Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Capacidade de comunicar os resultados do proceso contable a través de estados contables e informes narrativos.
• Comprensión dos factores que explican a elección de políticas contables e o seu efecto sobre os estados financeiros.
• Comprender as relacións existentes entre os diferentes estados contables.
• Comprender os principais aspectos da Contabilidade dos grupos
A comunicación da información empresarial. A regulación da información financeira.
O Balance: obxectivos e características. Compoñentes: Activo, Pasivo e Patrimonio Neto.
O Estado de Perdas e Ganancias: Obxectivos e características. Compoñentes: Ingresos e Gastos. Clasificación de Resultados: Actividades continuadas e actividades interrompidas.
O Estado de Cambios no Patrimonio Neto: Obxectivos. Ingresos e gastos recoñecidos directamente no Patrimonio neto. O Estado do Ingresos e Gastos Recoñecidos. Estado de cambios no Patrimonio Neto.
O Estado de Fluxos de Efectivo: Obxectivos. O concepto de tesourería. Compoñentes: Os fluxos de explotación, investimento e financiamento. Métodos directo e indirecto.
A memoria e outros informes narrativos: Obxectivos e contido principal da Memoria. O Informe de Xestión. O Informe de Auditoría.
Outra información: Información por segmentos. Informes intermedios. Estado de información non financeira.
A información consolidada: A obriga de consolidar. Concepto de grupo e outras formas de vinculación. Métodos de consolidación. Os estados financeiros consolidados.
Básica:
ALVAREZ MELCÓN, S., CORONA ROMERO, E. (2016): Cuentas anuales consolidadas. Ed. Pirámide
ARCHEL DOMENCH, P. ET AL. (2022): Estados contables: Elaboración, Análisis e Interpretación. Ed. Pirámide.
PALOMARES, J., PESET, M.J. (2015): Estados financieros. Interpretación y análisis. Ed. Pirámide.
RIVERO TORRE, P. (2021): Análisis de Balances y Estados complementarios. Ed. Pirámide.
Complementaria:
CARRASCO GALLEGO, A. ET AL. (2009): Estados Financieros. Teoría y casos prácticos. Ed. Pirámide.
CORONA ROMERO, E.L. (2014): Análisis de estados financieros individuales y consolidados. Ed. UNED
Facilitaranse as referencias nas clases e a través do campus virtual para aqueles temas nos que se considere necesario.
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética
CG4 - Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado coma non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita coma dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina
TRANSVERSAIS
CT1 - Análise e síntese
CT3 - Comunicación oral e escrita
CT4 - Xestión da información
CT8 - Razoamento crítico
ESPECÍFICAS
A6 - Elementos básicos de Contabilidade
D8 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema recollido no programa.
As sesións interactivas dedícanse á resolución de diferentes casos e exercicios, á discusión de solucións doutros exercicios propostos para resolver polo alumnado e ao debate ou discusión técnica sobre cuestións diversas.
A asistencia e participación activa en ambos tipos de sesións (expositivas e interactivas), ademais de ser obrigatoria, tal como recolle o artigo 130, punto 2, dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, é moi importante para a superación da materia.
Esta materia conta con Aula Virtual que será utilizada para, entre outras finalidades:
* Expor unha guía docente na que se tratarán con detalle aspectos relativos á organización das clases, ao estudo e á avaliación desta materia. Esta guía docente coméntase na aula na primeira sesión de clase.
* Facilitar ao alumnado o material que serve de guía para as sesións expositivas e de base para o traballo nas clases interactivas.
* Establecer as indicacións sobre tarefas a realizar relacionadas coa avaliación continua do alumnado e, de ser o caso, a entrega ou realización desas tarefas a través deste medio.
* Comunicar e comentar aspectos importantes, resolver dúbidas e manter unha comunicación entre todos os participantes na aula.
A avaliación da materia lévase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final.
A avaliación continua terá un peso do 30% na cualificación e consistirá na realización de actividades diversas, individuais ou en grupo, tales como probas na aula, entrega de exercicios, procura e análise de información, debates.... A asistencia á clase non será valorada por si mesma.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, así como a súa ponderación e seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso e explicarase na aula o primeiro día de clase.
A proba teórico-práctica final na que se avaliará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos, será obrigatoria e terá un peso de ata 7 puntos na nota final. O/a alumno/a deberá conseguir nesta proba un mínimo de 2,8 puntos sobre 7.
A cualificación final determinarase sumando a nota obtida no exame e a correspondente á avaliación continua, sempre que a primeira supere a nota mínima esixida. En caso contrario, a cualificación que se recollerá en actas será a obtida no exame. Para aprobar a materia a suma deber ser igual a 5 puntos ou superior.
Esta forma de avaliación será de aplicación nas dúas oportunidades. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase nas dúas convocatorias.
O sistema de avaliación é único para o alumnado de primeira e posteriores matrículas. Con todo, para aquel alumnado con 3 ou menos materias pendentes, a súa cualificación será a maior de:
* o resultado de sumar a nota da avaliación continua obtida no curso actual ou no anterior (30%) á obtida no exame (70%)
* a valoración do exame (100% da cualificación final).
Aquel alumnado que acredite de forma oficial que lle foi concedida dispensa de asistencia á clase realizará un exame teórico-práctico cuxa valoración representará o 100% da cualificación final. Para superar a materia o alumnado con dispensa deberá obter unha nota mínima de 5 sobre 10 nese exame teórico-práctico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación de competencias
Avaliación continua: CB1 - CB2 - CB3 - CB4 - CB5 - CG3 -CG4 - CT1 - CT3 - CT4 - CT8 - A6 - D8
Exame final: CB1 - CB2 - CB3 - CB4 - CB5 - CG3 -CG4 - CT1 - CT3 - CT4 - CT8 - A6 - D8
Traballo presencial na clase:
-Clases de pizarra, en grupo grande 18
-Clases de pizarra, en grupo reducido 18
-Titorías en pequenos grupos ou individualizadas 4
-Outras sesións con profesor/a: Exames e revisións 5
Total de horas de traballo presencial na aula 45
Traballo non presencial
-Estudo autónomo individual e en grupo 35
-Preparación de traballos en grupo, elaboración de conclusións, redacción final... 10
-Lecturas recomendadas ou actividades similares 8
-Preparación de exercicios, discusións ou semellantes 12
-Participación nas conferencias, exposicións e outras actividades recomendadas 2,5
Total de horas de traballo persoal do alumno 67,5
Considérase necesario:
- A revisión dos coñecementos adquiridos nas materias contables previas, en particular de Contabilidade Financeira.
- A preparación das sesións, a través da lectura do material teórico e a resolución previa dos exercicios propostos.
- A participación activa na clase e a discusión de dúbidas nas diferentes sesións e nas horas de titoría.
Maria Del Rosario Vidal Lopo
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811613
- Correo electrónico
- mdelrosario.vidal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Noelia Maria Romero Castro
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 982824478
- Correo electrónico
- noe.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Lucia Rey Ares
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811650
- Correo electrónico
- lucia.rey.ares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
17:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 08 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Xoves | |||
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 08 |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4b | Aula A |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1a | Aula A |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1b | Aula A |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4a | Aula A |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4b | Aula B |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1a | Aula B |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula B |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1b | Aula B |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula B |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula B |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula B |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4a | Aula B |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4b | Aula C |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1a | Aula C |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula C |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1b | Aula C |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula C |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula C |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula C |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4a | Aula C |
23.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4b | Aula 09 |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1a | Aula 09 |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula 09 |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1b | Aula 09 |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula 09 |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula 09 |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula 09 |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4a | Aula 09 |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 09 |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1a | Aula A |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1b | Aula A |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4a | Aula A |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4b | Aula A |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4b | Aula B |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1a | Aula B |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula B |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1b | Aula B |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula B |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula B |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula B |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4a | Aula B |