Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Conceptuais (saber):
-Comprender o concepto de motricidade na etapa de educación primaria e o seu valor educativo.
-Adquirir coñecementos teórico-prácticos relativos ás capacidades perceptivo-motrices, ás habilidades e destrezas e á expresión e comunicación corporal.
-Acadar e demostrar competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
Procedementais (saber facer):
-Levar a cabo accións motrices propias dos contidos da área de educación física na etapa de primaria. Tomar conciencia das execucións realizadas, verbalizalas e analizalas.
-Poñer en práctica simulada os contidos da educación física, analizando, reflexionando, interpretando e sacando conclusións das observacións das prácticas realizadas.
-Elaborar e presentar traballos académicos de calidade universitaria na cuestión de forma e na de contido, tanto oralmente como por escrito en lingua galega. Para o cal o alumnado empregará como referencia os criterios que foron expostos nas sesións de formación sobre competencias xenéricas durante o primeiro curso do grao.
-Manexar con actitude crítica e reflexiva as fontes documentais propias da materia, empregando con rigor académico a información extraída das diferentes fontes.
-Acadar e acreditar competencia en lingua galega, por formar parte a materia do proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
Actitudinais (saber ser):
-Tomar conciencia do propio corpo e das propias capacidades expresivo-motrices, coa intencionalidade de melloralas e de ampliar o autocoñecemento.
-Vivenciar e recoñecer os propios medos e as inseguridades motrices, e, a través do esforzo persoal, das axudas e da reflexión das situacións vividas, analizar as estratexias de aprendizaxe e de superación coa intención de coñecerse mellor e de, posteriormente, ser capaces de aplicalas como futuros e futuras mestras de educación primaria.
-Recoñecer, como futuras e futuros docentes, a influencia da propia percepción corporal e motriz sobre as expectativas motrices que se proxectan nos demais.
-Valorar a importancia do traballo en equipo para o desenvolvemento da profesión docente.
-Construír unha conciencia reflexiva, innovadora e comprometida coa formación permanente.
Bloque I. A educación física na educación primaria.
• O movemento. A motricidade.
• Orientacións metodolóxicas básicas.
Bloque II. Aspectos perceptivos implicados na execución motriz
• O coñecemento do corpo:
- O corpo. Construílo, percibilo, coñecelo.
- Ton muscular. Relaxación
- Actitude corporal. Control postural
- Respiración
- Lateralidade. Discriminación D/E
- Equilibrio
• A coordinación dinámica xeral:
-Reptación, gateo, marcha, carreira, salto, trepa, xiros, tracción, empurre.
• A coordinación viso-motriz:
-Lanzamento, recepción, bote, golpeo, condución, control.
• A percepción espacial
• A percepción temporal
Bloque III. As habilidades motrices básicas
Bloque IV. A expresión corporal
Bloque V. As cualidades físicas básicas: forza, resistencia, velocidade, flexibilidade.
Prácticas de ensinanza referidas aos contidos teóricos da materia.
BIBLIOGRAFÍA básica
- Castañer, M. e Camerino, O. (2001). La educación física en la enseñanza primaria. Zaragoza: INDE.
- Cuellar, M. J. e Francos, M. C. (2008). Expresión y comunicación corporal para la educación, recreación y calidad de vida. Sevilla: Wanceulen.
Pastor Pradillo, J. l. (2003): La educación física en la enseñanza primaria. Universidad de Alcalá.
-Rigal, Robert (2006): Educación motriz y educación psicomotriz en preescolar y primaria: acciones motrices y primeros aprendizajes. Barcelona: INDE.
- Ruiz, L. M., Gutiérrez, M., Graupera, J. L., Linaza, J. L. e Navarro, F. (2001). Desarrollo, comportamiento motor y deporte. Madrid: Síntesis.
-Wickstrom, Ralph (1990): Patrones motores básicos. Madrid: Alianza Deporte.
- Xunta de Galicia: DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Diario Oficial de Galicia, nº 183, de 26 de setembro de 2022.
BIBLIOGRAFÍA complementaria:
-Abardía, Francisco; Medina, Dolores (1997). Educación Física de Base. Manual didáctico. Palencia: Escuela Universitaria de Educación de Palencia.
-Berk, L. (1999). Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Pretince Hall.
- Fraile, Antonio (Coord.) (2004). Didáctica de la Educación Física. Una perspectiva crítica y transversal. Madrid: Biblioteca Nueva.
-Fraile, Antonio et al. (2004): El deporte escolar en el siglo XXI: análisis y debate desde una perspectiva europea. Barcelona, Grao.
-García Ruso, Herminia Mª (2007). La Danza en la escuela. Barcelona: INDE.
-Giménez Fuentes-Guerra, J. (2000): "Fundamentos básicos de la iniciación deportiva en la escuela". Wanceulen.
-Giménez Fuentes-Guerra, J. (1997): El deporte escolar. Huelva: Universidad de Huelva.
-Lleixa, Teresa (2004). Juegos sensoriales y de conocimiento corporal. Barcelona: Paidotribo.
-Mateu Serra, M. et al. (1992): 1000 ejercicios y juegos aplicados a las actividades corporales de expresión. Vol. 1 y 2. Barcelona: Paidotribo.
- Oña, A., Martínez, M., Moreno, F. e Ruiz, L. M. (2000). Control y aprendizaje motor. Madrid: Síntesis.
-Sánchez, Antonio (1996). Fundamentos biológicos de la educación. Bases para la intervención psicomotriz. Barcelona: EUB.
Revistas de referencia:
Apunts. Educación física y deportes. Barcelona: INEFC.
Aula de Infantil. Barcelona: Graó.
Revista de Educación Física. A Coruña.
Tándem. Didáctica de la Educación física. Barcelona: Graó.
XERAIS:
G1 – Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos respecto aos procedements de ensino e aprendizaxe respectivos.
G2 – Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración.
G4 – Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G11 – Coñecer e aplicar as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
BÁSICAS:
CB1 – Posuír e comprender os coñecementos desta área de estudo que parten da base da educación secundaria xeral e vanse apoiando en libros de texto avanzados, incluíndo aspectos procedentes da vangarda deste campo de estudo.
CB2 - Aplicar os coñecementos ao traballo ou vocación dun xeito profesional. Conseguir as competencias que adoitan mostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro desta área.
CB3 - Adquirir a capacidade de interpretar datos nesta área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica e/ou ética.
CB4 - Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
CB5 – Desenvolver habilidades de aprendizaxe para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
ESPECÍFICAS:
E.58. Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social dende a educación física.
E.60. Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades deportivas dentro e fora da escola.
TRANSVERSAIS:
T.2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Nas SESIÓNS EXPOSITIVAS traballaranse teoricamente os contidos, centrándose naqueles que presenten unha maior dificultade de comprensión e incidindo nos aspectos máis básicos e relevantes. Tamén se buscará resolver as dúbidas e problemas de aprendizaxe que presente o alumnado. A docente empregará varias técnicas expositivas e, se fose o caso, o estudantado realizará determinados exercicios referidos aos contidos tratados.
Nas INTERACTIVAS/PRÁCTICAS, que se desenvolveran no polideportivo, traballaranse os contidos prácticos correlacionados cos teóricos e orientados cara ao ensino-aprendizaxe da educación física na etapa de primaria. As propostas motrices procurarán á toma de conciencia corporal, a análise e a reflexión individual e compartida. Nestas sesións o alumnado elaborará o informe da sesión.
Nas sesións INTERACTIVAS/DE AULA, que se levarán a cabo na aula, o alumnado deseñará, co asesoramento directo da docente, actividades para o ensino-aprendizaxe da EF na etapa de Primaria; que posteriormente dirixirá ante o grupo-clase.
Para o traballo nas SESIÓNS INTERACTIVAS, tanto prácticas como de aula, o alumnado organizarase en equipos de traballo de 3/4 persoas.
Para o desenvolvemento, organización e comunicación da materia empregarase o campus virtual; a través do cal todos os contidos estarán a disposición do alumnado en formato pdf.
Coa intención de contribuír a que o alumnado –futuras mestras e mestres– sexa capaz de empregar competentemente a lingua galega, esta materia participa no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade co perfil de galego. Polo tanto, a profesora desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que algún dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará coa docente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, nas clases e nas titorías, nas actividades presenciais e nas telemáticas ou non presenciais.
NORMAS QUE REXEN NAS SESIÓNS:
No seu conxunto:
• Chegar en tempo e non saír ata o remate da sesión.
• Non comer nin beber.
• Non facer uso do móbil, a excepción de que a dinámica da sesión así o esixa.
Nas sesións interactivas/prácticas:
• Asistir con calzado deportivo e con roupa que permita o movemento cómodo.
• Limpar os pés no felpudo antes de acceder ao polideportivo.
• Deixar o material e roupa de abrigo nos vestiarios.
• Colaborar na colocación e recollida do material cando corresponda.
• O alumnado que non asista, que incumpra o horario ou as normas establecidas terá a falta correspondente.
• Dúas faltas de incumprimento de horario computarán como unha falta de asistencia.
Coa finalidade de que o alumnado poida organizar o seu traballo e predicir o seu rendemento e as consecuencias do mesmo, é necesario que coñeza os requirimentos da materia.
1. Exame:
A data queda establecida no calendario oficial de exames. O exame puntuarase sobre 4, será tipo test sobre 40 preguntas e para superalo deberán responderse correctamente 28 como mínimo.
Aquelas persoas que na primeira oportunidade suspenderan o exame e/ou a materia, poderán presentarse ao exame na segunda oportunidade.
2. Asistencia e participación nas sesións interactivas (prácticas e de aula):
Para acadar cualificación neste apartado o alumnado deberá asistir, como mínimo, ao 80% das sesións e implicarse activamente nelas. Controlarase a asistencia.
A non superación deste apartado supón o suspenso na 1ª oportunidade.
3. Elaboración de traballos individuais/en equipo nas sesións interactivas (prácticas e de aula). Dirección dunha actividade sobre os contidos da materia
O alumnado, individualmente e/ou co seu equipo de traballo levará a cabo as seguintes actividades:
• Individualmente, a elaboración dos informes das sesións interactivas/prácticas. Na guía docente presentarase o guión para este traballo.
• En equipo: selección, deseño e preparación de diversas actividades motrices referidas aos contidos da materia.
• Individualmente: dirección ante o grupo-clase dunha das actividades deseñadas.
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS co perfil de galego, e coa intención de que a profesora poida avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito), o estudantado presentará en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Ao mesmo tempo seranlles valoradas as súas intervencións en galego.
A avaliación dos apartados 2 e 3 será a seguinte:
• A elaboración dos informes das sesións, a asistencia, a participación oral e motriz e a implicación en todas as actividades, ata 1,5 puntos.
• A dirección de actividades referidas aos contidos da materia, ata 1,5 puntos.
4. Cartafol
O cartafol é a carpeta onde o alumnado de cada equipo de traballo recollerá os informes das sesións prácticas, as actividades deseñadas e outras actividades de aula.
Este documento, que se elaborará en dúas fases (dúas entregas), permitirá ao alumnado dispoñer das evidencias do que foi aprendendo a través do experimentado e reflexionado: saberes, habilidades e actitudes.
• A 1ª entrega recollerá os informes das sesións interactivas/prácticas e as actividades relacionadas. Terá unha valoración de
ata 1,5 puntos.
o Na guía docente presentarase o guión para a súa elaboración e a data de entrega.
• A 2ª entrega, comprenderá o deseño das actividades de ensino-aprendizaxe. Terá unha valoración de ata 1,5 puntos.
o A estrutura e a data para a 2ª entrega do cartafol presentarase na guía docente.
Outras aclaracións sobre a AVALIACIÓN
Para aprobar a materia na primeira oportunidade será preciso:
• Aprobar o exame.
• Acadar, como mínimo, o 50% na cualificación en cada un dos apartados da avaliación (2, 3, 4).
• Obter unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) na cualificación global.
Se algunha persoa incorrese nunha falsificación ou outro tipo de fraude, e fora descuberta, será cualificada cun “suspenso” na convocatoria correspondente.
No caso de realización fraudulenta das probas e exercicios -tanto presenciais como telemáticos- será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O alumnado que non supere a materia na 1ª oportunidade, atoparase nunha das seguintes circunstancias:
• Se no período ordinario asistiu como mínimo ao 80% das sesións interactivas e ten cualificación nos apartados da avaliación 2, 3 e 4; manteránselle as puntuacións acadadas, presentarase ao exame da 2ª oportunidade e, unha vez superado, sumaránselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados de avaliación.
• Se non acadou o 50% na cualificación en cada un dos apartados da avaliación (2, 3, 4), poderá presentarse ao exame da 2ª oportunidade e, unha vez superado, sumaránselle as cualificacións obtidas. Nesta oportunidade non se admitirá a entrega de traballos referidos aos apartados 2, 3 ou 4.
O alumnado de 2ª convocatoria (repetidor) poderá:
• Optar por implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario dende inicios do semestre; neste caso, acadará novas cualificacións nos diversos apartados de avaliación.
• Optar por non participar da actividade ordinaria da materia, neste caso manteránselle as cualificacións obtidas no curso anterior, podendo mellorar só aquelas referidas a informes ou producións individuais –estes traballos serán entregados como data límite o día do exame–. Ademais terá que presentarse de novo á proba específica.
Todo o alumnado repetidor deberá poñerse en contacto coa docente (empregando o horario de titorías) nas primeiras semanas de semestre, para concretar o seguimento da materia.
150 horas totais (51 presenciais e 99 de traballo autónomo), que se reparten do seguinte xeito:
- Actividades expositivas en grupo grande: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo.
- Actividades interactivas en grupo mediano: 24 horas presenciais e 45 de traballo autónomo.
- Actividades titoriais en pequeno grupo: 3 horas presenciais e 19 de traballo autónomo.
RECOMENDACIÓNS
• Asistencia continuada ás sesións prácticas e expositivas, e participación activa nelas.
• Realización dos traballos e actividades programadas.
• Se algunha alumna ou alumno tivera necesidade, debido a disfunción ou enfermidade, de condicións especiais no desenvolvemento das clases e/ou dos exames, seranlle facilitadas; para isto é necesario que se poña en contacto e informe da súa situación ao SEPIU e, simultaneamente á docente.
NORMAS SOBRE A ENTREGA DOS TRABALLOS
• Todos os traballos redactaranse en galego e, previamente á entrega, pasarase o corrector pertinente. Isto mellorará a competencia escrita nesta lingua.
• Empregarase unha linguaxe non sexista que consistirá na utilización de xenéricos reais, ou no nomeamento explícito dos dous xéneros lingüísticos. Visibilizando a presenza das mulleres sempre que esa sexa a realidade presentada nos textos e/ou na fala.
A atención ao alumnado terá lugar nos horarios de titorías da e do docente nos despachos 116 e 118. As citas concertaranse a través do correo electrónico.
Esta materia só permite a exención de docencia ás clases expositivas, xa que as sesións interactivas son de asistencia obrigatoria; polo tanto a materia non se verá afectada pola “Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias”. O alumnado con dispensa de docencia teórica (exención parcial) deberá falar presencialmente coa docente, na mesma semana na que solicite a exención, a fin de concretar o seu plan de traballo na materia.
Seguirase este mesmo criterio co alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sempre que a súa situación estea xustificada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Uxia Garrido Filgueira
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821047
- Correo electrónico
- uxia.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Pablo Garcia Marin
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821037
- Correo electrónico
- pablo.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor