Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A xestión pública ocupase da utilización dos medios acaidos para acadar un fin colectivo. Trata dos mecanismos de decisión para a asignación e distribución dos recursos públicos, e da coordinación e estímulo dos axentes públicos para lograr os seus obxectivos colectivos.
Pola súa parte, a gobernanza utilizábase como sinónimo de dirección política; sen embargo, o seu novo atractivo e a correspondente extensión semántica, debese a súa capacidade de abarcar a totalidade das institucións e relacións implicadas no proceso de goberno, vencellando o sistema político co seu entorno.
1. Xestión e gobernanza pública: concepto e institucións.
2. O orzamento: Introducción, execución e control. Estabilidade orzamentaria.
3. O control externo e interno dos Orzamentos Xerais do Estado
4. Avaliación de póliticas publicas.
5. Xestión de Persoal nas Administracións Públicas.
6. Os Mecanismos de Copago.
Bibliografía básica
- Albi, E. (et al.) (1997): Gestión Pública, Fundamentos, técnicas, casos. Barcelona, Ariel.
- Albi, E. y Onrubia, J. (2015): Economía de la Gestión Pública. Cuestiones fundamentales. Madrid. Ed. Universitaria Ramón Areces.
Bibliografía complementaria
- Aguilar, L. (2007): Gobernanza y gestión pública, Fondo de Cultura Económica de España.
- Barzelay, M. ( 2005): La nueva gestión pública: un acercamiento a la investigación y al debate de las políticas, Fondo de Cultura Económica de España.
- Comisión para la Reforma de las Administraciones Públicas (CORA) (2013), “Informe de la Comisión para la Reforma de las Administraciones Públicas”, Gobierno de España, Madrid, recuperado de www.seap.minhap.gob.es/dms/es/areas/reforma_aapp/INFORME-LIBRO/INFORME%….
- Iglesias, A (2006): Gobernanza e innovación en la gestión pública, Instituto Nacional de Administración, Madrid.
- Parrado, S. (2015): El análisis de la gestión pública, Ed. Tirant Lo Blanch. Barcelona.
- Ruiz-Huerta, J. y Villoria, M.(2010): Gobernanza democrática y fiscalidad. Tecnos. Madrid.
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
- Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestión económicas, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética
- Saber identificar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestión de índole económica, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relación e presentación de datos que se empregan en economía
posuír os coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía
- Coñecemento da realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións económicas e a súa evolución
- Economía pública: natureza, xustificación e obxectivos da intervención do sector público na economía: facenda pública, fiscalidade, servizos sociais, saúde, educación, etc. A elaboración das políticas económicas
- Contribuir á boa xestión da asignación de recursos, tanto no ámbito privado como no público
- Adquisición de competencias relativas á xestión por obxectivos e xestión de proxectos
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
- Coñecemento dos mecanismos da xestión pública e os problemas aos que se enfronta
- Afondar no coñecemento das técnicas orzamentarias que buscan a eficiencia
- Coñecer e analizar a complexidade da toma de decisión no ámbito da administración pública
- Coñecer os novos conceptos e enfoques relativos á xestión e gobernanzas públicas
Para o desenvolvemento do programa da materia conxúgase o método didáctico da clase expositiva, que ten como obxetivo a exposición completa, sistemática e ordeada do contido dos temas e epígrafes descritos con anterioridade; xunto coas clases interactivas, nas que se require da participación e traballo do alumnado.
Tra-las exposición teóricas plantéxanse diferentes exercicios, algúns dos cais se realizarán con soporte informático no que se pretende conxugar o uso do software co teórico, sen perderse en automatismos.
O alumnado ha de manexar a aplicación da aula virtual e o Teams, a través do que se compartirá material, probas, etc. Para elo é requerido o uso de RAI e ter acceso aos equipos informáticos (www.rai.usc.es/).
Tendo en conta a metodoloxía da ensinanza descrita no apartado anterior a avaliación combina a actividade interactiva e expositiva do alumnado. Unha parte desta depende dos resultados que acade ao realizar os test de avaliación continua, os traballos, as discusións e intervencións que se produzan, así coma tamén o exame final.
O peso relativo das probas de avaliación continua será dun 70% mentres a proba final ponderará un 30% sobre a nota final. En calquera caso, para obter o aprobado o alumnado debera realizar tanto unha porcentaxe relevante da avaliación continua como o exame final. Non se poderá obter o aprobado sen a realización da proba final.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase oficial ou repetidor, que así o solicite no prazo que se estableza na guía docente, presentarase a un exame final sobre os contidos da materia. Este exame será o 100% da nota final. En calquera caso, 5 días antes da realización da proba oficial deberá dirixir un email ao profesorado encargado da materia indicando os seus datos e a situación de dispensa ou repetición.
TRABALLO PRESENCIAL NO AULA_______________________________________Horas
Clases expositivas _________________________________________________30
Clases interactivas ________________________________________________ 15
Titorias, outras sesións co profesor e avaliacións __________________________7
Avaliación grupo grande _____________________________________________8
Total horas traballo presencial no aula_________________________________ 60
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO______________________________________Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo_________________________________55
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos______________________25
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador ______________ 5
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar__________________ 5
Total horas traballo persoal do alumno _ ______________________________90
Recomendase o seguimento continuado das clases, así como a lectura da bibliografía sinalada, que se comentará na aula, a medida que se desenvolva o programa.
A elaboración de traballos e a resolución ou plantexamento de casos prácticos será un dos elementos aos que os alumnos deban prestar maior atención, de feito a maneira máis precisa do estudio da asingatura pasa por trasladar os coñecementos adquiridos nas clases expositivas ás devanditas elaboracións de traballos e resolución ou plantexamento de casos prácticos.
Rosa Maria Regueiro Ferreira
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811574
- Correo electrónico
- rosamaria.regueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Emilio Nogueira Moure
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811581
- Correo electrónico
- e.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
Mércores | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
26.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula B |
26.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula B |
26.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
26.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula B |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula C |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula C |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula C |