Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia Contabilidade Xeral do Grao de Economía encóntrase dividida en dúas materias: Contabilidade Xeral I (1º curso) e Contabilidade Xeral II (2º curso). A Contabilidade Xeral I ten como finalidade achegar ao alumnado á formación que os capacite para a levanza da contabilidade financeira nunha empresa.
1. Introdución á contabilidade
2. Patrimonio e renda
3. O método contable
4. O ciclo contable
5. Aspectos básicos do PXC.
6. O activo non corrente: inmobilizado non financeiro.
7. Existencias
8. O pasivo
9. Contabilización das operacións de tráfico
10. Rexistro contable en software informático
Bibliografía básica
Textos legais:
• Texto consolidado do PLAN XERAL DE CONTABILIDADE.
Libros recomendados
ALCARRIA JAIME, J. J. (2012). Introducción a la contabilidad. Publicaciones de la Universitat Jaume I. Dispoñible en http://dx.doi.org/10.6035/Sapientia66
ALCARRIA JAIME, J. J. (2009). Contabilidad financiera I. Publicaciones de la Universitat Jaume I. Dispoñible en http://hdl.handle.net/10234/24002
Bibliografía complementaria
En xeral, calquera manual de contabilidade adaptado ao Plan Xeral de Contabilidade será apropiado para o estudo desta materia. A modo de exemplo:
ARQUERO, J.L., JIMÉNEZ, S.M., & RUÍZ, I. (2023): Introducción a la contabilidad financiera. Madrid: Pirámide, 8ª edición.
FERNÁNDEZ CUESTA, CARMEN (2014): Introducción a la contabilidad financiera. ES Ediciones Pirámide.
CERVERA, M; GONZÁLEZ, A; ROMANO, J. (2008): Contabilidad Financiera (adaptada al nuevo PGC). Centro de Estudios Financieros.
DOSSIER PRÁCTICO. NUEVO PLAN GENERAL CONTABLE (2007): 205 supuestos prácticos. Santiago de Compostela: Ediciones Francis Lefebvre, S.A.
GARCÍA, M.A., & VICO, A. (2021): Introducción a la contabilidad financiera, Centro de Estudios financieros, 3ª edición.
OMEÑACA GARCÍA, J. (2008): Contabilidad General. Barcelona: Deusto.
REY POMBO, J. (2009): Contabilidad General. Madrid: Paraninfo.
TABOADA MELLA, M. S. (2008): Contabilidad Financiera. Una introducción teórico-práctica. Santiago de Compostela: Tórculo Edicións, S.L.
TABOADA MELLA, M. S. (2008): Ejercicios resueltos de Contabilidad Financiera (Introducción). Santiago de Compostela: Tórculo Edicións, S.L.
Competencias da titulación nas que contribúe a materia:
• Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre súa dimensión social, científica ou ética.
• Elementos básicos de Contabilidade.
• Modelos e técnicas de representación da realidade económica
• Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionáis.
• Integrarse na xestión empresarial.
Competencias específicas da materia:
• Coñecer e comprender a idea de contabilidade como sistema de información que poderá ser empregada por terceiros alleos á empresa para a toma de decisións.
• Coñecer e comprender os conceptos de patrimonio, elementos que o integran, cálculo de resultado así como as normas contables.
• Coñecer e saber aplicar o método contable.
• Coñecer e identificar transaccións económicas así como aprender a rexistralas.
• Saber desenvolver o el proceso contable que permite a elaboración dos estados contables.
• Manexar na aula de informática programas informáticos contables.
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de forma virtual. As sesións na aula teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema contido no programa, proporcionando ao alumno a información básica necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
Tras as exposicións de cada un dos temas, presentamos diferentes actividades e exercicios prácticos, que haberán de resolverse de forma individual e/ou en grupos reducidos.
Os materiais didácticos básicos utilizados no desenvolvemento da materia son o Plan Xeral de Contabilidade xunto cos supostos prácticos elaborados polos profesores. Todo o material de apoio á docencia atópase na aula virtual da materia:
- diapositivas da parte expositiva e interactiva,
- test de autoavaliación,
- foros de dúbidas, etc.
Esta materia conta cunha guía docente na aula virtual na que se inclúe información detallada sobre: profesorado, calendario con datas crave, tipos de probas a realizar e criterios de avaliación.
A continuación, sinálanse os aspectos que se terán en consideración para a avaliación da materia, diferenciando os criterios e os instrumentos para a súa determinación, así como o peso que terán na cualificación final. Existen dúas modalidades:
1. Avaliación continua; e
2. Exame final, segundo convocatoria oficial.
Proba final: exame teórico-práctico.
PESO: Valor 70%. O exame teórico-práctico terá carácter presencial e será obrigatorio para superar a materia
Avaliación continua. PESO: 30%
Aspectos a avaliar:
-Exercicios prácticos e/ou teóricos a resolver e entregar polos estudantes ao longo do cuadrimestre, a realizar tanto nas sesións expositivas coma nas interactivas
.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
Nota final: Sumando ambos os conceptos, o alumnado deberá obter para superar a materia un mínimo dun 5 sobre 10. Se unicamente ten a cualificación correspondente ao exame teórico- práctico, para superar a materia deberá obter 5 sobre 7. En calquera caso, a nota mínima para poder superar o exame teórico-práctico será de 4 sobre 10 (en cada unha das partes, teórica e práctica).
Só se engadirá a nota do exame final á nota de avaliación continua cando se alcance o mínimo requirido nel.
Este criterio de valoración é o mesmo en cada unha das oportunidades de exame (1ª e 2ª) e para todos os alumnos.
Sistemas de avaliación para casos de dispensa: de acordo coa normativa de dispensa da USC, e segundo acordo da Xunta de Facultade do 7 de xuño de 2017, aqueles alumnos dispensados de clase avaliaranse en examen final, podendo acadar de 0 a 10 puntos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Traballo presencial na aula horas Traballo persoal do alumno Horas
Clases de pizarra en grupos grandes 30 Estudo autónomo, individual ou en grupo 30
Clases de pizarra en grupos reducidos 15 Resolución de exercicios 55
Tutorías en grupos moi reducidos 10 Lecturas recomendadas 5
Otras sesións co profesor (evaluación grupo grande) 5
Total traballo presencial na aula 60 Total de horas de traballo do alumno 90
Recoméndase ao alumno que asista a clase e formule nesta as cuestións que da explicación da materia precisen de esclarecemento; polas mesmas razóns, debe realizar todos os exercicios ao mesmo ritmo que se vaia establecendo na clase. Deste modo, poderá seguir a evolución da materia sen maior dificultade.
Así mesmo, establécese un horario de titorías no que o alumno pode consultar de forma individualizada aquelas dúbidas que lle xurdan no estudo da materia.
Esta materia conta cun Aula Virtual que se utilizará como apoio á parte teórica e práctica da materia. Tamén se empregarán as ferramentas de comunicación (e-mail, foro, Chat…) entre os estudantes e os profesores para plantexar debates e outras cuestións e dúbidas da materia.
Noelia Maria Romero Castro
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 982824478
- Correo electrónico
- noe.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Lucia Rey Ares
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811650
- Correo electrónico
- lucia.rey.ares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Luz Garrido Gonzalez
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- luz.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
11:30-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 30 |
Mércores | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
15:00-16:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula 29 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula 29 |
Venres | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 30 |
17.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
17.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
17.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
17.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
17.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
17.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
17.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
17.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula A |
17.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
17.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
17.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula B |
17.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula B |
17.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula B |
17.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula B |
17.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
17.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula B |
17.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
17.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula B |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula A |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula C |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula C |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula C |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula C |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula C |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula C |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula C |