Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
O obxectivo xenérico que se pretende con esta materia é proporcionar ao alumnado os coñecementos necesarios para a comprensión do comportamento dos individuos e das organizacións, así como fomentar a creatividade para que adopten unha actitude activa asumindo o reto que significa xestionar e dirixir persoas. Outro obxectivo é servir de estímulo para incentivar o cambio e a innovación nas empresas.
T1.Comportamento individual: Diferenzas individuais, percepción e motivación.
2.Principios do comportamento grupal: Grupos e liderado.
3.Proceso de comunicación.
4.Conflito e negociación.
5.Cultura e xestión do cambio.
Básica
Robbins, S.; Judge, T. (2010). “Introducción al comportamiento organizativo”. 10ª ed. Ed. Pearson.
Robbins, S.; Judge, T. (2017). “Comportamiento organizacional”. 17ª ed. Ed. Pearson.
Complementaria
Davis, K.; Newstrom, J.W. (2014). “Comportamiento humano en el trabajo”. 13ª ed. Ed McGraw Hill.
Dessler, G. (2001). “Administración de personal”. 8ªed. Ed. Prentice Hall.
Costa García, M.; et al (2011). “Negociar para con-seguir”. Ed. Prentice Hall.
Shepherd, C.; et al (2011). “Administración de la innovación”. Ed. Pearson.
Wayne Mondy, R.; et al (2010). “Administración de recursos humanos”. 11ªed. Ed. Pearson.
Whetten, D.A.; Cameron, K.S. (2011). “Desarrollo de habilidades directivas”. 8ª ed. Ed. Pearson.
Básicas e xerais
CB1 - Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o estudantado desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG4 - Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina.
CG5 - Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
Específicas
A5 - Teoría básica da empresa. Organización e áreas funcionais.
D4 - Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados.
D11 - Comunicarse con fluidez na súa contorna e traballar en equipo.
Transversais
CT3 - Comunicación oral e escrita.
CT8 - Razoamento crítico.
CT10 - Traballo en equipo.
As sesións dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir ao alumnado nos contidos dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles.
As sesións interactivas basearanse na aplicación práctica dos contidos teóricos expostos nas sesións expositivas. Estas sesións estarán encamiñadas á resolución e debate de casos e exercicios prácticos para mellorar a habilidade do alumnado para recoñecer e definir os problemas aos que se enfrontan as empresas, e poder tomar as decisións máis adecuadas.
As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse presencialmente de acordo co horario oficial publicado polo centro.
A participación nas sesións expositivas e interactivas complementarase co traballo persoal do alumnado que poderá incluír, entre outras, actividades de procura de información e material bibliográfico, lectura do devandito material e elaboración e defensa de traballos individuais ou colaborativos.
Este traballo autónomo será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe. As titorías tamén servirán de canle de retroalimentación sobre os resultados obtidos.
As titorías levaranse a cabo fundamentalmente de forma presencial, se ben en determinados casos tamén poderán realizarse de xeito virtual e síncrona (a través da plataforma institucional MS Teams) e asíncrona (a través do campus virtual). En calquera caso, as titorías desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
O desenvolvemento da materia realizarase con apoio da aula virtual docente creada a tal, efecto na plataforma Moodle.
A avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (realización e participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas artigos ou noticias de prensa, realización e exposición de traballos, realización de cuestionarios sobre contidos teóricos ou prácticos, etc.).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda oportunidade (de recuperación).
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades, tanto para o alumnado de primeira matrícula como para o alumnado repetidor, recóllese a continuación:
Primeira oportunidade ordinaria. Contémplase a avaliación continua, combinada cunha proba final.
1. Avaliación continua: resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, realización e presentación de traballos, cuestionarios e outras actividades vinculadas ás sesións expositivas e interactivas, así como a actitude e implicación nas clases. Peso na cualificación final: 30%.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso e a forma de seguimento comunicaranse con antelación suficiente ao alumnado.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CB3, CB4, CG4, A5, D4, D11, CT3, CT8, CT10.
2. Exame final de contidos: proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, e poderá incluír preguntas de resposta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, ou casos (reais ou inventados) aos que o alumnado debe dar unha solución, baseándose nos contidos teóricos da materia e/ou nas habilidades/competencias desenvolvidas ao longo do cuadrimestre. Peso na cualificación final: 70%. Esta proba será presencial, nas datas establecidas polo centro.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CB1, CB5, CG5, A5.
Para poder engadir á nota do exame de contidos a puntuación alcanzada na avaliación continua, o alumnado deberá alcanzar unha nota mínima de 3 puntos sobre 7 no exame final de contidos. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
O alumnado que non obteña ningunha puntuación vinculada ás actividades realizadas nas sesións expositivas e interactivas só poderá obter un máximo de 7 puntos.
Segunda oportunidade (recuperación).
Na segunda oportunidade de recuperación aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade. É dicir, farase un novo exame final de contidos coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua.
-De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
-O alumnado ao que se lle concedeu dispensa de asistencia seguindo a Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado cun exame final específico presencial que suporá o 100% da nota.
A materia é de 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
Horas de clase expositiva e interactiva, titorías e avaliación na modalidade que se determine: 45.
Traballo persoal do alumno: 67,5.
Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que o alumnado asista regularmente ás sesións expositivas e interactivas, participe activamente en todas as actividades propostas polo profesorado e consulte a bibliografía básica e outro material recomendado.
As titorías son un recurso útil que o alumnado debería utilizar as veces que fose necesario. O acceso ao campus virtual para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso e poder dispor e revisar antes das clases o material complementario, facilita a participación do alumnado e a súa capacidade de adquirir coñecementos.
Mencia Hermida Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- mencia.hermida.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia