Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O núcleo principal do curso divídese en tres partes: na primeira, estudaremos os procedementos básicos da acción coordinada ou social. Na segunda, examinamos por separado o parentesco patriarcal e o capitalismo, e analizaremos algúns aspectos do cambio social que resultan da interacción entre ambos os sistemas. Na terceira e última parte do curso, estudaremos o enxendramento social das grandes ideoloxías políticas.
De maneira complementaria, nas clases interactivas, realizásense ou ben comentarios de textos clásicos ou ben exercicios prácticos de análise sociolóxica inspiradas polos devanditos textos.
I. TEORÍA DA ACCIÓN SOCIAL
Interaccións.- conversacións.- relación delito / condena.- ideación lingüística.- subconsciencia.- regularidade estatística
II. PATRIARCADO CAMPESIÑO
Parentesco patriarcal.- pequenas explotacións.- primoxenetización.- consenso.- administración eclesial
III.- CAPITALISMO
Plusvalia.- "Man invisible" .- contabilidade.- individualismo.- contractualismo.- reivindicación moral
IV. CONTRASTE
Unha reescritura actualizada do contraste entre a comunidade e a asociación argumentada no seu día por Ferdinand Tönnies (1888)
V. UNHA SOCIABILIDADE CAPITALISTA E MARITAL (SÉCULO XIX)
Empresa familiar.- conxugalización.- función pública.- funcionario.- sufraxio censal
VI. UNHA SOCIABILIDADE CAPITALISTA E POST-MARiTAL
Capitalismo organizativo.- separación de sexualidade / parental.- novas familias.- medición empírica das novas clases medias.
VII. OS GRANDES -ISMOS
Liberalismo, nacionalismo, socialismo, feminismo. O punto de vista sociolóxico.
Bibliografía básica:
C. ALLONES (2021): Liberalismo, nacionalismo, socialismo, feminismo. Una interpretación sociológica. Madrid: Libros de la Catarata
Bibliografía complementaria:
E. DURKHEIM (1978): Las Reglas del Método Sociológico. Ediciones Pléyade
F. TÖNNIES (1979): Comunidad y Asociación. Barcelona: Península
M. WEBER (1964): Economía y Sociedad. México: FCE
Este curso introdutorio á Socioloxía pretende, por unha banda, estudar algunhas institucións que son centrais nas sociedades occidentais, pero polo outra, ir exercitando aos estudantes na mirada que distingue á Socioloxía das outras ciencias sociais.
Clases expositivas: Nelas explicaranse os contidos teóricos esenciais da materia, presentando e resolvendo os problemas que presentan devanditos contidos.
Seminarios interactivos. Leranse e comentarán textos da bibliografía
Se realizará unha avaliación continua dos estudantes –Ponderará o 20% da nota final.
Dita avaliación continua se complementará cunha exame final por escrito dos contidos teóricos do curso. Ponderará o 80% da nota restante.
En relación a normativa de permanencia do alumnado estarase ao regulamentado no artigo 5.2 da Normativa sobre Permanencia nas titulacións de Grao e Master da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
O réxime para o alumnado con exención de docencia consistirá na realización da exame final (80% da nota) ao que se sumará un traballo académico, sobre un tema que será encargado polo profesor, que substituirá as actividades que esixen a presencia física na aula e representará un 20% da nota final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Clases presenciais: 45 horas de estudo individual
Seminarios interactivos: 20 horas de estudo individual
Titorías: 7.5 horas
Total traballo persoal do alumno: 65 horas
Os textos e materiais de apoio son necesarios para o seguimento do curso, e colgaranse na aula virtual. Pero é nas clases teóricas e nos seminarios interactivos onde se traballa o seu verdadeiro sentido, alcance e intención.
Carlos Antonio J Allones Perez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 881815189
- Correo electrónico
- carlosantonioj.allones [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo clases expositivas | Galego | Aula 17 |
Martes | |||
09:00-11:00 | Grupo clases expositivas | Galego | Aula 17 |
16.01.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Salón de Actos |
18.06.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |