Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Distinguir e establecer as características concretas e específicas necesarias para a organización e dirección de xogos nos seus diferentes ámbitos de aplicación
- Seleccionar e secuenciar xogos infantís en función de intereses, necesidades e posibilidades do alumnado ao que van dirixidos.
- Coñecer e distinguir os recursos que ofrecen estas actividades no campo da recreación e do lecer escolar.
- Entender e comprender a vinculación que os xogos populares teñen cos intereses culturais e históricos dos pobos e comunidades, os seus desarraigamentos e a susceptibilidade que orixina a súa recuperación na sociedade actual.
BLOQUE TEMÁTICO I. Os XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS
- Tema 1.- Os xogos e deportes populares: introdución, conceptos e clasificacións.
- Tema 2.- Os xogos populares e tradicionais na educación física escolar.
- Tema 4. Xogos e deportes de lanzamento, locomoción, loita e forza. Propostas prácticas.
- Tema 5. Propostas para a súa aplicación educativa e recreativa.
BLOQUE TEMÁTICO II: A INICIACIÓN DEPORTIVA E O DEPORTE ESCOLAR
- Tema 6.- Conceptos básicos. Clasificación dos xogos deportivos.
- Tema 7.- Os elementos pedagóxicos do deporte. Os valores na iniciación deportiva. A igualdade de xénero no deporte.
- Tema 8.- A iniciación deportiva no contexto escolar.
Bibliografía Básica
Blazquez, D. (1982). Iniciación a los deportes de equipo. Martínez Roca.
Blázquez, D. (1995). La iniciación deportiva y el deporte escolar. INDE.
Camerino Foguet, O. (2000). Deporte recreativo. Inde.
Bibliografía Complementaria
Antón García, J. L. (coord.)(1989). El entrenamiento deportivo en la edad escolar. Unispor Andalucía.
Bayer, C. (1992). La enseñanza de los juegos deportivos colectivos. Hispano Europea.
Blanco-García, T. (1993). Para jugar, como jugábamos. Diputación de Salamanca.
Castejón Oliva, F. J. (1995). Fundamentos de iniciación deportiva y actividades físicas organizadas. Dykinson.
Devís Devís, J., e Peiró Velert, C. (1992). Nuevas perspectivas curriculares en Educación Física: la salud y los juegos modificados. Inde.
Graça, A. e Oliveira, J. (1994). O ensino dos jogos desportivos. Universidad de Oporto.
Gruppe, O. (1976). Teoría pedagógica de la Educación Física. INEF Madrid.
Hernández Moreno, J. (1994). Fundamentos del deporte: análisis de las estructuras del juego deportivo. INDE.
Hernández Moreno, J. (2000). La iniciación a los deportes desde su estructura y dinámica. INDE.
Lasierra, G. e Lavega, P. (1993). 1015 juegos y formas jugadas de iniciación a los deportes de equipo. Vol. I, II. Paidotribo.
Navarro-Patón, R., Alvarez-Fernández, M., e Basanta-Camiño, S. (2015). Los juegos y actividades tradicionales como reflejo de la sociedad. Estudio comparativo entre la población adulta y los escolares de educación secundaria obligatoria. EmasF, 6(33), 1-22.
Navarro-Paton, R., Alvarez-Fernández, M., e Basanta-Camiño, S. (2014). O xogo popular tradicional no concello de Xove, unha ollada á realidade lúdica. Revista Galega de Educación, (59), 80-83.
Deben adquirir as competencias que oficialmente establécense na ficha correspondente á materia:
- Xerais: G2-G5-G7.
- Específicas: E56-E59-E60.
- Básicas: B2-B3.
- Transversais: T1-T3.
Será activa, colaborativa e participativa para que axude ao alumnado a recompilar e organizar a información e os seus coñecementos de tal forma que poida transmitir os conceptos dun contexto a outro, fomentando e reforzando unha aprendizaxe significativa.
A organización das sesións será en función do grupo de clase que se desenvolva e onde a vivencia persoal tanto individual como en grupo será un elemento fundamental para coñecer as particularidades desta materia e a súa posterior aplicación na escola.
Hai que ter en conta que debido á natureza da materia, poderanse realizar prácticas de campo, sobre todo no bloque de contidos de xogos populares e tradicionais.
Por último, contémplase o uso, segundo necesidade, das plataformas tecnolóxicas institucionais (correo electrónico, aula virtual da materia e Microsoft Teams) como recursos para a difusión dos materiais, realización e/ou entrega de tarefas e, en xeral, facilitar a comunicación e un mellor aproveitamento da materia.
A avaliación será levada a cabo atendendo aos seguintes apartados:
1. Participación na aula: 30% do total da nota (Si a asistencia é ao 100% das sesións). Rexistrarase a asistencia mediante firma en lista que se pasará nas sesións interactivas/laboratorio.
2. Probas específicas: 40% do total da nota. Realizarase unha proba no momento e lugar establecidos no calendario oficial de exames que constituirá o opción de avaliación por defecto neste apartado. Tamén se contempla, como alternativa voluntaria para o alumnado asistente e en substitución da opción por defecto, a posibilidade de unha ou varias probas ao longo do semestre.
3. Informes escritos e outras producións: 20 % do total da nota. Traballo grupal final e actividades (poderá haber un traballo coordinado coas materias da Mención de Educación Física que se imparten no mesmo semestre).
4. Presentacións orais: 10% do total da nota. Presentacións orais dos traballos realizados.
Condicións para superar a materia.
A. ASISTENCIA: Como mínimo o alumno/a debe asistir ao 80% das sesións interactivas/laboratorio para poder puntuar neste apartado. Para recibir cualificación neste apartado, ademais de asistir a un mínimo do 80% das horas, o/a estudante deberá implicarse activamente nas sesións.
B. PUNTUACIÓN MINIMA NAS PROBAS ESPECÍFICAS E NOS INFORMES ESCRITOS : Para superar a materia, o alumno/a debe obter un mínimo da metade da cualificación máxima nas probas específicas e informes escritos que se soliciten.
C. ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que, polas razóns que sexa, non acuda a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán superar a materia mediante as puntuacións obtidas nos apartados de participación e asistencia e probas específicas (mantendo a proporcionalidade dos mesmos, polo que deberán obter 5 puntos do máximo de 5,5 posible na súa situación).
D. RECUPERACIÓN DA MATERIA: O alumnado que non supere a materia no período ordinario, pode atoparse nunha das seguintes circunstancias na segunda oportunidade:
a. Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación en todos os apartados da avaliación, debe presentarse unicamente aos apartados de avaliación non superados (proba específica e/ou informes escritos) na segunda oportun¡dade. Neste caso, mantéñenselle as cualificacións dos apartados de avaliación superados no período ordinario e o súa proporcionalidade.
b. Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos apartados de avaliación, participará da mesma proba específica de segunda oportunidade que o alumnado que se atopa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidese realizar durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores: a/o estudante deberá pasar a falar co docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia
Alumnado con dispensa de asistencia (segundo a normativa da USC): estes alumnos ou alumnas deberán informar da súa situación ao docente correspondente na mesma semana en que soliciten a exención, a fin de concretar de inmediato o seu plan de traballo e a avaliación na materia para adaptalos ás súas particulares circunstancias. A asistencia de obrigado cumprimento será a exposición da sesión práctica cos compañeiros e a exposición da sesión práctica con escolares na práctica de campo (sen a asistencia a estas dúas sesións. o alumnado con dispensa de asistencia non terá dereito a avaliación).
Alumnado con diversidade funcional: calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, debería xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servizo acreditado pola USC (Servizo de Participación e Integración Universitaria (SPIU) da USC) a estes efectos6 e informar do seu caso ao docente dentro das dúas primeiras semanas do semestre correspondente, a fin de que poidan acordar á maior brevidade o plan de traballo da/do estudante na materia e, se é preciso, as adaptacións curriculares e/ou avaliativas
IMPORTANTE:
"Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Actividades presenciais
- Clases expositivas, debates, prácticas en gran grupo e avaliación: (Total horas: 18)
- Actividades grupo mediano e prácticas específicas: (Total horas: 18)
- Actividades en pequeno grupo ou individuais: (Total:horas; 2,5)
Tempo de estudo e de traballo persoal
- Actividades en gran grupo: 25 horas.
- Actividades en grupo mediano: 36 horas.
- Actividades en pequeno grupo ou individuais: 13 horas
A asistencia ás clases expositivas é un nexo de unión fundamental para a parte práctica e interactiva e onde o esforzo individual e en grupo debe ser determinante para acadar o seu coñecemento e o nivel adecuado de aprendizaxe.
A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de facultade. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia a clase.
O alumnado que necesite algún tipo de adaptación ou apoio específico por NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só teranse en conta a lestes efectos aqueles casos que sexan valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/
Por necesidades de docencia o presente programa poderá ser modificado antes do comezo da impartición da materia, comunicando ditas modificacións ao alumnado por medio da guía docente que se lles proporcionará.
Así mesmo, para que a materia contribúa a unha maior sostibilidade, igualdade de xénero e protección das persoas adoptaranse as seguintes medidas:
1) Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
2) Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desca…
3) Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
4) Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
5) Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
6) Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
7) Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Joaquín Lago Ballesteros
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821023
- Correo electrónico
- joaquin.lago [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor