumnado que non teña cualificacións nos apartados de “Asistencia a clase, participación na aula e presentacións orais” e “Elaboración e presentación de informes ou traballos escritos” (ou que repita por segunda vez a materia), ofrécese a posibilidade dunha proba final que incluirá a totalidade dos contidos desenvolvidos tanto nas aulas expositivas como nas interactivas. Será unha proba obxectiva de resposta múltiple (70 preguntas con 4 alternativas de resposta cada unha, sendo unicamente unha das respostas a correcta en cada pregunta). Cada resposta incorrecta resta unha correcta. As respostas en branco non teñen penalización. Cada resposta validada multiplica por 0,143. O alumnado que non acade un mínimo de 35 respostas validadas recibirá como puntuación final máxima da materia un 4. De calquera xeito, o alumnado repetidor deberá poñerse en contacto cos docentes ao inicio do semestre para comunicarlles cal das modalidades elixe para o seguimento da materia.
Dispensa da asistencia a clase. A avaliación do alumnado ao que se lle tivese concedida dispensa da asistencia a clase (Instrución nº 1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias, e Normativa para a concesión de dispensa da asistencia a clase aprobada pola Xunta de Facultade) realizarase a través dun único exame sobre a totalidade dos contidos da materia. O instrumento utilizado será unha proba obxectiva de resposta múltiple (70 preguntas con 4 alternativas de resposta cada unha, sendo unicamente unha das respostas a correcta en cada pregunta). Cada resposta incorrecta resta unha correcta. As respostas en branco non teñen penalización. Cada resposta validada multiplica por 0,143. O alumnado que non acade un mínimo de 35 respostas validadas recibirá como puntuación final máxima da materia un 4.
PROXECTO COMPETENTE(S)
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola CNL da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega), o alumnado normalmente presentará en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia.
ADVERTENCIA SOBRE PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Esta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva presencial de 24 horas expositivas, 24 horas interactivas ou de laboratorio, e 3 horas de titorías.
Considérase que as 99 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado do seguinte xeito:
- Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas: 35 horas
- Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 45 horas.
- Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, e orientación e seguimento de traballos prácticos: 19 horas.
A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades propostas.
A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.
ADVERTENCIA SOBRE PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula coma nos traballos académicos encomendados.
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Jose Romero Castro
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 982821068
- Correo electrónico
- mariajose.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Tania Riveiro Rodriguez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 982821078
- Correo electrónico
- tania.riveiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU