Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Introdución aos procesos de elaboración das políticas públicas da Unión Europea, así como aos instrumentos e actores fundamentais das principais políticas da Unión.
PARTE I: PROCESOS DE ELABORACIÓN DE POLÍTICAS DA UNIÓN
TEMA 1 PERSPECTIVAS TEÓRICAS PARA A ANÁLISE DO POLICY-MAKING DA UE
TEMA 2 HISTORIA E CARACTERÍSTICAS DAS POLÍTICAS EUROPEAS
TEMA 3 RASGOS PROPIOS DOS PROCESOS DE ELABORACIÓN DE POLÍTICAS DA UE
PARTE II: POLÍTICAS PÚBLICAS DA UNIÓN
TEMA 4 COMO SE FINANCIA A UE?: RECURSOS PROPIOS, MARCO FINANCEIRO PLURIANUAL E ORZAMENTO ANUAL
TEMA 5 MERCADO ÚNICO E POLÍTICA DA COMPETENCIA
TEMA 6 GOBERNANZA ECONÓMICA DA UE
TEMA 7 POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN
TEMA 8 POLÍTICA PESQUEIRA COMÚN
TEMA 9 POLÍTICA DE COHESIÓN
TEMA 10 POLÍTICA DE INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN
TEMA 11 POLÍTICA DE MEDIO AMBIENTE
TEMA 12 POLÍTICA COMERCIAL COMÚN
TEMA 13 POLÍTICA EXTERIOR E DE SEGURIDADE COMÚN, POLÍTICA COMÚN DE SEGURIDADE E DEFENSA
TEMA 14 POLÍTICAS DE INTERIOR
TEMA 15 POLÍTICAS SOCIAIS
Bibliografía básica
Ares, C. (2024): Las prioridades de la Comisión Europea como "Hilo De Ariadna" de la política de la Unión, Jean Monnet Chair in European Policies/Universitat Autònoma de Barcelona, https://ddd.uab.cat/record/287949.
Ares, C., L. Bouza (eds.) (2019) Política de la UE: crisis y continuidad, CIS, Madrid.
Buonanno, L., N. Nugent (2021) Policies and Policy Processes of the European Union (2ª ed.), Macmillan (Red Globe Press), London.
Cini, M., N. Pérez-Solórzano (2019) European Union Politics (6ª ed.), Oxford University Press, Oxford.
Coman, R., A. Crespy, V. A. Schmidt (2020) Governance and Politics in the Post-Crisis European Union, Cambridge University Press, Cambridge.
Wallace, H., M. A. Pollack, C. Roederer-Rynning, A. Young (eds.) (2020) Policy-Making in the European Union (8ª ed.), Oxford University Press.
Capacidade de análise dos avances nos procesos de elaboración das políticas da Unión Europea. Familiaridade coa documentación producida polas institucións europeas.
Os contidos impartiranse en sesións maxistrais e clases interactivas. Tamén, se poderán realizar traballos individuais tutorados.
A asistencia a clase é obrigatoria.
O exame suporá o 60% da cualificación. É necesario aprobar o exame para superar a materia.
A participación activa e informada nas diferentes actividades programadas para as clases interactivas representará o 40% da cualificación final restante. Para a determinación desta cualificación empregarase a avaliación continua a través da realización de diversos exercicios obrigatorios. Para optar a dita avaliación continua será necesario asistir alomenos ao 80% das clases interactivas. Aquelas persoas que non acaden dita porcentaxe de asistencia poderán superar o contido tratado nesta parte da materia presentándose ao exame e respondendo, ademais das preguntas xerais, unha serie de cuestións concernentes aos contidos das clases interactivas.
No caso daquelas persoas que concorran ao exame na segunda convocatoria, gardaranse as notas da parte interactiva obtidas a través da avaliación continua.
A calidade do ensaio (de carácter voluntario) poderá ser tida en conta para perfilar a nota final.
Estudo individual: 70 horas
Preparación de traballos titorados: 30 horas
Ningunha en particular.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Cristina Ares Castro-Conde
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815152
- Correo electrónico
- cristina.ares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Javier Vazquez Ramos
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- jose.vazquez.ramos [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán, Galego | 1.3 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1.3 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán, Galego | 1.3 |
30.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | 2.1 |
07.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | 2.1 |