Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Historia e Institucións Económicas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Facilitar a familiarización dos alumnos coas liñas centrais das principais correntes e escolas de pensamento económico e o contexto socioeconómico, científico e filosófico no que estas se desenvolven.
Así mesmo, discutiranse os fundamentos da análise económica actual dende unha perspectiva histórica e á luz de diversos desenvolvementos científicos recentes.
Tema 1: Introdución: Historia, pensamento científico e pensamento económico.
Tema 2: O xurdimento da economía política: Os mercantilistas e os fisiócratas.
Tema 3: Clásicos e marxinalistas.
Tema 4: Os precursores inmediatos: Veblen, Weber, Schumpeter e Keynes.
Tema 5: O neoliberalismo: Hayek. O ciclos económicos de Minsky.
Tema 6: A nova microeconomía, a macroeconomía da síntese neoclásica e correntes neoliberais.
Tema 7: Novos enfoques de pensamento económico: evolucionismo, institucionalismo e macroeconomía poskeynesiana.
-Bibliografía básica:
Roncaglia, A. (2019): “La era de la disgregación: historia del pensamiento económico contemporáneo”. Zaragoza: Universidad de Zaragoza.
Roncaglia, A. (2019): “The age of fragmentation: A history of contemporary economic thought”. Cambridge: Cambridge University Press.
Roncaglia, A. (2017): “Breve historia del pensamiento económico”. Zaragoza: Universidad de Zaragoza.
Sanz, J.A. (2017): “Esquemas de historia del pensamiento económico”. Sevilla: Universidad de Sevilla. https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-9107
Vegara, J.M. (2019): “Historia del pensamiento económico. Un panorama plural”. Madrid: Ediciones Pirámide.
Bibliografía complementaria:
Barnett, V. (2017): “Historia del pensamiento económico mundial”. Madrid: Paraninfo.
Rothbard, M.N. (2013): “Historia del pensamiento económico”. Madrid: Unión Editorial.
Da titulación ás que contribúe a materia:
- Coñecer e comprender os principios básicos da economía e da historia económica.
- Orientar o proceso de aprendizaxe dende unha perspectiva interdisciplinar.
- Recoller e manexar información relevante de fontes bibliográficas, documentais e estatísticas.
- Iniciarse na elaboración e presentación oral e escrita de informes e traballos.
- Participación no traballo en equipo.
Específicas da materia:
- Aproximar ao alumnado ás liñas centrais das principais correntes e escolas de pensamento económico.
- Relacionar as distintas correntes do pensamento económico e o contexto científico e filosófico no que estas se desenvolven.
- Relacionar as ideas económicas e os feitos económicos e sociais.
- Discutir os fundamentos da análise económica actual dende unha perspectiva histórica e á luz dos diversos desenvolvementos científicos recentes.
As clases expositivas desenvolveranse mediante unha exposición inicial do profesor, que será seguida por un debate co alumnado.
Nas clases interactivas o alumnado desenvolverá aspectos do temario da materia a través de comentarios de textos, preparación de informes e outras actividades, que serán seguidas do correspondente debate. Daranse instrucións nas clases e mediante o Campus Virtual.
A actividade do curso desenvólvese tanto de forma presencial como a través do Campus Virtual da materia, así como mediante as plataformas que a USC pon ao dispor da comunidade universitaria (Teams). Nelas, o alumnado en sistema de avaliación continua realizará as actividades propostas (probas, controis, traballos, comentarios, ...), e todo o alumnado, tanto en sistema de avaliación continua como en sistema de avaliación única, poderá completar os materiais básicos da materia, e expor as súas dúbidas sobre os contidos e o desenvolvemento do curso. Para ese efecto, a parte das mensaxes individuais, abriranse as canles correspondentes "foros de dúbidas/titorías".
Para a avaliación da materia seguirase o sistema de avaliación continua. Terase en conta a participación nas clases e seminarios, as exposicións orais, os traballos monográficos e a realización, con carácter periódico, de exercicios.
Neste sentido, a avaliación continua incluirá: a) A participación na clase, as prácticas, traballos e probas realizados no cuadrimestre (50% da cualificación final); b) Unha proba global de coñecementos realizada ao final do curso (50% da cualificación final).
A avaliación única vai dirixida ao alumnado que teña concedida "dispensa de asistencia a clase". Consistirá na realización dun exame final sobre os contidos do programa da materia preparado a partir da bibliografía básica. Este exame suporá o 100% da súa cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
As condicións de avaliación son as mesmas nas distintas oportunidades (xuño/xullo), e unha vez finalizado o curso académico non se conservará para cursos posteriores a cualificación de ningunha parte da materia.
Expositivas (docente en clase) ..................................................17 horas
Interactivas (docente e alumnado en clase) .................................. 31 horas
Titorías ...................................................................................3 horas
Non presencial (traballo persoal do alumnado) ............................ 99 horas
- Asistencia regular ás clases
- Motivación intelectual
- Práctica sistemática da lectura
- Manterse ao día da actualidade económica
- É preciso que o alumnado conte con medios técnicos para desenvolver as actividades formativas a través do Campus Virtual da USC.
Maria Del Carmen Espido Bello
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Teléfono
- 881811564
- Correo electrónico
- mariadelcarmen.espido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pedro Varela Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Teléfono
- 881811695
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
04.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula 07 |
04.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula 07 |
04.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
04.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
04.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula 08 |
04.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula 08 |
03.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
03.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula C |
03.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula C |