Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
Esta materia ten por obxectivo realizar unha análise do sistema financeiro español, centrándose nos seus tres elementos fundamentais: activos, mercados e intermediarios financeiros. Neste sentido, analízase a actividade das institucións financeiras, unha clara orientación cara á xestión financeira, así como as diferentes alternativas de investimento e financiamento, as técnicas de valoración de activos financeiros e os mercados nos que se emiten e negocian estes activos financeiros.
PRIMEIRA PARTE. INTRODUCIÓN AO SISTEMA FINANCEIRO
Tema 1. Estrutura do sistema financeiro (conceptos, características, funcións e elementos)
Tema 2. A política monetaria, o mercado interbancario e os sistemas de pagos (institucións e funcionamento)
SEGUNDA PARTE. INSTITUCIÓNS FINANCEIRAS
Tema 3. As entidades de crédito (marco institucional, entidades e elementos)
Tema 4. O sistema bancario: a xestión do risco na actividade bancaria (clasificación, regulacións e reestruturacións)
Tema 5. Outras institucións financeiras (institucións de investimento colectivo, sociedades e axencias de valores, fondos de titulización)
TERCEIRA PARTE. ACTIVOS E MERCADOS FINANCEIROS
Tema 6. Activos e mercados de renda fixa (clasificación, valoración e mercados)
Tema 7. Activos e mercado de renda variable (clasificación, valoración e mercados)
Básica
- ANALISTAS FINANCIEROS INTERNACIONALES (2019): Guía del Sistema Financiero Español. Ed. Empresa Global (8ª edic)
- CALVO BERNARDINO, A. et al. (2018): Manual del sistema financiero español. Ed. Ariel (27ª edic)
- BLANCO MENDIALDUA, A. (2015): Gestión de entidades financieras. Un enfoque práctico de la gestión bancaria actual. Ed. ESIC Editorial
- LÓPEZ PASCUAL, J. e SEBASTIÁN GONZÁLEZ, A. (2007): Gestión bancaria. Factores claves en un entorno competitivo. Ed MacGraw Hill (3ª edic)
- MARTIN MARIN, J.L. e TRUJILLO PONCE, A. (2004): Manual de mercados financieros. Ed. Ediciones Paraninfo
- HUERTAS COLOMINA, F. (coord.) e BARQUERO CABRERO, J. (2001): Manual de banca, finanzas y seguros. Ed. Gestión 2000 (3ª edic)
- CASILDA BEJAR, R. et al. (1997): La banca y los mercados financieros. Ed. Alianza
- FABOZZI, F, MODIGLIANI, F. e FERRI, M. (1996): Mercados e instituciones financieras. Ed. Prentice Hall
Complementaria
Facilitaranse as referencias na aula para aqueles temas nos que se considere necesario
Básicas e Xenerais
CB1 - Que os estudantes demostraran posuir e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e acostuma a atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicalos seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grado de autonomía.
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos que definen a Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións mais avanzadas e inclúe algúns dos aspectos mais relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG5 - Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, con un alto grado de autonomía.
Transversais
CT1 - Análise e síntese.
CT2 - -Organización e planificación
CT3 - -Comunicación oral e escrita
CT4 - -Xestión da información.
CT5 - -Coñecementos de tecnoloxía da información relativos o ámbito de estudo.
CT6 - Resolución de problemas.
CT7 - Toma de decisións.
CT8 - Razoamento crítico.
CT9 - Autonomía na aprendizaxe.
CT10 - Traballo en equipo.
CT11 - -Traballo en equipo de carácter interdisciplinar
CT12 - -Habilidades nas relacións interpersoais
CT13 - -Sentido ético
CT14 - -Adaptación o entorno e o cambio
CT15 - -Coñecemento de outras culturas e costumes, y traballo nun contexto internacional
CT16 - -Sensibilidade cara a problemas sociais e medioambientais
CT17 - -Negociación e tratamento de conflitos
CT18 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT19 - -Creatividade e capacidade innovadora
CT20 - -Xestión por obxectivos
CT21 - -Xestión de proxectos
CT22 - -Desenvolvemento da calidade
CT23 - -Estimulación intelectual
Específicas
D7 - Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía
D9 - Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicacións en todo o seu desempeño profesional
D10 - Aplicar á análise dos problemas, criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos
Ao tratarse dunha materia de cuarto curso tratarase de aplicar un enfoque práctico que permita que o alumnado teña un bo coñecemento da realidade dos mercados e da actividade das institucións financeiras. Dado que iso esixe o manexo de abundante información financeira, potenciaranse tanto as clases prácticas, como o traballo autónomo do alumnado. As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas servirán para introducir ao alumnado nos temas do programa e explicarlle o plan de traballo, proporcionándolle o material e a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo. Á finalización de cada tema o alumnado deberá realizar diferentes exercicios e actividades e, periodicamente, realizará traballos monográficos dalgún dos temas que configuran o programa , en moitos casos a partir de procuras e análises de información extraída da web que posteriormente exporán, ben individualmente, ben en grupo. Tamén
deberán resolver problemas e casos reais co apoio de software informático. Deste xeito potenciarase o manexo de información financeira en internet e a resolución de casos baseados na mesma.
Os exames forman parte do proceso de aprendizaxe e están encamiñados a avaliar as competencias xerais, específicas e transversais que o alumnado adquire durante o Curso.
A Aula virtual da USC será o punto de referencia para o desenrolo da docencia e seguimento da materia. A través da páxina do curso ofrecerase a programación periódica das clases e o material de apoio correspondente.
Para avaliar correctamente as competencias que o alumnado debe adquirir, teranse en conta os resultados obtidos nun exame final teórico-práctico e na avaliación continua. Polo tanto, o sistema de avaliación inclúe dous instrumentos:
Instrumento 1. Exame final teórico-práctico dos temas incluídos no programa da materia. Ponderación: 50% da cualificación final.
Proba escrita composta por unha parte teórica (preguntas de resposta curta e/ou cuestións tipo test) e unha parte práctica (un ou varios exercicios). A primeira parte trata de avaliar o grao de coñecemento da materia, fomentando capacidade do alumnado de trasladar os coñecementos adquiridos de xeito ordenado e sintetizado no papel. A segunda parte pretende avaliar o grao de comprensión do alumnado sobre a materia.
Instrumento 2. Avaliación continua. Ponderación: 50% da nota final.
Entre as actividades avaliadas a través deste segundo instrumento inclúense a participación activa na clase, resolución de exercicios e casos propostos, realización e exposición de traballos e probas. A relación das diferentes actividades avaliables ao longo del curso, a súa ponderación e como se vai a facer o seu seguimento indicarase na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
Calquera estudante pode presentarse ao exame final, teña ou non realizadas as actividades propostas na avaliación continua. En todo caso, a súa puntuación será exclusivamente a procedente do exame final, optando a un 50% da nota.
O sistema de avaliación do alumnado será independente da súa condición de repetidor ou non, e da convocatoria á que se presente. Aqueles estudantes exentos de asistencia por dispensa oficial realizarán un exame na data oficial optando ao 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación de competencias
Exame final: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG5, D7, D9, D10
Avaliación continua: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT3; CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12, CT13, CT14, CT15, CT16, CT17, CT18, CT19, CT20, CT21, CT22, CT23
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Traballo presencial:
- Docencia en grupo grande: 15
- Docencia en grupo reducido: 15
- Titorizacións en grupos reducidos ou individualizadas: 10
- Outras sesións con profesor: Exames e revisións: 5
Total horas traballo presencial na aula: 45
Traballo non presencial:
- Estudio autónomo individual ou en grupo: 30
- Preparación das prácticas: lectura de casos, textos e artigos, escritura de conclusións e traballos: 20
- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 10
- Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 7.5
Total horas traballo persoal do alumnado: 67.5
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo del curso, a sua ponderación, e cómo se vai a facer o seu seguimento indicarase na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comenzo do curso.
O alumnado que se dispón a estudar esta materia deberían ter coñecementos previos de análise e cálculo financeiro, dirección financeira e manexo de follas de cálculo.
Esta materia caracterízase por estar intimamente ligada á actualidade financeira e, en concreto, aos mercados financeiros, ás decisións de política monetaria, aos produtos financeiros e ás actividades de institucións tan coñecidas como os bancos, caixas de aforros, as cooperativas de crédito, as compañías de seguros ou os plans e fondos de pensións. Por este motivo, a aprendizaxe na materia mellora considerablemente se o alumnado fai un seguimento da información que se publica tanto en
prensa como en diferentes páxinas web que poñemos á súa disposición. Ademais, hai certas lecturas e libros básicos de interese que facilitan a comprensión. Non é preciso sinalar que o método de avaliación continua esixe unha dedicación semanal que favorece os resultados finais do alumnado
O idioma empregado na aula será o galego e o castelán, sen prexuízo do emprego doutras linguas cando a bibliografía así o requira.
Recoméndase o uso continuado do campus virtual, xa que este será o eixo de todas as actividades a realizar na materia; así como de MS Teams si fose preciso para realizar titorías.
M. Luisa Lopez Perez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- mluisa.lopez.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia