Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo da materia é levar a cabo un estudo detallado dos principais modelos de análise macroeconómica, tanto en economías pechadas como en economías abertas, analizando os seus puntos de acordo e explicando as súas discordancias, buscando con isto que os estudantes entren en estreito contacto cos acontecementos macroeconómicos actuais e obteñan unha visión ampla e integrada da macroeconomía.
As competencias específicas obxectivo da materia son coñecer e comprender:
– os conceptos e indicadores básicos que se utilizan na análise macroeconómica de curto prazo.
– os elementos principais que conforman a determinación da renda a curto e medio prazo, e os seus compoñentes, nunha economía nacional.
– os modelos básicos que se utilizan para a comprensión dos ciclos económicos.
– os elementos fundamentais de determinación da renda a curto prazo nunha economía aberta.
– os conceptos básicos da política macroeconómica e a súa repercusión sobre o emprego e a inflación.
– cómo aplícanse os modelos teóricos á interpretación dos datos macroeconómicos.
A medición dos agregados macroeconómicos: produción, emprego e inflación. Os mercados de bens, de traballo e financeiros. O modelo IS-LM. Os ciclos económicos e a súa medición. Análise dos ciclos: o modelo keynesiano e o modelo clásico. Economías abertas: o modelo Mundell-Fleming. Oferta agregada e mercado de traballo. Políticas macroeconómicas de demanda e oferta. A curva de Phillips e a taxa natural de paro.
Bibliografía básica:
Blanchard, O. (2017), “Macroeconomía”, 7ª ed., Pearson.
Bande, R. (2016), "Macroeconomía", Createspace Independent Pub.
Bibliografía complementaria:
Blanchard, O.; Amighini, A. e F. Giavazzi, (2012), “Macroeconomía”, 5ª ed., Pearson.
Belzunegui et al. (2013), “Macroeconomía. Problemas y ejercicios resueltos”, 3ª ed., Pearson.
Mankiw, N. G. (2014), “Macroeconomía”, 8ª ed., Antoni Bosch.
Bajo, O. e C. Díaz (2011), “Teoría y Política Macroeconómica”, Antoni Bosch.
Krugman, P. e R. Wells (2016), “Macroeconomía”, 3ª ed., Reverté.
As competencias xerais (CG) e específicas (CA) da titulación ás que contribúe a materia e as destrezas (D) que se adquiren son as seguintes:
CG1. Posuír e comprender os coñecementos que definen a Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, a un nivel que se apoia nos libros de texto avanzados e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG5. Posuír os coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
CA2. Coñecer o funcionamento do modelo de determinación da renda nunha economía aberta, o papel do diñeiro, as explicacións da inflación, o paro e o crecemento, e o papel dos instrumentos de política económica.
D6. Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
D7. Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
As competencias transversais que se adquiren son: T1. análise e síntese; T8. razoamento crítico; T16. sensibilidade cara a problemas sociais; T23. estimulación intelectual.
Como establece o RD 1393/2007 (BOE 30 de outubro) e se recolle na memoria da titulación, tódolos títulos de grao deben garantir a adquisición das competencias básicas CB1-B5
A metodoloxía de ensinanza basearase en exposicións teóricas combinadas con clases interactivas para a resolución de exercicios e a análise de problemas económicos reais. Os alumnos disporán dunha Guía Docente con información detallada que indicará o contenido específico dos temas, as referencias bibliográficas complementarias e outra información relevante que sirva de orientación para o su traballo personal. A Guía Docente e todos os materiais do curso figurarán na Aula Virtual da USC.
O alumno deberá reafirmar os coñecementos adquiridos a través da lectura das referencias indicadas e a resolución de exercicios. Os exames e o resto das actividades de evaluación continua forman parte do proceso de aprendizaxe (además de evaluar as competencias que o alumno adquire durante o curso).
A avaliación da materia ten en conta todalas actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre. A calificación final está composta nun 30 % pola avaliación continua e nun 70% polas probas finais.
A Guía Docente describirá en detalle as probas que se realizarán para a avaliación do alumno. Todalas competencias (CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG5, CA2, D6, D7, T1, T8, T16 y T23) serán avaliadas tanto na avaliación contínua como nas probas finais.
En canto a calificación da avaliación continua, terase en conta únicamente para o curso académico correspondente (é dicir, para a convocatoria de xaneiro e a convocatoria de xullo) e non se manterá para cursos posteriores.
Cando o alumno non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na Guía Docente, constará como “non presentado” (ver Normativa sobre permanencia e asistencia en titulacións adaptadas ao EEES).
O alumnado con dispensa de asistencia a clase realizará únicamente o examen final (100% de la calificación).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliacioón do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Ademais das 48 horas de traballo presencial na aula, o alumno deberá adicar 102 horas ao traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo) e a realización de lecturas e exercicios, así como a preparación dos exames.
Para superar a materia con éxito é recomendable que o alumno:
(a) se esforce e estude continuadamente ao longo do curso,
(b) resolva e discuta os exercicios prácticos propostos,
(c) lea as referencias recomendadas,
(d) acuda ás titorias planificadas para resolver as dúbidas relacionadas coa materia.
O estudante debe ser consciente de que o curso é un todo integrado e de que todos os temas están interrelacionados. Non se deben ver os temas como independentes e pensar que se pode entender un con independencia dos demais. O obxectivo é comprender o funcionamento global da economía e para iso hai que ter moi presente como interrelacionan todas as súas partes.
Roberto Bande Ramudo
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 982824436
- Correo electrónico
- roberto.bande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Diana Fernandez Mendez
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- di.fernandez.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:30-17:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
02.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 1 |
02.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 2 |
07.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 2 |