Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Administrativo
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Perséguese que o alumno, empregando a terminoloxía e vocabulario técnico pertinente, sexa capaz de:
- describir as bases histórico-dogmáticas e constitucionais do Dereito Administrativo.
- describir os ordenamentos xurídico-administrativos e as súas relacións.
- identificar a tipoloxía de entes e suxeitos do Dereito Administrativo.
- describir o concepto e fases do procedemento administrativo.
- describir o concepto, elementos, eficacia, execución e invalidez dos actos administrativos.
- describir as principais características dos procedementos de revisión dos actos administrativos na vía administrativa
- describir os elementos e tipos de contratos do sector público
- Os fundamentos do dereito administrativo: concepto, evolución histórica e ámbito de aplicación.
- Cláusulas constitucionais e Administración pública.
- Bases xurídicas: as fontes do dereito administrativo e a interconexión dos ordenamentos xurídicos.
- Os suxeitos do Dereito Administrativo: Administración pública e tipo de entidades. Potestades e autotutela.
- A organización administrativa: principios organizadores. Administración territorial e distribución de competencias Órganos administrativos. Relacións interorganicas.
- Acto administrativo: concepto e clases. Silencio administrativo. Eficacia e executividade.
- O procedemento administrativo: principios e fases que o regulan. Terminación
- A nulidade do acto administrativo. En particular, os recursos administrativos
- Contratación do sector público: tipoloxía dos contratos e normas comúns de contratación
GAMERO CASADO, Eduardo e FERNÁNDEZ RAMOS, Severiano, Manual básico de Derecho Administrativo, Tecnos, Madrid, última edición.
TRAYTER JIMÉNEZ, Joan Manuel, Derecho Administrativo, parte general, Atelier, Barcelona, última edición.
SÁNCHEZ MORÓN, Miguel, Derecho Administrativo. Parte xeral, Tecnos, Madrid, última edición.
SANTAMARÍA PASTOR, Juan Alfonso, Principios de Derecho Administrativo, volumes I e II, Iustel, Madrid, última edición.
Perséguese que o alumno:
- manexe, correcta e productivamente, as ferramentas de busca de información xurídica, tradicionais (repertorios lexislativos e xurisprudenciais, fontes doutrinais, etc.) e modernas (bases de datos e buscadores especializados).
- sexa capaz de seleccionar e sistematizar a información obtida.
- poida resolver problemas cuxa solución non deriva da aplicación de procesos estandarizados.
- estea en condicións de planificar e conducir a propia aprendizaxe, e a actualización de coñecementos, no seo dunha materia cuxos contidos e fontes cambian a gran velocidade.
Para o estudo da materia utilizaranse os seguintes métodos de ensino:
- A clase maxistral que ten como finalidade orientar ao alumno nos coñecementos básicos e proporcionar información básica
- O desenvolvemento dun proxecto docente como método de aprendizaxe
- O sistema de aprendizaxe-servizo que conecta a materia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2023 e as políticas transversais de igualdade de oportunidades.
- Prácticas de campo consistentes na asistencia e visitas a diversas institucións públicas e civís vinculadas ao proxecto docente que se desenvolverá ao longo do curso
- Participación de profesores ou expertos invitados nas aulas.
-Traballar en equipos estables e previamente seleccionados
- A realización dun exame teórico-práctico supón o 70% da nota final. Poderá ter a forma dun exame tipo test ou dunha pregunta de desenvolvemento, segundo se considere máis adecuado para a avaliación dos coñecementos.
- A execución das distintas fases do proxecto docente, o traballo en equipo, a presentación de resultados, así como a actitude, participación e grao de implicación nas actividades propostas supoñen o 30% da nota final.
- No caso de alumnos con dereito a exención da docencia, deberán realizar un exame de toda a materia, que suporá o 75% da nota final, e presentar unha memoria de prácticas ou traballos de investigación que indique o profesor, que suporá o 25% da nota final.a nota final, sempre que se supere o exame.
- Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que ós alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo se lles fará constar na acta a mención de "Non presentado".
Así mesmo, aos estudantes que non realicen o exame non se lles valorarán o traballo que realicen ao longo do curso ou semestre.
Horas presenciais: 60 (nas que se inclúen as clases teóricas e interactivas)
Horas de traballo do alumno: 90
- Participar activamente nas clases de natureza práctica.
- Estudar con tempo e regularmente.
- Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
- Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
- Completar o ensino cos recursos da biblioteca.
Maria Teresa Carballeira Rivera
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814690
- Correo electrónico
- teresa.carballeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alejandro Villanueva Turnes
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- alejandro.villanueva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 0.1 |
10:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | Castelán | 0.1 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | 0.1 |
17:30-18:30 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | Castelán | 0.1 |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | 0.1 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | 0.1 |
10:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | Castelán | 0.1 |
17:30-18:30 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | Castelán | 0.1 |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_05 | Castelán | 0.1 |
20.05.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | 2.1 |
20.05.2025 17:00-19:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | 2.1 |
30.06.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | 2.1 |
30.06.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | 2.1 |