Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A inferencia estatística aborda técnicas de grande utilidade no ámbito económico-empresarial, dado que permite obter conclusións válidas sobre o comportamento poboacional a partir de datos mostrais.
O obxectivo básico desta materia é que o estudantado:
- Coñeza e comprenda os conceptos e métodos propios da probabilidade e a inferencia estatística, así como a súa aplicación á análise dos fenómenos económicos e empresariais.
- Realice análises estatísticas básicas utilizando ferramentas informáticas.
- Sexa quen de seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis axeitadas á análise de cada fenómeno e de interpretar os resultados obtidos.
- Se inicie na análise de datos empíricos da realidade económica e empresarial (obtención de datos, análise estatística, interpretación e fiabilidade dos resultados, etc.) e na presentación formal do traballo realizado.
- Desenvolva as capacidades de entendemento, razoamento, crítica e expresión oral e escrita, mediante a utilización dun léxico estatístico-económico adecuado.
TEMA 1 PROBABILIDADE
1.1 Teorías da probabilidade: clásica, frecuentista, subxectiva e axiomática. Axiomas de Kolmogorov
1.2 Probabilidade condicionada e conxunta.
1.3 Independencia de acontecementos.
1.4 Teorema de Bayes
TEMA 2 DISTRIBUCIÓN DE PROBABILIDADE
2.1 Variables aleatorias: discretas e continuas.
2.2 Distribución de probabilidade dunha variable aleatoria.
2.3 Características asociadas ás variables aleatorias. Esperanza, momentos, dispersión.
2.4 Xeralización ó caso bidimensional e multidimensional.
TEMA 3 MODELOS DE PROBABILIDADE DISCRETOS E CONTINUOS
3.1 Distribución Binomial.
3.2 Distribución de Poisson.
3.3 Distribución normal e normal bivariante.
3.4 Distribución Exponencial
3.5 Distribucións derivadas da normal. Outros modelos
TEMA 4 INFERENCIA ESTATÍSTICA. ESTIMACIÓN PUNTUAL.
4.1 Inferencia Estatística. Poboacións e mostras aleatorias.
4.2 Estatísticos e estimadores.
4.3 Propiedades dos estimadores.
4.4 Construción de estimadores.
4.5 Teorema Central do Límite. Distribucións mostrais.
TEMA 5 ESTIMACIÓN POR INTERVALO
5.1 Estimación por intervalo. Construción de intervalos de confianza.
5.2 Intervalos de confianza para una mostra. Tamaño da mostra.
5.3 Intervalos de confianza para dúas mostras. Tamaño da mostra.
TEMA 6 CONTRASTE DE HIPÓTESES PARAMÉTRICAS
6.1 Conceptos básicos. Hipoteses. Rexións crítica e de aceptación. Tipos de erros. Potencia do contraste.
6.2 Resolución de contrastes. O p-valor.
6.3 Contrastes paramétricos.
TEMA 7 CONTRASTES NON PARAMÉTRICOS
7.1 Introdución á Inferencia non paramétrica
7.2 Contrastes da bondade do axuste
7.3 Contrastes de aleatoriedade e localización
7.4 Contrastes de asociación e homoxeneidade
Básica
Lind, D.A.; Marchal, W.G. e Wathen, S.A. (2015): Estadística Aplicada a los Negocios y a la Economía. Ed. McGrawHill.
Newbold, P. et al. (2008). Estadística para los Negocios y la Economía. Prentice-Hall.
Triola, M.F. (2018). Estadística. Pearson.
Complementaria
Anderson, D. R.; Sweeney, D.J. e Williams, T.A. (2001): Estadística para Administración y Economía. Vol.I. Thomson ed.
Berenson, M.L. e Levine, D.M. (1996): Estadística Básica en Administración. Conceptos y Aplicaciones. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall.
Cao Abad, R. et at (2001). Introducción a la estadística y sus aplicaciones. Ed. Pirámide.
Durá Peiró, J.M. e J.M. López Cuñat. (1989): Fundamentos de Estadística. Estadística descriptiva y Modelos Probabilísticos para la Inferencia. Ed. Ariel.
Fernández- Abascal, H., M. Guijarro, J.L. Rojo, J.A. Sanz. (1994). Cálculo de Probabilidades y Estadística. Ed. Ariel.
Casas Sánchez, J.M. (1996): Inferencia Estadística para Economía y Administración de Empresas. Ed. Centro de Estudios Ramón Areces.
Freund, J.E.; Miller, I. e Miller, M (2000): Estadística Matemática con aplicaciones. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall
García Barbancho, A. (1992): Estadística Teórica Básica. Probabilidad y modelos probabilísticos. Ed. Ariel.
Kazmier, L.J. (2006): Estadística aplicada a administración y economía. Ed. Mc Graw-Hill.
Levin, R.I. e Rubin, D.S. (1996): Estadística para Administradores. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall.
Martín Pliego, F.J. e L. Ruiz-Maya. (2006): Fundamentos de Probabilidad . Ed. Thomson-Paraninfo.
Novales Cinca, A. (1998): Estadística y Econometría. Ed. McGraw Hill.
Peña, D.; Romo, j. (1997): Introducción a la Estadística para las Ciencias Sociales. Ed. McGrawHill.
Peña. D. (2014). FUndamentos de Estadística. Ed. Alianza Editorial
Ruiz-Maya, L. e F.J. Martín Pliego. (2004): Fundamentos de Inferencia Estadística . Ed. AC.
Sarabia Alegría, J.M. (2000): Curso práctico de estadística. Ed. Civitas.
Siegel, S. (1991). Estadística no paramétrica aplicada a las ciencias de la conducta. Ed Trillas.
Spiegel, M.R.; Schiller, J. e Alu Srinivasan, R. (2010): Probabilidad y Estadística. Ed. McGraw-Hill.
Webster A.L. (1996): Estadística aplicada a la empresa y a la economía. Ed. Irwin.
Libros de exercicios
Baró Llinás, J. (1987): Cálculo de probabilidades. Ed. Parramón.
Baró Llinás, J. (1989): Inferencia estadística. Ed. Parramón.
Fernández- Abascal, H., M. Guijarro, J.L. Rojo e J.A. Sanz. (1995): Ejercicios de Cálculo de Probabilidades. Ed. Ariel.
Martín Pliego, F.J., Montero Lorenzo, J.M. e Ruiz-Maya L. (1998): Problemas de probabilidad. Ed. AC.
Martín Pliego, F.J., Montero Lorenzo, J.M. e Ruiz-Maya L. (2000): Problemas de inferencia estadística. Ed. AC.
Parra Frutos, I. (2003): Estadística Empresarial con Microsoft Excel. Problemas de Inferencia Estadística. Ed. AC
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS:
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non
especializado.
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral e non especializado, así como resolver
problemas sobre estas cuestións facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade económica, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios da economía.
CG3 Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito económico. incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
CG4 - Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole económica tanto a un
público especializado coma non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita coma dos medios e técnicas de
representación de relacións e presentación de datos que se empregan en economía
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
CE3 - Coñecer e comprender coñecementos instrumentais: Elementos básicos da álxebra lineal, cálculo diferencial e integral,
optimización matemática, estatística descritiva, probabilidade, inferencia estatística, modelos de regresión simple e de variables
explicativas, modelos econométricos
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
CT1 – Análise e síntese
CT5 - Coñecementos de tecnoloxías da información
CT6 - Resolución de problemas
CT9 - Autonomía na aprendizaxe
CT10 - Traballo en equipo
O curso desenvólvese combinando docencia expositiva e docencia interactiva, complementadas ambas por titorías individuais e/ou en grupo reducido.
A materia contará cunha aula virtual na plataforma da USC onde se incluirán as presentacións de aula e materiais de apoio para o curso e preparación da materia.
CLASES EXPOSITIVAS
As sesións dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema do programa, proporcionando a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo.
CLASES INTERACTIVAS E PRÁCTICAS CON ORDENADOR
Nas clases interactivas preténdese que o alumnado aprenda a aplicar as técnicas estatísticas á análise da realidade económica, diferenciando que tipo de técnica utilizar en cada caso, como aplicala e que conclusións se obteñen da análise realizada. Para iso, proporanse problemas prácticos e actividades que o alumnado deberá resolver individualmente e/ou en grupos reducidos. Estas prácticas interactivas veranse complementadas coa realización de prácticas con ordenador, co obxecto de adquirir habilidades de manexo de follas de cálculo ou outros paquetes estatísticos de utilidade para a análise de datos. O estudantado traballará individualmente ou en grupos.
TAREFAS PROGRAMADAS E PROBAS
Tomando como referencia as prácticas con ordenador, as actividades de avaliación continua poden consistir na análise estatística de fenómenos empíricos, con bases de datos reais, a realizar ó longo do cuadrimestre, empregando ferramentas informáticas. Estas tarefas pretenden que o/a alumno/a adquira habilidades para levar a cabo análises estatísticas da realidade empírica, aprendendo a seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas axeitadas a cada fenómeno, a utilizar ferramentas informáticas para a análise, a interpretar correctamente os resultados obtidos, así como a presentar/defender o traballo realizado empregando o léxico propio da disciplina. Tamén poden realizarse probas para avaliar os contidos desenvolvidos e a súa comprensión de carácter individual ou grupal.
TITORÍAS INDIVIDUAIS OU EN GRUPO REDUCIDO
Mediante as titorías búscase que o alumnado dispoña de asesoramento continuo do profesorado para o desenvolvemento das actividades propostas, moitas delas a realizar de forma autónoma polo alumnado, así como atender calquera dúbida relacionada coa materia. A titorización será prioritariamente presencial pero tamén poderá facerse de xeito telemático empregando o correo electrónico institucional, a aula virtual ou a plataforma virtual da USC (Teams).
O estudantado pode optar entre un sistema de avaliación continua ou un sistema de avaliación única. O sistema de avaliación recomendado é o de avaliación continua, empregando instrumentos que permitan medir a aprendizaxe continuada dos conceptos e metodoloxías estatísticas obxecto desta materia, así como da súa aplicación á realidade empírica. Basearase fundamentalmente en tarefas nas que o estudantado demostre o nivel de coñecementos adquirido. Quen se presente a calquera proba ou realice calquera tarefa avaliable quedará automaticamente incluído no sistema de avaliación continua. O sistema de avaliaciación continua require da asistencia habitual ás actividades académicas e participación activa.
1ª OPORTUNIDADE
A) Sistema de Avaliación Continua. Instrumentos avaliativos e o seu peso na nota final:
- Exame final: 70% da cualificación total (7 puntos)
- Actividades de avaliación continua: 30% da cualificación total (3 puntos). Realización de prácticas/probas de ordenador, resolución de exercicios e/ou traballos en grupo.
B) Sistema de Avaliación Única. O estudantado que opte por este sistema será cualificado exclusivamente a través do exame final da materia que puntuará sobre 10 puntos.
2ª OPORTUNIDADE
Na avaliación da 2ª Oportunidade, o/a alumno/a que tivese elixido o sistema de avaliación continua poderá manterse no mesmo ou cambiar ao sistema de avaliación única. Para isto, no momento do exame, o/a alumno/a fará constar se se mantén no sistema de avaliación continua (no que o exame puntuará sobre 7 puntos) ou se opta polo de avaliación única (no que o exame puntuará sobre 10 puntos). Para obter a cualificación final da materia, no primeiro caso manterase a puntuación de avaliación continua obtida ó longo do curso que será sumada á do exame, mentres que no segundo caso a cualificación final da materia coincidirá coa obtida no exame.
O alumnado non terá a posibilidade de recuperar as tarefas, actividades e probas anteriores pendentes de realización polo alumnado vinculadas á avaliación continuada.
A proba final individual realizarase nas datas establecidas polo Centro. A avaliación continuada do alumnado basearase nas tarefas e/ou probas realizadas ou encargadas durante o curso, en grupos ou individual, e a súa participación activa nas actividades académicas. O seu reparto será: sondaxes,tarefas encargadas e entregadas (15%), Participación activa (5%), Probas (10%). As diferentes actividades avaliables ao longo do curso serán propostas nas sesións presenciais e recollidas na aula virtual.
Para poder realizar os exames será necesario presentar un documento de identificación que teña carácter oficial (DNI, Pasaporte...).
A asistencia ás actividades rexerase pola normativa propia da USC. A avaliación nos casos de dispensa de asistencia a clase farase coa proba final valorada sobre a cualificación máxima posible.
Segundo a normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de Non Presentado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
Avaliación Continua: CB3, CB4, CG2, CG3, CG4, CE3, CT1, CT5, CT6, CT9, CT10
Avaliación por Exame: CB3, CB4, CG4, CE3, CT1, CT5, CT6, CT9
Seguindo a memoria do Grao: 60 horas de traballo presencial na aula e 90 horas de traballo persoal do alumno.
TRABALLO PRESENCIAL
Docencia expositiva 31h
Docencia interactiva 17h
Titorías 9h
Avaliación 3h
Total horas traballo presencial na aula 60h
TRABALLO PERSONAL DO/A ALUMNO/A
Total horas traballo persoal 90h
- Ter superada as materias Estatística Económica I e Matemáticas para Economistas I e II.
- Traballar na materia a diario para poder aproveitar as clases, tanto para seguir a materia coma para expoñer as dúbidas na aula ou en titorías.
- Non deixar de facer todo o que se vai propoñendo para traballar.
Uso da Aula Virtual: si
Docencia Interactiva: Aula Informática, Aula de Pizarra
Software: EXCEL, SPSS, …
Carlos Pio Del Oro Saez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Correo electrónico
- carlospio.deloro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Luisa Chas Amil
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811549
- Correo electrónico
- marisa.chas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:30-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 20 |
Martes | |||
17:00-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 20 |
Mércores | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 20 |
Venres | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 20 |
08.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4b | Aula 08 |
08.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
08.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 08 |
08.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula 08 |
08.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula 08 |
08.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula 08 |
08.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_3 | Aula 08 |
08.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4a | Aula 08 |
08.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
08.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula A |
08.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula A |
08.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula A |
08.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_3 | Aula A |
08.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4a | Aula A |
08.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4b | Aula A |
08.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
24.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
24.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
24.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula A |
24.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula A |
24.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula A |
24.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_3 | Aula A |
24.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_4a | Aula A |
24.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_4b | Aula A |