Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O programa da materia “Investigación Comercial” foi deseñado co fin de ofrecerlle ao alumnado do grao en ADE, unha visión xeral da investigación de mercados, o seu contido e os seus obxectivos en relación coa toma de decisións comerciais e cos problemas que hai que resolver, de modo que se alcance a súa iniciación no exercicio da investigación.
1) Concepto e natureza da investigación comercial: o proceso de investigación de mercados
2) Fontes de información utilizadas en investigación comercial. As técnicas cualitativas e cuantitativas de investigación.
3) Técnicas de mostraxe
4) Recollida, preparación e análise de datos
5) Resultados e informe de investigación
Bibliografía básica:
- Trespalacios, J.A.; Vázquez, R.; de la Ballina, F.J.; Bello, L. (2016). Investigación de mercados. Ed. Paraninfo.
- Grande, I.; Abascal, E. (2011). Fundamentos y técnicas de investigación comercial. Ed. ESIC.
- Merino, M.J.; Pintado, T.; Sánchez, J.; Grande, I. (2010). Introducción a la investigación de mercados. Ed. ESIC.
Bibliografía complementaria:
- Fernández, A. (1999). Investigación de mercados: Obtención de información. Civitas. - Malhotra, N. (2016). Investigación de mercados. Ed. Pearson Educación
- Visauta, B. (2007). Análisis estadístico con SPSS 14, estadística básica. Ed. McGraw-Hill.
- Esteban, A.; Molina, A, (coord.) (2014). Investigación de mercados. Ed. ESIC.
BÁSICAS E XERAIS:
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestión relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
CG5 - Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
ESPECÍFICAS
B3 - Decisións de política e estratexia comercial: márketing mix, políticas de prezos, distribución, promoción e política de produto.
D10 - Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
TRANSVERSAIS
CT3 - -Comunicación oral e escrita
CT5 - -Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT10 - -Traballo en equipo
CT13 - -Sentido ético
Para o desenvolvemento teórico da materia, o enfoque docente adoptado recolle distintas alternativas metodolóxicas e é, ademais, flexible. Por unha banda, as sesións expositivas combinarán a lección maxistral coa análise de artigos de actualidade, exposicións do alumnado sobre aspectos teóricos, comentarios críticos, etc.
As sesións interactivas estarán encamiñadas á resolución de exercicios, análises de casos e, principalmente, á realización dun estudo de mercado ao longo do curso, que se desenvolve na medida que o alumnado vai adquirindo os coñecementos teóricos necesarios para a súa realización; para iso faise necesario o recurso ao computador (acceso a internet e uso do programa estatístico SPSS).
O traballo de investigación realízase en grupos compostos por un máximo de tres persoas. O obxectivo é controlar a participación de todos os alumnos e que, deste xeito, alcancen o nivel de aprendizaxe desexada.
En caso de ser posible, levará a cabo algunha sesión práctica en forma de conferencia ou visita a empresa.
Utilizarase o apoio virtual para a docencia a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’ Teams.
A avaliación desta materia será mediante exames e valoración da participación dos alumnos nas sesións interactivas e expositivas e realización de traballos. Concretamente, a cualificación da materia será o resultado de sumar as 3 puntuacións seguintes:
- Cualificación obtida no exame final, que contribuirá un 50% á cualificación. Dito exame cubrirá todo o programa e incluirá todo o material exposto nas clases.
- Valoración dun traballo realizado en grupo, cuxa elaboración suporá un 40% da cualificación.
- Valoración da participación nas clases ao longo do curso, que contribuirá un 10% á cualificación. Diversas probas, casos e outro material docente será asignado nas clases e será recollido polo profesor/a.
Para aprobar a materia será condición necesaria (tanto en febreiro como en xullo) que o alumno acade, polo menos, o 40% da puntuación posible no exame. Ademáis, o alumnado deberá: a) superar, como mínimo, o 75% das probas propostas nas sesións interactivas. e b) obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 no traballo final de investigación de mercados. No caso de non cumplir algún dos dous requisitos anteriores, a súa cualificación final será, únicamente, a nota acadada no exame, que será avaliado sobre 7 puntos, sendo necesario acadar un 60% de dita puntuación para superar a materia.
AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS:
Avaliación continua: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG3, CT3, CT5, CT10, CT13
Examen final: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG5, B3, D10, CT3, CT5
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
É recomendable complementar as clases teóricas coa consulta dos libros de texto recomendados, así como coa preparación de lecturas e temas transversais que poderán ser expostos e debatidos na clase. As clases prácticas esixen un esforzo por parte do alumnado para reunirse co seu grupo de traballo para realizar o estudo de mercado. De modo global, a preparación da materia, leva consigo unha dedicación persoal de tres horas semanais (90h), mentras que as horas de docencia presencial ascenden a 60.
É recomendable que o alumnado traballe sobre a materia ao longo do curso, leve ao día os conceptos teóricos e procuren a súa aplicación práctica de cara ao estudo de mercado que, ao mesmo tempo, está desenvolvendo. A maiores, resulta conveniente a comunicación co profesorado mediante a utilización das titorías persoais.
Maria Belen Bande Vilela
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 982824473
- Correo electrónico
- belen.bande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:45 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
24.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
19.06.2025 19:00-22:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |