Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 72.5 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 10 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer os diferentes instrumentos e técnicas de avaliación psicolóxica relevantes para o tratamento da delincuencia.
2. Saber interpretar os diferentes instrumentos e técnicas de avaliación psicolóxica relevantes para o tratamiento da delincuencia.
3. Saber integrar a información derivada da avaliación de xeito que guíe o deseño da intervención.
4. Coñecer os métodos e técnicas eficaces no tratamento da delincuencia.
5. Comprender as posibilidades e limitacións da intervención na delincuencia.
CLASES EXPOSITIVAS:
Tema 1. Aspectos introductorios, legais e conceptuais.
Tema 2. Modelos de tratamento e intervención con delincuentes
Tema 3. Avaliación do delincuente: proceso, principios e intrumentos.
Tema 4. Tratamento do delincuente: técnicas, estratexias e programas.
CLASES INTERACTIVAS:
1. Análise do medio penitenciario e da norma que o regula en materia de avaliación e tratamento.
2. Análise da conduta delitiva e dos factores de risco asociados. Enfoque desde o tratamento penitenciario.
3. Técnicas para a avaliación psicolóxica no medio penitenciario.
4. Programas de tratamiento da conduta delitiva.
Fariña, F., e Arce, R. (2003). Avances en torno al comportamiento antisocial, evaluación y tratamiento. Madrid: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
López-Latorre, M. J., Garrido, V., e Ross, R. R. (2001). El Programa del pensamiento prosocial: Avances recientes Valencia : Tirant lo Blanch.
Negredo, L. e Pérez, M. (2019). Intervención y tratamiento de delincuentes en prisión y medidas alternativas. Síntesis.
Ovejero, A. (2012). Fundamentos de psicología jurídica e investigación criminal. Salamanca: Ediciones de la Universidad de Salamanca.
Redondo, S. (2015). Evaluación y Tratamiento de delincuentes: Jóvenes y adultos. Madrid: Pirámide.
Redondo, S. (2015). Manual para el tratamiento psicológico de los delincuentes. Madrid: Pirámide.
Ross, R. R., Fabiano, E., e Garrido, V. (1990). El pensamiento prosocial: El modelo cognitivo para la prevención y tratamiento de la delincuencia. Valencia: Universitat, Servei de Publicacions.
Vilariño, M., Gancedo, Y., Marcos, V., e Novo, M. (2024). Mujer y prisión. Un abordaje con perspectiva de género desde el paradigma de Justicia Terapéutica. En F. Vázquez-Portomeñe (Eds.), Violencia contra la mujer. Manual de apoyo para el Grado en criminología (pp. 515-536). Tirant lo blanch.
Instituciones Penitenciarias. Programas específicos de intervención. Disponibles en https://www.institucionpenitenciaria.es/es/web/home/reeducacion-y-reins…
XERAIS
CG2. Capacidade para reflexionar de xeito crítico e constructiva e para argumentar e expresarse organizada e razonadamente, tanto na comunicación oral como na escrita (CG instrumental).
CG4. Adquisición dunha conciencia crítica na análise do ordenamento xurídico, situándose nunha perspectiva plenamente respetuosa cos principios de respecto e a promoción dos dereitos humanos, de igualdade e da accesibilidade universal (CG instrumental).
CG6. Capacidade para reunir, interpretar e sintetizar datos e informacións relevantes (en particular a través da rede informática), dentro da súa área de estudo (CG instrumental).
CG7. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, utilizando unha linguaxe (xurídica, médica, psicolóxica, sociolóxica e técnica) correcta (CG instrumental).
ESPECÍFICAS
CE1. Capacidade para identificar e comprender cuestións relativas aos dereitos fundamentais de quen son obxecto dun procedimiento penal, así como, en xeral, de quen se ve afectado polas respostas ante o delito e a desviación.
CE2. Capacidade para valorar os fundamentos metodolóxicos e científicos das diversas teorías relevantes sobre o delito, o delincuente, a victimización e as respostas ante o delito e a desviación.
CE3. Comprensión básica da organización, estrutura e funcionamiento do sistema de execución penitenciaria e das medidas alternativas, así como dos métodos e estratexias necesarios para a consecución da reinserción social dos penados e a reducción dos efectos perniciosos da prisión.
CE4. Competencia para proporcionar ao xuíz coñecementos científicos sobre os sucesos delitivos enxuizados, a personalidade do autor, os factores criminóxenos existentes e o tipo de resposta aplicable, todo iso da man dun correcto emprego dos conceptos e as teorías criminolóxicas, así como para efectuar tarefas de asesoramiento en relación coa interpretación dos informes forenses.
CE9. Coñecemento dos principais instrumentos de valoración do risco da conducta antisocial e/ou delitiva.
CE10. Comprensión e aplicación dos principais coñecementos “teórico-empíricos” proporcionados pola investigación “bio-psico-social” sobre o feito delictivo e a conduta antisocial.
CE11. Adquirir os coñecementos necesarios para solicitar, interpretar e abordar con rigor científico os diversos tipos de informes ou pericias médico-legais.
CE16. Coñecer e comprender a diversidade de formas en que se constitue, se representa e se trata o delito e analizar críticamente as distintas respostas ao problema da criminalidade desde unha triple perspectiva: explicativo-empírica, decisional e instrumental.
As clases expositivas consisten en sesións expositivas e / ou demostrativas de contido teórico da materia. Para profundar e reforzar os contidos expostos, contémplanse clases interactivas que favorecen a adquisición das competencias específicas da materia, así como unha aprendizaxe significativa. Ademais, estas clases prácticas están destinadas a que os estudantes adquiran as habilidades procesuais e de investigación da materia. Para iso, realizaranse análises de casos e de programas de tratamento penitenciario.
As titorías son unha relación directa e presencial, para asesoramento continuo e profundización nos contidos teóricos e prácticos do traballo do estudante, así como responder a preguntas.
A nota final dos estudantes estará formada do seguinte xeito:
a) Para a avaliación dos contidos expositivos aplicarase un sistema de avaliación mediante unha proba escrita que terá un peso na nota final do 60% (6 puntos sobre 10).
b) Avaliaranse as clases interactivas a través de varios indicadores (asistencia, participación, informes). Por mor de verificar a participación nas tarefas grupais a asistencia e obrigatoria as sesións interactivas. De non poder asistir teranse que realizar individualmente. O peso na cualificación final será do 40% (4 puntos sobre 10).
c) Para pasar a materia será preciso ter aprobado tanto a parte expositiva como interactiva
As datas e horas da revisión do exame estableceranse e desenvolveranse de acordo coa normativa interna da USC.
O mesmo sistema de avaliación aplicarase a todas as convocatorias. Así, no caso de non superar a materia na convocatoria de maio a xuño (1ª oportunidade), na convocatoria de xullo (2ª oportunidade) só se repetirá a proba obxectiva, mantendo a puntuación obtida nas actividades desenvolvidas ao longo do curso. De non ter aprobado a parte interactiva na primeira oportunidade, terán que facerse individualmente os informes requiridos en clase durante o curso para a segunda oportunidade. Aos fins das reglamentacións para permanecer na USC, enténdese que a única actividade avaliable é o exame.
Os estudantes que, en virtude dun acordo adoptado pola Xunta da Facultade de Dereito, obteñan a exención docente para esta materia, terán que realizar, ademais da proba final, un traballo de investigación empírico sobre un tema relacionado coa contidos da materia. Isto será titorizado e substituirá a súa presenza física e participación en clases interactivas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Traballo presencial na clase
Docencia expositiva: 25 horas.
Docencia interactiva: 10 horas.
Titorías en grupo reducido: 5 horas
Total horas de traballo presencial na clase: 40 horas
Trabajo persoal da/o alumna/o
Estudo individual o en grupo: 55 horas
Resolución de casos prácticos ou outros traballos: 15 horas
Asistencia a conferencias: 2,5 horas
Total horas traballo persoal da/o alumna/o: 72,5 horas
Recoméndase o traballo continuado e levar a materia ao día.
Os obxectivos da materia están aliñados cos ODS (Axenda 2030) e contribúen a que o alumnado coñeza os ODS 3, 5 e 16, e os relaciones cos contidos tratados na materia.
Ramón Arce Fernández
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881813853
- Correo electrónico
- ramon.arce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Manuel Vilariño Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo clases expositivas | Galego | Aula 17 |
Xoves | |||
15:00-16:30 | Grupo clases expositivas | Galego | Aula 17 |
19.05.2025 18:00-20:00 | Grupo clases expositivas | Salón de Actos |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |