Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Historia e Institucións Económicas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Explicar á luz da historia económica os principais trazos da economía galega actual
- Proporcionar coñecementos sobre a evolución da empresa en Galicia e discutir os principais trazos da súa dimensión e estrutura
- Discutir a fundamentación històrica dos principais lugares comúns sobre a economía, a empresa e a sociedade galega
- Achegar ao alumnado a metodoloxía da análise histórica e a súa validez para a comprensión da dinámica económica tanto no curto como no longo prazo.
1.- Introdución. A Economía de Galicia nos séculos XIX e XX: unha visión a longo prazo.
2.- O século XIX. Permanencias e cambios.
3.- Cambio agrario e arranque da industrialización moderna (1880-1935).
4.- O impacto da Guerra Civil en Galicia e a longa posguerra (1936-1959).
5.- Expansión e diversificación produtiva da economía galega (1959-1975).
6.- A crise dos setenta: do crecemento á reconversión industrial.
7.- Galicia na Unión Europea. Unha avaliación da traxectoria da economía galega entre 1986 e 2007.
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
CARMONA BADÍA, X. e NADAL, J. (2005), El empeño industrial de Galicia. 250 años de historia, 1750-2000, A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza.
DE JUANA, J. e PRADA, J. (coords.) (2005), Historia Contemporánea de Galicia, Barcelona, Ariel.
FERNÁNDEZ PRIETO, L. (2000), Terra e progreso: historia agraria da Galicia contemporánea, Vigo, Ed. Xerais de Galicia.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
ALONSO, L. (2000), “Vistiendo a tres continentes. La ventaja competitiva del grupo Inditex-Zara, 1963-1999”, Revista de Historia Industrial, nº 18.
ALONSO, L. (1986), Comercio colonial y crisis del Antiguo Régimen en Galicia (1778-1818), A Coruña, Xunta de Galicia.
BALBOA, X. (1990), O monte en Galicia, Vigo, Xerais.
CARMONA, X. (2006 e 2009) (ed.), Empresarios de Galicia, A Coruña, Fundación Caixa Galicia, 2 vls.
CARMONA, X. (coord.) (2011), Las familias de la conserva, Vigo, Dep. Pontevedra / Anfaco-Cecopesca.
DOPICO, F.; LOSADA, A. (1996), "Tendencias demográficas de un país de antiguos emigrantes", Papeles de Economía Española. Economía de las Comunidades Autónomas, nº 16.
DUBERT, I. (ed.) (2019), A morte de Galicia, Vigo, Xerais.
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, A.I. (2005), De la roca a la cuerda. Orígenes y desarrollo de la industria mejillonera en Galicia (1946-2005), en (https://www.aehe.es/wp- content/uploads/2005/10/b6_fernandez.pdf).
FERNANDEZ PRIETO, L., Labregos con ciencia, Vigo, 1991.
GARCÍA LOMBARDERO, X. (1973), La agricultura y el estancamiento económico de Galicia en la España del Antiguo Régimen, Madrid.
GIRALDEZ RIVERO, J. (1996), Crecimiento y transformación del sector pesquero gallego (1880-1936), Madrid, Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
GIRÁLDEZ, J. (2008), “Revisitando el nudo gordiano: el desarrollo de la congelación en la pesca gallega (1960-1970)”, Áreas. Revista Internacional de Ciencias Sociales, nº 27.
LÓPEZ IGLESIAS, E. (2016): “Do atraso ao progreso económico de Galiza? Un proceso histórico á espera dun relato”, en Dubert, I. (Ed.): Historia das historias de Galicia. Vigo, Xerais, pp. 329-356.
LÓPEZ TABOADA, J. A. (1990), La población de Galicia 1860-1991, A Coruña, Fundación Caixa Galicia.
MAIXÉ, C. (dir.) (2003), El ahorro de los gallegos. Orígenes e historia de Caixa Galicia (1876-2002), A Coruña, Fundación Caixa Galicia.
MUÑOZ ABELEDO, L, (2010), Género, trabajo y niveles de vida en la industria conservera de Galicia, 1870-1970, Barcelona, Icaria.
RICO BOQUETE, E. (1995), Política forestal e repoboacións en Galicia (1941-1971), Santiago, USC.
RODRÍGUEZ GALDO, M. X.; DOPICO, F. (1981), Crisis Agrarias y crecimiento económico en Galicia en el siglo XIX, A Coruña, Ediciós do Castro.
SINDE CANTORNA, I. ; FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, A.I. e GIRÁLDEZ RIVERO, J. (2007), “Innovación no mar. Pescar máis, pescar máis lonxe, cultivar a area”, Grial, no 175, pp., 36-51.
SOTO, D. (2006), Historia dunha agricultura sustentábel. Transformacións produtivas na agricultura galega contemporánea, Xunta de Galicia.
SOTO FERNÁNDEZ, D. (2011), “El proceso de industrialización de la agricultura gallega y sus consecuencias económicas, sociales y ambientales”, en Lanero, Daniel y Freire, Dulce, Agricultura e innovación tecnológica en la Península Ibérica (1946-1975), Madrid, MAPA, pp. 51-76.
VÁZQUEZ GONZÁLEZ, A. (2016), Emigrantes galegos, transportes e remesas (1830-1930), A Coruña, Fundacion Barrié de la Maza.
VILLARES, R. (1982), Foros, frades e fidalgos, Vigo, Xerais.
VILLARES, R. (2016) Historia de Galicia, Vigo, Gal
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Coñecer e comprender os principios básicos da economía e da historia económica.
- Orientar o proceso de aprendizaxe desde unha perspectiva interdisciplinar.
- Recoller e manexar información relevante de fontes bibliográficas, documentais e estatísticas.
- Iniciarse na elaboración e presentación oral e escrita de informes e traballos.
- Participación no traballo en equipo.
Competencias específicas da materia:
- Mellorar a capacidade crítica sobre os fenómenos económicos actuales, aprendendo a desmontar lugares comúns sobre as súas orixes e validez actual
- Aprender a percibir a verdadeira importancia dos fenómenos económicos, tais como por exemplo as crises xerais ou os éxitos empresariais, a traveso da sús comparación diacrónica
- Interpretar a actual configuración da economía e a empresa de Galicia a traveso do coñecemento da súa dinámica histórica.
- Mellorar o coñecemento do noso entorno económico e empresarial
- Valorar a relación entre o éxito ou fracaso do emprendemento e o seu contexto a traveso de estudos de caso de empresas concretas.
O ensino da materia levarase a cabo a través de actividades de docencia expositiva, en grupo grande, e de docencia interactiva, en grupos máis reducidos, todas elas de carácter presencial. A Aula Virtual da materia será un importante soporte, na que se irán poñendo a disposición dos alumnos e alumnas os materiais e actividades a desenvolver ao longo do curso.
As clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos básicos do programa, recalcando os aspectos máis relevantes e as relacións existentes entre eles.
As clases interactivas dedicaránse a profundizar en aspectos máis concretos que, por falta de tempo, non poden ser abordados nas expositivas. Nas clases interactivas requírese a participación activa do alumnado, que deberá presentar os resultados dos traballos encargados previamente polo profesorado sobre os temas que se van desenvolvendo na materia [presentacións dalgúns temas, comentarios de texto sobre lecturas previamente preparadas, debates breves sobre textos curtos presentados na aula, análises interpretativas sobre materiais diversos (textos históricos, vídeos, series de datos cuantitativos a longo prazo...)]. O profesorado aproveitará para corrixir os erros e problemas que vaia detectando nas exposicións dos estudantes e para completar aspectos relevantes dos temas abordados.
O alumnado que siga o sistema de avaliación continua realizará as actividades propostas e entregaraas nos prazos e polos medios que indique en cada caso o profesorado da materia (ben na clase, ben a través do Campus Virtual).
As titorías terán lugar esencialmente de modo presencial, máis puntualmente, poderán resolverse algunhas dúbidas a través da Aula Virtual ou da aplicación Teams.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
I. Modalidade de avaliación continua:
Para o alumnado que asista como mínimo ao 80% das clases interactivas. O sistema de avaliación consta de dous tipos de mecanismos:
a. Asistencia ás clases interactivas, exposición nas clases interactivas de temas preparados previamente (a partir do material disponible na Aula Virtual ou doutro que se indique), realización doutras actividades que poida organizar o profesorado, participación activa nas clases.
Peso na cualificación final: 30%.
b. Proba final escrita presencial, na que se podrán combinar distintos tipos de preguntas: tipo test (dirixidas a comprobar o dominio polo alumnado dos conceptos e coñecementos esenciais expostos ao longo do desenvolvemento da materia); preguntas curtas ou tipo ensaio, comentario de textos e gráficos.
Peso na cualificación final: 70%.
Para superar a materia por esta modalidade é necesario cumprir os seguintes requisitos:
1) Acadar unha nota global igual ou superior a 5, obtida a partir da suma da media do conxunto de actividades de avaliación continua e máis da nota do exame final, ponderadas en cada caso polas porcentaxes indicadas máis arriba.
2) Obter en cada un dos bloques (media das actividades de avaliación continua e exame) como mínimo o 40% da cualificación máxima.
II. Modalidade de avaliación única
Para o resto do alumnado (que non asista como mínimo ao 80% das clases interactivas) a avaliación realizarase exclusivamente a través dunha proba final escrita presencial coas características citadas anteriormente e que deberán preparar polos textos recollidos na bibliografía básica. Esta modalidade de avaliación será tamén a aplicable ao alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia a clase.
O sistema de avaliación exposto aplicarase cada curso tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria de recuperación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa da USC de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Docencia Expositiva..............17 horas
Docencia Interactiva..............31 horas
Titorías.................................3
Total docencia presencial.......51
Horas de traballo non presencial : estímanse 99 horas
Tempo total de traballo: 150 horas.
Asistencia e participación activa nas clases, especialmente nas sesións de docencia interactiva; utilización do material, lecturas e recomendacións que se fagan ao longo do curso; realización dun traballo continuado ao longo do curso.
O número de créditos da materia obriga a realizar un esforzo de síntese na exposición da xénese e desenvolvemento daquelas características estruturais máis significativas na configuración da Galicia de hoxe en relación ao contexto español e no proceso xeral de mundialización.
A experiencia docente aconsella tamén dedicar unha maior parte do programa á época contemporánea e, en especial, ao proceso de crecemento económico en Galicia, incidindo nos seus factores responsables e nos condicionantes que, segundo o caso, o obstaculizan.
Jesus Giraldez Rivero
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Correo electrónico
- jesus.giraldez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Espido Bello
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Teléfono
- 881811564
- Correo electrónico
- mariadelcarmen.espido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-19:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 26 |
Mércores | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 26 |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 26 |
02.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
02.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
02.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
02.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
02.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
02.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
11.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
11.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 08 |
11.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 08 |
11.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 08 |
11.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 08 |
11.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 08 |
11.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
11.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
11.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
11.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
11.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
11.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |