Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Poñer ao alcance dos estudantes os medios bibliográficos máis actualizados que lles permitan afrontar e resolver todas aquelas dúbidas que se lles formulen no uso diario da lingua castelá ou española.
- Procurar que os estudantes comprendan e valoren a importancia que, como lingua de cultura e como vehículo de relacións socioeconómicas internacionais, acadou no mundo actual a lingua española, insire moitas veces en contextos bilingües ou en situacións de contacto de linguas.
- Coñecer o currículo da área de lingua e literatura española.
- Reflexionar sobre a rendibilidade das diferentes competencias comunicativas no deseño e valoración de actividades.
- Coñecer métodos, técnicas, xogos e exercicios de didáctica da lingua oral e da escrita.
- Coñecer as principais correntes de metodoloxía lecto-escritora existentes na actualidade e a súa aplicación na aula de Educación Primaria, así como os métodos e técnicas máis eficaces e actuais para a progresión lectora e para o perfeccionamento lector.
- Coñecer a metodoloxía do comentario de textos e a súa aplicación na aula de Educación Primaria.
- Coñecer textos líricos, narrativos e dramáticos para a didáctica na Educación Primaria.
- Coñecer os instrumentos creativos do texto literario para converter os alumnos de Educación Primaria en lectores creativos.
- Saber utilizar a prensa, a radio e os medios audiovisuais na escola como material didáctico e como vehículo de información, orientación, formación e diversión; coñecer o proceso técnico e creativo da prensa, a radio e dos medios audiovisuais na escola.
- Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua castelá, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade
1. O CURRÍCULO DA ÁREA DE LINGUA E LITERATURA ESPAÑOLA EN EDUCACIÓN PRIMARIA.
– Bloques, obxectivos, criterios de avaliación e contidos.
– Orientacións pedagóxicas, liñas de actuación e competencias chave (descritores operativos e perfil de saída).
– Deseño e elaboración de Situacións de Aprendizaxe.
2. DESTREZAS COMUNICATIVAS. COMPRENSIÓN, EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL E ESCRITA.
2.1. A lingua oral do alumno.
– Competencia lingüística e comunicativa.
– Variedades na sociedade e na aula.
– Recursos e materiais didácticos da lingua oral.
– Avaliación das aprendizaxes da lingua oral.
2.2. A lingua escrita do alumno.
– Enfoques metodolóxicos de lectoescritura.
– Coñecemento da lingua e gramática.
– Modelos do proceso de composición escrita.
– Recursos e materiais didácticos da lingua escrita.
– Avaliación das aprendizaxes da lingua escrita.
3. A LITERATURA E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN NA AULA.
– Funcións da literatura e características da linguaxe empregada na literatura.
– Educación literaria e competencia literaria.
– Clásicos, LIX e paraliteratura na aula.
– Didáctica dos textos dos distintos xéneros literarios.
– Intertextualidade e intermedialidade entre a literatura e outros medios: narrativa transmedia.
– Recursos e materiais didácticos para a innovación na área de literatura.
– Funcións e características da linguaxe empregada nos medios de comunicación.
– Impacto das novas tecnoloxías nos medios de comunicación.
– Didáctica dos distintos formatos audiovisuais e radiofónicos.
– Recursos e materiais didácticos dos medios de comunicación.
– Avaliación das aprendizaxes.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
GALERA NOGUERA, F. (2003): Didáctica de la lengua y la literatura para Educación Primaria, coord. por Antonio Mendoza Fillola. Madrid: Pearson Educación.
PRADO ARAGONÉS, J. (2004): Didáctica de la lengua y la literatura para educar en el siglo XXI. Madrid: La Muralla.
SÁNCHEZ LOBATO, J. & I. SANTOS GARGALLO (2004): Vademécum para la formación de profesores. Enseñar español como segunda lengua (L2)/lengua extranjera (LE). Madrid: SGEL.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
CASSANY, D. (2012): En línea: leer y escribir en la red. Barcelona: Anagrama.
COLOMER, T. (1999): Introducción a la literatura infantil y juvenil. Madrid: Síntesis.
COLOMER, T. (2003): Propuesta constructivista: para aprender a leer y escribir. Madrid: Vicens-Vives.
ESCAMILLA GONZÁLEZ, A. (2009): Las competencias en la programación de aula. Infantil y primaria (3-12 años). Barcelona: Graó.
EZEQUIEL, A-E (2004): Los medios de comunicación al servicio de la educación. Río de La Plata: Magisterio.
FERNÁNDEZ MARTÍN, P. (2019): Didáctica de la lengua española en Educación Primaria. Madrid: Paraninfo.
GALERA NOGUERA, F. (2003): Didáctica de la lengua y la literatura para Educación Primaria, coord. por Antonio Mendoza Fillola. Madrid: Pearson Educación.
GONZÁLEZ PIÑEIRO, M., C. GUILLÉN DÍAZ & J. M. VEZ JEREMÍAS (2010): Didáctica de las lenguas modernas. Competencia plurilingüe e intercultural. Madrid: Sintesis.
INSTITUTO CERVANTES (2012): El libro del español correcto: claves para hablar y escribir bien en español. Madrid: Aguilar.
LÓPEZ HORTAS, P. & L. CALDERÓN SOTO (2004): Gramática y ortografía para Primaria. Madrid: Santillana.
MENDOZA FILLOLA, A. et al. (1996): Didáctica de la lengua para la Enseñanza Primaria y Secundaria. Madrid: Akal.
PEÑA ACUÑA, B. (2019): Innovación aplicada a la didáctica de la lengua y la literatura, ACCI.
PÉREZ ESTEVE, P. & F. ZAYAS (2007): Competencia en comunicación lingüística. Madrid: Alianza Editorial.
REAL ACADEMIA ESPAÑOLA (2010): Ortografía de la lengua española. Madrid: Espasa.
SÁNCHEZ MIGUEL, E. (2010): La lectura en el aula: qué se hace, qué se debe hacer y qué se puede hacer. Barcelona: Graó.
VILA, M. et al. (2018): Secretos para hablar bien en público. Barcelona: Plataforma Editorial.
XERAIS
G.1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G.2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente coma en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G.3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
G.4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
ESPECÍFICAS
E45. Adquirir formación literaria e coñecer a literatura infantil.
E46. Coñecer o currículo escolar das linguas e a literatura.
E47. Falar, ler e escribir correcta e axeitadamente nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
E48. Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino.
E49. Fomentar a lectura e animar a escribir.
E53. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
BÁSICAS
B.1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que se adoita encontrar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
TRANSVERSAIS
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4. Competencia informacional.
1. SESIÓNS EXPOSITIVAS
Nas clases expositivas de gran grupo trataranse os contidos que supoñan unha maior dificultade de comprensión. Partirase dos conceptos máis básicos e universais, fundamento do contido da materia. Atenderanse, ademais, as dificultades iniciais de aprendizaxe. Este apoiarase inicialmente na exposición do profesor, reforzándoo coas correspondentes actividades prácticas relacionadas con estes contidos.
2. SESIÓNS INTERACTIVAS
As clases interactivas de grupo reducido consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como o debate, o estudo de casos, etc., de modo que supoñan unha considerable participación activa do alumnado e do grupo. Así, buscarase favorecer o desenvolvemento de competencias do tipo análise / síntese, pensamento crítico, comunicativas, etc., ademais das propias do módulo e da materia.
3. TITORÍAS DOCENTES PROGRAMADAS
O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido co obxecto de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal complementario para o desenvolvemento das competencias atribuídas á materia.
4. ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
No traballo persoal do alumnado prestarase especial atención á lectura, comentario e debate de documentos. Tamén ocuparán un lugar destacado todas as tarefas que conleva a preparación das intervencións e exposicións orais que se desenvolverán en clase.
5. ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de castelán. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua castelá a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.
Teranse en conta e aplicaranse os seguintes elementos e instrumentos de avaliación:
- PARTICIPACIÓN. ASISTENCIA, ACTITUDE E INTERESE AMOSADO POLA MATERIA (10%).
Na avaliación deste elemento non só se terá en conta a presenza do alumno. Tamén se tomará en consideración o interese amosado pola materia, así como as súas participacións.
- PROBA ESPECÍFICA. EXAME (50%).
A data de realización desta proba será fixada pola Facultade de Formación do Profesorado.
Na avaliación teranse en conta cuestións referidas ao contido, estruturación e documentación. Tamén se tomarán en consideración, por suposto, a capacidade reflexiva do alumnado e a corrección formal e lingüística. A redacción debe ser sempre persoal.
Aprobar o exame é un requisito imprescindible para superar a materia.
-INFORMES ESCRITOS. ACTIVIDADES E/OU TRABALLOS (30%)
Como no caso anterior, na avaliación da produción escrita teranse en conta cuestións referidas ao contido, estruturación, documentación e orixinalidade dos traballos. Tamén se tomarán en consideración, por suposto, a capacidade reflexiva do alumnado e a corrección formal e lingüística. A redacción debe ser sempre persoal.
-EXPOSICIÓNS ORAIS. PRESENTACIÓNS (10%)
Na cualificación teranse en conta aspectos da preparación, o axuste ás indicacións ofrecidas, a capacidade organizativa, a claridade expositiva e as habilidades comunicativas amosadas.
PLAXIO OU FRAUDE:
Debe terse en conta que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de castelán), as e os estudantes normalmente presentarán en castelán tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado “participación e implicación” as súas intervencións en castelán.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
1. ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA.
Este alumnado deberá realizar na data fixada o exame da materia. Esta proba complementarase cunha segunda parte na que se formularán cuestións que permitan constatar a adquisición dos coñecementos e das competencias desenvolvidas nas distintas sesións da materia. Os docentes poderán solicitar que as respostas a estas cuestións sexan orais ou escritas.
2. ALUMNADO QUE NON SUPERE A MATERIA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO).
Os estudantes que non superen a materia no mes de xaneiro terán unha segunda oportunidade no mes de xullo. As cualificacións obtidas nas actividades e traballos presentados durante o curso conservaranse tan só para esta segunda oportunidade.
3. ALUMNADO REPETIDOR.
Cursará a materia con normalidade. Tan só a imposibilidade de asistir motivada polo solapamento horario entre materias lle permitirá afrontar unicamente unha proba final. Esta terá un bloque complementario co que se comprobará a adquisición dos coñecementos e das competencias abordadas e desenvolvidas durante as distintas sesións do curso.
Como consta na Memoria da titulación, neta materia está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Sobre o traballo do alumnado, á parte das orientacións que o profesorado vaia dando a coñecer, véxase o seguinte apartado deste programa ("Recomendacións para o estudo da materia").
- Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías.
- Atender as orientacións específicas do profesorado da materia en canto a temporalización, realización de informes, manexo de fontes e recursos, metodoloxía de traballo...
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación fixada. Non deixar a preparación da materia para final de curso.
- Ter a man fontes para preparar o traballo de aprendizaxe nesta materia (especialmente algún dicionario ou léxico de lingüística e ensino de linguas) e consultalas tanto para aprender coma para afianzar conceptos.
- Esforzarse por mellorar a competencia lingüística oral e escrita. Poñer atención ao discurso e expresarse con propiedade e de forma clara.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación co traballo persoal ou grupal que se realiza para a materia, deben terse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar cubertas plásticas innecesarias ou outras envolturas externas.
- Sempre que sexa posible, usar grampas no canto de espirais.
- Impresión a dobre cara con calidade de "aforro de tinta".
- Non usar follas en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar os arquivos adxuntos que non teñen referencia directa aos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
No que respecta aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase empregar a linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá na aula coma nos traballos académicos encomendados.
EMPREGO DO TELÉFONO MÓBIL NA AULA
O uso de teléfonos móbiles na aula limítase ao seu emprego como ferramenta de traballo seguindo as instrucións dadas pola profesora, o que fai aos estudantes responsables das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do seu uso inapropiado.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Para todas as comunicacións académicas será obrigatorio o emprego da conta rai, así como das demais ferramentas tecnolóxicas institucionais (Campus Virtual, Ms Teams, Microsoft Office 365, etc.)
PROTECCIÓN DE DATOS
En todas as actuacións relacionadas coa materia respectaranse as normas de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
PLAXIO
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Del Rocio Garcia Pedreira
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 982821014
- Correo electrónico
- mariadelrocio.garcia.pedreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU