Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal da materia é presentar ao alumnado os fundamentos das tecnoloxías da información e as comunicacións, prestando atención ao seu estado actual e ás tendencias futuras, para a práctica criminolóxica. Farase especial énfase na selección e uso adecuado das ferramentas informáticas existentes en todos os ámbitos da criminoloxía; así como na capacidade para detectar e anticipar a súa obsolescencia, e no seu caso aprender os fundamentos e utilizar algunhas ferramentas e tecnoloxías da información máis novidosas.
A criminoloxía é unha disciplina multidisciplinar que estuda factores persoais, sociais e políticos que deben ser aprendidos na súa totalidade como garantía dunha política criminal coherente. Neste contexto, o alumnado aprenderá a manexar tanto ferramentas informáticas específicas máis próximas ao seu ámbito profesional como outras de tipo máis xeneralista.
Módulo 1. Introducción ás Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) para a práctica criminolóxica
1.1 Redes de ordenadores, Internet e Redes Sociais
1.2 Ciberseguridade e Informática Forense
1.3 As TIC e a Criminoloxía: Ciencia Forense
1.4 Aspectos Éticos e Profesionais nas TIC
1.5 Propiedade Intelectual, Patentes e Licencias de Software
1.6 Tipos de Software e selección de Ferramentas Informáticas
1.7 Privacidade Protección de Datos
1.8 Recuperación de Información e Motores de Búsqueda
Módulo 2. Fundamentos de Programación
2.1 Introducción ás Linguaxes de Programación
2.2 Tipos de Datos e Instruccións
2.3 Algoritmos e Procedementos
2.4 Programación Modular
Módulo 3. Intelixencia Artificial (IA) para Criminología
3.1 Introducción á IA
3.2 Análise Intelixente de Datos
3.3 Aprendizaxe Automática
Na aula virtual proporcionaranse apuntamentos ou material específico para seguir e complementar os contidos da materia. Dada a heteroxeneidade dos temas a tratar na materia, os docentes proporcionarán en cada un dos temas referencias a recursos bibliográficos e doutro tipo de contidos (tutoriais, multimedia, etc.) para cubrir todos os aspectos máis específicos da materia.
As referencias que seguen son de tipo complementario, tratan aspectos xerais relacionados coa ciencia forense e as TIC (referencias 1-3) ou con aspectos tecnolóxicos (referencias 4-5).
1. James, S.H.; Nordby, J.J.; Bell, S. Forensic Science: An Introduction to Scientific and Investigative Techniques (4th Edition). (2014). Taylor & Francis. ISBN: 978-1-4398-5386-3
2. Houck, M.M.; Siegel, J.A. Fundamentals of Forensic Science (Second Edition). (2010). Elsevier. ISBN: 978-0-12-374989-5
3. Casey, E. Digital Evidence and Computer Crime. Forensic Science, Computers and the Internet (Third Edition). (2011). Elsevier. ISBN: 978-0-12-374268-1
4. Tanenbaum, A.S. Redes de Computadoras (Cuarta ed). Pearson Prentice-Hall International. (2003). ISBN: 9702601622
5. Russell, S., Norvig, P. Inteligencia Artificial (Un Enfoque Moderno), Segunda ed. Prentice-Hall International. (2004). ISBN: 9789688806821
Contribuir a conseguir as competencias recollidas na memoria do título de Grao en Criminoloxía da USC, especialmente:
CG1 - capacidade para colaborar cos demáis e relacionarse, tanto con profesionais das diversas facetas da actividade criminolóxica, como dentro de equipos interdisciplinares e multiculturais
CG2 - capacidade para reflexionar de xeito crítico e constructivo e para argumentar e expresarse organizada e razoadamente
CG3 - capacidade para identificar e explicar problemas sociais complexos no eido da Criminoloxía e para aplicar as estratexias adecuadas para resolvelos, traballando cunha perspectiva sistémica que faga posible a súa consideración analítica e sintética
CG5 - capacidade para utilizar os coñecementos que conforman a Criminoloxía como disciplina científica e para identificar e desenvolver un conxunto de estratexias de investigación de metodoloxía cuantitativa e cualitativa, tanto nos ámbitos básicos, coma nos aplicados
CG6 - capacidade para reunir, interpretar e sintetizar datos e informacións (en particular a través de la red informática), dentro da súa área de estudo
CG8 - capacidade de análise e de síntese, para adquirir unha visión global dos problemas e para aplicar os coñecementos á práctica
CT1 - aprendizaxe autónoma
CT2 - adaptación a novas situacións
CE19 - capacidade para analizar, valorar e comunicar información empírica sobre o delito, o delincuente, a vítima e os medios de control social, a través da análise tanto dos distintos medios de comunicación social, coma das estatísticas policiais nas que apareza reflectida, así como das enquisas de vitimización
CE25 - coñecer os procedementos de recollida de información
CE27 - coñecer os fundamentos do proceso de datos e familiarizarse coa estatística uni e bivariada
A metodoloxía didáctica basearase no traballo individual dos alumnado, na discusión co profesorado na clase e nas titorías individuales.
Para cada tema ou bloque temático das clases expositivas, o profesorado preparará os contenidos, explicará os obxectivos do tema ao alumnado na clase, suxeriralles bibliografía, lles proporcionará material de traballo adicional, etc. Nas clases expositivas traballaránse as competencias CG1, CG3, CG5, CG6, CE19, CE25, CE27. Ademáis, o profesorado proporá ao alumnado un conxunto de actividades a realizar, de xeito individual ou en grupo (traballos, presentacións, lecturas, etc.). O alumnado deberá entregar obrigatoriamente unha selección delas para a súa avaliación. Estas actividades permitirán desenvolver as competencias CG1, CG2, CG3, CG5, CG6, CG8, CT1, CT2, CE25.
As clases interactivas desenvolverantes na Aula de Informática da Facultade de Dereito, empregando diversas ferramentas software para cada un dos bloques temáticos. O alumnado traballará en postos individuais co apoio constante do profesorado. Os guións das prácticas son auto-explicativos permitindo a realización dos mesmos en horario de traballo persoal. A realización das prácticas permitirá desenvolver as competencias CG1, CG3, CG6, CG8, CT1, CT2, CE19, CE25.
A docencia estará apoiada pola plataforma USC virtual do seguinte xeito: repositorio da documentación relacionada coa materia (textos, presentacións, etc.) e titorización virtual de cada estudante (correo-e e foros).
A avaliación da aprendizaxe considera tanto un exame da parte teórica (40%) como a avaliación das entregas asociadas ás sesións interactivas (40%), a entrega dun traballo persoal e a presentación oral do mesmo (15%) e a avaliación continua de cada estudante ao longo do curso (5%).
Será requisito indispensable aprobar todas as partes (expositiva, interactiva, traballo, avaliación continua), considerando os seguintes criterios:
1. Exame (40%): a parte teórica da materia avaliarase nun único exame a realizar na data oficial, que constará de preguntas relacionadas con todos os temas do programa. A cualificación do exame será a media ponderada dos módulos da materia, que só se calculará no caso de ter cualificación igual ou superior a 4 en cada módulo. A ponderación do módulo é do 30 % para o módulo 1, do 50 % para o módulo 2 e do 20 % para o módulo 3.. Os módulos con cualificación inferior a 4 deberán repetirse na segunda oportunidade.
2. Entregas interactivas (40%): Haberá tres entregas obrigatorias asociadas ás sesións interactivas relacionadas con cada módulo teórico e a súa ponderación será a mesma que a dos módulos teóricos (30% de entrega relacionada co Módulo 1, 50% de entrega relacionada co Módulo 2 e 20% de entrega relacionados co módulo 3). A nota media só se calculará no caso de ter cualificación superior ou igual a 4 en todas as entregas. Aquelas entregas con cualificación inferior a 4 puntos deberán repetirse na segunda oportunidade. É obrigatoria a asistencia presencial polo menos ao 70% das clases interactivas. Doutra forma a parte práctica da materia estará suspensa.
3. Traballo (15%): O alumnado deberá presentar un traballo persoal e realizar unha exposición oral do mesmo segundo o calendario establecido ao comezo do cuadrimestre. A non presentación deste traballo suporá o suspenso da materia. A cualificación obtida será a media da avaliación do traballo escrito e da súa exposición oral. Só se realizará a media se se obtén unha nota igual ou superior a 4 en cada parte. As partes con cualificación inferior a 4 deberán repetirse na segunda oportunidade.
4. Avaliación continua (5%): Terase en conta a asistencia e participación activa de cada estudante tanto nas clases expositivas como na presentación de traballos, discusións, seminarios, e nas sesións interactivas que se celebren ao longo do curso. É obrigatoria a asistencia polo menos ao 70% das sesións de presentación de traballo e seminarios. Doutra forma a avaliación continua da materia estará suspensa.
A cualificación final da materia será a suma das catro cualificacións parciais, excepto naquelas situacións indicadas anteriormente. Cando non supere algunha de partes, a cualificación final da oportunidade será o mínimo das cualificacións parciais.
Obterán a cualificación de non presentado o alumnado que non participase en ningunha das actividades de avaliación.
O alumnado que teña exención oficial de asistencia a clase deberá realizar, en todo caso, o exame final escrito, así como todas as entregas de prácticas e traballos que se establezan como obrigatorios e, no seu caso, realizar a exposición oral dos mesmos. Nesta modalidade, a titorización e as entregas serán virtuais e as presentacións poderán realizarse de forma telepresencial.
Na segunda oportunidade, o alumnado deberá superar as actividades de avaliación pendentes da primeira oportunidade, de acordo cos criterios anteriores. Para o resto das actividades conservaranse as cualificacións obtidas durante o curso. En todo caso, a presentación oral obrigatoria do traballo deberá realizarse e superarse durante o curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recololido na Normativa de availación do rendemento académido do alumnado e de revisión de cualificación. A copia total ou parcial dalgún exercicio de prácticas ou teoría suporá automaticamente unha cualificación de 0.0 na materia e oportunidade.
Tempo de traballo presencial: 55 horas totais, divididas en 35h (clases expositivas, seminarios, presentación oral de traballos e discusión asociada), 15h (clases interactivas no laboratorio), 1h (tutorías) y 4h (controis)
Tempo de traballo persoal: 95h (total), divididas en 65h (estudio autónomo de teoría e prácticas) e 30h (traballos, proxectos e outras actividades).
Recoméndase que os estudiantes resolvan, verifiquen e validen todos os exercicios e prácticas propostos (non só os avaliables).
Medios complementarios á docencia: curso virtual na plataforma proporcionada pola USC, elaborado e constantemente actualizado polo profesorado da asignatura.
A lingua predominante de impartición de clases é o castelán.
Jose Maria Alonso Moral
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881816432
- Correo electrónico
- josemaria.alonso.moral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula Informatica Cinco |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula Informatica Cinco |
13.01.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Aula Informatica Cinco |
16.06.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Aula Informatica Cinco |