Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 72.5 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 10 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar ao alumnado as coñecementos e ferramentas de análises sobre a materia obxecto da materia, en especial as súas relacións con outros fenómenos estudados na criminoloxía e as súas repercusións nos ámbitos securitarios e políticos, dado o carácter colectiva do obxecto de estudo.
Comprender as dinámicas das violencia colectiva desde os seus inicios documentados ata o contexto contemporáneo.
Coñecer a evolución das diferentes manifestacións que adoptou ao violencia colectiva nas sociedades humanas, en especial as que se producen na actualidade.
Analizar as relacións criminóxenas entre o obxecto da materia e outras manifestacións de condutas desviadas crimes e delictos.
1. Estado, sociedade e violencia.
2. As Guerras.
3. Os conflitos civís.
4. O xenocidio.
5. Os golpes de estado.
6. O terrorismo.
7. Violencia entre comunidades.
8. Crime organizado e violencia urbana.
9. Violencia do Estado.
10. Duración e final dos conflitos.
11. As consecuecias da violencia colectiva.
Bibiografía básica:
Daniels, L. A. y Vlaskamp, M.C. (coords)(2021). Violencia Política. Madrid, Tecnos.
González Fernández, R. (ed.) (2018). Violencia Colectiva. Madrid, Catarata.
Malésevic, S. (2017). El auge de la brutalidad organizada. Valencia, PUV.
BÁSICAS
Capacidade para colaborar cos demais e relacionarse, tanto con profesionais das diversas facetas da actividade criminológica, como dentro de equipos interdisciplinares e multiculturais
Capacidade para reflexionar de maneira crítica e construtiva e para argumentar e expresarse organizada e razonadamente
Capacidade para identificar e explicar problemas sociais complexos no ámbito da criminoloxía e para explicar estratexias acaídas para resolvelos, traballando cunha perspectiva sistémica que faga posible a súa consideración analítica e sintética
Capacidade de análise e de síntese, para adquirir unha visión global dos problemas e para aplicar os coñecementos á práctica
Capacidade para tomar decisións e de adaptación a novas situacións
ESPECÍFICAS
Coñecemento das perspectivas conceptuais máis apropiadas desde o punto de vista da violencia colectiva e os seus efecto criminóxenos.
Aplicación dunha análise sistemática e congruente das fenómenos vinculados aos procesos de violencia colectiva, en especial os que teñen lugar no mundo contemporáneo.
Coñecemento das relacións entre a material impartida e a delincuencia organizada transnacional e a que se realiza a través da rede.
Coñecer e comprender a diversidade de formas en que se constitúe, represéntase e trátase o delito colectivo a traverso das formas de violencia organizada e analizar críticamente as distintas respostas que se lle deron desde os enfoques teóricos.
Clases expositivas e interactivas combinando a explicación coa lectura comentada por parte do alumnado de textos referidos a casos prácticos.
Realización de traballos individuais ou colectivos tutorizados polo profesor. O alumnado dispoñerá das horas de titorías para consultar dúbidas e realizar unha exposición final dos seus traballos. Ademais fixaranse citas de titorías coa finalidade de que o profesor poida realizar unha avaliación continuada do desenvolvemento dos traballos.
1) Un exame final sobre o temario. Supoñerá un máximo do 70% da nota final.
2) os traballos realizados nos seminarios interactivos. Supoñerán un máximo do 20% da nota final
3) Asistencia e participación do alumno e alumna en clase, seminarios debate e titorías. Supoñerá un máximo do 10% da nota final.
O alumnado que teña recoñecida pola USC a exención de docencia nesta materia, deberá facer o exame final escrito nas mesmas condicións que os demais estudantes.
A parte da cualificación final correspondente aos puntos 2 e 3 da avaliación do alumnado asistente poderase obter mediante a realización dun traballo práctico sobre un tema da materia.
A efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que aos alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo faráselles constar na acta a mención de "Non presentado".
A asignación de tempo pode ser a seguinte:
TRABALLO PRESENCIAL NA aula:
-Clases expositiva
-Clases interactivas
- Tuturías e traballos relacionados co obxecto de estudo.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
-Estudo individual: 50 h.
-Preparación de traballos grupais: 25 h.
-Realización de traballos individuais: 25 h.
-Outras tarefas: 5 h.
Alfonso Antonio López Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- alfonsoantonio.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo clases expositivas | Galego | Aula 16 |
Mércores | |||
19:00-20:30 | Grupo clases expositivas | Galego | Aula 16 |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo clases expositivas | Galego | Aula 16 |
30.05.2025 16:00-18:00 | Grupo clases expositivas | Salón de Actos |
03.07.2025 18:00-20:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |