Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia Federalismo Fiscal está enmarcada no bloque formativo relativo ao estudo do sector público, no Grao de Economía. Segundo o regulado no RD 1393/2007, e na lexislación propia da USC, a materia ten o carácter de obrigatoria no Plan de Estudos, que se sitúa temporalmente no primeiro semestre do 4º curso do Grao. Así, pois, está destinada aos alumnos do Grao en Economía do Campus de Santiago de Compostela.
O seu caracter obrigatorio no mesmo campo temático que outras materias obrigatorias do módulo de Facenda Pública revelan a súa importancia na formación do futuro graduado en Economía.
A programación docente está constituída por catro unidades didácticas, nas que se abordan os aspectos máis relevantes dos gobernos multinivel no ámbito da teoría do Federalismo Fiscal e a práctica que se enmarca no coñocemento da realidade autonómica e local española.
I. Introdución
Federalismo fiscal: esquema funcional e normativo
Función de asignación: o modelo de Oates e a teoría de Tiebout
Función redistributiva
As políticas de estabilización macroeconómicas
II. A descentralización. Vantaxes e Inconvenientes
Os bens públicos locais coma bens mixtos.
Os efectos desbordamento
O efecto conxestión
Externalidades e economías de escala
Competencia fiscal
Redistribución e mobilidade
A descentralización: principios e práctica
III. Os sistemas de perecuación
A nivelación fiscal: vertical e horizontal
Transferencias. Tipos e efectos. Fly Paper effect
A débeda pública descentralizada
Experiencia comparada
IV. O Sistema de Financiamento autonómico e local en España
Desenvolvemento temporal do proceso autonómico e local
O sistema autonómico
- O sistema de financiamento Autonómico (de réxime común)
- A empresa familiar nos impostos autonómicos
- Sistema foral
O sistema local
- Características e problemas de dimensión
- Os seus recursos: sistema tributario, subvencións e endebedamento
- O financiamento das corporacións locais: o sistema impositivo municipal
BÁSICA
- CADAVAL, M. (2011): Sistema de financiamento local e autonómico en España. Unidade didáctica 4, USC.
- ECCLESTON, R. KREVER, R.(eds.)(2017): The future of Federalism. Intergovernmental financial relations in an age of austerity. Edward Elgar. Cheltenham, UK.
- LAGO-PEÑAS, S. (2021). 40 años de descentralización en España (1978-2018): Balance y perspectivas. Madrid: FUNCAS.
- GIMENEZ, A. (2003): Federalismo Fiscal. Teoría y Práctica, Tirant lo Blanch, Valencia.
- LAGO-PEÑAS, S. , MARTÍNEZ-VAZQUEZ, J. (coord).(2015). La nueva reforma de la financiación autonómica: análisis y propuestas. Papeles de Economía Española, vol. 143.
-LAGO-PEÑAS, S. (2021). 40 años de la descentralización en España (1978-2018), Funcas.
- MINISTERIO DE HACIENDA (2017): Informe de la Comisión de Expertos para la Revisión del Modelo de Financiación Autonómica, Madrid.
- MONASTERIO, C. e SUÁREZ, J. (2002): Manual de Hacienda Autonómica y Local, Ed. Ariel, Barcelona.
- RODDEN, J.; ESKELAND, G. e LITVACKM, J. (eds.). Fiscal Decentralization and Callenge of Hard Budget Constraints, MIT Press.
CÓDIGO TRIBUTARIO
Complementaria:
- BERDAHL,L. E VANDER, C. (2002): "Urban Finance: crisis and remedies", Horizons, 5 (1), 12-14.
- BIRD, R., SLACK, E. (2.004): "Fiscal aspects of metropolitan governance", Working Paper 0401, Institute for International Business, University of Toronto
- BOADWAY, R. y SHAH, A. (2009): Handbook on Fiscal Federalism, Cambridge University Press
-CADAVAL, M. y CALVO, S. (2022): "Indisciplina fiscal y mecanismos extraordinarios de liquidez", Papeles de Economía Española, 175, 121-137 .
CADAVAL, M. y CARAMÉS, L. (2006): "Una aproximación a los modelos de intermunicipalidad", Urban Public Economics Review, 6, 33-69
- DAFFLON, B. (2002): "Structures communales: Qu'est-ce qui distingue la collaboration intercommunale, l'agglomération et la fusion?", Working Paper 325, BENEFRI, Université Fribourg.
- EHTISHAM, A., BROSIO, G. (Eds.)(2006): Handbook on Fiscal Federalism, Edgar Elgar Publishing, UK
- QUIGLEY, J.M. e RUBINFELD, D. (1996): "Federalism and Reductions in the Federal Budget", pp. 289-302, National Tax Journal
- ROBBERTS, J. (1992): "A Comment of the Many Faces of Tiebout Bias", pp. 45-51, Journal of Urban Economics, vol. 32.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
• Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
• Saber identificar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole económica, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan en economía.
• Posuír os coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
• Coñecemento da realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións económicas e a súa evolución.
• Economía pública: natureza, xustificación e obxectivos da intervención do sector público na economía: facenda pública, fiscalidade, servizos sociais, saúde, educación, etc. A elaboración das políticas económicas.
• Contribuír á boa xestión da asignación de recursos, tanto no ámbito privado como no público.
• Adquisición de competencias relativas á xestión por obxectivos e xestión de proxectos.
Competencias específicas da materia:
• Coñecer as teorías positivas e normativas da materia.
• Adquirir habilidades para a análise empírica.
• Adquirir información sobre os sistemas federais comparados, no campo da facenda pública multinivel.
• Introducirse no campo do financiamento autonómico.
A docencia expositiva e interactiva (incluídas as prácticas) será presencial. Non obstante, e de xeito excepcional, co fin de facilitar a compatibilidade coas actividades discentes e a mellora gradual das competencias dixitais do profesorado e o alumnado, a docencia presencial poderase combinar coa docencia virtual ata un máximo do 20% das horas totais da materia.
O contido da materia impártese no primeiro semestre do curso, cunha carga lectiva de 4,5 créditos ECTS. A metade deles teñen carácter expositivo e a outra metade interactivo, e intercala as clases en grupo grande, reducido, titorías, etc. Deste xeito e, dacordo co horario establecido polo Centro, a distribución semanal da carga lectiva farase combinando as aulas expositivas coas interactivas. Esta mestura permitirá, en primeiro lugar, unha aproximación teórica aos aspectos máis relevantes da meteria, seguida de estudos e casos prácticos.
• Tendo en conta a metodoloxía da ensinanza descrita no apartado anterior a avaliación combina a actividade interactiva e expositiva do alumnado. Unha parte desta depende dos resultados que acade ao realizar os tes de avaliación continua, os traballos, as discusións e intervencións que se produzan, así coma tamén o exame final.
O peso relativo das probas de avaliación contínua será dun 30% mentres a proba final ponderará un 70% sobre a nota final.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase oficial ou repetidor, que así o solicite no plazo que se estableza na guía docente, presentarase a un exame final sobre os contidos da materia. Este exame será o 100% da nota final. En calquera caso, 5 días antes da realización da proba oficial deberá dirixir un email ao profesorado encargado da materia indicando os seus datos e a situación de dispensa ou repetición.
TRABALLO PRESENCIAL e ou VIRTUAL
Clases expositivas 20
Clases de grupo reducido 10
Clases e titorías en grupo reducido ou individual 7
Avaliación en grupos grandes 8
Total horas traballo presencial na aula 45
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo 50
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 7,5
Actividades en computador ou prácticos 5
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar 5
Total horas de traballo persoal do alumno 67,5
É necesario que o alumno se familiarice coa documentación legal, estatística e orzamentaria, tanto no ámbito local coma no autonómico. Deberá ser quen de consultar a información relativa aos sistemas fiscais dos países federais. Todo elo, en base á bibliografía que se facilita.
Considérase imprescindible para a superación da materia, non só a memorización dos contidos senón, sobre todo, a comprensión. Para elo é oportuna a resolución de xeito individual dos exercicios propostos, ademáis do traballo que se poida facer en grupo.
No caso de que, tra-la participación activa en clase do alumno ao longo do curso, a realización das actividades propostas e a calificación obtida nos exames non fose suficiente para supera-la asignatura na primeira convocatoria, o alumno deberá realiza-lo exame da convcatoria seguinte, conservando as notas obtidas nos traballos e a asistencia e participación activa nas aulas. Esta reserva non se fará para convocatorias posteriores.
Maria Cadaval Sampedro
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811664
- Correo electrónico
- maria.cadaval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Rosa Maria Regueiro Ferreira
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811574
- Correo electrónico
- rosamaria.regueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 30 |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 30 |
12.01.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
12.01.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
12.01.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
12.01.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
18.06.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
18.06.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
18.06.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
18.06.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |