Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O programa da materia pretende ofrecerlle ao alumnado unha visión xeral do Marketing de forma que adquiran un conxunto de nocións introdutorias básicas. En concreto, preténdese que quen curse esta materia chegue a coñecer e a comprender os seguintes aspectos:
- Conceptos básicos do marketing e do súa contorna que condicionan a súa xestión.
- Coñecemento do mercado, identificación e avaliación dos segmentos.
- Análise do programa de marketing-mix da empresa.
- Aspectos diferenciais da xestión do marketing en distintos ámbitos de actuación.
TEMA 1: MARKETING NA EMPRESA
TEMA 2: PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA E PROCESO DE MARKETING
TEMA 3: RECOLLIDA DE INFORMACION E ANÁLISE DA CONTORNA
TEMA 4: ANÁLISE DOS CONSUMIDORES
TEMA 5:ANÁLISE DO ATRACTIVO DO MERCADO
TEMA 6: MARKETING-MIX: O PRODUTO,O PREZO, A DISTRIBUCIÓN E A COMUNICACIÓN
BÁSICA
- Armstrong,G., Kotler,P., Merino, M. J., Pintado, M. T. y Juan, J. M. (2011). "Introducción al marketing (3ª ed.)". Ed. Pearson.
- Santesmases, M., Merino, M. J., Sanchez, J. y Pintado, T. (2009). "Fundamentos de Marketing". Ed. Pirámide.
COMPLEMENTARIA
- Jobber, D. y Fahy, J. (2007). "Fundamentos de Marketing". Ed. Mc Graw Hill.
- Munuera,J. L. y Rodriguez, A. I. (2012). "Estrategias demarketing (2ª ed.)". Ed. Esic.
Obxectivos formativos da materia:
-Coñecer e comprender a empresa desde un enfoque de xestión de mercadotecnia.
-Describir as variables máis importantes relacionadas coa xestión de mercadotecnia.
-Coñecer e comprender as funcións básicas do proceso de xestión de mercadotecnia.
-Aplicar técnicas e tomar decisións no ámbito da mercadotecnia.
Competencias xenéricas do grao ás que contribúe a materia:
Coñecementos:
A materia contribúe ao coñecemento e comprensión dos fundamentos teóricos da toma de decisión e dos modelos e técnicas de representación da realidade económica para a xestión comercial das empresas.
Capacidades ou destrezas:
A materia contribúe a mellorar a capacidade do alumnado para integrarse na xestión empresarial e para emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas da xestión comercial das empresas.
Competencias transversais:
Ademais destes coñecementos e habilidades específicas a materia contribúe ao desenvolvemento dunha serie de competencias transversais:
Instrumentais
- Análise e síntese
- Organización e planificación
- Comunicación oral e escrita
- Xestión da información
- Resolución de problemas
- Toma de decisións
- Razoamento crítico
- Autonomía na aprendizaxe
Interpersoais:
- Traballo en equipo
- Habilidades nas relacións interpersoais
- Sentido ético
- Adaptación á contorna e ao cambio
- Coñecemento doutras culturas e costumes, e traballo nun contexto internacional
- Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais
- Negociación e tratamento de conflitos
As clases expositivas impartiranse presencialmente segundo o horario programado polo centro. As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir ao alumno nos contidos dos temas que conforman o programa. Empregarase o ordenador e o canón proxector como soportes principais da materia, proxectando transparencias e diferente material que serve de guía ás explicacións realizadas. O profesor porá a disposición do alumnado o material necesario no Campus Virtual da materia.
As sesións interactivas impartiranse presencialmente segundo o horario programado polo centro. Nestas clases presenciales intentarase que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para iso analizaranse casos prácticos de empresa, comentaranse/debateranse lecturas de textos e artigos así como outras cuestións expostas polo profesorado, cobrando especial importancia as actividades en grupo. Tamén poderase propór a realización de traballos para ser expostos en clase.
As titorías para consulta de dúbidas serán presenciais, podendo realizar algunas de forma virtual a través das diferentes ferramentas e plataformas autorizadas pola USC.
1)Proba final sobre contidos: 60% da cualificación. A proba de contidos será presencial e incluirá todo o programa e o material exposto nas clases.
2)Actividades nas sesións interactivas: Resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, presentación de traballos e outras actividades vinculadas ás clases: 40% da cualificación. Tamén se poderán programar probas parciais de contidos. Estas actividades formarán parte da avaliación continua do alumnado. A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación, e como se vai facer o seu seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
Para sumar a puntuación das sesións interactivas será condición necesaria que o alumno alcance unha nota mínima de 2,5 puntos sobre os 6 na proba final de contidos. Na calificación final a suma de ambas puntuacións deberá ser igual ou superior a 5 para superar a materia.
Esta valoración aplicarase nas dúas convocatorias ordinarias (xuño e xullo) de tal maneira que a puntuación obtida na avaliación continua (40%) se manterá para a convocatoria de xullo. Os alumno/as que non obteñan ningunha puntuación vinculada ás actividades realizadas nas clases só poderán obter un máximo de 6 puntos nesta convocatoria, debendo obter unha cualificación de 5 sobre 6 puntos para superar a materia.
Os alumnos/as aos que se lles concedeu dispensa de asistencia a clase segundo a instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC serán avaliados mediante unha proba final presencial que suporá o 100% da nota a obter polo alumno/a. Os alumnos nesta situación deberán contactar co coordinador da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das calificacións”.
De modo global, o tempo de estudo que debe dedicar o estudantado á preparación da materia pola súa conta é de 90 horas.
- Interese pola materia.
- Asistencia a todas as actividades da materia: clases expositivas e interactivas.
- Consulta e manexo da bibliografía recomendada e utilización de enlaces en liña de interese.
- Utilización das horas de titorías sempre que o alumnado o estime oportuno.
Teaching will be taught in Spanish
Maria Luisa Del Rio Araujo
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 881811634
- Correo electrónico
- marisa.delrio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Zaira Camoiras Rodríguez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- zaira.camoiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 26 |
Xoves | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 26 |
17.12.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
17.12.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
17.12.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
23.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 07 |
23.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 07 |
23.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |