Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos fundamentais que pretende a materia son a comprensión, a análise e a síntese dos acontecementos de interese público que se producen na sociedade e, en consecuencia, a capacitación na comunicación oral e escrita. Por tanto, a materia formará o alumnado na utilización das técnicas comunicativas actuais e na teoría e na técnica da acción, na decisión e a comunicación oral e escrita, facendo fincapé nas tecnoloxías e na comunicación xurídica, así como nos sistemas de documentación para un uso eficiente das bases de datos e dos recursos informáticos no Dereito. Tamén se abordarán os procesos, a xestión e as estratexias de comunicación na sociedade dixital no seu conxunto e no ámbito xurídico en particular.
Neste sentido, establécense os seguintes resultados de aprendizaxe:
a) Capacidade de organización e planificación.
b) Destreza de comunicación oral e escrita.
c) Utilización das técnicas comunicativas actuais para xestionar os procesos de comunicación de interese público.
d) Emprego da documentación e da informática para a obtención e a xestión da comunicación xurídica.
e) Uso das estratexias de comunicación para alcanzar a proxección pública e a comprensión das mensaxes no ámbito do Dereito.
Os contidos do curso xirarán arredor do estudo e da capacitación nas técnicas da comunicación oral e escrita aplicadas ao Dereito.
Contidos teóricos
TEMA 1. A comunicación
1.1 A comunicación e as súas modalidades. As especificidades da comunicación xurídica
1.2 Das primeiras manifestacións comunicativas á imprenta
1.3 O sistema de comunicación moderno
1.4 A sociedade en rede e os modelos comunicativos
1.5 A era da transparencia. Información pública e publicidade activa. Portais de transparencia e lexislación
TEMA 2. A comunicación xurídica
2.1 Lingua estándar. Normalización e normativización
2.2 Variedades diatópicas, diafásicas e diastráticas na comunicación xurídica
2.3 Rexistros da lingua na comunicación xurídica
2.4 Influencia dos medios de comunicación na definición do estándar
TEMA 3. Fundamentos da comunicación oral e escrita
3.1 A retórica clásica
3.2 Argumentación e comunicación oral. Teorías da argumentación e tipos de discurso
3.3 Elementos da argumentación e da estrutura. Siloxismos abreviados e retóricos. Paraloxismos, falacias e sofismas
3.4 A comunicación multimedia: ciberretórica e arquitectura web
TEMA 4. A comunicación escrita aplicada ao Dereito
4.1 Principios básicos da organización dun texto escrito
4.2 Técnicas de comunicación escrita no ámbito xurídico
4.3 O proceso de redacción. Contextualización e coherencia. Selección do vocabulario. A precomposición. Modelos narrativos. A construción textual e o estilo
4.4 A linguaxe xurídica. Textos normativos, xurisdicionais, administrativos e doutrinais
4.5 A documentación e as bases de datos. Fontes de referencia documental
4.6 As bases de datos especializadas no mundo xurídico. Bases de datos de pago e de acceso libre
TEMA 5. A comunicación oral aplicada ao Dereito
5.1 Retórica, oratoria e dialéctica
5.2 Sobre a audiencia e o medo a falar en público. A voz e a dicción
5.3 Principios básicos da exposición oral. Modelos de exposición discursiva. Protagonistas e antagonistas
5.4 Calidades dun discurso. Clases e xéneros discursivos. Efectos de primacía e recencia
5.5 Exposición do discurso: postura corporal e desprazamento, medios auxiliares e linguaxe non verbal
TEMA 6. Medios de comunicación e democracia
6.1 O dereito da cidadanía a unha información veraz
6.2 A liberdade de expresión e a liberdade de prensa. Cláusula de conciencia e segredo profesional
6.3 Os medios de comunicación nas sociedades democráticas
6.4 As vías de acceso dos cidadáns á información pública
6.5 Medios de comunicación e dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Códigos e deontoloxía
TEMA 7. As fontes informativas e a ameaza da desinformación
7.1 Vías de acceso ao temario dos medios
7.2 Tipoloxías de fontes e modelos de atribución
7.3 Principio de afinidade burocrática
7.4 Os expertos e as fontes especializadas
7.5 Fontes non referenciadas: filtracións e desinformación
TEMA 8. A comunicación organizacional aplicada ao Dereito
8.1 Fundamentos da comunicación organizacional
8.2 A identidade da organización. Información corporativa, publicity e pseudoeventos. As notas de prensa e as conferencias de prensa
8.3 As estratexias de comunicación. Perfís profesionais. Marca e posicionamento
8.4 Os plans de comunicación. Medios e redes sociais. Comunicación móbil
8.5 Os sistemas integrados de comunicación. Reputación e responsabilidade social corporativa
TEMA 9. A información periodística especializada en tribunais
9.1 A información periodística especializada e os medios especializados
9.2 Os xornalistas especializados
9.3 Os avogados como fonte informativa
9.4 Características da información de tribunais. Principio de publicidade da Xustiza. Criterios de difusión das resolucións xudiciais. Personaxe público ou con notoriedade pública
9.5 Protocolo de comunicación da Xustiza. Asuntos relevantes a efectos informativos. O interese na xurisdición penal: fase de instrución e xuízo oral. Criterios para a gravación de imaxes
9.6 Filtracións e xuízos paralelos. Presunción de inocencia e informacións sub judice
Contidos prácticos
Os contidos prácticos están enfocados a complementar, reforzar e aplicar os contidos teóricos. Neste sentido, traballaranse, en especial, os seguintes:
1. Preparación e exposición pública de discursos.
2. A improvisación oral.
4. Exposición oral e oratoria.
4. Debate e participación pautada.
5. Representación de escenarios xudiciais e participación activa como actores implicados.
6. Exposición escrita sobre asuntos xurídicos de interese público.
7. Redacción e comprensión de textos e análise da linguaxe xurídica.
8. Avaliación de modelos comunicativos de organizacións públicas e privadas vinculadas ao ámbito xurídico.
9. Sistemas de comunicación organizacional e protocolos de comunicación da Xustiza.
Bibliografía básica
ARISTÓTELES (1994). Retórica. Madrid: Gredos.
CONSEJO GENERAL DEL PODER JUDICIAL (2019). Dictamen Comisión de Ética Judicial. Madrid.
CONSEJO GENERAL DEL PODER JUDICIAL (2020). Protocolo de Comunicación de la Justicia. Madrid.
CONSEJO GENERAL DEL PODER JUDICIAL (2021). Dictamen (Consulta 04/20), de 14 de enero de 2021. Participación en foros públicos (medios de comunicación, redes sociales, conferencias, etc.). Posible afectación a la imagen de independencia e imparcialidad. Límites de la libertad de expresión. Madrid.
DEFLEUR, M.H.; KEARNEY, P.; PLAX, T.G. & DEFLEUR, M.L. (2005). Fundamentos de Comunicación Humana. México D.F. McGraw-Hill.
FONTCUBERTA, M. (1994). La noticia. Pistas para percibir el mundo. Madrid: Ediciones Paidós.
FURET, Y. (1987). Saber hablar en cualquier circunstancia. Madrid: Ed. Mensajero.
JIMÉNEZ, R. & MANTECÓN, J. (2012). Escribir bien es de justicia. Técnicas de expresión escrita para juristas. Navarra: Aranzadi-Thomson Reuters.
LEITH, S. (2012). ¿Me hablas a mí?: La retórica desde Aristóteles hasta Obama: Madrid. Taurus.
LÓPEZ, X. & GARCÍA, B. (2009). Construíndo a realidade. Santiago de Compostela: Edicións Lea.
MERAYO, A. (1998). Curso práctico de Técnicas de Comunicación Oral. Madrid: Tecnos.
PLATÓN. (2014) Apología de Sócrates. Madrid: Gredos.
REAL ACADEMIA ESPAÑOLA & CONSEJO GENERAL DEL PODER JUDICIAL (2016). Diccionario del español jurídico. Madrid: Espasa.
REAL ACADEMIA ESPAÑOLA & CONSEJO GENERAL DEL PODER JUDICIAL (2017). Libro de estilo de la Justicia. Madrid: Espasa.
RICO, E.; CRUZ, J. & RODRÍGUEZ, F. J. (2012). Saber narrar. Madrid: Aguilar.
RONDA, J. & CALERO, J. M. (2000). Manual de periodismo judicial. Sevilla: Universidad de Sevilla. Grupo de Investigación en Estructura, Historia y Contenidos de la Comunicación.
SIXTO, J. (2018). Gestión profesional de redes sociales. Rutinas y estrategias de Community Management. Salamanca: Comunicación Social.
TUBAU, I. (1994). Periodismo oral. Barcelona: Paidós.
TÚÑEZ, M. (2012). La gestión de la comunicación en las organizaciones. Sevilla; Salamanca; Zamora: Comunicación Social.
VALLEJO-NÁGERA, J.A. (2005). Aprender a hablar en público hoy. Cómo cautivar y convencer por medio de la palabra. Madrid: Planeta.
WILLIAMS, R. -Ed.- (1992). Historia de la Comunicación. Vol.2. Barcelona: Bosch Comunicación.
Bibliografía complementaria
BONORINO, P. R. (2012). Argumentación en Debates. Vigo: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.
COMPAINE, B. (1985). Understanding New Media. Cambridge: Ballinger.
COOK, T. (1984). Making Laws and Making News. Washington,DC.: Brookings Institution.
CONDE, J. (1992). Introduçao ao estudo da comunicaçao social. Oporto: Fundaçao Fernando Pessoa.
DEL RÍO, E.; RUIZ DE LA CIERVA, M. del C. & ALBADALEJO, T. (2012). Retórica y política. Los discursos de la construcción de la sociedad. Logroño: Instituto de Estudios Riojanos.
MESQUITA, M. (2007). El cuarto equívoco. El poder de los media en la sociedad contemporánea. Madrid: Fragua.
TREBISONDA, J. de (2014). Libros de Retórica. Libros I y II. Madrid: Editorial Tecnos.
TÚÑEZ, M. (1999). Producir noticias. Cómo se fabrica la realidad periodística. Santiago de Compostela: Tórculo Edicións.
VILCHES, F. (2010). Manual de lenguaje jurídico-administrativo. Madrid: Dykinson.
O alumnado ha de capacitarse para entender como funciona a comunicación mediada tecnoloxicamente na sociedade actual e, do mesmo xeito, dominar as técnicas básicas de comunicación oral e escrita para que as poida aplicar ao ámbito xurídico.
Competencias básicas e xerais (CB e CX)
CB1 - Que o alumnado demostre ter posuídos e comprendidos coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, malia que se apoia en libros de texto avanzado, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos de problemas da súa área de estudo.
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 – Que o alumnado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CX1 - Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CX2 - Capacidade de organización e planificación.
CX3 - Comunicación oral e escrita nas linguas cooficiais e nunha ou varias linguas estranxeiras.
CX4 - Coñecementos de informática aplicados ao ámbito de estudo.
CX5 - Capacidade de obtención e xestión da información.
Competencias específicas (CE)
CE5 - Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica.
CE11 - Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles.
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas. Incluirá (1) sesións expositivas de soporte teórico en que se esixirá a implicación do alumnado, (2) clases de seminario de contido teórico-práctico, (4) sesións prácticas de oratoria (discurso xurídico e debate pautado), (4) resolución de casos prácticos, (5) traballos titorizados tanto individuais coma en grupo, (6) análise de procesos de comunicación oral e escrita, e (7) lecturas recomendadas.
O alumnado deberá realizar prácticas de presentacións orais (discursos, debates, improvisacións e representacións en escenario xudicial) e escritas (redacción e corrección de textos xurídicos -prestando especial atención aos protocolos de comunicación da Xustiza e ás particularidades da linguaxe xurídica- e traballos de redacción, comprensión e análise a partir de contidos publicados nos medios de comunicación).
A metodoloxía da ensinanza contempla o uso do campus virtual e o establecemento de canles de comunicación directa co alumnado.
Realizarase un seguimento constante dos coñecementos, procedementos e actitudes que vaia adquirindo cada estudante. Establécense dous instrumentos de avaliación:
- Exame final: 70% da cualificación final.
- Avaliación continua: 30% da cualificación final. A avaliación continua será resultado dos exercicios prácticos realizados nas sesións interactivas (20%) e da participación activa e positiva na aula, tanto nas sesións expositivas como interactivas, en concreto na avaliación de proxectos, na resolución de casos prácticos ou de estudos de caso formulados ao longo do curso (10%).
Para superar a materia cómpre ter avaliación positiva tanto no exame final coma na avaliación continua. Na segunda oportunidade conservarase a cualificación obtida no exame final ou na avaliación continua. No caso de non superar a avaliación continua na primeira oportunidade, na segunda substituírase por unha proba final ou por un plan de traballo establecido polo profesorado. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de ‘Non Presentado’.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
Aqueles alumnos ou alumnas aos que se lles concedese a exención de docencia deberán realizar unha proba práctica (50%) que se celebrará a continuación do exame (50%), seguindo as datas oficiais estipuladas para cada convocatoria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia consta de seis créditos ECTS (150 horas). O alumnado deberá dedicar 60 horas de asistencia (presencial ou virtual, segundo as circunstancias) e 90 horas de traballo persoal e autónomo para a preparación e a realización das actividades programadas:
- Docencia expositiva: 30 horas.
- Docencia interactiva: 25 horas.
- Titorías en grupo reducido: 5 horas.
- Traballo persoal do alumno: 90 horas.
A recomendación xeral para o aproveitamento da materia é realizar un traballo continuo ao longo de todo o curso, posto que non se trata só da adquisición de coñecementos, senón tamén de habilidades e actitudes que unicamente se poden alcanzar cun seguimento constante e permanente.
De igual modo, tamén é recomendable que o alumnado interiorice os conceptos teóricos conforme se vaian explicando para poder aplicalos nas sesións interactivas.
Finalmente, recoméndase o seguimento da actualidade nos medios de comunicación, dominar as redes sociais e facer uso das horas de titorías.
Recoméndase realizar o 'Curso Básico de Competencias en Información', impartido de xeito online polo persoal da Biblioteca Concepción Arenal.
Luis Dario Janeiro Pereira
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- luisdario.janeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Manuel Ildefonso Villar Bascoy
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- manuel.villar.bascoy [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Jose Sixto Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816540
- Correo electrónico
- jose.sixto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Galego | Salón de Actos |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 1 |
15:00-16:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Galego | Salón de Actos |
16:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Galego | Aula 1 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 1 |
16:30-18:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Galego | Aula 1 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 1 |
16:30-18:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Galego | Aula 1 |
02.06.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
02.06.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
02.06.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |
07.07.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
07.07.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
07.07.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |