Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
Especialización do alumnado nos aspectos máis relevantes da comunicación comercial das organizacións e a súa contorna. Planificación e execución de prácticas publicitarias e promocionais específicas e planificación e xestión dos medios -on line e off line- necesarios para facer chegar a comunicación da empresa o seu público obxectivo.
1.- A comunicación comercial na súa contorna e a planificación publicitaria
2.- Proceso creativo e deseño publicitario: o anuncio
3.- Publicidad en medios convencionais e online
4.- Outras formas de comunicación comercial: Forza de vendas,
relacións públicas e márketing directo
Bibliografía básica:
Baak, C. (2010) Publicidad, promoción y comunicación integral en marketing, Pearson.
Bibliografía complementaria:
Alonso Coto, M (2008) El plan de marketing digital: Blended marketing como integración de acciones on y off line, Prentice Hall.
Arens, W.F. (2001) Publicidad, 7ª ed., MC Graw Hill, México.
Barrio, S. del (2002) Publicidad Comparativa, Pearson Educación, Madrid.
Beckwith, S.L. (2004) Planes Completos de Publicidad, Deusto, Barcelona.
Díez, E., Martín, E. y Sánchez, M.J. (2002) Planificación Publicitaria, Pirámide, Madrid.
Ocaña, F. (2003) Claves para hacer Equipo.: Cómo trabajar con Éxito en Publicidad, Ediciones B, Madrid.
Scott, D.M. (2013) The new rules of marketing and PR: How to use news releases, blogs, podcasting, viral marketing and on line media to reach buyers directly.
Tellis, G.J. y Redondo, I. (2001) Estrategias de Publicidad y Promoción, Addison Wesley, Madrid.
BÁSICAS E XERAIS
BÁSICAS E XERAIS
CB1 –Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e soe encontrarse a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 –Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 –Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 –Que os estudantes poidan transmitir ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 –Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos modelos e os métodos científicos propios
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestión relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
TRANSVERSALES
CT1 -Análise e síntese
CT2 -Organización e planificación
CT3 -Comunicación oral e escrita
CT4 -Xestión da información.
CT5 -Coñecementos da tecnoloxía da información relativos ó ámbito de estudo.
CT6 -Resolución de problemas.
CT7 -Toma de decisións
CT8 -Razoamento crítico
CT9 -Autonomía na aprendizaxe
CT10 -Traballo en equipo
ESPECÍFICAS
B3 - Decisións de política e estratexia comercial: marketing mix, políticas de prezos, distribución, promoción e política de produto
D3 - Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa
D5 - Redactar proxectos de xestión global ou de áreas funcionais da empresa
Para o desenvolvemento teórico da materia, o enfoque docente adoptado recolle distintas alternativas metodológicas e é, ademais, flexible: a lección maxistral combínase coa análise de artigos de actualidade, exposicións do alumnado sobre aspectos teóricos, comentarios críticos, etc. As horas prácticas cóbrense con exercicios e análises de casos.
.
A avaliación desta materia será mediante exames e valoración da participación dos alumnos nas sesións interactivas e expositivas.
Concretamente, a cualificación da materia será o resultado de sumar as 2 puntuacións seguintes:
- Cualificación obtida no exame final, que contribuirá nun 50% á cualificación. Dito exame cubrirá todo o programa e incluirá todo o material exposto nas clases.
- Valoración da participación nas clases ao longo do curso, que contribuirá un 50% á cualificación. Diversas probas, casos e outro material docente será asignado nas clases e será recollido polo profesor/a.
Para aprobar a materia será condición necesaria (tanto en maio como en xullo) que o alumno acade, polo menos, o 40% da puntuación posible no exame. Ademáis, o alumnado deberá superar, como mínimo, o 75% das probas propostas nas sesións interactivas. No caso de non chegar a esta porcentaxe (75%), a súa cualificación final será, únicamente, a nota acadada no exame, que será avaliado sobre 7 puntos, sendo necesario obter un 60% de dita puntuación para superar a materia.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación de competencias:
Examen: CB1, CB2, , CG2, CT1, CT3, CT4, D1
Clase: CB3, CB4, CG3, CT2, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10
O tempo recomendado para superar a materia é o seguinte:
- Horas de traballo presencial na aula (expositivas, interactivas, titorías e exame): 45.
- Horas de traballo autónomo (estudio autónomo e preparación das actividades): 67,5
Deste xeito, as actividades implicadas na aprendizaxe, desenvolvemento e estudio da materia durante o curso, así como das diferentes probas de avaliación, implican un total de 112,5 horas de adicación por parte do/a alumno/a.
María Gómez Barreiro
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- maria.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros