Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia ten como obxectivo que os alumnos adquiran un coñecemento, o máis amplo posible, sobre o ordenamento financiero e a estrutura dos ingresos públicos en España. Unha vez repasados os antecedentes históricos e os principios xerais dos ingresos públicos, avanzarase no coñecemento dos aspectos fundamentais dos principais tributos que gravan a realización de actividades económicas, con especial referencia nesta introducción á fiscalidade empresaria e á súa imposición indirecta.
En especial, os seguinters obxectivos:
- Estudo e coñecemento dos ingresos públicos. Especial referencia aos ingresos tributarios e os procedementos de aplicación destes.
- Estudo das obrigas tributarias asociadas á realización de actividades económicas, centrándonos na imposición indirecta
- Coñecemento dos tributos aplicados polas diferentes administracións españolas en relación coas actividades económicas
- Coñecer a forma de aplicar a lexislación fiscal na práctica tributaria.
Imposición indirecta:
Imposto sobre o valor engadido;
Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados;
Impostos especiais e outro impostos indirectos;
Fiscalidade internacional.
A Facenda das Comunidades Autónomas: Tributos propios das Comunidades Autónomas;
As Facendas Locais: Impostos locais.
Básica:
- Vázquez Taín, Miguel A. : El Impuesto sobre el Valor Añadido, , Tirant Tributario, Valencia, última edición.
- Albi Ibañez, E. et al., Sistema fiscal español, Ariel Economía, Barcelona, última edición.
Complementaria:
- Memento práctico Edersa, Francis Lefèvre, Madrid, última edición.
- Pérez Royo, F., Derecho financiero y tributario (parte general), Tomson Civitas, última edición.
- Ruiz-Huerta, J. y Villoria, M. (2010). Gobernanza democratica y fiscalidad, Tecnos, Madrid.
Ao longo do curso facilitarase bibliografía complementaria.
Normativa:
É imprescindible que o alumno dispoña dun texto que recolla a regulación actualizada dos impostos que van ser obxecto de estudo durante o curso.
O alumno pode obter os textos íntegros da normativa tributaria a utilizar a través da web da Agencia Estatal de la Administración Tributaria: www.aeat.es
BÁSICAS
CB1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
XERAIS
CG3 Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
CG4 Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina.
TRANSVERSAIS
CT1 Análise e síntese.
CT4 Xestión da información.
CT6 Resolución de problemas.
CT9 Autonomía na aprendizaxe.
CT13 Sentido ético.
ESPECÍFICAS
A3 A realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións económicas e a súa evolución.
B7 Sistemas de apoio á dirección e as funcións dos mesmos: planificación, análise, deseño e implantación dos sistemas de información.
D4 Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados.
D8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
Para levar a cabo o desenvolvemento do programa da materia combinamos a clase expositiva, cuxo obxectivo é a exposición completa, sistemática e ordenada do contido dos temas e epígrafes descritos anteriormente; xunto con clases interactivas, que requiren a participación e o traballo do alumno. Despois das exposicións teóricas, proporanse diferentes exercicios que se desenvolverán e complementarán coas clases prácticas. Isto require que o alumno sexa usuario de RAI e, polo tanto, teña acceso á aula virtual.
A avaliación do alumno consistirá nunha parte de avaliación continua consistente en 2 probas a realizar no semestre que suporán o 30% da nota final. A ponderación de ambas, como se farán e o seu seguimento publicarase na aula virtual ao comezo do curso.
O 70% restante constará dunha proba presencial final que terá 2 partes diferentes, unha relativa ao Imposto sobre o Valor Engadido e outra ao Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados. Neste exame debe superarse cada unha das partes e unha parte pode compensarse coa outra cunha nota igual a 4.
A avaliación descrita anteriormente será idéntica tanto nas convocatorias ordinarias como nas extraordinarias.
Todas as competencias avalíanse utilizando os instrumentos de avaliación descritos.
Cómpre lembrar que nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o disposto no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NO AULA_______________________________Horas
Docencia en grupo grande ________________________________________31
Docencia en grupo reducido ______________________________________ 17
Titorias, outras sesións co profesor e avaliacións ______________________12
Total horas traballo presencial no aula_______________________________60
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO_________________________________Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo__________________________________55
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos______________________25
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio__ ___5
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar__________________5
Total horas traballo persoal do alumno _ ______________________________90
Miguel Angel Vazquez Tain
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811530
- Correo electrónico
- miguel.vazquez.tain [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 08 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
18:30-20:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 08 |
Venres | |||
11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
17.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
17.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
17.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
17.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
17.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
17.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
17.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
17.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
17.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
17.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
17.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula C |
17.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |
17.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula C |
17.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
17.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
17.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
25.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
25.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
25.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
25.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
25.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
25.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
25.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
25.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
25.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
25.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
25.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
25.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
25.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
25.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula C |
25.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |
25.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula C |