Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Introducir ao alumnado nos aspectos básicos da economía española e da galega, así como proporcionarlle un coñecemento detallado das súas características e trazos definitorios.
-Proporcionar un marco interpretativo para entender as transformacións que veñen experimentando as economías española e galega nas últimas décadas.
-Familiarizar ao alumnado coas principais estatísticas e fontes doutro tipo disponíbeis para o estudo da economía española e galega, e inicialo na elaboración das súas propias análises sobre a base desas fontes.
Para cumprir cos anteriores obxectivos, pártese dos coñecementos xa adquiridos polos alumnos, fundamentalmente nas materias de análise económica e historia económica, e adóptase un enfoque de tipo estrutural que trata de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto de elementos e interdependencias que operan a nivel da economía española e galega e que permiten entender as mudanzas que, de forma acelerada, veñen caracterizando a súa evolución nas últimas décadas.
I. Evolución recente da economía española
II. Fontes do crecemento económico español
III. Elementos estruturais básicos da economía española
IV. Análise sectorial e espacial da economía española
V. Dinámica e estrutura actual da economía galega
(a) Básica
GARCÍA DELGADO, J.L.; MYRO, R. (DIRS) (2021): Lecciones de Economía Española. Cizur Menor (Navarra): Editorial Aranzadi.
FERNÁNDEZ LEICEAGA, X. e LÓPEZ IGLESIAS, E. (2000): Estrutura Económica de Galiza. Santiago de Compostela: Ed. Laiovento.
(b) Complementaria
AFUNDACIÓN-OBRA SOCIAL ABANCA (varios anos): A economía galega. Informe ... A Coruña: AFundación (antes fundación Caixa Galicia, informes anuais publicados desde 1986).
CARMONA, X e NADAL, J. (2005): El empeño industrial de Galicia: 250 años de historia 1750-2000. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza.
GARCÍA DE LA CRUZ, J.M.; RUESGA BENITO, S.M. (COORDS.) (2007): Economía Española. Estructura y regulación. Madrid: Thomson.
GARCÍA DELGADO, J.L. (DIR) (1999): España, economía: ante el siglo XXI. Madrid: Espasa-Calpe.
LÓPEZ IGLESIAS, E. (2016): “Do atraso ao progreso económico de Galiza? Un proceso histórico á espera dun relato”, en Dubert, I. (ed.): Historia das historias de Galicia, Ed. Xerais, Vigo, pp. 329-356.
LÓPEZ IGLESIAS, E. e ARES, J.J. (eds.) (2002): Novos escenarios para a economía galega. Actas do II Congreso de Economía de Galicia, Serv. de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
MARTÍN, C. (1997): España en la nueva Europa. Madrid: Alianza Universidad.
MARTÍN MAYORAL, F. (COORD.) (2009): Manual de Economía Española. Teoría y Estructura. Madrid: Pearson-Prentice-Hall.
MARTÍNEZ CHACÓN, E. (DIR.) (2009): Economía española. Barcelona: Ariel.
PÉREZ, F. (DIR.) (2004): La Competitividad de la economía española: inflación, productividad y especialización. Barcelona: La Caixa, Servicio de Estudios.
PRADA BLANCO, A. e LAGO PEÑAS, S. (2009): Galicia, unha economía europea 1986-2006. Vigo: Ed.Galaxia.
RALLO ROMERO, A. (COORD.) (2001): Curso de estructura económica española. Madrid: Pirámide.
TAMAMES, R. (2008): Estructura Económica de España. Madrid: Alianza Editorial.
VALLÉS FERRER, J. (DIR.) (2009): Economía Española. Madrid: McGraw Hill.
VVAA (2000): Revista Galega de Economía, vol. 9, nº 1, número monográfico “A economía galega ante o século XXI”.
VVAA (2007): Papeles de Economía Española, Economía de las Comunidades Autónomas, nº 22: Galicia-Norte de Portugal.
Turnes Albelenda, A. (2021). Descentralización fiscal e desenvolemento. Edicións Laiovento, Santiago de Compostela
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
BÁSICAS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
XERAIS
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Análise e síntese.
CT2 - Organización e planificación.
CT3 - Comunicación oral e escrita.
CT4 - Xestión da información.
CT5 - Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Resolución de problemas.
CT7 - Toma de decisións.
CT8 - Razoamento crítico.
CT9 - Autonomía na aprendizaxe.
CT10 - Traballo en equipo.
CT11 -Traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
CT12 -Habilidades nas relacións interpersoais.
CT13 -Sentido ético.
CT14 -Adaptación á contorna e ao cambio.
CT15 -Coñecemento doutras culturas e costumes, e traballo nun contexto internacional.
CT16 -Sensibilidade cara a problemas sociais e ambiental.
CT17 -Negociación e tratamento de conflitos.
CT18 -Iniciativa e espírito emprendedor.
CT19 -Creatividade e capacidade innovadora.
CT20 -Xestión por obxectivos.
CT21 -Xestión de proxectos.
CT22 -Desenvolvemento da calidade.
CT23 -Estimulación intelectual.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
A3 - A realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións económicas e a súa evolución.
D6 - Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
O ensino da materia levarase a cabo a través de actividades de docencia expositiva e de docencia interactiva en grupos reducidos, todas elas de carácter presencial.
Para isto un soporte esencial está constituído pola Aula Virtual da materia, na que os/as alumnos/as poden encontrar: i) a programación cronolóxica detallada das actividades, co contido previsto para cada unha das sesións de docencia expositiva e interactiva; ii) as presentacións para cada clase de docencia expositiva; iii) un guión das actividades a realizar e os materiais para traballar en cada unha das sesións de docencia interactiva (publicacións, datos estatísticos, ...); iv) as publicacións, tanto da bibliografía básica como da específica para cada tema, que están disponibles en formato electrónico; v) modelos de exame de convocatorias anteriores.
As tutorías terán lugar esencialmente de modo presencial, complementadas coa resolución de dúbidas a través do foro da Aula Virtual e o correo electrónico institucional.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
I. Modalidade de avaliación continua
O s alumnos deberán asistir como mínimo, ao 80% das clases interactivas (computando como asistencia as ausencias xustificadas documentalmente). Para estes alumnos o sistema de avaliación consta de dous tipos de mecanismos:
a. Asistencia ás clases interactivas, exposición nas clases interactivas de temas preparados previamente (a partir do material disponible na Aula Virtual), realización doutras actividades que poida organizar o profesorado, participación activa nas clases.
Peso na cualificación final: 30%. Nesta parte avalíanse as seguintes competencias: CB1, CB2, CG2, CG3, CT1
b. Proba final escrita presencial, na que se combinan: preguntas tipo test (dirixidas a comprobar o dominio polo alumnado dos conceptos e coñecementos esenciais expostos ao longo do desenvolvemento da materia); e outras nas que deben responder de forma breve a certas cuestións (o obxectivo é aquí contrastar a capacidade do/a alumno/a para relacionar os diferentes conceptos e coñecementos parciais que debeu adquirir na materia).
Peso na cualificación final: 70%. Nesta parte avalíanse as seguintes competencias: CB2, CB3, CG2, CG3, CT2, CT3, CT4, CT10, CT11
Para o alumnos que non asistan a un mínimo do 80% das clases interactivas terán que que asistir ao exame final cunha puntuación de cero na parte inetractiva.
Os alumnos repetidores deberán asisitir tamén ás clases interactivas.
Ó alumnado que lle sexa concedida a dispensa de asistencia a clase, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cunha proba escrita que suporá o 100% da calificación.
(a) traballo presencial na aula:
- clases de pizarra en grupo grande: 24 horas
- clases de pizarra en grupo reducido: 24 horas
- titorías en grupo moi reducido: 3 horas
- Avaliación grupo: 5 horas
- TOTAL: 56 horas
(b) Traballo persoal do alumno:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 65 horas
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 10 horas
- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 10 horas
- Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 5 horas
- TOTAL: 90 horas
Recoméndase o seguimento continuado das clases presenciais e da bibliografía básica e complementaria sinalada polos profesores en cada caso.
Aconséllase, así mesmo, a consulta frecuente das principais fontes estatísticas empregadas e dalgún dos principais xornais económicos (Cinco Días, Expansión, etc), como mecanismos que axuden a fixar o coñecemento impartido nas clases teóricas.
Por último, aconséllase acudir ás titorías para a resolución de calquera dúbida ou problema que se presente ao longo do curso académico.
Luis Castañon Llamas
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 982824407
- Correo electrónico
- luis.castanon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Juan Alberto Turnes Abelenda
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- juanalberto.turnes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Venres | |||
---|---|---|---|
15:30-17:15 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
13.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
12.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |