Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia van encamiñados a introducir o alumno no coñecemento da realidade do sistema fiscal español dende o punto de vista empresarial. O obxectivo fundamental é o estudio dos Impostos sobre o Valor Engadido e sobre Sociedades.
Tema 1.- IMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO
Natureza e ámbito de aplicación. Esquema de funcionamento
FEITO IMPOÑIBLE: Entrega de bens e prestación de servizos. Adquisicións intracomunitarias. As importacións. Exencións. - Operacións interiores, exportacións e operacións asimiladas, adquisicións intracomunitarias e importacións. Lugar de realización do feito impoñible. A remuneración
BASE IMPOÑIBLE: Regra xeral. Regras especiais. Modificación da base impoñible
SUXEITO PASIVO: Definición. O investimento do suxeito pasivo. Responsables. Repercusión do imposto e rectificación
TIPO IMPOSITIVO: Xeral, reducido e super-reducido
DEDUCIÓNS: Cotas deducibles e requisitos. Limitacións e restricións do dereito a deducir. A regra da pro rata. Os bens de investimento. Actividades diferenciadas. Deducións anteriores ao inicio da actividade. Rectificación
DEVOLUCIÓNS: Réxime xeral. Devolucións mensuais. Non establecidos. Réxime de viaxeiros
RÉXIMES ESPECIAIS: Simplificado. Agricultura, gandaría e pesca. Bens usados, obxectos de arte, antigüidades e obxectos de colección. Axencias de viaxes. Recargo de equivalencia. Operacións con ouro investimento. Servizos prestados por vía telemática
XESTIÓN DO IMPOSTO: Obrigacións formais. Facturación e Libros rexistro de IVE. Liquidación e modelos de declaración. Declaración recapitulativa de operacións intracomunitarias. Infraccións e sancións.
Tema 2.- IMPOSTO SOBRE SOCIEDADES
Concepto e natureza do imposto. Relación con outros tributos. Estrutura e esquema de liquidación
Ámbito espacial. Ámbito de aplicación interno e internacional. Réximes especiais por razón do territorio. Tratados e convenios
FEITO IMPOÑIBLE: Aspectos xerais: concepto de renda. Estimación de rendas. O réxime de atribución de rendas. Rendas exentas
SUXEITO PASIVO: Concepto. Domicilio fiscal. Exencións. Referencia á tributación dos “non residentes”. Réximes especiais por razón do suxeito. Entidades parcialmente exentas. Entidades sen fins lucrativos. Agrupacións de interese económico e unións temporais de empresas
BASE IMPOÑIBLE: Concepto e réximes de determinación. Principios contables. Regras de valoración: regra xeral e regras especiais. valoración da transmisión de elementos patrimoniais. Corrección monetaria. Operacións vinculadas. Imputación temporal de ingresos e gastos. Remuneración e inscrición contable. Transmisións lucrativas. Subvencións.Gastos fiscalmente deducibles: as amortizacións. Métodos de amortización. Liberdade de amortización. Arrendamento financeiro. A amortización do inmobilizado intanxible. As perdas por deterioro. Outras provisións. Valoración de existencias. A carteira de valores. Partidas non deducibles. Réxime fiscal das doazóns e outras formas de mecenado.
Período impositivo e remuneración do imposto. Compensación de bases impoñibles negativas
DÉBEDA TRIBUTARIA. Cota íntegra. Tipos de gravame. Deducións por dobre imposición. Bonificacións. Deducións para incentivar a realización de determinadas actividades. Reinvestimento de beneficios extraordinarios. Outros incentivos conxunturais
XESTIÓN DO IMPOSTO. O índice de entidades. Número de identificación fiscal. Obrigacións contables. Obrigacións formais. A declaración-liquidación. Os pagos a conta. Retencións. Réxime sancionador
RÉXIMES ESPECIAIS: Incentivos fiscais para as empresas de reducida dimensión. As cooperativas. Sociedades agrarias de transformación. Minaría e hidrocarburos. Réxime de consolidación fiscal. Réxime fiscal das fusións, escisións, achegas de activos e troco de valores.
* Pla Vall y Salvador Cifre (2015): Impuesto sobre sociedades. Regimen general y empresas de reducida dimensión. Valencia. Tirant Tributario.
* Mellado Benavente (coor.) (2015). Guia del Impueso de Sociedades. Madrid. CISS
* Vazquez Tain (2014) Impuesto sobre el Valor Añadido. Manual Práctico. Valencia. Tirant Tributario
* Guía del Impuesto sobre Sociedades (última edición). Varios autores. Editorial CISS.
* El cierre fiscal y contable. Ejercicio 200X (último). Ignacio Becerra Guibert. Editorial CISS.
* La nueva contabilidad en el Impuesto sobre Socieddes. Rafael Cosín Ochaíta. Editorias CISS.
* Contabilidad y Fiscalidad: Impuesto sobre Sociedades e IVA. Sixto Alvarez y R. García Olmedo. Edicciones CEF.
* Impuesto sobre Sociedades (1) y(2) Comentarios y casos prácticos. F. Borrás Amblar y J.V. Navarro Alcazar. Edicones CEF.
* Impuesto sobre el Valor Añadido (1) y(2) Comentarios y casos prácticos. Antonio Longás Lafuente. Edicones CEF.
* Manual Práctico Sociedades 20XX (último). Agencia Tributaria.
* Manual Práctico IVA 20XX (último). Agencia Tributaria.
* Memento práctico FISCAL 20XX (último). Francis Lefebvre.
TEXTOS NORMATIVOS (redacción actualizada)
- Lei 27/2014. do Imposto sobre Sociedades (BOE de 28 de novembro).
- Real Decreto 1777/2004, de 30 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre Sociedades (BOE do 6 de agosto de2004) (proximamente saira un novo regulamento).
- Lei 37/1992, de 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido (BOE do 29 de diciembre del 1993).
- Real Decreto 1624/1992, de 29 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre o Valor Engadido.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
• Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
• Saber identificar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole económica, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan en economía.
• Posuír os coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
• Coñecemento da realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións económicas e a súa evolución.
• Economía pública: natureza, xustificación e obxectivos da intervención do sector público na economía: facenda pública, fiscalidade, servizos sociais, saúde, educación, etc. A elaboración das políticas económicas.
• Contribuír á boa xestión da asignación de recursos, tanto no ámbito privado como no público.
• Adquisición de competencias relativas á xestión por obxectivos e xestión de proxectos.
Competencias específicas da materia:
• Coñecer os contidos esenciais da tributación persoal tanto de residentes como non residentes. A fiscalidade empresarial estudarase na materia Sistema Fiscal Español: Fiscalidade Empresarial.
• Analizar e comprender cun enfoque práctico a tributación persoal, integrando lexislación e xurisprudencia, alternativa para unha planificación fiscal e valorando a incidencia dos impostos persoais na eficiencia e na equidade dos contribuíntes.
• Predicir os efectos das reformas fiscais para poder valorar as súas consecuencias e minimizar o custo fiscal.
• Valorar o custo fiscal das distintas alternativas á hora de tomar decisións, para optimiza a tributación.
• Realizar as liquidacións dos impostos persoais.
Para o desenvolvemento do programa da materia conxugámo-lo método didáctico da lección maxistral -ou clase expositiva-, que ten como obxetivo a exposición completa, sistemática e ordeada do contido dos temas e epígrafes descritos con anterioridade; xunto coas clases interactivas, nas que se require da participación e traballo do alumno. Tra-las exposición teóricas plantexaremos diferentes exercicios, que se complementarán coas clases prácticas, a realizar algunhas con soporte informático, nas que se pretende consuga-lo uso do sofware, sen perdernos en automatismos, o fundamental é que o alumno aprenda a buscar e manexa-la información relacionada coa asignatura. Para elo requírese que éste sexa usuario de RAI, E e así ter acceso aos equipo informáticos (http://www.rai.usc.es/).Ademáis, os alumnos deberán realizar un traballo, definido nos primeiros días do curso, en grupos de entre dous ou tres estudantes. De esta maneira, evitámo-la "monometodoloxía", e esta combinación axuda a diversifica-las ventaxas e a compensa-los inconvintes de cada técnica empleada de xeito individual.
- Sistema de avaliación
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguimento indicarase na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comenzo deste curso.
A avaliación dos alumnos realizarase a través dun proceso continuo no que se levarán a cabo varias probas parciais durante o cuadrimestre, de tal xeito que os alumnos poidan mostrar además dos coñecementos adquiridos, aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa. Estas probas serán compensatorias da materia obxeto da mesma, sempre e cando o alumno supere o 40% de cada una delas e a media sexa igual ou superior a 5. De non realizar ningunha das probas anteriores, ou non tendo superado algunha, o alumno deber facer un exame final, coas partes pendentes ou non examinadas. Neste exame deberá de superarse, polo menos, o 40 % da cada unha das partes, se a media é igual ou superior a 5.
Os alumnos que xa se examinaron en cursos anteriores da materia, poderán manifesta-la súa opción de ir só ao exame final, ao igual que os alumnos de intercambio ou con dispensa de asistancia a clase, nas condicións establecidas no apartado anterior. Neste caso, a nota do exame representará o 100 % da cualificación final.
TRABALLO PRESENCIAL NO AULA_____________________________________Horas
Clases de pizarra en grupo grande_____________________________________20
Clases con ordenador/laboratorio en grupo reducido_______________________10
Titorías en grupo reducido sen ordenador/laboratorio_______________________7
Avaliación en grupo grande___________________________________________8
Total horas traballo presencial no aula__________________________________45
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO____________________________________Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo________________________________50
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos_____________________7,5
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio____5
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar_________________5
Asistencia a charlas, exposicións ou outras actividades recomendadas________ -
Total horas traballo persoal do alumno_________________________________67,5
É esencial o manexo da lexislación tributaria. Os alumnos deben aprender a manexar as leies dos impostos estudiados nesta materia e entender as súas disposicións.
Atendendo a este programa o alumno debe coñecer e comprender a realidade económica nacional e internacional, o sector público, as institucións económicas e a súa evolución, sendo precisos elementos básicos de contabilidade, modelos e técnicas de representación da realidade económica, para poder avanzar no ámbito da economía pública e na elaboración das políticas económicas.
Deste xeito, superadas as materias anteriores do grado e esta mesma, o graduado debe ser capaz de contribuir á boa xestión da asignación de recursos público e privados, avaliar as consecuencias das distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, para a consecución dun obxectivo. Elaborar ou emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía internacional, nacional ou rexional. Derivar dos datos información relevante non doada de recoñecer por non profesionais e aplicar á análise dos problemas, criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos propios da economía.
Maria Cadaval Sampedro
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811664
- Correo electrónico
- maria.cadaval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Francisco Negreira Del Río
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- francisco.negreira.rio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
Mércores | |||
15:30-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
03.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
03.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
10.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |