Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A Socioloxía criminal é unha das disciplinas sociolóxicas de maior tradición. Interésase polo estudo do crime entendido como un fenómeno social, utilizando as teorías, métodos e técnicas propias da Socioloxía. Ao longo do programa observarase o lugar do crime na estrutura social, así como os procesos sociais asociados e derivados do mesmo.
Os obxectivos desta materia son os seguintes:
1. Definir o obxecto da Socioloxía criminal e presentar as diversas perspectivas da Socioloxía no estudo do comportamento criminal.
2. Abordar a análise do crime e do modo en que se define e constrúe socialmente, á luz da cultura, da estrutura e procesos sociais, así como das relacións de clase, poder e autoridade.
3. Fomentar dentro deste marco conceptual unha postura crítica no alumnado a partir da cormprensión da diferencia existente entre o delito e as súas representacións sociais.
4. Capacitar ao estudantado para realizar analises profesionais do fenómeno criminal, especialmente tendo en conta os procesos sociais que influen nel.
5. Realizar un percorrido polas distintas definicións que se realizaron da desviación social prestando especial atención ás que afectan ao delito e o crime.
Tema 1. A construcción social do crime.
1.1. Os imaxinarios sociais e as representacións sociais.
1.2. A percepción social do crime.
Tema 2. A desviación social: primeiros bocexos.
2.1. Adolphe Quételet.
2.2. Émile Durkheim.
Tema 3. A Escola de Chicago.
3.1. Os inicios da Escola de Chicago.
3.2. O concepto de desorganización social: William I. Thomas, Florian Znacniecki e Ellsworth Faris.
3.3. A cidade e o crime: Robert E. Park, Ernest W. Burguess e Louis Wirth.
3.4. Clifford R. Shaw: a desorganización social e o Jack-Roller.
3.5. A organización do espazo e a criminalidade: Shaw y McKay.
3.6. Nels Anderson e a criminalización da pobreza.
Tema 4. Introdución á desviación social:
4.1. Definición e tipos.
4.2. A desviación social e o crime.
Tema 5: A conceptualización contemporánea da desviación social:
5.1. A desviación como proceso: Edwin Lemert e Howard Becker.
5.2. Estigmatización e criminalización: Erving Goffman e Berenice Pescosolido.
5.3. A desviación social: perspectivas contemporáneas.
Tema 6. A medicalización do crime:
6.1. Definición.
6.2. A medicalización como proceso: medicalización e desmedicalización.
6.3. Enfermidade mental e crime.
Tema 7. Os cárceres da miseria.
7.1. Michel Foucault: a sociedade punitiva, as prisións e o saber-poder.
7.2. Zimbardo e o “cárcere de Stanford”
7.3. Do Panóptico de Jeremy Bentham ao Panóptico dixital de Byung-Chul Han.
7.4. Loïc Wacquant: a criminalización da pobreza.
Tema 8: Os Pánicos morais (Moral Panics):
8.1. Definición, características e requisitos dos fenómenos de pánico moral.
8.2. O proceso e as fases dos Pánicos morais.
8.3. Os Pánicos morais e os medios de comunicación: os Mods e os Rockers.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Adler, P. e Adler, P. (2016). Constructions of Deviance (6ª ed.). Cengage.
Anderson, N. (2017). Deviance, Social Constructions and Blurred Boundaries. University of California Press
Becker, H. (2009). Outsiders. Hacia una sociología de la desviación. Siglo XXI (Obra orixinal publicada en 1963).
Bentall, R. P. (2011). Medicalizar la mente. Herder
Berger, P. y Luckmann, T. (2015). La construcción social de la realidad (24ª reimp.; S. Zulueta, Trad.). Amorrortu (Obra orixinal publicada en 1966).
Cuervo García, A. L. (2021). Crimen y desviación. Una introducción a las teorías criminológicas. Pirámide.
Downes, D. e Rock, P. (2012). Sociología de la desviación. Gedisa.
Foucault, M. (1988). Vigilar y castigar (15ª reimp.; A Garzón, Trad.). Siglo XXI.
Foucault, M. (2012). El poder, una bestia magnífica. Sobre el poder, la prisión y la vida (4ª ed.; E. Castro, Ed. & H. Pons, Trad.). Siglo XXI.
Foucault, M. (2021). Obrar mal, decir la verdad. La función de la confesión en el sistema de justicia. Curso de Lovaina (E. Castro, Ed. & H. Pons, Trad.). Siglo XXI.
Goffman, E. (2012). Estigma. La identidad deteriorada (2ª ed.; L. Guinsberg, Trad.). Amorrortu (Obra orixinal publicada en 1963).
Henry, S. e Howard, L. M. (2019). Social Deviance (2ª ed.). Polity Press.
Matza, D. (1981). El proceso de desviación. Taurus.
Moreno Pestaña, J. L. (Ed.). (2021). Ir a clase con Foucault. Siglo XXI.
Pratt, J. (2006). Castigo y civilización. Una lectura crítica sobre las prisiones y los regímenes carcelarios (G. Zadunaisky, Trad.). Gedisa.
Torrente, D. (2001). Desviación y delito. Alianza Editorial.
Wacquant, L. (2000). Las cárceles de la miseria. Alianza Editorial.
Wacquant, L. (2010). Castigar a los pobres (M. Polo, D. P. Roldán e C. Pascual, Trads.). Gedisa.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Faris, R. E. L. (1955). Social Disorganization (2ª ed.). The Ronald Press Company (Obra orixinal publicada en 1948).
Feixa, C. (2016). Antropología criminal. Universitat Oberta de Catalunya.
Frances, A. (2014). ¿Somos todos enfermos mentales?. Ariel.
González Radio, V. (1997). Sociología Criminal. Tórculo.
Goode, E. e Ben-Yehuda, N. (2009). Moral Panics. The Social construction of Deviance (2ª ed.). Wiley-Blackwell.
Krohn, M. D., Hendrix, N., Penly, G. e Lizotte, A. J. (Eds.). (2019). Handbook of Crime and Deviance (2ª ed.). Springer.
Sauquillo, J. (2017). Michel Foucault: Poder, saber y subjetivación. Alianza Editorial.
Plummer, K. (Ed.). (1997). The Chicago School. Critical Assessments. A Chicago Canon? (Vol. 1). Routledge.
Plummer, K. (Ed.). (1997). The Chicago School. Critical Assessments. Theory, History and Foundations (Vol. 2). Routledge.
Plummer, K. (Ed.). (1997). The Chicago School. Critical Assessments. Race, Crime and the City (Vol. 3). Routledge.
Plummer, K. (Ed.). (1997). The Chicago School. Critical Assessments. Methodology and Experience (Vol. 4). Routledge.
Reiner, R. (2017). Crime (1ª reimpr.). Routledge.
Thomson, K. (2002). Moral Panics (3ª reimpr.). Routledge.
Tittle, Ch. R. e Paternoster, R. (2000). Social Deviance and Crime. Oxford University Press.
Varela, J. e Álvarez-Uría, F. (1989). Sujetos frágiles. Ensayos de sociología de la desviación. Fondo de Cultura Económica.
Ao longo da materia iranse proporcionando a través do campus virtual, tanto unha bibliografía xeral máis ampla, como bibliografías específicas dalgúns dos temas propostos na materia.
XENÉRICAS
Interpersoal: habelencia para colaborar cos demais e relacionarse, tanto con profesionais das distintas facetas da actividade criminolóxica como dentro de equipos interdisciplinares e multiculturais.
Instrumental: habelencia para reflexionar de forma crítica e construtiva e discutir e expresarse de forma organizada e razoadamente.
Instrumental: Adquisición dunha conciencia crítica na análise do sistema xurídico, situándose nunha perspectiva totalmente respectuosa cos principios de respecto e promoción dos dereitos humanos, a igualdade e a accesibilidade universal.
Instrumental: capacidade para reunir, interpretar e sintetizar datos e información (en particular a través da rede informática) dentro da súa área de estudo.
Instrumental: habelencia para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado, utilizando unha linguaxe correcta (legal, médica, psicolóxica, sociolóxica e técnica).
Instrumental: capacidade para recoñecer, e acceder, a información rigurosa e verídica sobre todo no que se refiere ao crime.
ESPECÍFICAS
Capacidade para explicar problemas sociais complexos en termos da Socioloxía do crime, así como aclarar as representacións do delito, do infractor, da victimización, das respostas ao crime e da desviación baseada en teorías e conceptos criminolóxicos.
Coñecemento das diferentes perspectivas sociolóxicas existentes en torno ao crime e a súa relación cos diversos contextos e dominios sociolóxicos (familia, estrutura social, marxinalidade, control social ...).
Capacidade para analizar, avaliar e comunicar información empírica sobre o delito, o agresor, a vítima e os medios de control social, a través da análise dos diferentes medios de comunicación social, así como das estatísticas policiais nas que aparece reflectido, así como a partir das enquisas de victimización.
Coñecemento histórico e actual das teorías explicativas do crime, así como a fenomenoloxía do crime nos seus distintos tipos de manifestacións e tipos delitivos.
Clases expositivas (35 horas): nelas explicaranse os contidos da materia. Asumirán unha metodoloxía de tipo expositiva-participativa permitindo, e fomentando, a participación do alumnado no decurso da clase.
Clases interactivas (15 horas): nelas proporase ao alumando unha serie de textos, material audiovisual, etc. así como de exercicios, prácticas, conferencias de profesionais, etc. a fin de promover a reflexión crítica, análise e debate sobre aspectos da realidade social relacionados co crime e o delito.
Titorización personalizada de traballos en grupo (5 horas): nelas supervisarase o avance dos traballos grupais a realizar polo alumnado.
A nota final será o resultado da suma dos seguintes apartados:
1. Exame final: Realizarase un exame sobre os contidos impartidos ao longo do curso que suporá o 60% da nota.
2. Avaliación continua:
2.1. O alumnado realizará un traballo en pequenos grupos (máximo 4 estudantes por grupo) analizando un fenómeno social relacionado co crime, de tema libre negociado co docente, dende un punto de vista sociolóxico. A nota asignada ao traballo suporá o 30% da nota.
2.2. A asistencia e nivel de participación do alumnado –tanto a través dos traballos entregados por escrito como de forma oral que se irán propoñendo ao longo do curso-, suporán o 10% da nota final.
Deberase obter, como mínimo, un 4,5 tanto no exame como no traballo de grupo para ser avalidado desta materia.
NON se pode superar esta materia sen a realización do traballo obrigatorio citado nos parágrafos anteriores. Se algún alumno/a suspende na primeira oportunidade, pero presentou o traballo, e o ten aprobado. A nota do mesmo gardaraselle para a avaliación da segunda oportunidade dese curso.
No caso do estudantado que teña concedida a dispensa de asistencia o devandito alumnado avaliarase mediante o exame final (70%), a cuxa nota sumarase a obtida nos traballos de carácter práctico (traballo obrigatorio e recensións de textos, 30%).
En relación á normativa de permanencia do alumnado estarase ao regulamentado no artigo 5.2 da Normativa sobre Permanencia nas titulacións de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Como se sinala na Memoria da titulación do Grao en Criminoloxía, o tempo asignado para o traballo e estudo persoal do alumnado repartirase do seguinte modo:
- Clases expositivas: 35 horas.
- Clases interactivas: 15 horas.
- Traballo en actividades individuais e/ou grupais de estudo e traballo por parte do alumnado: 75 horas.
- Titorías en grupo reducidas: 5 horas.
- Preparación e realización de presentacións, debates e similares: 20 horas.
Dado o carácter complexo do delito e os múltiples factores que implica (sociais, biolóxicos, psicolóxicos) recoméndase ao alumnado refrescar os coñecementos impartidos nas materias: Introdución á Psicoloxía, Introdución á Socioloxía, Introdución á Criminoloxía e Delincuencia e control social.
- Asemade, suxírese ao alumnado teñan ao día o seu coñecemento do inglés. Así como dalgún dos sistemas para referenciar citas bibliográficas nos traballos académicos, con especial referencia ao sistema APA7.
- Recoméndase levar a materia ao día.
- Suxírese preparar as leturas ou textos propostos para o desenvolvemento das clases interactivas.
- Recoméndase a pariticipación activa na clase.
- Recoméndase facer uso das titorías, tanto para a supervisión do avance do traballo grupal, como para solventar as dúbidas que se lle poidan presentar ao estudantado sobre a teoría explicada ao longo das clases expositivas.
Prégase ao estudantado que teñan unha actitude proactiva e participativa que permita facer as clases máis fluidas, e mesmo, que se poidan establecer diálogos e/ou debates en clase entre o docente e o estudantado, o que redundará nun ambiente máis distendido e menos tenso, o que favorece se nengunha dúbida nun ambiente máis proclive á aprendizaxe.
Juan Jose Labora Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- juan.labora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ignacio Elpidio Dominguez Ruiz
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- ignacioelpidio.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 10 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 10 |
14.01.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Aula 4 |
14.01.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |
16.06.2025 12:00-14:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |