Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O programa desta materia, continuación de Estrutura Económica Mundial I, organízase coa intención de que os/as alumnos/as dispoñan duns coñecementos que lles permitan comprender os aspectos fundamentais da análise estrutural en economía e algunhas pautas da formación do sistema económico mundial. Aspírase a que aprendan a analizar a economía mundial cos instrumentos propios dunha metodoloxía sistémica, que saiban interpretar as súas características actuais a través de referencias históricas, a súa evolución e movementos cíclicos, e coñezan os elementos relacionais que hai detrás dos modelos de acumulación.
Abordarase un tratamento concreto e detallado de certos temas clave da realidade económica mundial. Esta abordaxe tenta detectar e comprender as características estruturais do sistema económico, as relacións económicas mundiais, as desigualdades existentes e os problemas globais. Daranse a coñecer as características das estruturas económicas dos países centrais e dos periféricos, a división internacional do traballo na que se insiren e o ámbito institucional no que se desenvolven estas relacións.
BLOQUE I. Desenvolvemento económico. Definición e situación actual
Tema 1: A economía dos países menos desenvolvidos. O concepto de desenvolvemento económico
Tema 2: A medición do desenvolvemento económico: indicadores e enfoques
Tema 3: A configuración do centro e da periferia: as orixes do desenvolvemento e o subdesenvolvemento
BLOQUE II. A Economía do desenvolvemento. As teorías do desenvolvemento económico
Tema 4: A economía do desenvolvemento. Antecedentes á economía do desenvolvemento
Tema 5: A economía do desenvolvemento a partir de 1945. Enfoques optimistas e pesimistas
BLOQUE III. A nova orde económica mundial e o desenvolvemento económico
Tema 6: A UNCTAD e o comercio dos países menos desenvolvidos
Tema 7: O Banco Mundial e a axuda ao desenvolvemento
Tema 8: FMI e o problema da débeda externa
BLOQUE IV. Outras cuestións relevantes para o desenvolvemento económico
Tema 9: Límites ao desenvolvemento económico. Outras cuestións relevantes
Para cada tema o alumnado disporá de referencias ao material empregado para as clases expositivas. Estas referencias poden ser guións de clase e/ou material estatístico, artigos, enlaces web e/ou textos para a preparación dos temas.
(a) Básica:
CYPHER, J. (2014): The Process of Economic Development. London New York Routledge, Taylor & Francis Group.
(b) Complementaria:
ALONSO, J. A. (dir.) (2021): Lecciones sobre economía mundial, Editorial Thomson-Civitas, Madrid.
BARDI, Ugo (2014): Los límites del crecimiento retomados, Catarata, Madrid.
BERZOSA, C.; BUSTELO, P. e DE LA IGLESIA, J. (Coord.) (2010), Estructura económica mundial, Editorial Síntesis, Madrid.
BUSTELO, P. (1998) Teorías contemporáneas del desarrollo económico, Síntesis.
CHANG, H. & GRABEL, I.(2006) Reivindicar el desarrollo : un manual de política económica alternativa, Oxfam-Intermon.
GÓMEZ, P. J. (coord.) (2018): La economía mundial: enfoques críticos, Catarata, Madrid.
HAYAMI, Y. e GODO, Y. (2005): Development Economics: from the Poverty to the Wealth of Nations, Oxford University Press.
MARTÍNEZ GONZÁLEZ-TABLAS, Ángel (2007): Economía política mundial, vol.. I e II, Ariel, Barcelona.
MEIER, G. e RAUCH, J. (2005): Leading Issues in Economic Development, Oxford University Press.
REQUEIJO, Jaime (2017). Economia Mundial, McGraw-Hill/Interamericana de España, Madrid
RIDLEY, Matt (2011): El optimista racional. ¿Tiene límites la capacidad de progreso humana? Taurus, Madrid.
ROS, J. (2004) La teoría del desarrollo y la economía del crecimiento, Fondo de Cultura Económica.
SAMPEDRO, José Luis (2002). El mercado y la globalización, Ediciones Destino, Barcelona
STIGLITZ, Joseph E. (2010): Caída libre: el libre mercado y el hundimiento de la economía mundial, Taurus, Madrid.
TAMAMES, Ramón (2010): Estructura económica internacional, Alianza, Madrid
TODARO, M. & SMITH, S. (2014): Economic Development, Addison Wesley Longman Ltd.
- Capacidade de análise e de síntese.
- Capacidade crítica.
- Habilidade para analizar e buscar información.
- Fomento do traballo en equipo.
O alumnado desenvolverá a análise da economía mundial cos instrumentos propios dunha metodoloxía sistémica, o que lle permitirá comprender as relacións económicas mundiais, as desigualdades existentes e os problemas globais.
O ensino da materia levarase a cabo a través de actividades de docencia expositiva, e de docencia interactiva en grupos reducidos, todas elas de carácter presencial. Para isto un soporte esencial está constituído pola Aula Virtual da materia na que se irá subministrando a información relativa a cada tema. As titorías terán lugar de modo presencial ou virtual, en función da dispoñibilidade de alumnado e profesorado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O sistema xeral de avaliación da materia combina a avaliación continua coa realización dunha proba final obrigatoria na data fixada polo Decanato da facultade. O peso relativo de cada parte na cualificación final é a seguinte:
1. Exame da materia: 70 %.
2. Tarefas realizadas nas sesións interactivas: 30 %. A puntuación acadada ao longo do curso nestas actividades de avaliación continua manterase, no caso de suspender a oportunidade ordinaria, para a oportunidade extraordinaria da mesma convocatoria.
Para poder ter en conta a puntuación das tarefas realizadas nas sesións interactivas será preciso asistir polo menos ao 80 % das clases, así como acadar unha puntuación mínima no exame de 2,8 sobre 7 (equivalente a 4 sobre 10).
As persoas que teñan concedida a dispensa de asistencia a clase serán avaliadas exclusivamente a través dunha proba final, que suporá o 100 % da nota final. O alumnado repetidor poderá elixir acollerse a esta modalidade de avaliación, debendo solicitalo na forma e no prazo concreto e improrrogable comunicado polo profesorado. Esta opción poderá ser ofrecida ao resto do alumnado. De ser así, tamén deberá solicitarse na forma e no prazo establecidos.
O sistema de avaliación mantense para a avaliación ordinaria e a segunda oportunidade.
Para a realización destas actividades estímase que o alumnado debe dedicar en torno a 2,5 horas á semana de traballo persoal autónomo. A estimación deste tempo medio de traballo autónomo é orientativa e virá modificada fundamentalmente pola atención e participación nas actividades da aula e as complementarias, a base de coñecementos e a actitude e aptitude de cada un.
Ademais da asistencia a clase e a utilización do material, lecturas e recomendacións que se fagan ao longo do curso, cada alumno/a deberá dedicar o que resulte necesario segundo a súa capacidade e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden.
Beatriz Valcárcel Aguiar
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811558
- Correo electrónico
- beatriz.valcarcel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Alexandre Vecino Aguirre
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811591
- Correo electrónico
- alexandre.vecino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 24 |
Xoves | |||
18:00-19:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 24 |
Venres | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
26.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
26.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
26.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
26.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
26.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
26.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
09.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
09.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
09.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
09.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
09.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
09.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |