Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Dominar o código normativo galego, tanto a nivel oral coma a nivel escrito. Neste sentido:
-Consolidar o coñecemento do estándar escrito e analizar os usos errados máis relevantes que persisten nos escritos de distintos ámbitos, particularmente do ámbito docente.
-Conseguir unha expresión oral espontánea, fluída e correcta en lingua galega
• Elaborar traballos académicos, de tipo diverso, adecuados desde un punto de vista formal e con total corrección lingüística.
• Consolidar un dominio avanzado na produción de textos (orais e escritos).
• Coñecer ferramentas e recursos ós que poder acudir para a resolución de dúbidas ou para a ampliación de coñecementos sobre das cuestións que se estudan.
• Fomentar unha actitude crítica cara ás cuestións lingüísticas.
-A lingua estándar. O estándar oral e o estándar escrito. Utilización e aplicación na docencia.
- Planificación, elaboración e exposición do discurso oral.
- A estandarización do léxico. A selección do léxico do código normativo. A innovación terminolóxica (a neoloxía de creación propia, o préstamo aceptable, etc.). A necesaria superación do castelanismo léxico. Léxico e terminoloxía específica da docencia.
- Tipoloxía textual específica do ámbito docente (memorias, proxectos fin de grao, etc.). Características. Estruturación, corrección lingüística e outros aspectos formais. Recursos para a súa elaboración.
Bibliografía básica:
INSTITUTO DA LINGUA GALEGA / REAL ACADEMIA GALEGA (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. ILG-RAG [2012, 23ª edición], dispoñible en https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/252
Bibliografía complementaria:
ÁLVAREZ, R. e XOVE, X. (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
ÁLVAREZ DE LA GRANJA, M. / E. GONZÁLEZ SEANE (2003): A estandarización do léxico. Santiago: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega.
BERMÚDEZ, Manuel: (Breve) Manual de estilo. Santiago de Compostela: USC, en https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/snl/ases…
FERNÁNDEZ REI, F. (1990): Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais.
FERNÁNDEZ REI, F. (coord.) (2012): Arquivo do Galego Oral (AGO), en http://ilg.usc.gal/ago/
FREIXEIRO MATO, X. R. (1998-2000): Gramática da Lingua Galega I, II e III. Vigo: A Nosa Terra.
GONZÁLEX SEOANE, E. (2003): "A lexicografía galega moderna", en H. Monteagudo / X. Bouzada (coords.): O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000), vol. III. Santiago: Consello da Cultura Galega, 165-227. http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=303
HERMIDA GULÍAS, C. (2001): Ortografía práctica. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
HERMIDA GULÍAS, C. (2004): Gramática práctica (morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
Dicionarios:
CARBALLEIRA ANLLO, X.Mª (coord.) (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. 2 Volumes. Vigo: Xerais.
CARBALLEIRA ANLLO, X.Mª (coord.) (2011): Dicionario Xerais da lingua. Vigo: Xerais.
FERNÁNDEZ SALGADO, B, (dir) (2004): Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Vigo: Galaxia.
GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. https://academia.gal/dicionario
REGUEIRA FERNÁNDEZ, X.L. (coord.) (2012): Dicionario de pronuncia da lingua galega, Instituto da Lingua Galega–Real Academia Galega en http://ilg.usc.gal/pronuncia/
G3. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos de diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
E47. Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente en lingua galega.
E49. Fomentar a lectura e animar a escribir.
B.2. Saber aplicar os coñecementos adquiridos ó traballo dunha forma profesional e demostrar competencia na elaboración e defensa de argumentos e na resolución de problemas dentro da área de estudo.
B.3. Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (dentro da área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole diversa.
B.4.- Ter capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como no especializado (dentro da área de estudo).
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
Sesións expositivas (18 horas). Nelas introduciranse os conceptos teóricos e metodolóxicos que fundamentan os contidos da materia, con especial atención a aqueles que supoñan maior dificultade de comprensión. A explicación da profesora apoiarase con frecuencia na lectura e comentario de textos e na exposición e comentario de exemplos. Supoñerán para o alumnado 25 horas de estudo autónomo.
Sesións interactivas (18 horas). Traballaranse de forma aplicada algúns dos contidos vistos nas sesións expositivas. Faranse comentarios de lecturas, exposicións de traballos e exercicios de diverso tipo. Todas estas tarefas estarán guiadas e supervisadas pola profesora. Suporán 36 horas de traballo persoal do alumnado.
Titorías (2,5 horas). O alumnado será atendido en sesións de titoría, en grupos reducidos, coa fin de orientar o seu traballo e aprendizaxe. Dedicaranse especialmente á resolución de dúbidas sobre a materia ou tamén sobre as lecturas obrigatorias ou complementarias. Supoñerán 13 horas de traballo autónomo do alumnado.
Lecturas. Ó longo do curso a profesora encargará unha serie de lecturas obrigatorias, que se deberá preparar en horas non presenciais. É un elemento fundamental e sobre elas traballarase posteriormente nas sesións presenciais.
- Platarforma Moodle: Usarase a plataforma Moodle da USC para o traballo coa materia. Os alumnos deberán estar atentos ó seu correo rai.usc.es.
Esta materia participa no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística do Centro co perfil galego.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
O sistema de avaliación estará baseado nos seguintes catro elementos (A, B, C, D):
a) PARTICIPACIÓN NA AULA*: 10%.
b) PROBAS ESPECÍFICAS: 50%.
c) INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS**: 30%.
d) PRESENTACIÓNS E OUTRAS PRODUCIÓNS ORAIS: 10%.
*A asistencia ás aulas é obrigatoria, ó tratarse dun sistema de avaliación continua. Unha ausencia superior ó 20% imposibilita que o alumnado obteña puntuación no apartado A.
** Os diversos exercicios e traballos encargados terán que ser entregados / presentados nas datas que se acorden no seu momento na aula. A entrega puntual destes traballos será un requisito imprescindible.
O alumnado que obteña DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE por parte da Xunta de Facultade e o acredite debidamente rexerase, tanto para a convocatoria de xuño coma na de xullo, polo sistema de avaliación que se describe na convocatoria de xullo. Aquelas persoas que opten por este sistema deberán poñerse en contacto coa profesora no momento en que teñan solicitada a dispensa de asistencia.
[O alumnado que asista a entre o 50 e o 80% das sesións presenciais non poderá ser avaliado do apartado A, mais si poderá obter puntuación nos apartados B, C e D.
O alumnado que asista a menos do 50% das sesións presenciais non poderá ser avaliado do apartado A. Dada a natureza da materia, unha asistencia tan limitada inflúe na puntuación final dos apartados C e D que, como se sinalou, son avaliados en función dos traballos escritos e as exposicións orais que o alumnado realiza nas sesións presenciais].
SEGUNDA OPORTUNIDADE (mes de xullo):
1. O alumnado que teña que acudir á convocatoria de xullo só terá dereito á realización da proba específica, e manteránselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados (A, C, D).
2. Se no período ordinario non obtivo cualificación nalgún dos 4 apartados, participará na mesma proba final que especificamos no parágrafo anterior pero a súa cualificación será, como máximo, de 6 puntos. [Neste caso non se admitirán outro tipo de traballos].
ALUMNADO REPETIDOR:
Para o alumnado repetidor a avaliación da materia, se o desexa, reducirase á proba final (común ós casos anteriores), e poderáselle respectar, durante o seguinte curso académico as cualificacións obtidas nos restantes apartados obxecto de avaliación, así como a súa proporcionalidade.
No caso do alumnado que repite a materia por segunda vez e sucesivas deberá falar coas docentes en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, coa fin de concretar o plan de traballo que cómpre seguir para superar a materia.
PLAXIO OU FRAUDE: Debe terse en conta que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Como consta na Memoria da Titulación, nesta materia obrigatoria de 4,5 créditos ECTS, está previsto que o alumnado dedique un total de 112,5 horas, das que 38,5 corresponden a traballo presencial (clases expositivas, clases interactivas, titorías, exames) e 74 horas a traballo autónomo e preparatorio (lecturas, recensións, redacción de traballos escritos, preparación de exposicións e exercicios de diverso tipo).
Recoméndase:
-Asistir ás clases presenciais, nas que se darán as pautas e orientacións precisas para a realización do traballo autónomo e permitirán levar un seguimento continuado do traballo realizado polo alumnado mediante a participación na aula e a realización de diversos traballos.
-Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua.
-O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar as datas que se establezan para a entrega de traballos.
Recoméndase que se poña en contacto coas profesoras en canto teña solicitado esa dispensa de asistencia e que manteña un seguimento activo da materia mediante as titorías e o contacto cos compañeiros.
• Responsabilidade medioambiental nos traballos impresos:
En relación aos traballos entregados presencialmente, individuais ou de grupo, que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar encadernacións de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que for posible empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
• Perspectiva de xénero:
- No desenvolvemento das clases e na realización das diferentes actividades, respectaranse os criterios de igualdade de xénero.
- Recoméndase facer uso de linguaxe non sexista, tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados.
•Ferramentas virtuais e de comunicación:
- É obrigatorio empregar a conta de correo da universidade (rai).
- É imprescindible empregar as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
•Protección de datos:
-É de obrigado cumprimento a normativa de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Del Carmen Ares Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 982821043
- Correo electrónico
- carme.ares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 24 |
29.05.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
03.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |