Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Trátase de facer unha revisión da política económica española dende a transición á democracia. Tomamos este punto de partida, pero teremos en conta os antecedentes históricos dende o Plan de Estabilización de 1959 por ser o momento no que se pode falar de política económica con letras maiúsculas. A atención prioritaria, en calquera caso, dirixirase a captar e explicar a evolución dos acontecementos máis actuais tentando seguir de cerca o proceso sociopolítico e as decisións de política económica segundo se van aplicando.
Programación temática da Política Económica Española
-PEE: Unha perspectiva histórica
-PEE Contemporánea: un consenso de política económica de transición
-PEE Actual: as implicacións políticas e económicas da crise económica
-Dinámica Finalista PEE, sectorial e instrumental
-Dinámica Interna do PEE no contexto desconcentración rexional
-Dinámica Internacional de PEE no contexto da globalización
-Estudio de institucións, instrumentacións e impacto das políticas económicas da UE
Contidos
1.- Axentes e dinámica da política económica en España
1.1.- O período franquista
1.2.- A institucionalización democrática
1.3.- A consolidación do Estado autonómico e as políticas comunitarias
2.- A inserción da economía española na economía internacional
2.1.- O Plan de Estabilización
2.2.- Os “shocks” petrolíferos
2.3.- Os Pactos da Moncloa
2.4.- O proceso de achegamento e integración en Europa
2.5.- A integración na Unión Económica e Monetaria Europea
2.6.- Crise económico-financeira e pacto do euro: Rescate financeiro e redefinición institucional. O Semestre Europeo
2.7.- A gobernanza europea e a inestabilidade institucional de España. Covid 19
2.8.- A economía española no proceso de globalización
3.- As políticas económicas dos gobernos da democracia española
3.1.- As políticas económicas dos gobernos da transición
3.2.- As políticas económicas dos gobernos do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE)
3.3.- As políticas económicas dos gobernos do Partido Popular (PP)
3.4.- A política económica do goberno de coalición PSOE-Unidas Podemos
4.- Política fiscal e monetaria
4.1.- Evolución do déficit e a débeda públicas
4.2.- O financiamento das Comunidades Autónomas
4.3.- A política monetaria europea: o euro e o BCE
5.- Políticas sectoriais
5.1.- Política industrial e tecnolóxica
5.2.- Políticas sector primario
5.3.- Políticas sector servizos
5.4.- Políticas de Benestar en España
6.- A influencia determinante da gobernanza europea na política económica española
6.1.- Os fondos da Unión Europea en España
7.- Políticas dos gobernos autonómicos
7.1.- Política económica da Xunta de Galicia
7.2.- Políticas económicas doutras CC.AA.
8.- Estudio de casos de política económica en España
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- DE LA DEHESA, Guillermo.- Lecturas de política económica española, Instituto de Estudios Económicos, A Coruña, 1999.
- GÁMIR CASARES, L. (coord.).- Política económica de España; 7ª edición, Alianza Ed., Madrid, 2000
- GÁMIR CASARES, L.- Política Económica de España, 9ª edición, Alianza Ed., Madrid, 2013.
- SÁNCHEZ ANDRÉS, A. e TOMÁS CARPI, J.A. (directores).- Crisis y política económica en España. Un análisis de la política económica actual. Thomson Reuters Aranzadi, Navarra, 2014
- VALLES FERRER, J.- Política económica de España. Ed. Tirant lo Blanch, 2002
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- BBVA, Informes sobre a economía española.
- BANCO DE ESPAÑA, Informes sobre a economía española.
- BEL i QUERALT, G.- España, capital París. ¿Por qué España construye tantas infraestructuras que no se usan?: una respuesta económica al problema político. Ed Destino, Barcelona, 2012
- COMISIÓN EUROPEA.- Informes sobre a política económíca española
- CUADERNOS DE INFORMACION ECONOMICA. Fundación FIES. Funcas
- FERNÁNDEZ STEINKO, A.- La economía ilícita en España. Alianza Editorial, Madrid, 2021.
- FMI.- Informes sobre a economía española.
- FUNDACION IEF.- Anuario del euro
- GOMÀ, R e SUBIRATS, J.- Políticas públicas en España. Contenidos, redes de actores y niveles de gobierno, Ariel, Barcelona, 1998.
- INFORMACION COMERCIAL ESPAÑOLA. Boletin Económico e Revista de Economía. Ministerio de Industria, turismo y Comercio
- ICE.- 75 años de política económica española y de economistas al servicio del Estado. nº 826, Novembro 2005. Ministerio de Industria, Turismo y Comercio.
- MAZZUCATO, Mariana; COLLINGTON, Rosie.- El gran engaño. Penguin Random House. Barcelona, 2024.
- MOLINS, J.M.; MUÑOZ MÁRQUEZ, L.; MEDINA, I. (directores).- Los grupos de interés en España. La influencia de los lobbies en la política española. Ed. Tecnos, Madrid, 2016.
- MONTES, P., La integración en Europa., Desde el Plan de Estabilización hasta Maastrich, Ed. Trotta, Madrid, 1993.
- OCDE, Informes periódicos sobre la Economía Española.
- PAPELES DE ECONOMÍA ESPAÑOLA, C.E.C.A. (a partir de 1980).
- SOCIEDAD ABIERTA- FEDEA.- La crisis de la economía española: Lecciones y propuestas. Libro electrónico, www.sociedadabierta.es Febrero 2009
Ao longo do curso, para cada tema teórico e estudo de caso distribuiranse listados de bibliografía complementaria de forma máis específica. Igualmente proporcionaranse listaxes bibliográficas de partida para traballos de iniciación á investigación que deberán ser actualizados no curso. En particular, recorreremos as fontes proporcionadas pola REDIPE (Rede de Investigadores e Docentes de Política Económica)
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
• Contribución á comprensión do sistema económico desde unha perspectiva multidisciplinar en Ciencias Sociais e enfocada ao estudo de caso prioritario por denominado do nome da materia.
• Coñecemento e comprensión dos procesos político-económicos actuais, con directa vinculación a estudos de casos de relevancia pola súa proximidade/relación co mercado de traballo da titulación.
• Iniciación en tarefas de investigación, tanto de forma individual como en equipo, e na elaboración dunha monografía de curso escrita segundo canons científicos e baixo tutela, sobre algún dos temas programáticos propostos.
• Práctica de presentación oral de liñas directrices e conclusións dos traballos elaborados, fomentando o debate argumentado e o intercambio científico en réxime de seminario.
Competencias específicas da materia:
• Coñecemento de fases, institucións e procesos de política económica no caso español, desde os seus antecedentes contemporáneos até a actualidade.
• Análise de contido e de impacto de políticas económicas finalistas, instrumentais e sectoriais na economía española.
• Estudo singularizado da política económica española no complexo marco de dúas forzas: a integración europea (proposta/impacto de aspectos institucionais e político-económicos da UE de gravitación na economía española) e a descentralización (política económica autonómica).
Incorporaremos unha metodoloxía que incentive o seguemento da política económica española en tempo real.
O estudantado ha de asistir e participar activamente na clase, formaranse grupos que traballarán sobre algún dos temas escollido dos epígrafes do programa. Sobre eses temas desenvolverán un traballo ao longo do curso que se presentará conxunta e/ou individualmente ao longo do curso. A realización de tarefas será continua con intercambio de opinións e debates periódicos nos que o estudantado poñerá de manifesto a súa capacidade expositiva e de argumentación.
No seu caso, poderá utilizarse material audiovisual ou requirir a participación en conferencias ou debates de persoas especialmente relacionadas e coñecedoras da política económica española
A avaliación considerará a asistencia e participación activa na aula, con especial énfase na calidade das intervencións, no dominio do temario e no seguemiento en tiempo real das políticas económicas implementadas en España. A avaliación considerará a calidade dos traballos de iniciación á investigación, contemplando o dominio de categorías e terminoloxía específica, a claridadé e nivel expositivo, a iniciativa persoal en complementar a bibliografía básica e no uso de medios audiovisuais na exposición oral dos mesmos en réxime de seminario. A avaliación continua representará o 50 por cento da cualificación final e ao inicio do curso especificarase a programación e actividades a realizar polo alumnado de carácter presencial.
A valoración positiva da realización das actividades e presentación dos traballos asignados ao alumnado presencial é condición imprescindible para participar no exame final.
Ao final do curso, para o alumnado de tipo presencial, realizarase un exame escrito sobre os temas impartidos e as conclusións dos seminarios expostos para a presentación dos traballos en curso. O exame representará o 50 por cento da cualificación final.
ALUMNADO CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA A CLASE
Para o alumnado que acredite de xeito oficial que lle foi concedida a dispensa de asistencia a clase, realizarase a avaliación a través dun exame final no que se poderá acadar o 100% da calificación. O alumnado con dispensa concedida deberá poñerse en contacto co profesor para ser informado con claridade e precisión sobre os contidos e materia específica da que vai ser examinado. Para superar a asignatura, o alumnado con dispensa deberá obter no exame unha nota mínima de 5 sobre 10.
O sistema de avaliación describirase máis polo miúdo na Guía Docente que se publicará na Aula Virtual da materia
Tempo de estudo e traballo individual como determinado polo grao Plan de Estudos de Economía
O traballo de clase: 60 horas
Traballo sen contacto: 90 horas
Tempo de estudos e de traballo persoal
- Horas teóricas: 60
- Prácticas dirixidas: 30
- Horas non presenciais: 45
- Total volume horario: 135
Recomendacións para o estudo da materia
- Beneficiarse, no seu caso, dos coñecementos adquiridos en materias afíns, en particular de Política Económica, Facenda Pública, Ciencia Política, Socioloxía, Macroeconomía, Estrutura Económica de España e Técnicas de Contabilidade Social.
- Manter un ritmo de traballo regular no seguimento da clase, na realización das tarefas asignadas e na procura bibliográfica e xornalística da información requirida.
"Aprender sen pensar, inútil; pensar sen aprender, perigoso"
CONFUCIO(551-479 a C)
Manuel Cao Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811605
- Correo electrónico
- manuel.cao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 26 |
Venres | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 26 |
18.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
18.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 08 |
20.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 07 |
20.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |