Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 72.5 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 10 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía, Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense, Dereito Penal
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Tomar coñecemento dos conceptos básicos e fundamentais da vitimoloxía, da evolución histórica da disciplina e das súas relacións epistemolóxicas con outras disciplinas.
2. Propiciar unha visión integradora da vitimoloxía a nivel teórico e práctico.
3. Ter coñecemento dos procesos de interación entre a vítima e o vitimario.
4. Saber recoñecer distintos perfiles de vítimas.
5. Saber elaborar programas de prevención en función do contexto.
6. Coñecer as medidas de protección orientadas a evitar a chamada vitimización secundaria, en particular, as referentes ás vítimas-testigo.
7. Adverter os factores e grupos de risco e mecanismos de prevención da vitimización.
8. Comprender a trascendencia do comportamento da vítima nas categorías delitivas da tipicidade (imputación obxectiva, axente provocador), antixuricidade (lexítima defensa) e culpabilidade
Tema 1. A vitimoloxía: cuestións conceptuais e metodolóxicas
Tema 2. Tipoloxías victimales. Prevención victimal
Tema 3. A vítima e o sistema de xustiza penal (I)
Tema 4. A vítima e o sistema de xustiza penal (II): Estatuto da vítima do delito. Introdución: estatuto xurídico das vítimas en España. Definición de vítima e disposicións xerais. Participación no proceso penal. Proteción. Apoio e asistencia. Información.
Tema 5. Os sistemas de asistencia e reparación pública das vítimas
Tema 6. Efectos del delito nas víctimas. Atención e acompañamiento a vítimas con enfoque de Xustiza Terapéutica.
Tema 7. Tipos de victimización e vítimas vulnerables en distintos contextos: violencia de xénero e doméstica, violencia sexual, violencia laboral e escolar.
Arce, R. y Fariña, F. (2014). Estudio de la víctima y victimización. Evaluación psicológico-forense de la credibilidad y daño psíquico mediante el Sistema de Evaluación Global. En P. Rivas, P. y G. L. Barrios, G.L. (Dirs.), Violencia de género: Perspectiva multidisciplinar y práctica forense (pp. 418-443). Pamplona: Thomson Aranzadi.
Arce, R., Fariña, F., Novo, M., y Seijo, D. (2019). Prueba pericial psicológica en víctimas de violencia de género con enfoque de Justicia Terapéutica. En E. Pillado (Dir), Hacia un proceso penal más reparador y socializador: avances desde la Justicia Terapéutica, pp. 225-249. Madrid: Dyckinson. ISBN: 978-84-1324-281-
Baca, E., Echeburúa, E., y Tamarit, J. M. (Coords.) (2006). Manual de Victimología. Valencia: Tirant lo Blanch.
Beristain, A. (2005). Protagonismo de las víctimas de hoy y mañana: evolución penal en el campo jurídico penal, prisional y ético. Valencia: Tirant lo Blanch.
Camplá, X., Novo, M., y Arce, R. (2017). Police forces and rape myths: a systematic review. En C. Bringas y M. Novo (Eds.), Psicología jurídica: Conocimiento y práctica (pp. 273-289). Sevilla: Universidad de Sevilla.
Cea, B., Camplá, X., Vilariño, M., y Novo, M. (2020).Victimización primaria y secundaria en la violencia sexual contra mujeres adultas en sentencias penales. En A. M. Martín, F. Fariña y R. Arce (Eds), Psicología Jurídica y Forense: Investigación para la práctica profesional (pp. 171-196). Santiago de Compostela: Serie de Publicaciones de la Sociedad Española de Psicología Jurídica y Forense.
Cea, B., Novo, M., y Fariña, F. (2024). La percepción del derecho a la información en la víctima de violencia de género durante el proceso judicial. En D. Seijo, D. Pineda, y F. Fariña (Eds.) Nuevas aportaciones basadas en evidencia científica a la práctica de la psicología jurídica y forense, (pp. 9-35). Editorial Universidad Miguel Hernández.
Fariña, F., Seijo, D., Vázquez, M. J., Novo, M., y Arce, R. (2021). Consenso de expertos sobre las medidas de protección a hijos e hijas víctimas de violencia de género. Bordón. Revista de Pedagogía, 73(2), 63-78. https://doi.org/10.13042/Bordon.2021.83148
Ferreiro, X. (2005). La víctima en el proceso penal. Madrid: La Ley.
Gancedo, Y., Sanmarco, J., Selaya, A., González-Dapía, A., & Novo, M. (2021). Assessing the Effects of Myths about Sexual Aggression on the Verisimilitude of a Victim-Complainant of Sexual Assault. Acción Psicológica, 18(1), 221–248. https://doi.org/10.5944/ap.18.1.30805
Herrera, M. (1996). La hora de la víctima. Compendio de Victimología. Madrid: Edersa.
Landrove, G. (1998). La moderna victimología. Valencia: Tirant lo Blanch.
Morillas, L., Patró, R. M., y Aguilar, M. M. (2014). Victimología: un estudio sobre la víctima y los procesos de victimización. Madrid: Dykinson.
Novo, M., Fariña, F. y Vázquez, M.J. (2020). Justicia terapéutica en procesos penales con personas menores de edad como víctimas y testigos. En F. Fariña, M.S. Oyhamburu y D. Wexler (Eds.), Justicia terapéutica en Iberoamérica (189-208). Barcelona: Wolters Kluwer
Vilariño, M., Gancedo, Y., Marcos, V., y Novo, M. (2024). Mujer y prisión. Un abordaje con perspectiva de género desde el paradigma de Justicia Terapéutica. En F. Vázquez-Portomeñe (Eds), Violencia contra la mujer. Manual de apoyo para el Grado en criminología (pp. 515-536). Tirant lo Blanch.
A través del Campus Virtual o alumnado terá a súa disposición outros materiais bibliográficos que lle permitirán profundizar en temas concretos.
Competencias Xerais (CX)
CX1. Capacidade para identificar e explicar problemas sociais complexos no eido da criminoloxía e para aplicar as estratexias axeitadas para resolvelos, traballando cunha perspectiva sistémica que faga posible a súa consideración analítica e sintética.
CX2. Adquisición dunha conciencia crítica na análise do ordenamento xurídico, situándose nunha perspectiva plenamente respetuosa cos principios do respeto e a promocion dos dereitos humanos, da igualdade e da accesibilidade universal.
CX3. Capacidade para reunir, interpretar e sintetizar datos e informacións relevantes (en particular a través da rede informática), dentro da súa área de estudo.
CX4. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, utilizando unha linguaxe (xurídica, médica, psicolóxica, sociolóxica e técnica) correcta.
CX5. Capacidade para colaborar cos demais e relacionarse, tanto con profesionais das diversas facetas da actividade criminolóxica, como dentro de equipos interdisciplinares e multiculturais.
Competencias Específicas (CE)
CE1. Capacidade para identificar e comprender cuestións relativas aos dereitos fundamentais de quenes son obxecto dun proceso penal; así como, en xeral, de quenes se ven afectados polas respostas ante o delito e a desviación.
CE2. Capacidade para valorar os fundamentos metodolóxicos e científicos das diversas teorías relevantes sobre o delito, o delincuente, a vitimización e as respostas ante o delito e a desviación.
CE6. Capacidade para explicar problemas sociais complexos en términos da teoría Criminolóxica, así como para aclarar as representacións do delito, do delincuente, da vitimización, das respostas ante o delito e da desviación a partires das teorías e dos conceptos criminolóxicos.
CE13. Coñecemento das técnicas de investigación policial máis axeitadas dende o punto de vista da seguridade cidadá e os dereitos fundamentais, tanto en relación coa prevención do delito, como coa súa persecución.
CE17. Propiciar unha reflexión político-criminal sobre os factores e as causas responsables do xurdimento dos fenómenos criminais e formular, diseñar e xestionar proxectos e estratexias innovadoras sobre modelos de intervención social e de prevención estructural e individual.
CE19. Capacidade para analizar, valorar e comunicar información empírica sobre o delito, o delincuente, a vítima e os medios de control social, a través da análise tanto dos distintos medios de comunicación social, como das estadísticas policiais e xudiciais nas que apareza reflexada, así como das enquisas de vitimización.
A aprendizaxe da materia levarase a cabo por medio da comprensión e asimilación dos seus conceptos básicos, tal e como aparecen desgranados no programa. Para elo, optarase por unha explicación áxil e participativa. As clases prácticas revisten unha especial importancia. Nelas poñeranse numerosos casos e exemplos, que facilitarán o desenrolo da capacidade argumentativa e da crítica do alumnado e permitiralles avaliar, por si mesmos, o grado de comprensión do contido que van acadando. Empregaranse medios audiovisuais e recomendaranse lecturas especializadas.
A calificación final do alumnado conformarase do seguinte xeito:
• Un 70% da calificación corresponderase co resultado dunha proba obxectiva (tipo test ou con preguntas de desenrolo) na que se ponderarán os coñecementos do alumnado sobre o contido do programa da asignatura. Para superar o exame e poder engadir as restantes calificacións terase que obter, como mínimo, unha nota de 3,5 (sobre 7 puntos). Nas probas tipo test, o responsable docente poderá introducir un índice de corrección da puntuación final relacionado co número de respostas falsas. En todo caso, para poder presentarse ao exame da parte teórica, terase que asistir, ao menos, ao 80% das clases teóricas nas que o responsable docente decida controlar a asistencia.
• As actividades prácticas, que se realizarán ao longo do curso nas clases interactivas, suporán un 30% da nota final. Para calificalas, teranse en conta os seguintes criterios: a) asistencia do alumno e participación activa na clase (5%); b) probas orais e/ou escritas baseadas na exposición de traballos en clase (25%).
No caso de non superar a materia na convocatoria de maio-xuño (1ª oportunidade), na convocatoria de xullo (2ª oportunidade) repetirase únicamente a proba obxectiva, conservándose a puntuación obtida nas actividades realizadas ao longo do curso.
A efectos da normativa de permanencia na USC enténdese que a única actividade evaluable é o exame.
O alumnado que, en virtude do acordo adoptado pola Xunta da Facultade de Dereito, obteña a exención de docencia para esta materia, terá que levar a cabo, ademais da proba final escrita, un traballo de investigación empírico sobre un tema de interese vitimolóxico. Este será tutorizado de forma virtual e sustituirá a súa presenza física e participación nas clases interactivas, e terá un valor máximo do 30%, correspondendo o 70% restante ao exame. Será preciso aprobar o exame para poder sumar a calificación do traballo de exención de docencia.
As datas e horas da revisión dos exames fixaranse e desenrolaranse de acordo coa normativa interna da USC.
Docencia expositiva: 25 horas (100% de presencialidade)
Docencia interactiva: 10 horas (100% de presencialidade)
Actividades individuais e/ou grupais de estudo e traballo (guiadas e non guiadas): 70 horas (50% de presencialidade)
Tutorías en grupo reducido: 5 horas (100% de presencialidade)
Asistencia a conferencias: 2.5 horas (100% de presencialidade)
Recomendacións para o estudo da materia
Recoméndase ao alumnado que dende o comezo do curso se faga cos materiais da disciplina.
É altamente recomendable a asistencia regular ás clases para aclarar conceptos, intervenir nas discusións prácticas, consultar dudas e tomar notas sobre as ideas que se teñen captado e interiorizado.
O alumnado ten que intentar que o tempo adicado ao estudo sexa o máis continuo e estandarizado posible, realizando un seguemento ao menos semanal do explicado nas clases. Suxírese que, ademais, se completen as tarefas indicadas
Mercedes Novo Pérez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881813932
- Correo electrónico
- mercedes.novo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Castro Corredoira
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Penal
- Correo electrónico
- maria.castro.corredoira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo clases expositivas | Castelán, Galego | Aula 17 |
Xoves | |||
16:30-18:00 | Grupo clases expositivas | Galego, Castelán | Aula 17 |
28.05.2025 18:00-20:00 | Grupo clases expositivas | Salón de Actos |
04.09.2025 16:00-18:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |