Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Historia e Institucións Económicas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal do curso é explicar as características e as causas das transformacións económicas e sociais experimentadas no mundo desde a Revolución Industrial ata a actualidade. Búscase que o alumnado:
• Comprenda os conceptos básicos da economía e a súa aplicación a diferentes contextos históricos.
• Aprecie o papel desempeñado polos factores económicos e os factores institucionais nos procesos de desenvolvemento económico.
• Familiarícese con técnicas e instrumentos estatísticos básicos empregados no tratamento das series económicas históricas (números índice, taxas de crecemento, variables nominais e reais, etc.)
• Coñeza as distintas modalidades de empresa xurdidas na evolución histórica recente, e os factores que condicionaron as súas formas de crecemento.
TEMA 1. ECONOMÍAS AGRARIAS E PROCESOS DE INDUSTRIALIZACIÓN (1750-1870).
TEMA 2. SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E PRIMEIRA GLOBALIZACIÓN (1870-1914).
TEMA 3. GUERRAS, CRISE E DESINTEGRACIÓN ECONóMICA INTERNACIONAL (1914-1945).
TEMA 4. DA RECONSTRUCCIÓN Á 'IDADE DOURADA' (1945-1973).
TEMA 5. CRISIS ECONÓMICAS E FINANCIERAS, CRECEMENTO E GLOBALIZACIÓN (1973-2014).
TEMA 6. A EVOLUCIÓN DAS FORMAS DE ORGANIZACIÓN EMPRESARIAL NO SÉCULO XX.
Bibliografía básica:
- FELIÚ, Gaspar; SUDRIÁ, Carles (2013). Introducción a la historia económica mundial. Valencia, Universitat de València. [https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-4465]
- ZAMAGNI, Vera (2016). Una Historia Económica. Europa de la Edad Media a la Crisis del Euro. Barcelona, Crítica.
- TELLO, E. (Ed.) (2012). Cómo hemos llegado hasta aquí. Una introducción a la historia económica global. Barcelona: Universitat Oberta de Catalunya. [http://hdl.handle.net/10609/62305]
Bibliografía complementaria:
- CARRERAS, A.; TAFUNELL, X. (2004). Historia económica de la España contemporánea. Barcelona, Crítica.
- COMÍN, F. (2011), Historia económica mundial. De los orígenes a la actualidad. Madrid, Alianza Editorial.
- FRIEDEN, J. A. (2007). Capitalismo global. El trasfondo económico de la historia del siglo XX. Barcelona, Crítica.
- MADDISON, A. (2010). Statistics on World Population, GDP and Per Capita GDP, 1-2008 AD, [versión electronica] Recuperado o 9 de decembro de 2018 de: [http://www.ggdc.net/MADDISON/oriindex.html]
- The Maddison-Project [version electrónica]. Recuperado o 9 de decembro de 2018 de: http://www.ggdc.net/maddison/maddison-project/home.htm, 2013 version.
- OUR WORLD IN DATA. Recuperado o 9 de decembro de 2018 de: [https://ourworldindata.org/]
- PALAFOX, J. (Ed.) (2014). Los tiempos cambian. Historia de la Economía. Valencia, Tirant Humanidades.
- VALDALISO, J.M.; LÓPEZ, S. (2000), Historia económica de la empresa. Barcelona, Crítica.
COMPETENCIAS BÁSICAS:
CB1 - Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS XERAIS:
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
A3 - A realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións económicas e a súa evolución.
A7 - A contorna histórica, social e institucional da empresa.
D6 - Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
D7 - Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
CT1 - Análise e síntese.
CT2 - Organización e planificación.
CT3 - Comunicación oral e escrita.
CT4 - Xestión da información.
CT6 - Resolución de problemas.
CT8 - Razoamento crítico.
CT9 - Autonomía na aprendizaxe.
CT10 - Traballo en equipo.
CT12 -Habilidades nas relacións interpersoais.
CT13 -Sentido ético.
CT14 -Adaptación á contorna e ao cambio.
CT15 -Coñecemento doutras culturas e costumes, e traballo nun contexto internacional.
CT16 -Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais.
As sesións de aula adicadas ás clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos básicos dos temas que comprenden o programa da materia, recalcando aqueles aspectos máis relevantes e as relacións existentes entre eles. Empregaranse para actividades presenciais de tipo expositivo que non requiran unha participación activa do estudantado, e nas que, por tanto, o número de estudantes por grupo non é un factor crítico para o seu desenvolvemento.
As sesións interactivas en grupo reducido dedicaranse a presentar e debater os resultados dos traballos realizados polo alumnado sobre temas previamente suscitados polo profesorado. É dicir, actividades presenciais que buscan ou requiren unha participación activa dos e as estudantes: comentarios de texto, análises interpretativas sobre materiais e datos de carácter histórico escollidos polo profesorado, seminarios, etc. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a realización das actividades sinaladas polo persoal docente.
Empregarase o Campus Virtual con material de apoio dispoñible. Esta materia conta con guía docente a disposición do alumnado na Aula Virtual.
A cualificación do alumnado levarase a cabo seguindo un proceso de avaliación continua. O sistema de avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado: participación activa nas actividades expostas (comentarios de texto, análises interpretativas sobre materiais e datos de carácter histórico escollidos polos profesores, exercicios guiados, tarefas ou cuestionarios presentación e exposición de traballos, realización do exame de contidos, etc.) e basearase na realización de controis periódicos da evolución do proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias.
A avaliación continua incluirá:
a) A participación na clase, as prácticas, traballos e probas realizadas ao longo do semestre (30% da cualificación final).
b) Un exame realizado ao final do curso (70% da cualificación final).
c) A superación do curso de competencias da Biblioteca contabilizarase cun máximo de 0´5 puntos.
Para aprobar hai que obter unha nota de 5 puntos ou máis no exame final.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia a clase deberá realizar un exame final do programa da materia preparado a partir da bibliografía básica. Este exame suporá o 100% da súa cualificación.
As condicións de avaliación serán exactamente as mesmas nas distintas oportunidades (xaneiro e xuño/xullo).
Así mesmo, unha vez finalizado o curso académico, o alumnado que non supere a materia terá que seguir as normas que se establezan na programación do curso seguinte. Por tanto, non se conservará para cursos posteriores a cualificación de ningunha parte da materia.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supón que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
As probas realizaranse na data e horario establecidos pola Facultade.
Para as probas é obrigatorio presentar un documento de identificación oficial: carné de identidade, tarxeta universitaria, pasaporte, etc.
Outros matices sobre estes criterios básicos facilitaranse ao longo do curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O total de horas de traballo presencial do alumno na aula será de 51 horas, e as estimadas para o seu traballo persoal (estudo autónomo, redacción de exercicios, lecturas, etc.) serán 99.
Aínda que esta materia non esixe requisitos previos, considérase moi recomendable un coñecemento básico de informática a nivel de usuario (procesador de texto, folla de cálculo, navegador da internet...).
Jesus Giraldez Rivero
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Correo electrónico
- jesus.giraldez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Espido Bello
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Teléfono
- 881811564
- Correo electrónico
- mariadelcarmen.espido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luisa Maria Muñoz Abeledo
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Teléfono
- 881812638
- Correo electrónico
- luisamaria.munoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Bruno Esperante Paramos
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Correo electrónico
- b.esperante [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Damian Copena Rodriguez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Correo electrónico
- damian.copena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLE_3 | Galego | Aula B |
Martes | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula C |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_3 | Galego | Aula B |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula B |
Venres | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula C |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula C |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLE_3 | Aula A |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_7 | Aula A |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula A |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula B |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula B |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula B |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLE_3 | Aula B |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula B |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula B |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula B |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_7 | Aula B |
25.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
25.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula C |
25.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula C |
25.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula C |
25.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
25.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_3 | Aula C |
25.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula C |
25.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula C |
25.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula C |
25.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_7 | Aula C |