Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O programa da materia “Investigación Comercial” foi deseñado co fin de ofrecerlle ao alumnado do grao de ADE, unha visión xeral da investigación de mercados, o seu contido e os seus obxectivos en relación coa toma de decisións comerciais e cos problemas que hai que resolver, de modo que se alcance a súa iniciación no exercicio da investigación.
1) Concepto e natureza da investigación comercial: o proceso de investigación de mercados
2) Fontes de información utilizadas en investigación comercial. As técnicas cualitativas e cuantitativas de investigación.
3) Técnicas de mostraxe
4) Recollida, preparación e análise de datos
5) Resultados e informe de investigación
Bibliografía básica:
- Trespalacios, J.A.; Vázquez, R.; de la Ballina, F.J.; Bello, L. (2016). Investigación de mercados. Ed. Paraninfo.
- Grande, I.; Abascal, E. (2011). Fundamentos y técnicas de investigación comercial. Ed. ESIC.
- Merino, M.J.; Pintado, T.; Sánchez, J.; Grande, I. (2010). Introducción a la investigación de mercados. Ed. ESIC.
Bibliografía complementaria:
- Fernández, A. (1999). Investigación de mercados: Obtención de información. Civitas.
- Malhotra, N. (2016). Investigación de mercados. Ed. Pearson Educación
- Visauta, B. (2007). Análisis estadístico con SPSS 14, estadística básica. Ed. McGraw-Hill.
- Esteban, A.; Molina, A, (coord.) (2014). Investigación de mercados. Ed. ESIC.
BÁSICAS E XERAIS:
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando
na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
CG5 - Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender
estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía?
ESPECÍFICAS
B3 - Decisións de política e estratexia comercial: márketing mix, políticas de prezos, distribución, promoción e política de produto
D10 - Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
TRANSVERSAIS
CT3 - -Comunicación oral e escrita
CT5 - -Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT10 - -Traballo en equipo
CT13 - -Sentido ético
Para o desenvolvemento teórico da materia, o enfoque docente adoptado recolle distintas alternativas metodológicas e é, ademais, flexible: a lección maxistral combínase coa análise de artigos de actualidade, exposicións do alumnado sobre aspectos teóricos, comentarios críticos, etc.
As horas prácticas cóbrense con exercicios, análises de casos e, principalmente, coa realización dun estudo de mercado ao longo do curso, que se desenvolve a medida que o alumnado vai adquirindo os coñecementos teóricos necesarios para a súa realización; para iso faise necesario o recurso ao computador (acceso a internet e uso do programa estatístico SPSS); por iso as clases interactivas da materia desenvolveranse na aula de informática.
O traballo de investigación realízase en grupos compostos por un máximo de tres persoas. O obxectivo é controlar a participación de todos eles e que, deste xeito, alcancen o nivel de aprendizaxe desexado. A maiores, utilizarase o apoio virtual para a docencia.
No caso de ser posible, realizarase alguna sesión práctica en forma de conferencia ou visita a empresa.
A avaliación desta materia será mediante exames e valoración da participación dos alumnos nas sesións interactivas e expositivas e realización de traballos.
Concretamente, a cualificación da materia será o resultado de sumar as 3 puntuacións seguintes:
- Cualificación obtida no exame final, que contribuirá un 50% á cualificación. Dito exame cubrirá todo o programa e incluirá todo o material exposto nas clases.
- Valoración dun traballo realizado en grupo, cuxa elaboración suporá un 40% da cualificación
- Valoración da participación nas clases ao longo do curso, que contribuirá un 10% á cualificación. Diversas probas, casos e outro material docente será asignado nas clases e será recollido polo profesor/a.
Para aprobar a materia será condición necesaria (tanto en febreiro como en xullo) que o alumnado: a) acade, polo menos, o 40% da puntuación posible no exame, b) obteña unha cualificación mínima do 5 sobre 10 no traballo final e c) supere, como mínimo, o 75% das probas propostas nas sesións interactivas . No caso de non chegar a esta porcentaxe (75%), a súa cualificación final será, únicamente, a nota acadada no exame, que será avaliado sobre 7 puntos, sendo necesario obter un 60% de dita puntuación para superar a materia.
O alumnado repetidor será avaliado por estes mesmos criterios, podendo gardar a cualificación de interactiva obtida no curso anterior.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou porbas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS:
Avaliación continua: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG3, CT3, CT5, CT10, CT13
Exame final: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG5, B3, D10, CT3, CT5
É recomendable complementar as clases teóricas coa consulta dos libros de texto recomendados, así como coa preparación de lecturas e temas transversais que poderán ser expostos e debatidos na clase. As clases prácticas esixen un esforzo por parte do alumnado para reunirse co seu grupo de traballo para realizar o estudo de mercado. De modo global, a preparación da materia, leva consigo unha dedicación persoal de tres horas semanais (90h) mentres que as horas de docencia presencial ascenden a 60.
É recomendable que o alumnado traballe sobre a materia ao longo do curso, leve ao día os conceptos teóricos e procuren a súa aplicación práctica de cara ao estudo de mercado que, ao mesmo tempo, está desenvolvendo. A maiores, resulta conveniente a comunicación co profesorado mediante a utilización das titorías persoais.
Jose Leandro Benito Torres
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 881811652
- Correo electrónico
- ito.benito [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Emilio Ruzo Sanmartin
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 881811604
- Correo electrónico
- emilio.ruzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Zaira Camoiras Rodríguez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- zaira.camoiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 28 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 28 |
Xoves | |||
15:00-16:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 28 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 28 |
13.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_4 | Aula A |
13.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_2a | Aula A |
13.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_3a | Aula A |
13.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
13.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula A |
13.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_3b | Aula A |
13.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
13.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula A |
13.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_2b | Aula A |
26.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula B |
26.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_2b | Aula B |
26.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_4 | Aula B |
26.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_2a | Aula B |
26.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_3a | Aula B |
26.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
26.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula B |
26.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_3b | Aula B |
26.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |