Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 72.5 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 10 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Penal
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Transmitirlle ao alumno unha visión clara dos conceptos básicos relativos á Penoloxía e Ciencia penitenciaria
-Dar a coñecer a aplicación por xuíces, tribunais e institucións penitenciarias das normas sobre execución de penas contidas no Código penal, a Lei Orgánica Xeral Penitenciaria e o seu regulamento
-Salientar os problemas prácticos e político-criminais que presenta a execución da prisión, especialmente, así como doutras penas e ofrecer vías de solución
-Fomentar a utilización polo alumno de materiais bibliográficos complementarios
-Capacidade de análise e síntese, razoamento crítico e autoaprendizaxe
-Capacidade de lectura crítica
-Planificación cronolóxica racional das actividades
-Utilización rigorosa da terminoloxía penolóxica e penitenciaria
-Xerarquización de coñecementos principais e secundarios
-Presentación formal correcta de traballos escritos, tendendo ao uso experto do ordenador
-Perfeccionar a expresión oral e escrita tanto na presentación e exposición de recensións e traballos como na participación en seminarios e coloquios
-Ampliar os coñecementos instrumentais da materia útiles para o exercicio das profesións relacionadas coa Criminoloxía
-Empregar monografías, revistas científicas e internet como ferramentas de información que faciliten a resolución de dúbidas sobre a Penoloxía e Ciencia penitenciaria
-Dominio de técnicas de debate sosegado, transixente e tolerante
-Advertir o constante reflexo na prensa diaria de noticias relacionadas coa Penoloxía e Ciencia penitenciaria
-Estimular a capacidade de traballo en equipo
PENOLOXÍA
LECCIÓN 1
I. Concepto de Penoloxía.- II. A Penoloxía como parte da Criminoloxía.- III. Penoloxía e Dereito penal.- IV. Penoloxía e Ciencia penitenciaria
LECCIÓN 2
I. A clasificación das penas no Código penal.- II. Diferenzas coas medidas de seguridade. III. Medidas previstas na Lei penal do menor
CIENCIA PENITENCIARIA
LECCIÓN 3
I. As penas privativas de liberdade: evolución histórica.- II. As penas privativas de liberdade en España e a súa execución: A) Prisión permanente revisable; B) Prisión; C) Localización permanente; D) Responsabilidade persoal subsidiaria
LECCIÓN 4
I. Intervención xudicial na execución das penas privativas de liberdade: o xuíz de vixilancia penitenciaria.- II. Crise da pena de prisión.- III. Substitutivos penais: A) Suspensión; B) Substitución
LECCIÓN 5
I. Sistemas penitenciarios: precedentes históricos.- II. Sistema filadélfico ou celular: A) Historia; B) Características esenciais; C) Xuízo crítico.- III. Sistema de Auburn: A) Historia; B) Características; C) Xuízo crítico
LECCIÓN 6
I. Sistemas progresivos: A) Características esenciais; B) Modalidades: Maconochie, Crofton, Obermayer e Montesinos; C) Xuízo crítico.- II. Sistema reformatorio
LECCIÓN 7
I. Relación xurídica penitenciaria: A) Nacemento e suxeitos; B) Contido: dereitos e deberes dos reclusos; C) Reclamacións e queixas.- II. Observación dos reclusos: A) Expediente de personalidade; B) Clasificación de reclusos e establecementos; C) Finalidade e criterios
LECCIÓN 8
I. Medios de tratamento.- II. Disciplina: Fundamento, faltas e sancións.- III. Instrución e educación.- IV. Asistencia relixiosa.- V. Traballo: fundamento, caracteres, sistemas, remuneración e seguridade social dos reclusos traballadores.- VI. Asistencia médica
LECCIÓN 9
Preparación para a liberdade: A) Permisos de saída; B) Liberdade condicional; C) Rehabilitación do penado; D) Asistencia poscarceraria.
LECCIÓN 10
I. Administración penitenciaria: A) Organización; B) Goberno dos establecementos.- II. Funcionarios de prisións
OUTRAS CLASES DE PENAS
LECCIÓN 11
I. Penas privativas de dereitos.- II. Pena de multa
ABEL SOUTO, M., Teorías de la pena y límites al "ius puniendi" desde el Estado democrático, Dilex, Madrid, 2006.
ABEL SOUTO, M., La pena de localización permanente, Comares, Granada, 2008.
ABEL SOUTO, M., La suspensión de la ejecución de la pena tras la Ley orgánica 1/2015, Tirant lo Blanch, Valencia, 2017.
ABEL SOUTO, M., "Las medidas del nuevo Derecho penal juvenil", en Actualidad Penal, nº 6, 2002, pp. 105-164.
ABEL SOUTO, M., "Internamientos penales de menores en la Ley orgánica 5/2000 y su reglamento de 30 de julio de 2004", en Anuario de Derecho Penal y Ciencias Penales, LXVII, 2006, pp. 99-106.
BERDUGO GÓMEZ DE LA TORRE, I. - ZÚÑIGA RODRÍGUEZ, L. (coords.), Manual de Derecho penitenciario, Colex, Madrid, 2001.
BUENO ARÚS, F. (coord.), Ley general penitenciaria. Comentarios, jurisprudencia, concordancias, doctrina, Colex, Madrid, 2005.
CERVELLÓ DONDERIS, V., Derecho penitenciario, 5.ª ed., Tirant lo Blanch, Valencia, 2022.
COBO DEL ROSAL, M., y otros, I. Comentarios a la legislación penal. Ley Orgánica General Penitenciaria. Tomo VI. Vols. I e II. Edersa, Madrid, 1986.
COBO DEL ROSAL, M. - VIVES ANTÓN, T.S., Derecho penal. Parte general, 5.ª ed. correxida, aumentada e actualizada. Tirant lo Blanch, Valencia, 1999.
GARCÍA VALDÉS, C., Introducción a la Penología, 2.ª ed., Publicacións do Instituto de Criminoloxía da Universidade Complutense de Madrid, Madrid, 1982.
GARCÍA VALDÉS, C., Comentarios a la legislación penitenciaria, Civitas, Madrid, 1982, reimpr. 1995.
GARRIDO GUZMÁN, L., Manual de Ciencia Penitenciaria, Edersa, Madrid, 1983.
GÓMEZ RIVERO, M. C. (coord.), Nociones fundamentales de Derecho penal. Parte general, Tecnos, Madrid, 2023.
GONZÁLEZ CUSSAC, J. L. (dir.), Comentarios a la reforma del Código penal de 2015. Tirant lo Blanch, Valencia, 2015.
GRACIA MARTÍN, L. - BOLDOVA PASAMAR, M. A. - ALASTUEY DOBÓN, M. C., Lecciones de las consecuencias jurídicas del delito, Tirant lo Blanch, Valencia, 2015.
GRUPO DE ESTUDIOS DE POLÍTICA CRIMINAL, Una propuesta alternativa al sistema de penas y su ejecución, y a las medidas cautelares personales, Gráficas Luis Mahave, Málaga, 2005.
JUANATEY DORADO, C., Manual de Derecho penitenciario,Iustel, Madrid, 2016.
LANDROVE DÍAZ, G., Las consecuencias jurídicas del delito, 6.ª ed. revisada e posta ao día en colaboración con FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, M.D., Tecnos, Madrid, 2005.
MATA Y MARTÍN, R. M., Fundamentos del sistema penitenciario, Tecnos, Madrid, 2016.
MIR PUIG, C., Derecho penitenciario, 5.ª ed., Atelier, Barcelona, 2022.
MIR PUIG, S., Derecho penal. Parte general, 10.ª ed., Reppertor, Barcelona, 2015.
MORILLAS CUEVA, L., Teoría de las consecuencias jurídicas del delito, Tecnos, Madrid, 1991.
MUÑOZ CONDE, F. - GARCÍA ARÁN, M., Derecho penal. Parte general, 11.ª ed., revisada y puesta al día, Tirant lo Blanch, Valencia, 2022.
ORTS BERENGUER, E. - GONZÁLEZ CUSSAC, J.L., Compendio de Derecho penal. Parte general, 10.ª ed., Tirant lo Blanch, Valencia, 2023.
QUINTERO OLIVARES, G. (dir.), Comentarios al Código penal, 5.ª ed., Aranzadi, Cizur Menor, 2008.
QUINTERO OLIVARES, G. (dir.), Comentario a la reforma penal de 2015, Aranzadi, Cizur Menor, 2015.
TAMARIT SUMALLA, J.M. y otros, Curso de Derecho penitenciario, Tirant lo Blanch, Valencia, 2.ª ed., 2005.
VICENTE MARTÍNEZ, R. DE (dir.), Derecho penitenciario, Tirant lo Blanch, Valencia, 2015.
VIVES ANTÓN, T. S. (coord.), Comentarios al Código penal de 1995, Tirant lo Blanch, Valencia, 1996.
-Capacidade para colaborar cos demais e relacionarse, tanto con profesionais das diversas facetas da actividade criminolóxica, como dentro de equipos interdisciplinarios e multiculturais.
-Capacidade para reflexionar de maneira crítica e constructiva e para argumentar e expresarse organizada e razoadamente.
-Adquisición dunha conciencia crítica na análise do ordenamento xurídico, situándose nunha perspectiva plenamente respectuosa cos principios do respecto e a promoción dos dereitos humanos, de igualdade e da accesibilidade universal
-Capacidade para reunir, interpretar e sintetizar datos e informacións (en particular a través da rede informática), dentro da súa área de estudo
-Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, utilizando unha linguaxe (xurídica, médica, psicolóxica, sociolóxica e técnica) correcta
-Capacidade para identificar e comprender cuestións relativas aos dereitos fundamentais de quen son obxecto dun procedemento penal, así como, en xeral, de quen se ven afectados polas respostas ante o delito e a desviación
-Capacidade para valorar os fundamentos metodolóxicos e científicos das diversas teorías relevantes sobre o delito, o delincuente, a vitimización e as respostas ante o delito e a desviación
-Comprensión básica da organización, estrutura e funcionamento do sistema de execución penitenciaria e das medidas alternativas, así como dos métodos e estratexias necesarios para a consecución da reinserción social dos penados e a redución dos efectos perniciosos da prisión
-Competencia para proporcionarlle ao xuíz coñecementos científicos sobre os sucesos delituosos axuizados, a personalidade do autor, os factores criminóxenos existentes e o tipo de resposta aplicable, todo iso da man dun correcto emprego dos conceptos e as teorías criminolóxicas, así como para efectuar tarefas de asesoramento en relación coa interpretación dos informes forenses
Nas clases teóricas farase especial referencia á aplicación que na práctica teñen as nocións teóricas.
A asistencia á clase é, en principio, obrigatoria. Os alumnos que, por motivos xustificados, non poidan asistir, deberán comunicarllo ao profesor.
Os alumnos deberán elaborar unha recensión crítica, para cuxa elaboración e exposición haberá titorías conxuntas obrigatorias. Tamén organizaranse un café coloquio sobre un tema de actualidade relacionado coa materia e un Videofórum sobre a execución da prisión.
Elaboraranse traballos en grupo sobre epígrafes das leccións 7 a 10 do programa. Cada grupo exporá na clase durante un máximo de 20 minutos o seu traballo, explicará os aspectos básicos do tema elixido e responderá as preguntas dos compañeiros. Será obrigatorio citar, polo menos, 5 obras da bibliografía xeral. Facilitaráselles aos outros alumnos un guión no que conste o título do traballo, os integrantes do grupo, un esquema dos puntos que se van tratar e a bibliografía consultada. Valorarase a capacidade de síntese, claridade expositiva, propiedade terminolóxica, participación activa de todos os membros do grupo, estrutura da exposición, adecuación ao tempo, uso crítico da bibliografía e creatividade. Penalizarase o plaxio e a excesiva dependencia dunha soa fonte. Tamén se valorará a asistencia e intervención nos debates do resto do alumnado.
Asemade, presentarase unha memoria final escrita na que se comenten as exposicións de cada grupo, se reflexione sobre o proceso de elaboración dos traballos e a súa relevancia para a materia e na formación como criminólogo.
Criterios de avaliación: o exame consistirá nunha proba final escrita, con presencia física, de preguntas para desenvolver sobre a materia impartida durante o curso, na que se ponderarán os coñecementos do alumno sobre o contido do programa e representará un 70% da nota final; a recensión, un 10%; o café-coloquio xunto co videofórum un 5% e o traballo en grupo e a memoria final un 15%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos da normativa de permanencia na USC enténdese que a única actividade avaliable é o exame.
O réxime para o alumnado con exención de docencia consistirá na realización dun traballo académico, sobre un tema que será encargado polo profesor, que substituirá as actividades que esixen a presencia física na aula e representará un 30% da nota final.
- Docencia expositiva: 25 horas (presencialidade 100%)
- Docencia interactiva: 10 horas (presencialidade 100%)
- Titorías en grupo reducido: 5 horas (presencialidade 100%)
-Actividades individuais e ou grupais de estudo e traballo (guiadas e non guiadas): 70 horas (presencialidade 50%)
-Preparación e realización de presentacións, debates e similares: 2,5 horas (presencialidade 100%)
Recoméndase, para a asimilación da materia, un estudo diario da materia, o uso das titorías e os materiais didácticos complementarios. Asemade, convén non deixar para as últimas semanas a realización dos traballos asignados.
Miguel Abel Souto
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Penal
- Teléfono
- 881814687
- Correo electrónico
- miguel.abel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 17 |
Xoves | |||
15:00-16:30 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 17 |
23.01.2025 16:00-18:00 | Grupo clases expositivas | Aula 4 |
23.01.2025 16:00-18:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |
13.06.2025 16:00-18:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |