Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
A globalización da economía mundial é un proceso que afecta a todas as empresas, independentemente da súa vontade de competir nos mercados exteriores, xa que a competencia internacional ten lugar tamén no mercado doméstico. Neste contexto, unha alternativa de crecemento a medio e longo prazo para a empresa é a saída aos mercados estranxeiros. Deste xeito, o obxectivo da materia Comercialización Internacional é formar ao/á alumno/a na decisión de internacionalización, no proceso de expansión internacional e nas formas de planificar e executar as operacións de marketing internacional.
De forma específica, trátase de acadar os seguintes obxectivos:
- Concienciación da importancia dos negocios internacionais para as empresas.
- Formación dunha actitude activa cara ao mercado internacional.
- Recollida e utilización de información para a toma de decisións en mercados internacionais.
- Desenvolvemento de habilidades para a selección de mercados internacionais.
- Uso das ferramentas de marketing no entorno internacional.
- Avaliación das necesidades de adaptación da acción comercial ao entorno internacional.
Tema 1. Internacionalización da empresa e marketing internacional
Tema 2. Análise e selección de mercados exteriores
Tema 3. O programa de marketing internacional: decisións de producto
Tema 4. O programa de marketing internacional: decisións de prezo
Tema 5. O programa de marketing internacional: decisións de distribución
Tema 6. O programa de marketing internacional: decisións de promoción
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Hollensen, S.; Arteaga, J. (2010): Estrategias de marketing internacional, Pearson Educación, Madrid.
Cerviño, J.; Arteaga, J.; Fernández, A. (2020): Essentials of International Marketing, ICEX, Madrid.
Cerviño, J. (2006): Marketing internacional. Nuevas perspectivas para un mercado globalizado, Editorial Pirámide, Madrid.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Arteaga, J. (2023): Manual de internacionalización, ICEX, Madrid.
Bradley, F.; Calderón, H. (2007): Marketing internacional, Editorial Pearson Prentice-Hall.
Cateora, P.; Money, B.; Gilly, M.; Graham, J. (2020): Marketing internacional, McGraw Hill, Madrid.
Cerviño, J. (2002): Marcas Internacionales. Cómo Crearlas y Mantenerlas, Pirámide, Madrid.
Czinkota, M. y Ronkainen, I. (2014): Marketing Internacional, Cengage Learning Editores, México.
García, R. (2000): Empresas Españolas en los Mercados Internacionales, ESIC, Madrid.
Guisado, M. (2002): Internacionalización de la Empresa, Pirámide, Madrid.
Jain, S. C. (2002): Marketing internacional, International Thomson Editores.
Jerez, J.L.; García, A. (2015): Marketing internacional para la expansión de la empresa, ESIC, Madrid.
Keegan, W.J.; Green, M.C. (2010): Marketing internacional, Pearson Educación, México.
Nieto, A.; Llamazares, O. (2007): Marketing Internacional, Editorial Pirámide, Madrid.
BÁSICAS E XERAIS
CB1 – Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e soe encontrarse a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 – Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 – Que os estudantes poidan transmitir ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 – Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestión relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
CG4 - Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita coma dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina.
TRANSVERSAIS
CT1 – Análise e síntese
CT2 – Organización e planificación
CT3 – Comunicación oral e escrita
CT8 – Razoamento crítico
CT10 – Traballo en equipo
CT14 – Adaptación á contorna e ao cambio
CT15 – Coñecemento doutras culturas e costumes, e traball nun contexto internacional
ESPECÍFICAS
B3 - Decisións de política e estratexia comercial: “marketing mix”, políticas de prezos, distribución, promoción e política de produto.
D3 - Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
D9 - Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicacións en todo o seu desempeño profesional.
A docencia organízase en dous tipos de sesións, sesións expositivas e sesións interactivas, tal e como se detalla a continuación:
- As sesións expositivas terán como obxectivo introducir ao alumnado nos contidos básicos dos temas que conforman o programa, facendo fincapé nos aspectos máis relevantes e nas súas relacións.
- As sesións interactivas procurarán entrenar ao alumnado na toma de decisións en situacións de incerteza, utilizando fundamentalmente casos prácticos que reflicten situacións empresariais en contornas internacionais complexas (algún destes casos require o uso de ferramentas informáticas de análise estatística). Nas clases interactivas comentaranse, tamén, lecturas de textos e artigos, e debateranse cuestións propostas polo profesorado. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo adicado ao estudo, a realización das actividades sinaladas polo profesorado.
Utilizarase o apoio virtual para a docencia a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams.
O desenvolvemento das sesións realizarase nos horarios de clase establecidos do seguinte xeito:
- Expositivas: presencial.
- Interactivas: presencial.
- Titorías: presencial ou non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda oportunidade (de recuperación). O sistema de avaliación destas dúas oportunidades, tanto para o alumnado de primeira matrícula como para o alumnado repetidor, recóllese a continuación.
O sistema de avaliación consiste nos seguintes instrumentos e ponderacións:
- INSTRUMENTO 1 (ponderación: 60%): PROBA FINAL TEÓRICA (obrigatoria). Requírese un 50% da cualificación desta parte para superar a materia.
- INSTRUMENTO 2 (ponderación: 40%): AVALIACIÓN CONTINUA (resolución, entrega e participación nas actividades prácticas realizadas nas sesións interactivas). PROBA FINAL PRÁCTICA (obrigatoria para os/as estudantes que non teñan participado polo menos no 50% das actividades prácticas e que non obtiveran unha puntuación superior ao 50% da valoración total desta parte).
- CUALIFICACIÓN FINAL: será a suma ponderada das dúas puntuacións, de xeito que se require un 50% da cualificación total para superar a materia.
O alumnado ao que lle sexa concedida DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha PROBA FINAL ESPECÍFICA que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS OU PROBAS será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
Instrumento 1 (proba final teórica): CB1, CB2, CB5, B3.
Instrumento 2 (avaliación continua – proba final práctica): CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG3, CG4, CT1, CT2, CT3, CT8, CT10, CT14, CT15, B3, D3, D9.
O desenvolvemento da avaliación a través dos instrumentos anteriores realizarase nas datas fixadas no calendario de probas finais e nos horarios de clase establecidos do seguinte xeito:
- Proba final teórica e práctica: presencial.
- Avaliación continua: entrega non presencial por vía telemática (a través do mail/campus virtual da USC) e resolución presencial.
O tempo recomendado para superar a materia é o seguinte:
- Horas de traballo presencial na aula (expositivas, interactivas, titorías e exame): 45.
- Horas de traballo autónomo (estudio autónomo e preparación das actividades): 67,5
Deste xeito, as actividades implicadas na aprendizaxe, desenvolvemento e estudio da materia durante o curso, así como das diferentes probas de avaliación, implican un total de 112,5 horas de adicación por parte do/a alumno/a.
Recoméndase que os alumnos traballen de xeito continuado sobre a materia ao longo de todo o curso, leven ao día os conceptos teóricos e se impliquen no debate dos temas e dos casos. Ademais, resulta conveniente a comunicación co profesor a través das titorías persoais.
Máis especificamente recoméndase:
- Antes de cada clase teórica ler e preparar o tema que será presentado e debatido nela, empregando o manual básico da materia.
- Despois das clases teóricas profundar nos conceptos expostos a través do material complementario.
- Antes de cada clase práctica ler o caso práctico proposto e relacionalo cos contidos teóricos relevantes.
- Utilizar o horario establecido de titoría para realizar consultas aos profesores encargados da materia.
Emilio Ruzo Sanmartin
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 881811604
- Correo electrónico
- emilio.ruzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade