Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia, de carácter optativo, considérase imprescindible na formación do mestre, xa que inflúe de xeito determinante en situacións que, no seu desempeño profesional, vai ter que enfrontar e tamén dá sentido ás decisións que terá que ir tomando e que atinxen aos alumnos, as súas familias, o centro escolar e a comunidade.
O propósito xeral desta materia é que os alumnos adquiran as competencias necesarias (coñecementos teórico-prácticos, habilidades e actitudes) para poder planificar, desenvolver e avaliar programas de Orientación Educativa e de Titoría.
Preténdese tamén propiciar a apertura do futuro mestre á comunidade (familias, contorna social e natural) para apoiarse, aproveitarse e tentar coordinar os diferentes influxos conformadores que, entre todos, provocan sobre os nenos cos que se convive.
Igualmente, pretende sentar as bases que favorezan e posibiliten a súa futura sensibilización fronte á diversidade e a actuación profesional neste campo con formulacións emprendedoras, críticas e participativas.
Especificamente, os obxectivos a adquirir e/ou mellorar traballando nesta materia son:
1. Valorar a importancia da orientación escolar e da acción titorial no proceso educativo.
2. Coñecer os fundamentos básicos da orientación escolar e acción titorial.
3. Descubrir a función de axuda do mestre titor nas súas relacións co alumno, pais e profesores.
4. Planificar as accións do Departamento de Orientación.
5. Aprender a utilizar os instrumentos máis adecuados na Orientación por parte do Profesor-Titor.
1. Fundamentos e modelos da Orientación en Educación.
2. Diagnóstico de necesidades orientadoras e titoriais.
3. Deseño, desenvolvemento e avaliación de programas orientadores en centros de educación primaria.
4. Principios e modalidades de titoría educativa.
5. Estratexias e técnicas de acción orientadora e titorial en Educación Primaria.
6. Atención orientadora e titorial ás familias do alumnado.
7. Plans e programas orientadores e de acción titorial en Educación Primaria.
8. Desenvolvemento da convivencia escolar nos contextos de aula e fóra dela.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Ainscow, M; Booth, T. (2015): Guía para la educación inclusiva. Desarrollando el aprendizaje y la participación ciudadana en los centros escolares. Madrid. OEI – FUHEM. Recuperado de: https://dds.cepal.org/redesoc/publicacion?id=4160
Consejería de Educación de la Junta de Andalucía (2007): Guía para la elaboración del Plan de Orientación y Acción Tutorial. Junta de Andalucía. Recuperado de: https://triniblog.files.wordpress.com/2012/06/guia-para-la-elaboracion-…
Gamboa Vera, S.; Sainea Moreno, C. (2017): Orientación educativa: una mirada a las representaciones sociales del oritentador y su práctica en la escuela. Revista Cambios y Permanencias. VOl. 8, nº 2, pp. 337-378. Recuperado de: https://revistas.uis.edu.co/index.php/revistacyp/article/view/7787/7965
Hernando Calvo, A. (2015): Viaje a la escuela del siglo XXI. Madrid. Fundación Telefónica. Recuperado de: https://www.fundaciontelefonica.com/noticias/record-descargas-viaje-esc…
Hernando Calvo, A. (2018): Escuelas innovadoras y familias creativas. Madrid. Fad. Recuperado de: https://accionmagistral.org/escuelas-innovadoras-y-familias-creativas/
Sanchiz Ruíz, M.L. (2009): Modelos de orientación e intervención psicopedagógica. Valencia. Publicación Universitat Jaume I. Recuperado de: http://repositori.uji.es/xmlui/bitstream/handle/10234/23882/s4.pdf?sequ…
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ALVAREZ GÓNZÁLEZ, M.; BISQUERRA ALZINA, R. (1998). Manual de orientación y tutoría. Barcelona: Praxis.
ALVAREZ HERNÁNDEZ, J. (2002). Guía de Orientación y tutoría. Málaga: Aljibe
ANGULA VARGAS, A. (2009): La tutoría en la educación primaria: manual de ayuda. Madrid: Wolters Kluwer.
ARNAIZ, P. e ISUS, S. (1995). La tutoría, organización y tareas. Barcelona: Graó
BISQUERRA ALZINA, R. (1998). Modelos de orientación e intervención psicopedagógica. Barcelona: Editorial Praxis.
BISQUERRA ALZINA, R. (2012). Orientación, tutoría y educación emocional. Madrid: Síntesis.
BLASCO, P., PÉREZ, A., FOSSATI, R. (2003). Orientación Profesional e Inserción Laboral: Casos prácticos de desarrollo profesional. Valencia: Nau Llibres.
CIDE (2008). Orientación educativa: fundamentos teóricos, modelos institucionales y nuevas perspectivas.
CUENCA ESTEBAN, F (1994): Las técnicas de estudio en la Educación Primaria. Madrid: Escuela Española
FERNANDEZ TORRES, P. (1991). La función tutorial. Madrid: Castalia-MEC
GALVE MANZANO y GARCIA PEREZ. (1992): La acción tutorial en la enseñanza no universitaria. Madrid: CEPE
GARCIA GOMEZ, A. (1991). Experiencias sobre mejora del autoconcepto en el aula. Madrid: MEC
LONGAS, J. Y MOLLÁ , N. (2007). La escuela orientadora. Madrid: Narcea.
MAÑU,J. M (2007). Manual de tutorias. Madrid: Narcea.
MONGE CRESPO, C. (2009). Tutoría y orientación educativa. Nuevas competencias .Madrid: Wolters Kluwer
MORA, J.A (1998). Acción tutorial y orientación educativa. Madrid: Narcea.
MEC (1992). Orientación y tutoría. Primaria. Madrid: Secretaría de Estado de Educación.
ORTEGA, M.A. (1990). Cuaderno del tutor. Madrid: Popular.
PAREJO, J.L.; PINTO, J.M. (Coord) (2015): La orientación y la tutoría escolar con familias: teoría y práctica. Barcelona: UOC.
RAMIREZ GARCÍA, A. (Coord.)(2013): Orientación en educación primaria: doce meses, doce casos. Madrid: Pirámide.
SANTANA VEGA, L. (2015): Orientación educativa e intervención psicopedagógica: cambian los tiempos, cambian las responsabilidades profes
1 - COMPETENCIAS XERAIS:
G.4.- Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos.
G.5.-Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G.7.-Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos
estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
E.1.- Orientar ás familias.
E.2.- Realizar a acción titorial.
COMPETENCIAS BÁSICAS:
B.1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A metodoloxía que levará a cabo nesta materia constará de:
1. Sesións de exposición dos fundamentos teóricos de conceptualización e procesos sobre a orientación educativa. Estas exposicións realizaranse para todo o grupo de alumnos da materia e corresponden aos créditos teóricos. Os procedementos utilizados para traballar os bloques dentro destas sesións serán os seguintes:
- Exposición dos contidos nunha dinámica que permita a relación entre as propostas conceptuais, os avances das investigacións, os problemas da práctica e a reconstrución da experiencia persoal dos alumnos
- Dossiers bibliográficos: son unha selección de documentos representativos do contido preparados polo profesor. Serven de complemento e afondamento sobre os contidos expostos nas clases, é dicir, permiten a lectura e estudo individualizado sobre un tema.
2. Sesións de traballo nas sesións interactivas. As actividades son propostas amplas de acción onde converxen aprendizaxes, contidos, intencións, e os coparticipantes achegan á actividade as súas experiencias previas, a súa contorna social e cultural, e as súas características individuais . Nelas propiciarase a implicación do alumnado en:
• Estudo de casos e posterior análise
• Xogos de rol que escenifiquen situacións habituais en centros educativos
• Procura de información, interpretación e posta en común posterior
• Realización e exposición de traballos prácticos
• Investigación e deseño de propostas
• Debates
• Coñecemento de persoas e experiencias relacionadas coa materia de relevancia verificada a través de charlas e coloquios que poden ser presenciais ou por vídeoconferencia.
Todo isto, no marco dun Plan de Orientación e dun Plan de Acción Titorial.
Teranse en conta obrigatoriamente os intervalos da porcentaxe que se establece na ficha de cada materia no plan de estudos. En todo caso, a avaliación será continua, estando influenciada, por tanto, aos seguintes elementos e indicadores:
1 - ALUMNADO ASISTENTE
A- Participación na aula, cun peso do 10%.
Instrumentos de avaliación: Control de asistencia, rexistro de participación e observación.
Indicadores/orientacións para a avaliación: A puntuación total deste apartado será alcanzada por aqueles alumnos que asistan asiduamente a clase e que participen de forma activa, coa actitude adecuada, nas dinámicas que se propoñan.
Controlarase a asistencia nas sesións presenciais obrigatorias, que así se marquen. O alumnado debe ter, polo menos, o 80% das asistencias para considerarse a súa cualificación neste apartado.
B- Probas específicas, cun peso do 50%.
Instrumentos de avaliación: traballo académico final.
Indicadores/orientacións para a avaliación: un traballo académico negociado co alumnado a inicio do cuadrimestre.
Para aprobar a materia, será preciso alcanzar en este apartado un mínimo do 30% (3 puntos)
C- Informe escrito e outras producións, cun peso do 30%.
Instrumentos de avaliación: Portafolios de actividades prácticas.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Serán explicados pola Profesora a inicio das sesións da materia.
Para aprobar a materia, será preciso alcanzar neste apartado un mínimo del 15% (1,5 puntos)
D- Presentacións orais, cun peso do 10%.
Instrumentos de avaliación: Exposicións de lecturas e traballos.
Indicadores/orientacións para a avaliación: neste punto serán valoradas as exposicións que se soliciten ao alumnado.
2- ALUMNADO NON ASISTENTE
O alumnado que, polas razóns que sexa, non alcance un mínimo do 50% nas sesións presenciais obrigatorias non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia.
3- ALUMNADO CON DISPENSA DE DOCENCIA
O alumnado con exención de clases teóricas respectará as datas de entregas dos traballos e demais requisitos establecidos, mantendo contacto coa profesora.
A- No prazo máximo dunha semana desde a concesión de dispensa pola Xunta de Facultade, deberá poñerse en contacto coa profesora responsable da materia. Non facelo así, pode supor o non poder participar dun sistema de avaliación alternativo.
B- Deberá asistir a aquelas sesións da materia que, polo seu contido e/ou metodoloxía, non poden ser traballadas de maneira autónoma. Indicaráselle na primeira toma de contacto cales son esas sesións.
C- Proporcionaráselle un Plan de Traballo alternativo diferenciado do alumnado non asistente. Concretarase nesa primeira semana unha vez concedida dispensa.
D- O exame obrigatorio será diferente ao dos alumnos asistentes, aínda que manterá o mesmo peso na avaliación final. No caso de que o exame sexa substituído por un traballo académico de fin de cuatrimestre, este, obrigatoriamente, será individual.
4. POSIBILIDADES DE RECUPERACIÓN
O alumnado que non supere a materia no período ordinario pode atoparse nunha das seguintes circunstancias na oportunidade de xullo:
A. Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentar unicamente o traballo académico final en xullo. Neste caso, manteranse as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
B. Se no período ordinario, non se obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba final de xullo que o alumnado que se sitúa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidese ter realizado durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
C. No caso de que un alumno/a suspenda a materia na oportunidade de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos ten a opción de ser avaliado segundo as condicións que se establecen no apartado A ou no apartado B. En calquera caso, esta decisión comunicarase ao docente na primeira quincena do cuatrimestre.
Outras cuestións relacionadas co sistema de avaliación serán comentadas e aclaradas co alumnado nos primeiros días de clase.
ALUMNADO REPETIDOR
Para o alumnado repetidor, a inicio de cuatrimestre e nunha titoría, negociarase o sistema de avaliación, sempre partindo dos criterios que se expoñen nesta guía, pero, tamén, considerando a posibilidade de levar a cabo unha avaliación final da materia na que se contemple a opción de conservar a cualificación naqueles traballos superados con anterioridade.
CONSIDERACIÓN AO RESPECTO DA AVALIACIÓN:
Os traballos individuais ou de grupo dos estudantes deben ser orixinais. A entrega de documentos onde existan claros indicios de plaxio suporá un suspenso na asignatura. Neste sentido, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. De igual xeito, os traballos nos que se manexa información doutros autores deben estar debidamente referenciados con citas bibliográficas directas ou indirectas, preferentemente utilizando o estilo APA (sétima edición).
Actividades en gran grupo: Expositivas 18 horas.
Actividades en grupo mediano: Interactivas 18 horas.
Titoría: 2,25 horas.
Actividades e traballo autónomo do alumno/a: 74,25 horas.
HORAS TOTAIS: 112,5 horas.
- Asistencia regular ás sesións de clase, que asegura ao alumno a orientación no seu estudo por parte da profesora e a guía necesaria para abordar os bloques de contido. Tamén constitúe un espazo importante para a negociación das actividades en grupo.
- Seguimento e adicación en todas as sesións interactivas. Velar pola calidade dos informes finais que se entregan.
- Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo. Planificación adecuada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e diálogo constante cos profesores).
- Uso adecuado das titorías ao longo do semestre (revisión e seguimento de prácticas, apoio ao estudo individual).
É interesante que se traballe, fundamentalmente, en e coa bibliografía proposta.
O alumnado con exención de clases teóricas respectará as datas de entrega dos traballos e demais requisitos establecidos, mantendo contacto co profesorado.
A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir á clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de Facultade. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia a clases.
O alumnado con Necesidades Educativas Específicas deberá de ser avaliado polo servizo correspondente (SEPIU) co obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade de trato.
Alumnado con Necesidades Educativas Específicas:
O alumnado con Necesidades Educativas Específicas deberá de ser avaliado polo servizo correspondente (SEPIU) co obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade de trato.
Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
No desenvolvemento das clases e na realización das diferentes actividades, respectaranse os criterios de igualdade de xénero.
A información que a USC recolle a este respecto pode ampliarse neste enlace.
https://www.usc.gal/es/servizos/oix/modules/news/news_0009.html
Teresa Susana Vázquez Regueiro
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- teresasusana.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU