Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Poñer de manifesto a importancia dos recursos humanos como fonte de vantaxe competitiva para as empresas e factor clave para o éxito empresarial.
-Coñecer as principais intervencións da dirección de recursos humanos.
-Comprender as particularidades derivadas das diferentes características das persoas, a acción en grupo, e a presenza de múltiples influenciadores internos e externos vinculadas á xestión de recursos humanos.
-Acadar coñecementos sobre os principais obxectivos da dirección estratéxica de recursos humanos e as estratexias vinculadas á xestión dos recursos humanos que contribúen aos obxectivos organizativos.
Tema 1. Concepto, evolución, influenciadores e obxectivos da xestión de recursos humanos
Tema 2. Análise e deseño de postos de traballo e traballo en equipo
Tema 3. Planificación dos recursos humanos e flexibilidade da forza laboral
Tema 4. Recrutamento e selección
Tema 5. Contratación e socialización
Tema 6. Formación dos recursos humanos
Tema 7. Xestión de carreiras
Tema 8. Avaliación e mellora do desempeño
Tema 9. Sistema de retribución na empresa
Tema 10. Avaliación da xestión de recursos humanos
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Chiavenato, I. (2007)”Administración de recursos humanos: el capital humano de las organizaciones”. McGraw Hill.
De la Calle Durán, M.C., Ortiz de Urbina Criado, M (2004, 2014, 2018). “Fundamentos de recursos humanos”. Pearson Educación, Madrid.
Dolan, S.; Valle, R., López, A. (2014) " La gestión de personas y del talento : la gestión de los recursos humanos en el siglo XXI" McGraw-Hill.
Fernández Sánchez, E., Junquera Cimadevilla, B. (2013). Iniciación a los recursos humanos, Septem Universitas.
Gómez-Mejía, L..; Balkin, D.; Cardy, R. (2016). Gestión de recursos humanos. Octava edición. Editorial Pearson Educación, Madrid.
BILIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Albizu, E.; Landeta, J. (coord.) (2001) "Dirección estratégica de los recursos humanos: teoría y práctica" Pirámide.
Bonache, J.; Cabrera, Á. (2006) "Dirección de personas: evidencias y perspectivas para el siglo XXI " Prentice Hall.
Dolan, S.; Valle, R. (2007) "La gestión de los recursos humanos: como atraer, retener y desarrolar con éxito el capital humano en tiempos de transformación " McGraw-Hill.
García-Tenorio, J.; Sabater, R. (Coordinadores) (2004) "Fundamentos de dirección y gestión de recursos humanos" Thomson.
Mondy, R.W., Noe R.M:, (2005): "Administración de recursos humanos" Pearson/Prentice Hall, 9ª ed.
Sastre, M.Á.; Aguilar, E.M. (2003) "Dirección de recursos humanos. Un enfoque estratégico" McGraw-Hill.
Valle, R.J. (coord.) (2004) "La gestión estratégica de los recursos humanos" Pearson Educación.
O profesorado poderá proporcionar bibliografía específica para cada tema.
BÁSICAS E XERAIS
CB1 – Que o alumnado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os alumnos saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
CG6 - Abordar a súa actividade profesional desde o respecto e promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
ESPECÍFICAS
B6 - Capacidade para xestionar recursos humanos.
D1 - Xestionar e administrar unha empresa ou organización, entendendo a súa localización competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
D11 - Comunicarse con fluidez na súa contorna e traballar en equipo.
TRANSVERSAIS
CT3 - Comunicación oral e escrita
CT8 - Razoamento crítico
CT10 - Traballo en equipo
As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse presencialmente no horario oficial publicado polo centro.
As clases expositivas terán unha duración dunha hora e impartiranse 1 día por semana, coa excepción das 2 primeiras semanas de curso, onde, normalmente, se impartirán 2,5 horas de clases expositivas, repartidas en dúas sesións de 1 e 1,5 horas. Nas clases expositivas o profesorado desenvolverá o programa da materia, explicando conceptos e temas. Nas clases, empregarase o ordenador e o canón-proxector como soportes principais da materia, proxectando transparencias e diferente material que serve de guía ás explicacións realizadas. Tamén se empregará a pizarra, artigos impresos ou calquera outra información necesaria para ampliar coñecementos e aclarar dúbidas.
As clases interactivas impartiranse 1 día á semana a partires da terceira semana de curso. Haberá unha sesión de 2,5 horas. Nestas clases, o alumno/a traballará lecturas, resolverá exercicios e casos prácticos, expoñerá traballos, participará en debates cos seus compañeiros/as, cobrando especial importancia as actividades en grupo. As clases interactivas poden implicar a realización de actividades fóra das sesións presenciais, tal e como se expón no apartado relativo ao tempo de estudo e traballo persoal. O profesor/a empregará o ordenador portátil e o canón proxector, poñendo a disposición do alumnado diferentes exercicios, casos prácticos, ou calquera material relacionado coa materia.
O profesorado monitorizará a asistencia e participación do alumnado.
A participación nas sesións expositivas e interactivas complementarase co traballo persoal dos estudantes, que inclúe, entre outras, actividades de busca de información e material bibliográfico, lectura do devandito material e preparación e defensa de traballos individuais ou colaborativos.
Este traballo autónomo será guiado polo profesorado nas clases e/ou nas horas asignadas á titoría, que servirán para resolver dúbidas e resolver problemas cos que se enfrontan os alumnos/as no proceso de ensino-aprendizaxe. As titorías tamén servirán de canle de feedback sobre o grao de asimilación de contidos por parte dos estudantes.
As titorías realizaranse preferiblemente de modo presencial. De ser necesario, poderán realizarse tamén de modo virtual. As titorías virtuais poderán combinar as titorías sincrónicas (individual ou grupal a través da plataforma MS Teams) con titorías asíncronas (campus virtual). En calquera caso, as titorías terán lugar á hora habitual publicada oficialmente polo profesorado.
A avaliación terá en conta tódalas actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, realización e exposición de traballos, exame de contidos, etc. ).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no suposto de que a cualificación acadada fose superior. O sistema de avaliación destas dúas oportunidades recóllese a continuación.
-Primeira oportunidade ordinaria:
1)Proba final de contidos: 65% da cualificación. O exame de contidos, que valora os resultados da aprendizaxe, poderá incluír preguntas de resposta curta (ou combinar este tipo de preguntas con outras de opción múltiple), preguntas de razoamento breve, ou casos (reais ou inventados) aos que o alumnado debe dar unha solución, baseándose nos contidos teóricos da materia e/ou nas habilidades/competencias desenvolvidas ao longo do cuadrimestre. A proba final será presencial.
2)Avaliación continua: 35% da cualificación. A avaliación continua inclúe a resolución e participación na análise de casos, o debate de lecturas, a presentación de traballos e outras actividades vinculadas ás clases, así como a actitude e implicación do alumnado.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e o seu seguimento indicaranse en cada caso con suficiente antelación ao alumnado.
Os alumnos/as que non obteñan ningunha puntuación vinculada ás actividades realizadas para a avaliación continua só poderán obter un máximo de 6,5 puntos.
Para poder engadir a nota do exame de contidos á puntuación alcanzada no apartado 2, o alumno/a deberá obter 3 puntos sobre 6,5.
A superación da materia implica a obtención de 5 puntos sobre 10.
-Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación:
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade. É dicir, farase un novo exame final de contidos coa ponderación establecida para a primeira oportunidade.
-De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de ‘NON PRESENTADO’.
-O alumnado ao que se lle concedese a dispensa de asistencia segundo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado cunha proba final específica presencial que supón o 100% da nota.
Avaliación de competencias:
CB1-Actividades de avaliación continua e exame final da materia.
CB2-Avaliación continua: Resolución de casos (reais ou inventados) axustados a cada parte da materia. Discusión/debate argumentando con razoamento crítico en relación a temas actuais/noticias/lecturas/casos prácticos de xestión de persoas.
CB3-Avaliación continua: Preparación por equipos de traballos sobre contidos complementarios para a materia.
CB4-Avaliación continua: Presentación por equipos (oral e escrita) de traballos sobre contidos complementarios para a materia.
CB5-Actividades de avaliación continua e exame final da materia.
CG3-Avaliación continua: Preparación por equipos de traballos sobre contidos complementarios para a materia.
CG6-Actividades de avaliación continua e exame final da materia.
B6-Actividades de avaliación continua e exame final da materia. -Resolución de casos (reais ou inventados) axustados a cada parte da materia. Discusión/debate argumentado con razoamento crítico en relación a temas actuais/noticias/lecturas/casos prácticos de xestión de persoas.- Preparación por equipos de contidos complementarios para a materia. - Presentación por equipos (oral e escrita) de traballos sobre contidos complementarios para a materia. Participación nas clases interactivas. Exposición oral de casos/lecturas/noticias…, participación en debates. Elaboración de material complementario en equipo e exposición do mesmo ao resto de compañeiros. Realización e presentación por equipos de traballos, casos e actividades en equipo nas clases interactivas.
D1-Actividades de avaliación continua e exame final da materia. -Resolución de casos (reais ou inventados) axustados a cada parte da materia. Discusión/debate argumentado con razoamento crítico en relación a temas actuais/noticias/lecturas/casos prácticos de xestión de persoas.- Preparación por equipos de contidos complementarios para a materia. - Presentación por equipos (oral e escrita) de traballos sobre contidos complementarios para a materia. Participación nas clases interactivas. Exposición oral de casos/lecturas/noticias…, participación en debates. Elaboración de material complementario en equipo e exposición do mesmo ao resto de compañeiros. Realización e presentación por equipos de traballos, casos e actividades en equipo nas clases interactivas.
D11-Avaliación continua: Participación nas clases interactivas. Exposición oral de casos/lecturas/noticias…, participación en debates. Elaboración de material complementario en equipo e exposición do mesmo ao resto de compañeiros. Realización e presentación por equipos de traballos, casos e actividades en equipo nas clases interactivas.
CT3-Avaliación continua: Participación nas clases interactivas. Exposición oral de casos/lecturas/noticias…, participación en debates. Elaboración de material complementario en equipo e exposición do mesmo ao resto de compañeiros.
CT8-Avaliación continua: Resolución de casos (reais ou inventados) axustados a cada parte da materia. Discusión/debate argumentado con razoamento crítico en relación a temas actuais/noticias/lecturas/casos prácticos de xestión de persoas.
CT10-Avaliación continua: Realización e presentación por equipos de traballos, casos e actividades en equipo nas clases interactivas.
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas. O tempo dedicado a clases presenciais (horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación) ascende a 60 horas.
O tempo de estudio supón 90 horas. As horas necesarias varían en función da capacidade de aprendizaxe de cada alumno/a, podéndose tomar como referencia a seguinte distribución:
- Estudio autónomo, individual ou en grupo: 45 horas
- Realización de actividades fóra das sesións presenciais (lecturas, realización de traballos, preparación de presentacións,
resolución de casos): 45 horas.
Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que o alumnado asista regularmente ás clases teóricas e prácticas, participe activamente en todas as actividades propostas polo profesorado e consulte a bibliografía e outro material recomendado. As titorías son un recurso útil que os alumnos/as deberían utilizar as veces que fose necesario. O acceso campus virtual para informarse de diferentes cuestións que xurdan ó longo do curso e poder dispoñer e revisar antes das clases o material complementario facilita a participación do alumno/a e a súa capacidade de adquirir coñecementos.
Recoméndase tamén a lectura do programa e as normas de avaliación.
Maria Dolores Alvarez Perez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- mdolores.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Adolfo Carballo Penela
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811590
- Correo electrónico
- adolfo.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Analia Lopez Carballeira
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- analia.lopez.carballeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 28 |
Xoves | |||
11:30-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 28 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 28 |
Venres | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 28 |
23.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula 01 |
23.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01 |
23.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula 01 |
23.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula 01 |
23.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01 |
23.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula 01 |
23.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula 01 |
23.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula 01 |
05.06.2025 15:00-18:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
05.06.2025 15:00-18:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
05.06.2025 15:00-18:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
05.06.2025 15:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
05.06.2025 15:00-18:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula A |
05.06.2025 15:00-18:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
05.06.2025 15:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
05.06.2025 15:00-18:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
02.07.2025 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula 26 |
02.07.2025 18:00-21:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 26 |
02.07.2025 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula 26 |
02.07.2025 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula 26 |
02.07.2025 18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 26 |
02.07.2025 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula 26 |
02.07.2025 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula 26 |
02.07.2025 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula 26 |
02.07.2025 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula C |
02.07.2025 18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
02.07.2025 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula C |
02.07.2025 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula C |
02.07.2025 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula C |
02.07.2025 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula C |
02.07.2025 18:00-21:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
02.07.2025 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula C |